Volver ao contido

Capítulo III. Taxa sobre xogos de sorte, envite ou azar

Constitúe o feito impoñible a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envite ou azar., salvo que estiveran suxeitas ao Imposto sobre as actividades de xogo, establecido na  Lei 13/2011, de regulación do xogo.

Quedan exentos do pagamento da taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar os xogos excluídos do ámbito de aplicación da Lei reguladora do xogo de Galicia.

  1. Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades ás que se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.

En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización de xogos de azar.

  1. Responsable

Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebre o xogo.

  1. Determinación da débeda tributaria

Nos casos de explotación de máquinas ou aparellos automáticos aptos para a realización dos xogos, a cota determinarase en función da clasificación das máquinas, realizada pola Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, segundo as normas seguintes:

  1. Máquinas tipo "A especial": a contía que se debe pagar por este tipo de máquinas será a que resulte de multiplicar por 0,75 as contías sinaladas na letra B seguinte para as máquinas tipo "B" segundo proceda conforme as súas características. No caso de que o valor do premio non supere os 40 euros, a contía trimestral que se deberá pagar será de 125 euros.
  2. Máquinas tipo "B" ou recreativas con premio:
    1. Cota trimestral: 935 euros.
    2. Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos tipo "B", nos que poidan intervir dous ou máis xogadores ou xogadoras de forma simultánea e sempre que o xogo de cada quén sexa independente do realizado polos demais, será aplicable a cota trimestral seguinte: 935 €, máis un incremento do 25 % desta cantidade por cada novo xogador ou xogadora a partir da primeira persoa.
    3. No caso de homologación dunha máquina de tipo "B" cun prezo máximo de partida superior ao prezo máximo regulamentario de 0,20 euros, as cotas tributarias establecidas nas letras a) e b) anteriores incrementaranse en 4,70 euros por cada céntimo de euro en que se incremente o prezo máximo regulamentario.
    4. No caso de modificación do prezo máximo regulamentario de 0,20 euros para a partida en máquinas de tipo "B" ou recreativas con premio, a cota tributaria trimestral correspondente incrementarase en 4,70 euros por cada céntimo de euro de diferenza entre os prezos máximos regulamentarios ou, se for o caso, entre o novo prezo máximo regulamentario e o prezo máximo de partida homologado.
  3. Máquinas tipo "B" especial: a contía que se debe pagar por este tipo de máquinas será a que resulte de incrementar nun 25 % as contías sinaladas na letra B anterior para as máquinas tipo "B" segundo proceda conforme as súas características.
  4. Máquinas tipo "C" ou de azar: cota trimestral, 1.365 euros.
  5. Calquera outro tipo de máquina apta para un único xogador ou xogadora: cota trimestral, 1.500 euros. Esta tarifa incrementarase nun 25 % por cada xogador ou xogadora de máis.
  1. Devengo

Cando se trate de máquinas ou aparellos automáticos, o devengo producirase:

  1. Cando se trate dunha autorización de explotación nova, na data da autorización.
  2. Cando se trate de autorizacións de explotación vixentes en trimestres anteriores, o primeiro día de cada trimestre natural. Para estes efectos, a taxa devengarase sempre e cando non conste fidedignamente que antes do primeiro día de cada trimestre natural a autorización de explotación foi extinguida ou suspendida provisionalmente.
  3. Cando se trate de autorizacións de explotación vixentes en trimestres anteriores que estivesen en situación de suspensión provisional, o día do reinicio da explotación.

A taxa esixirase na súa contía trimestral en cada trimestre natural no que se produza o devengo.

  1. Aplicación.

Autoliquidación trimestral de máquinas en explotación.

Procedemento electrónico para a realización electrónica da  autoliquidación.

