Departamento Central de RecadaciónDepartamento Central de Recadación
Competencias:
Promover e impulsar a xestión recadatoria no ámbito das súas competencias.
A xestión recadatoria nos dous períodos respecto das débedas das unidades centrais e órganos con sede no concello de Santiago de Compostela, así como ditar providencias de constrinximento respecto destas.
A relación coas entidades colaboradoras no ámbito da comunidade autónoma.
Facer o seguimento dos procesos concursais en que compareza a Axencia.
O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de recadación executiva no ámbito das súas competencias.
A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.