Novidades Novidades

Atrás

A Axencia Tributaria de Galicia anula débedas residuais en período executivo por ter un importe inferior a tres euros

30.05.2026

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2026, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, pola que se acorda a anulación e baixa en contabilidade de todas aquelas liquidacións que se encontren en período executivo e das cales resulte unha débeda pendente de recadar de importe inferior a tres euros. 

En virtude da antedita resolución procédese á anulación e baixa en contabilidade das liquidacións practicadas pola Axencia tributaria de Galicia e polos órganos da Administración Xeral da Xunta de Galicia, entidades públicas instrumentais e demais entes públicos, cuxa recadación en período executivo ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia, das cales resulte unha débeda pendente de recadar en período executivo de importe inferior a 3 euros a 31 de decembro de 2025.  

Neste caso supón a anulación de 933 débedas por un importe total de 1.249,26€. 

A anulación de débedas residuais realízase de xeito anual co obxectivo de evitar actuacións recadatorias que supoñen unha perda para a facenda pública, xa que nestas liquidacións xéranse uns custos superiores aos recursos que potencialmente se puidesen obter coas mesmas.


Actualidade Actualidade