Noticias Noticias

Atrás

Miguel Corgos conciencia ao alumnado do CEIP Vilaverde-Mourente sobre a importancia de pagar impostos para contar cos servizos públicos que precisa a cidadanía galega

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública deu unha charla de educación cívico tributaria aos estudantes
  • O obxectivo é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal desde idades temperás

Pontevedra, 3 de marzo de 2026. O conselleiro de Facenda e Administración Pública e presidente da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), Miguel Corgos, explicou hoxe ao alumnado do CEIP Vilaverde-Mourente de Pontevedra a correlación entre o pagamento dos impostos e o funcionamento dos servizos públicos. Acompañado da directora da Atriga, Sonia Lafont, Corgos impartiu unha charla formativa de educación cívico-tributaria.

O obxectivo desta acción formativa é transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e fomentar a conciencia fiscal colectiva da cidadanía desde idades temperás: explicándolles para que serven os impostos, que é a fraude fiscal, as súas consecuencias e a importancia de evitalo.

Vídeo explicativo

Durante as charlas proxectouse un vídeo para explicar que son e para que serven os impostos, os distintos tipos de tributos, que é a fraude fiscal e a importancia de evitalo para poder contar con todos os servizos públicos que a sociedade precisa para o seu bo funcionamento. Ao remate do mesmo, fixéronse unha serie de preguntas con distintas opcións para valorar a aprendizaxe na sesión.


Actualidade Actualidade