Competencias da Área:

  • A análise e proposta dos plans de inspección e de control tributario, así como a proposta de medidas e métodos de actuación para a detección e loita contra a fraude fiscal.
  • Coordinar as actuacións das unidades de inspección.
  • O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de inspección tributaria.
  • A elaboración do sistema de información e estatística relativa aos resultados das actuacións de inspección tributaria.
  • A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.