  1. Os suxeitos pasivos deberán presentar en cada un dos prazos establecidos no artigo 5 que procedera, unha declaración por cada máquina que tiveran en explotación ao longo de cada trimestre natural, e deberán autoliquidar e ingresar a cota trimestral legalmente establecida que lles corresponda segundo a tipoloxía e as características da autorización da máquina, xa se trate de máquinas autorizadas en trimestres anteriores ao de devengo, de máquinas con nova autorización que foran autorizadas ao longo do trimestre, ou de máquinas que o primeiro día do trimestre natural estiveran en situación administrativa de baixa temporal e se rehabilitaran ao longo do trimestre. A cota trimestral que se autoliquidará será a que corresponda ao maior número de xogadores e ao maior prezo de partida que amparara a autorización no trimestre natural ao que se refira a declaración.
    Cando se producira un suposto de troco de máquinas autorizado ao longo do trimestre presentarase unha única declaración pola autorización que amparara ambas máquinas. Se variaran as características da autorización que as ampara, a cota calcularase tendo en conta o maior número de xogadores e o maior prezo de partida que amparara a autorización no trimestre natural ao que se refira a declaración.
    Cando ao longo do trimestre natural se producira unha modificación no prezo máximo regulamentario da partida de máquinas, a cota trimestral que se autoliquidará será a que correspondera ao novo prezo máximo regulamentario da partida.
  2. Para realizar a confección das autoliquidacións, o suxeito pasivo deberá utilizar os datos facilitados pola propia administración a través da aplicación informática consonte cos datos procedentes do arquivo ao que se refire o artigo 7 desta orde empregado tamén para a confección do modelo D-046.
    Para isto empregarán a aplicación informática que a ATRIGA poña á súa disposición na OVT, nas condicións e de acordo co procedemento establecido neste artigo.
  3. Os suxeitos pasivos accederán á OVT e iniciarán a aplicación informática para a confección das autoliquidacións correspondentes. A aplicación informática mostraralle o resumo dos datos das máquinas para as que pretende pagar o tributo e presentar a autoliquidación correspondente, consonte cos datos que previamente incorporou no modelo D-046. Se apreciara algún erro ou precisara facer calquera modificación deberá realizala na aplicación informática. A  aplicación informática recalculará a débeda tributaria e mostrará en pantalla o resumo cos novos datos. O suxeito pasivo, para concluír o proceso, deberá confirmalo.
  4. A aplicación informática mostrará dun xeito agregado os datos correspondentes ás máquinas das que se pretende presentar a súa autoliquidación, co cálculo da débeda tributaria total correspondente e o importe a ingresar. Confirmados os datos polo suxeito pasivo xerarase o modelo 046, que virá cuberto só polo que respecta aos datos anteriores. Este modelo supón a confección de tantos modelos 045 como máquinas agrupe, cubertos cada un deles polo que respecta aos datos correspondentes a cada unha das máquinas. Cada unha das autoliquidacións suporá a liquidación e a obriga de ingreso da cota trimestral legalmente establecida.

Procedemento electrónico para o pagamento da débeda tributaria.

  1. Unha vez xerado o modelo 046 consonte co artigo anterior, o suxeito pasivo deberá proceder ao pagamento da débeda tributaria recoñecida nel.
  2. A aplicación informática xerará unha única carta de pagamento por modelo 046, correspondente ás débedas tributarias dos modelos 045 que respalde. Para estes efectos a carta de pagamento que xerará a aplicación acumulará tódolos importes a ingresar de cada unha das autoliquidacións correspondentes ás máquinas que o suxeito pasivo vaia presentar na ATRIGA. O suxeito pasivo deberá realizar o pagamento da cantidade resultante da carta de pagamento, de calquera dos xeitos sinalados neste artigo ou ben, marcar no propio modelo 046 que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda consonte coa normativa xeral tributaria. Neste último caso, deberá presentar ante a ATRIGA unha solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que poda entenderse presentada aquela coa presentación electrónica do modelo 046 e as autoliquidacións que respalda.
  3. Os suxeitos pasivos poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:
    1. mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas pola consellería competente en materia de facenda para o cobro de autoliquidacións presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación.
    2. mediante pagamento electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través da páxina web da ATRIGA e efectuará o pagamento das correspondentes autoliquidacións que ampara a carta de pagamento á que se refire este artigo, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola consellería competente en materia de facenda para o pagamento electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o abonamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.
  4. O número de referencia completo (NRC) ao que se refire o apartado anterior, é un código xerado informaticamente pola entidade de depósito mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a carta de pagamento correspondente ás autoliquidacións presentadas simultaneamente por un mesmo suxeito pasivo ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01-13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante da carta de pagamento á que se refire o punto 2 deste artigo. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: carácteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no Anexo VII a esta orde.
  5. A xeración do NRC pola entidade de depósito implicará:
    1. Que o recibo no que figura responde a un ingreso realizado na entidade de depósito que o expide.
    2. Que o devandito recibo corresponde ás autoliquidacións incorporadas na carta de pagamento a que fai referencia e non a outra.
    3. Que a partir do momento de xeración deste, queda a entidade de depósito obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma polo importe que figura na devandita carta de pagamento, quedando o contribuínte liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda.
  6. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fora anulado consonte coa normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade de depósito, debendo presentar o suxeito pasivo, de ser o caso, ante a ATRIGA, as correspondentes solicitudes de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentadas. Pola súa parte, a entidade de depósito deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.
  7. Unha vez realizado o ingreso resultante da carta de pagamento, a entidade colaboradora devolveralle ao interesado, debidamente validado, o exemplar correspondente, que servirá como xustificante do ingreso realizado.

