Volver ao contido

Pasos a seguir para a presentación e pagamento do imposto de máquinas

Empresas Operadoras que non teñan a condición de usuarios autorizados para a presentación e pago da taxa fiscal sobre o xogo de máquinas:

  • Obtención do certificado dixital.
  • Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT.
  • Presentación do modelo dunha declaración informativa das máquinas de xogo que tiveran en explotación no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ao longo do trimestre ao que se refire a declaración.
  • Presentación e pagamento telemático do Imposto.

Empresas Operadoras que xa teñan a condición de usuarios autorizados para a presentación e pago da taxa fiscal sobre o xogo de máquinas:

  • Neste caso irán directamente ao punto 3 do apartado anterior.

A taxa fiscal sobre o xogo realizada a través de máquinas é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido polo Estado á Comunidades Autónomas que somete a gravame a organización, celebración ou realización do xogo a través de máquinas.

Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliquidar e presentar o imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados  pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.

Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, dentro dos prazos de presentación do tributo, presentar telematicamente ante a Axencia Tribuna de Galicia, unha declaración informativa das máquinas de xogo que tiveran en explotación ao longo do trimestre ao que se refire a declaración, a través do modelo D-046.

Unha vez presentado o D-046, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo 046, no cal practicarán a autoliquidación do tributo e determinarán a débeda tributaria correspondente comprensiva de todas as máquinas sobre as que posúa autorización en cada período impositivo. Coa confección de cada modelo resumo 046, xeraranse tantos modelos 045 como máquinas agrupe, nos que figurará o detalle de cada unha delas de xeito individualizado.

Prazos de presentación:

  • Primeiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de abril.
  • Segundo trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xullo.
  • Terceiro trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de outubro.
  • Cuarto trimestre do ano natural: do 1 ao 20 de xaneiro do ano seguinte.

As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:

  1. Pagamento telemático presencial (con NRC)
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Caja Duero

     

  1. Pagamento telemático con cargo en conta
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Banco Santander
    • BBVA
    • Banesto
    • Caja Duero
    • Caja Rural de Zamora
    • Caja Rural Galega