Volver ao contido

Pasos a seguir para a presentación e pagamento telemáticos da taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos

Os suxeitos pasivos da taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos deben  cumprir as súas obrigas tributarias telemáticamente, a través das aplicacións  informáticas á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT). Para obter acceso ás devanditas aplicacións é necesario:

  1. Obter o certificado dixital de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda.
  2. Obter autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT. Para o que é necesario presentar a correspondente solicitude xunto a unha ficha de usuario.

O xogo do bingo está gravado pola taxa fiscal sobre o xogo do bingo creada por Real decreto Lei 16/1977, de 25 de febreiro, polo que se regulan os aspectos penais, administrativos e fiscais dos xogos de sorte, envite ou azar e apostas. Esta taxa é un tributo estatal cuxo rendemento está cedido ás comunidades autónomas.

Os suxeitos pasivos deste tributo deberán autoliguidar e presentar o  imposto a través das aplicacións informáticas desta páxina.  Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta (no suposto de que carecesen da devandita autorización), con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.

As obrigas tributarias relativas a este imposto son as seguintes:

  1. Alta no Censo electrónico de salas de bingo de Galicia (Cesbiga).
    Presentada a solicitude de autorización de acceso á OVT, a Administración tributaria procederá a dar de alta a sala de bingo no Cesbiga.
  1. Declaración de modificación de datos censuales da sala de bingo.
    Se se producise algunha modificación nos datos inscritos no censo, os suxeitos pasivos deben presentar comunicación electrónica mediante o modelo 006 no prazo de vinte días naturais contados desde o momento en que se produza dita modificación.
    Tamén se utilizará o modelo 006 para o suposto de cambio de suxeito pasivo.
  1. A solicitude (modelo S) e subministración de cartóns realízase igualmente de forma telemática, a través da aplicación informática á súa disposición na OVT.
  1. Presentación e pago de autoliquidación mensual modelo 043.
    Débese pagar e presentar autoliquidación por este imposto dentro dos primeiros vinte días de cada mes. Esta autoliquidación referirase ás partidas de bingo celebradas na sala no mes inmediato anterior.

A base impoñible determinarase por:

  • Estimación directa, sempre que a sala de bingo conte cun sistema informático homologado. Están obrigados a determinar a base impoñible por este método, os suxeitos pasivos cuxo volume anual de xogo supere o millón de euros.
  • Estimación obxectiva, cando non proceda a estimación directa

As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos asociados a autoliquidaciones presentadas a través da OVT son as seguintes:

  1. Pagamento telemático presencial (con NRC)
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Caja Duero

     

  1. Pagamento telemático con cargo en conta
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Targobank
    • Banco Pastor
    • Banco Santander
    • BBVA
    • Banesto
    • Caja Duero
    • Caja Rural de Zamora
    • Caja Rural Galega