Procedemento electrónico para a presentación electrónica das  autoliquidacións.

  1. Unha vez realizado o pagamento da débeda total ou marcada no modelo 046 a solicitude de aprazamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación do modelo 046 electronicamente, de xeito que transmitirá os datos del coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado. A presentación do modelo 046 suporá a presentación dunha autoliquidación por cada unha das máquinas amparadas pola súa correspondente autorización que o suxeito pasivo determinara na aplicación informática e máis a presentación do modelo D-046 empregado para a confección daqueles.
  2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 046 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, os modelos 045 coas autoliquidacións de cada débeda tributaria, cos datos correspondentes ao ingreso realizado, de ser o caso, así como o modelo D-046, debidamente cuberto cos datos declarados e validados cada un deles cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis carácteres, con indicación da data de presentación. Estes modelos, lle servirán de xustificante da presentación dos números da declaración e das autoliquidacións impresos nel na data sinalada no propio modelo e, do seu pagamento, de ser o caso.
    No suposto de que a presentación fora rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o suxeito pasivo deberá proceder a subsanalos mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación fora orixinado por un motivo non subsanable, o suxeito pasivo deberá repetir a presentación.
  3. O suxeito pasivo deberá conservar a declaración e as autoliquidacións aceptadas e validadas cos correspondentes códigos seguros de verificación.

Xustificantes de pagamento e presentación de declaracións e autoliquidacións.

Consulta de declaracións e autoliquidacións na Oficina Virtual Tributaria.

  1. Os suxeitos pasivos poderán en calquera momento acceder á OVT, no seu horario de dispoñibilidade para cumprir ás obrigas tributarias ás que se refire esta orde.
  2. Para estes efectos, os suxeitos pasivos deberán acceder na sección Declaración de Tributos á aplicación informática denominada APARELLOS. Unha vez nela poderán acceder ás diferentes declaracións, segundo a súa tipoloxía, para comezar unha operación ou para continuala. Para estes efectos cada unha das declaracións mostrará o estado de situación no que se encontra.
  3. Os estados de situación poden ser:
    1. Borrador: é o estado no que se encontra a declaración D-046 cando fora confeccionada e gardada sen ser presentada.
    2. Pendente de pagamento e presentación: é o estado no que se encontra o modelo 046 cando fora confirmado polo suxeito pasivo mais non fora realizada ningunha das fases posteriores de pagamento nin de presentación.
    3. Pendente de pagamento: é o estado no que aparece o modelo 046 confirmado polo suxeito pasivo e a débeda que figura no modelo fora tramitada para o seu pagamento presencial segundo o establecido no artigo 9.3.a) mais o suxeito pasivo non concluíra a transacción de pagamento.
    4. Pendente de presentación: é o estado no que aparece o modelo 046 validado polo suxeito pasivo, cando a débeda que figura no modelo foi pagada ou foi marcada a casiña de aprazamento/fraccionamento, consonte co disposto no artigo 9, mais aínda non fora presentado.
    5. Presentado: estado no que aparece o modelo 046 cando o suxeito pasivo validou o modelo, procedeu pagar a débeda tributaria ou marcar a casiña de aprazamento/fraccionamento e presentou electronicamente o modelo ante a ATRIGA.

Xustificantes do pagamento e da presentación de autoliquidacións e xustificantes da presentación de declaracións de forma electrónica.

