Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión de Julián Cerviño director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión de Julián Cerviño director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela, 02 de setembro de 2022.- O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión de Julián Cerviño Iglesia como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

 

Julián Cerviño leva máis de vinte anos traballando en proxectos e programas IT estratéxicos de distintas Administracións en Galicia, como a administración electrónica da Xunta e diversas iniciativas relacionadas coa sanidade pública.

 

Julián Cerviño Iglesia é Licenciado en Ciencias Físicas, especialidade electrónica pola Universidade de Santiago de Compostela. É un profesional con ampla experiencia en IT e sólidos coñecementos de xestión e técnicos.