Departamento de Recursos Humanos e Réxime InteriorDepartamento de Recursos Humanos e Réxime Interior
Competencias:
A xestión, control e coordinación dos asuntos relativos ao persoal adscrito á Axencia.
A elaboración, seguimento e coordinación do plan anual de formación.
As actuacións preparatorias necesarias para a elaboración do anteproxecto de orzamento, en canto afecta as súas funcións.
A xestión, control e coordinación dos asuntos relativos ao réxime interior, servizos xerais, seguridade e o mantemento das instalacións e prevención de riscos laborais.
O rexistro, a xestión documental, o arquivo e a custodia de documentos e a súa eliminación.
O estudo, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar no ámbito das súas competencias.
A proposta de instrucións ou circulares no seu ámbito de competencias.
Calquera outra función que se lle encomende no ámbito da súa competencia.