  1. Unha vez que o suxeito pasivo opte polo pagamento de forma presencial na entidade colaboradora das autoliquidacións abranguidas na carta de pagamento xerada pola aplicación, a aplicación informática xerará dúas copias da carta de pagamento á que se refire o artigo 9.3.a) desta orde debidamente cubertas cos datos que o suxeito pasivo facilitara na aplicación informática. Co devandito documento acudirase á entidade colaboradora para a realización do pagamento, a cal se quedará co exemplar para a entidade colaboradora e devolverá ao contribuínte o exemplar para o interesado co selo da entidade, data do ingreso, número e importe, así como co NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento das autoliquidacións correspondentes ás máquinas que se relacionan no anexo á carta de pagamento.
  2. Se o suxeito pasivo optase polo pagamento electrónico, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o "Recibo de cargo en conta" que o contribuínte deberá conservar, no que se identificará o número da conta que realiza o pagamento, data do ingreso, importe, NIF e nome do contribuínte así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número da carta de pagamento impreso neste.
  3. A presentación das declaracións que regula esta orde e a súa data acreditaranse mediante a impresión dos documentos (modelos D-046, 046 e 045) xerados pola aplicación informática nos que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo e das máquinas declaradas, da autorización da máquina de xogo correspondente, da liquidación da cota trimestral vixente e máis do seu ingreso salvo no caso de marcar o cadriño de aprazamento/fraccionamento e os datos correspondente á presentación. Ademais xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca as declaracións presentadas electronicamente coas impresas polo contribuínte. Este documento acreditará a presentación das autoliquidacións así como a súa data.
  4. Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos parágrafos anteriores producirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento Xeral de Recadación. Os suxeitos pasivos deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación. No caso de que a autoliquidación non dera lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no apartado 3 anterior. No caso de solicitar aprazamento ou fraccionamento será necesario ademais o xustificante da presentación da solicitude de aprazamento ou fraccionamento.

5.6 Modelo D046

5.7 Modelo 045

5.8 Modelo 046

6. Réxime sancionador.

As infraccións e sancións neste tributo serán as establecidas na Lei Xeral Tributaria.

  1. Suxeito pasivo
    Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades a quen se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación para os xogos de casinos.
    En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización de xogos de azar.
     
  2. Responsable
    Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren os xogos.
     
  3. Determinación da débeda tributaria
    A base impoñible virá constituída polos ingresos brutos que obteñan os suxeitos pasivos. Entenderase por ingresos brutos a diferenza entre o importe total dos ingresos obtidos procedentes do xogo e as cantidades satisfeitas aos xogadores ou as xogadoras polas súas ganancias.

    Aplicarase a seguinte tarifa:
    Porción de base impoñible comprendida entre euros Tipo aplicable porcentaxe
    Entre 0 e 1.677.207 22
    Entre 1.677.207,01 e 2.775.016 38
    Entre 2.775.016,01 e 5.534.788 49
    Máis de 5.534.788 60

    A tarifa é anual, mais aplicarase trimestralmente consonte co disposto no apartado 4.5.
     
  4. Devengo
    O devengo producirase con carácter xeral pola autorización e, no seu defecto, pola organización e/ou pola realización do xogo. Para aquelas autorizacións que permitan o desenvolvemento do xogo dun xeito continuado ao longo do tempo, o primeiro ano o devengo coincidirá coa data da autorización e os anos subseguintes co 1 de xaneiro de cada ano natural. Nestes casos o período impositivo coincidirá co ano natural.
     
  5. Aplicación
    1. Autoliquidación:
      Os suxeitos pasivos deberán presentar telematicamente, unha autoliquidación por cada casino para o que teñan autorización.
      O suxeito pasivo aplicará a tarifa impositiva trimestralmente aos ingresos brutos obtidos desde o comezo do ano ata o último día do trimestre de que se trate.
      Cada un dos tramos da base impoñible gravarase ó tipo correspondente da tarifa, calculándose a cota total pola suma dos resultados parciais obtidos, e deducíndose dela o importe do ingresado no trimestre ou trimestres anteriores do ano, constituíndo a diferenza a cifra a ingresar.
      No caso de iniciación da actividade despois do comezo do ano, a acumulación empezará con ela e terminará en todo caso ó fin do ano natural.
       
    2. Prazo de presentación
      A autoliquidación preséntase trimestralmente, durante os 20 primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro,  con respecto á base impoñible anual acumulada ata o fin do trimestre natural inmediato anterior.
       
    3. Lugar de presentación
      Os suxeitos pasivos deberán, con carácter xeral, ingresar e presentar as autoliquidacións (modelo 044) telematicamente ante a xefatura territorial correspondente da administración tributaria.
      Para isto empregarán a aplicación informática que a referida administración tributaria poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria, especialmente mediante os programas de axuda existentes nas aplicacións de presentación telemática da páxina web desta consellería.
      O suxeito pasivo aplicará a tarifa anual vixente á base impoñible acumulada dende o comezo do ano natural ata o último día do trimestre do que se trate, aplicando a cada un dos tramos da base o tipo correspondente da tarifa e deducindo da cota total resultante o importe correspondente ás autoliquidacións presentadas nos trimestres anteriores do mesmo ano. No caso de iniciación da actividade despois de que o ano dera comezo, a acumulación empezará con ela e terminará en todo caso, ao final do ano natural. Unha vez calculada a débeda tributaria, o suxeito pasivo deberá realizar o pagamento da cantidade resultante da autoliquidación, de calquera dos xeitos sinalados no apartado seguinte ou ben, marcar na propia autoliquidación que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda. Neste último caso, deberá presentarse ante a xefatura territorial correspondente unha solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que poida entenderse presentada aquela coa presentación telemática da autoliquidación.
       
