Departamento de Desenvolvementos Funcionais e Estatísticos
Competencias:
- O deseño, a implementación e o seguimento dos sistemas de análises da información relativa ao exercicio das funcións da axencia, en coordinación coa Amtega.
-
A configuración da información para a planificación das actuacións tributarias, o seu seguimento e análise para axudar á toma de decisións conducentes á mellora na consecución dos obxectivos e fins da Axencia.
-
A análise e estruturación da información para o seu tratamento co obxecto de configurar diferentes áreas de risco que potencien as funcións de detección da fraude fiscal en colaboración co Departamento de Planificación do Control Tributario.
-
A análise das necesidades estatísticas da Atriga.
-
A definición dos estudos estatísticos tributarios, en coordinación co Instituto Galego de Estatística.
-
A difusión e publicación da información estatística da Atriga, en especial o mantemento actualizado desta na páxina web da Atriga.
-
A colaboración co Instituto Galego de Estatística na elaboración do anteproxecto do Plan galego de estatística e dos proxectos dos seus programas, así como a súa avaliación e seguimento.
-
O impulso e a coordinación das publicacións da Atriga.
-
Calquera outra función que se lle delegue ou encomende no ámbito da súa competencia, así como aqueloutras non atribuídas expresamente que sexan inherentes á súa actividade.