Departamento de Tributos de Xestión Centralizada Departamento de Tributos de Xestión Centralizada

Competencias:

  • As funcións de xestión tributaria, de imposición de sancións e de revisión en vía administrativa que se lle atribúan mediante orde da consellaría competente en materia de facenda.
  • O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de xestión tributaria no seu ámbito de competencias.
  • A coordinación, asistencia e control, en colaboración co órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de orzamentos, dos órganos xestores de taxas e prezos, así como das actuacións e procedementos de xestión e sancionador respecto a estes.
  • O estudo, deseño e proposta, en colaboración co órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de orzamentos, dos procedementos de aplicación de taxas e prezos.
  • O exercicio da potestade sancionadora e, cando así se acorde por resolución da consellería competente en materia de facenda, a asunción dos procedementos de xestión en determinadas taxas e prezos.
  • A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión no seu ámbito de competencias.
  • A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.