Novidades Novidades

Atrás

Modificación canon eólico

07.11.2025

Publicouse no DOG a Orde do 31 de outubro de 2025 pola que se modifica a Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico  e a Resolución do 1 de novembro de 2025, da Axencia Tributaria de Galicia, pola que se modifican os anexos da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico .

A modificación da Orde de 2014 prodúcese para adaptala á Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Esta lei modificou a base impoñible e o tipo de gravame do canon eólico con entrada en vigor a partir do 01/01/2026.

A Orde publicada hoxe entra en vigor o 1 de xaneiro de 2026, salvo a Disposición adicional sétima que entra en vigor o 8 de novembro de 2025 .

Os suxeitos pasivos do canon eólico teñen que presentar o modelo 007 declarando os datos do parque e dos aeroxeradores desde o 08/11/2025 ata o 15/12/2025 seguindo as instrucións da Guía práctica da OVT.


Actualidade Actualidade