Departamento de Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable Departamento de Xestión Económico-Financeira, Orzamentaria e Contable

Competencias:

  • A xestión, control e coordinación dos asuntos relativos á xestión orzamentaria, a contabilidade, a tesouraría e a xestión de pagamentos.
  • A tramitación dos expedientes de contratación administrativa e os convenios con contraprestación económica.
  • As actuacións preparatorias necesarias para a elaboración do anteproxecto de orzamento.
  • A xestión do inventario dos bens inmobles ou mobles adscritos á Axencia, incluídos os ingresos e rendementos derivados destes, a adquisición de bens mobles e de material non inventariable.
  • O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias.
  • A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
  • Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia.