Novidades Novidades

Atrás

Ampliación do prazo de ingreso das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia para os obrigados tributarios afectados polos incendios producidos en Galicia a partir do 28 de xullo de 2025

23.09.2025

A Orde do 19 de setembro de 2025 da Consellería de Facenda e Administración Pública, amplía ata o 5 de xaneiro de 2026 o prazo para o pago das taxas devindicadas polos supostos de feito que se realicen como consecuencia dos incendios producidos en Galicia a partir do 28 de xullo de 2025 que provocaron a activación do PEIFOGA en Situación 2, de acordo cos datos facilitados pola AXEGA, e nos que o pago da taxa sexa previo á entrega do ben, á realización da actividade ou á prestación do servizo da administración gravado pola taxa.

 

Esta medida é aplicable aos obrigados tributarios que:

 
  • Teñan o seu domicilio fiscal nos concellos afectados polos referidos incendios, ou
  • que, sen ter domicilio fiscal nos concellos afectados, tiveran  establecementos comerciais, industriais, turísticos e/ou mercantís ou instalacións e/ou explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras radicados neles.
 

Os obrigados tributarios afectados por esta medida deberán presentar un modelo especial de autoliquidación (AI-D) e domiciliar o importe a ingresar.

 

Dito modelo de autoliquidación estará dispoñible a través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) no servizo Pago de taxas e prezos.

 

30.08.2025

A Orde do 29 de agosto de 2025 da Consellería de Facenda e Administración Pública, amplía ata o 30 de setembro de 2025 os seguintes prazos de presentación que non estiveran vencidos na data de inicio dos incendios que provocaron a activación do PEIFOGA en Situación 2, para todos os impostos xestionados pola Axencia Tributaria de Galicia:
 

a) A presentación de declaracións e autoliquidacións así como da documentación correspondente e o ingreso da débeda tributaria autoliquidada.

 
b) A presentación de solicitudes de prórroga para a presentación de autoliquidacións e documentación do imposto sobre sucesións.
 
Esta medida é aplicable aos obrigados tributarios que:
 
  • teñan o seu domicilio fiscal nos concellos afectados polos referidos incendios, ou
  • que, sen ter domicilio fiscal nos concellos afectados, tiveran  establecementos comerciais, industriais, turísticos e/ou mercantís ou instalacións e/ou explotacións forestais, agrícolas ou gandeiras radicados neles.
Os obrigados tributarios que desexen ampliar ditos prazos deberán presentar unha solicitude xunto coa declaración, autoliquidación ou solicitude de prórroga.
Así mesmo, os obrigados tributarios que xa tiveran cumpridas as súas obrigas de presentación no momento da publicación da Orde do 29 de agosto de 2025 pero dita presentación se fixese fora de prazo, tamén poderán solicitar a ampliación ata o 30 de setembro de 2025. 
 
 
NOTA: Os obrigados tributarios afectados por esta medida que realicen as autoliquidacións a través da Oficina Virtual Tributaria/ALIS, deberán eliminar o importe da recarga por declaración extemporánea que se xere de forma automática.

Actualidade Actualidade