Novidades Novidades

Atrás

Novidades introducidas pola Lei de medidas fiscais e administrativas para o ano 2026

01.01.2026

IRPF (Imposto sobre a renda das persoas físicas)

Apróbanse 4 novas deducións, todas elas con efectos desde o 1 de xaneiro de 2025, excepto a última que ten efectos desde o 1 de xaneiro de 2023:
  • Dedución polas subvencións e/ou axudas obtidas a consecuencia dos danos causados polos incendios forestais que provocaron a activación do PEIFOGA en Situación 2 acaecidos en Galicia en 2025.
  • Dedución polas axudas e subvencións recibidas por persoas con diagnóstico de esclerose lateral amiotrófica ou cos seus fenotipos.
  • Dedución pola adquisición de libros de texto e material escolar.
  • Dedución polas axudas recibidas polas persoas afectadas pola talidomida en España durante o período 1950-1985. 
 

Imposto sobre doazóns

 
1. Introdúcese unha nova redución do 100%, aplicable dende o 28 de xullo do 2025 ata o 30 de xuño de 2026, para as doazóns de bens e dereitos destinados a reparar ou repoñer os danados polos incendios forestais acaecidos en Galicia en 2025. 
 
Como se aplica dita redución:
A. Se a doazón ou o negocio se realiza entre o 28 de xullo e o 31 de decembro de 2025.
  • Se pagaches o imposto, presenta un escrito solicitando a rectificación da autoliquidación e a devolución da cantidade ingresada.
  • Se non presentaches o imposto, solicita a redución no modelo de autoliquidación 651: se cubres o modelo mediante a oficina virtual escóllea no despregable de “reducións” e no caso do modelo en papel inclúe o importe no recadro 24.g “outras reducións”.
B. Se a doazón ou o negocio se realiza entre o 1 de xaneiro e 30 de xuño de 2026, solicita a redución no modelo de autoliquidación 651 tal y como se indica no parágrafo anterior.
 
2. Establécese unha regulación específica para as doazóns xurdidas dos contratos de vitalicio, de tal forma que, se a persoa alimentante (donatario) pertence ao grupo de parentesco III ou IV en relación coa persoa alimentista, resúltalle aplicable a tarifa e o coeficiente multiplicador dos grupos I e II, sempre e cando a persoa alimentista teña 65 anos ou máis, estea afectada por un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e precise axuda de terceiras persoas.
 

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

 
1. Modifícanse os apartados relativo ao cálculo do límite de patrimonio para poder aplicar os tipos reducidos de vivenda habitual, así como o do prezo da vivenda no caso de vítimas de violencia de xénero, tanto na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas (TPO) como de actos xurídicos documentados (AXD).
 
2. Créase 3 novos tipo de gravame: 
  • Para a adquisición de vivenda habitual por familias monoparentais (3% na modalidade de TPO e 0,5% na de AXD)
  • Para a adquisición de vivenda a través de contratos de vitalicio (4% na modalidade de TPO)
  • Acceso ao cadro actualizado de concepto/clave/tipo do modelo 600 para feitos impoñibles devindicados a partir do 1 de xaneiro do 2026 (PDF)
3. Modifícase a redacción, nas modalidades de TPO e AXD, da dedución por adquisición de vivenda habitual por persoas con discapacidade, familias numerosas, menores de 36 anos e vítimas de violencia de xénero en áreas rurais, para incluír tamén ás familias monoparentais. 
 
4. Créanse 3 novas deducións, todas elas do 100%:
 
  • Para a adquisición de bens inmobles destinados a substituír os danados polos incendios de 2025, tanto na modalidade de TPO como de AXD. Estas deducións son aplicables dende o 28 de xullo do 2025 ata o 30 de xuño de 2026.
Como se aplican:
 
A. Se pagaches o imposto, presenta un escrito solicitando a rectificación da autoliquidación e a devolución da cantidade ingresada. 
B. Se non presentaches o imposto, solicita a dedución no modelo de autoliquidación 600: na modalidade de TPO, clave T14, e na de AXD clave T15.
 
  • Para as condicións resolutorias nos contratos de vitalicio aplicable na modalidade de AXD (clave T16).
 
 
 

Compravenda de vehículos

 
Créase unha dedución do 100%, aplicable dende o 28 de xullo do 2025 ata o 30 de xuño de 2026, para a adquisición de vehículos automóbiles destinados a reparar ou repoñer os danados polos incendios forestais acaecidos en Galicia en 2025. 
 
Como se aplica a dedución:
 
A. Se pagaches o imposto, presenta un escrito solicitando a rectificación da autoliquidación e a devolución da cantidade ingresada. Se fose necesario, no contrato de compravenda debes facer constar que o vehículo se adquire para substituír outro danado polos incendios que se dá de baixa no Rexistro Xeral de Vehículos.
 
B. Se non presentaches o imposto, solicita a dedución no modelo de autoliquidación 620 no apartado “deducións”
 

Canon eólico

 
Quedan sen efecto as modificacións introducidas na Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico pola Orde do 31 de outubro de 2025.
Desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026 manterase en vigor e aplicarase a regulación recollida nos artigos 14, 15 e 16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, na redacción vixente inmediatamente anterior á data de entrada en vigor da Lei 5/2024, do 27 de decembro.
 
NOTA: a entrada en vigor de todas as novidades é o 1 de xaneiro de 2026, salvo que se especifique unha data diferente.


Actualidade Actualidade