07.10.2025
Habilitouse a posibilidade de pago mediante domiciliación en entidades non colaboradoras dentro da Zona SEPA para autoliquidacións presentadas a través da Oficina Virtual Tributaria, aprazamentos e fraccionamentos.
Nos casos de solicitudes de domiciliación nunha destas entidades dun aprazamento ou fraccionamento que non se presente a través da Oficina Virtual Tributaria, será imprescindible remitir unha orde de domiciliacións de cargo directo SEPA para o pagamento de aprazamento/fraccionamento.
A implantación desta novidade supón outra ampliación das posibilidades de pagamento e un avance na simplificación dos trámites para que os cidadáns cumpran coas súas obrigacións tributarias.