Comité de Dirección Comité de Dirección

Está integrado polas persoas titulares das áreas que compoñen a Axencia. Será presidido pola Dirección.

Competencias:

  • Aprobar e realizar o seguimento das liñas de traballo fixadas no plan de acción anual.
  • Propoñer medidas que afecten a organización, contratación ou investimentos e realizar o seguimento da súa execución.
  • Asesorar a Presidencia, o Consello Reitor e a Dirección.
  • Cumprir as funcións que lle atribúa o Regulamento de réxime interior e as que lle delegue a Dirección.