Sitúanse na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Podes consultar o seu ámbito territorial e localización aquí.
Para o cumprimento das súas funcións, contarán coas seguintes unidades:
Competencias das Delegacións:
- O exercicio das competencias desconcentradas pola normativa vixente, de acordo coas instrucións e directrices emitidas pola Dirección e as unidades centrais.
- O rexistro, arquivo e custodia de documentos.
- A realización das tarefas materiais relacionadas coas funcións encomendadas a calquera outra organización que preste servizos propios da Axencia no seu ámbito territorial.
- A emisión de informes sobre as actuacións no seu ámbito territorial.
- A xestión de todos os asuntos relativos ao persoal, habilitación, material e réxime interior no seu ámbito territorial.
- As demais funcións que lle delegue ou asigne a Dirección.