Departamento de Recadación ExecutivaDepartamento de Recadación Executiva
Competencias:
Planificar a xestión recadatoria executiva.
A xestión centralizada da recadación executiva.
A coordinación de órganos e unidades que leven a cabo a xestión recadatoria en período executivo.
Tramitar as reclamacións por terzarías.
Tramitar expedientes de derivación da acción administrativa aos responsables solidarios e subsidiarios e sucesores en período executivo.
O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de recadación executiva.
Canalizar as relacións con outras administracións públicas e entidades colaboradoras para os efectos de establecer e mellorar as canles de intercambio de información necesarias para o desenvolvemento das competencias de recadación executiva.
A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.