Departamento Central de ValoraciónsDepartamento Central de Valoracións
Competencias:
A dirección técnica dos equipos de traballo dedicados ao estudo e á investigación do valor de mercado dos inmobles.
O estudo, análise e proposta das condicións técnicas necesarias para a explotación da información catastral.
A análise e proposta dos criterios técnicos que utilizarán os facultativos en desenvolvemento das súas actuacións.
A emisión de ditames e outras actuacións relacionadas coa valoración e recoñecemento de bens, dereitos e actividades de natureza inmobiliaria, así como a confección, conservación e actualización dos censos e rexistros fiscais correspondentes.
A realización de traballos facultativos propios das obras de construción, reforma, conservación e reparación dos inmobles adscritos á Axencia, así como a recolla periódica de información sobre o seu estado de conservación, sistemas de seguridade e adecuación á normativa vixente.
O control e inspección dos usos dos seus bens inmobles, así como a elaboración de propostas para a súa mellor aplicación, sobre as distribucións e aproveitamento de espazos.
O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de valoración e do sistema de información e estatística relativa aos resultados das devanditas actuacións.
A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.