Volver ao contido

Novidades Novidades

Atrás

Sistema de xiro postal para o pagamento de débedas

Sistema  de xiro postal para o pagamento de débedas

A Xunta de Galicia habilita, o venres 3 de xuño,  o sistema  de xiro postal para o pagamento das débedas tributarias. Con esta  finalidade,  a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) acaba de asinar un convenio de colaboración con Correos para posibilitar a súa utilización.

Deste xeito,  a Atriga  fai efectiva  a ampliación dos  medios de pagamento  dispoñibles co obxectivo de facilitar o cumprimento dos deberes tributarios a todos os cidadáns, en especial a aqueles que viven nas zonas rurais.

Esta medida reforza e avanza na información e simplifica a asistencia a todos os cidadáns.  A implantación desta nova canle de pago mediante o sistema  de xiro postal súmase ao TPV virtual ou físico que universalizou a posibilidade de que calquera  cidadán  puidese pagar os seus tributos cunha tarxeta de crédito o débito.

Os documentos de pagamento que poden ser ingresados mediante xiro postal son os  impostos sobre  transmisións  patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP-  AXD);  a transmisión de determinados medios de transporte usados;  o imposto sobre  sucesións e doazóns; as liquidacións notificadas polas Administracións; pagos  aprazados o fraccionados; o taxas,  prezos  e sancións.

O pagamento poderá facerse nas  Oficinas de Correos, así como, no ámbito rural, a través dos carteiros rurais por medio de dispositivos  PDAs.

Correos cobrará aos seus clientes as tarifas que teña estipuladas para o servizo de xiro  (actualmente 1,95 €/xiro).  As tarifas ou demais cantidades que  poida cobrar aos seus clientes por este servizo non se consideraran importes pagados á  Administración.