Competencias da Área:

  • A xestión centralizada dos tributos sobre o xogo, dos impostos propios, do imposto sobre o patrimonio e do imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración, así como o exercicio da potestade sancionadora en materia tributaria no devandito ámbito material e a revisión en vía administrativa dos actos correspondentes.
  • A coordinación dos departamentos de xestión tributaria, outros órganos de xestión e de calquera outra organización que preste servizos propios da Axencia, no seu ámbito de competencias.
  • A coordinación, asistencia e control, en colaboración co órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de orzamentos, dos órganos xestores de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como das actuacións e procedementos de xestión e sancionador respecto destes.
  • O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de xestión tributaria no seu ámbito de competencias, así como, en colaboración co órgano de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia competente en materia de orzamentos, dos sistemas e procedementos de aplicación de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos para o exercicio da potestade sancionadora en materia tributaria.
  • A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados da xestión no seu ámbito de competencias.
  • O estudo, deseño e proposta dos procedementos de control para a detección e regularización dos incumprimentos das obrigacións tributarias.
  • No ámbito de aplicación dos artigos 93 e 94 da Lei xeral tributaria, a configuración das fórmulas e procesos adecuados para a utilización dos datos obtidos e da información no ámbito do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, para a comprobación do cumprimento das obrigacións tributarias e a detección dos incumprimentos e as actuacións e comportamentos defraudatorios.
  • A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
  • As demais que lle encomende a Dirección ou que se lle deleguen.