    4. Ingreso
      O pagamento das autoliquidacións a presentar de forma telemática polo suxeito pasivo poderá efectuarse das seguintes formas:
      1. mediante ingreso presencial da cantidade resultante da autoliquidación en calquera das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o cobro de autoliquidacións presentadas telematicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o usuario. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación.
      2. mediante pagamento telemático. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da páxina web da consellería competente en materia de facenda e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación a través das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o pagamento telemático. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o abonamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC, así como o recibo ao que se refire o apartado 2 do artigo 5.
        O número de referencia completo (NRC) ao que se refire o apartado anterior, é un código xerado informaticamente pola entidade de depósito mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido:
        Posicións 01-13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola Oficina Virtual Tributaria. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: carácteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no Anexo II a esta orde.
        A xeración do NRC pola entidade de depósito implicará:
        • Que o recibo no que figura responde a un ingreso realizado na entidade de depósito que o expide.
        • Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación incorporada na carta de pagamento e non a outra.
        • Que a partir do momento de xeración deste, queda a entidade de depósito obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma polo importe que figura na devandita carta de pagamento, quedando o contribuínte liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda.
        Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fora anulado consonte coa normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade de depósito, debendo presentar o suxeito pasivo, de ser o caso, ante a administración tributaria, as correspondentes solicitudes de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentadas. Pola súa parte, a entidade de depósito deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.
        Unha vez realizado o pagamento da débeda, ou no caso no que a autoliquidación non dera lugar a ingreso ou fora marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento ou fraccionamento, para concluír co proceso, o usuario deberá proceder á presentación da autoliquidación telematicamente, de xeito que transmitirá os datos da autoliquidación coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado previamente instalado para estes efectos no navegador. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.
        Se a presentación telemática é aceptada, a aplicación devolveralle ao usuario en pantalla o modelo 044 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao ingreso realizado, de ser o caso, e validado cun código seguro de verificación formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo lle servirá de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e do seu pagamento, de ser o caso.
         
    5. Xustificantes de pagamento e de presentación de autoliquidacións presentadas de forma telemática.
      Unha vez que o contribuínte opte polo pagamento da autoliquidación de forma presencial na entidade colaboradora, a aplicación informática xerará dúas copias da carta de pagamento a que se refire o artigo 4.3.a) desta orde debidamente cuberto cos datos que o suxeito pasivo facilitara na aplicación informática. Co devandito documento acudirase á entidade colaboradora para a realización do pagamento, a cal se quedará co exemplar para entidade colaboradora e devolverá ao contribuínte o exemplar para o interesado co selo da entidade, data do ingreso, número e importe, así como co NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número da autoliquidación impreso nel.
      Se se opta polo pagamento telemático a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o "Recibo de cargo en conta" que o contribuínte deberá imprimir e conservar, no que se identificará o número da conta que realiza o pagamento, data do ingreso, importe, NIF e nome do contribuínte así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento da autoliquidación asociada ao NRC impreso nel.
      A presentación da autoliquidación do tributo e a súa data acreditarase mediante a impresión do documento (modelo 044) xerado pola aplicación informática no que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, da liquidación e do ingreso. Ademais xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca a autoliquidación presentada telematicamente coa impresa polo contribuínte.
      Os xustificantes de pagamento e presentación sinalados nos parágrafos anteriores xurdirán os efectos liberatorios para coa Facenda da Comunidade Autónoma sinalados no Regulamento Xeral de Recadación. Os suxeitos pasivos deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación. No caso de que a autoliquidación non dera lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación na forma sinalada no apartado 3 anterior. No caso de solicitar aprazamento ou fraccionamento será necesario ademais o xustificante da presentación da solicitude de aprazamento ou fraccionamento.
       
    6. Modelo  044
       
  6. Réxime sancionador.
    As infraccións e sancións neste tributo serán as establecidas na Lei Xeral Tributaria.

1  . Suxeito pasivo

Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades ás que se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.
En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización do xogo do bingo.
Quedan exentos do pagamento da taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar os xogos excluídos do ámbito de aplicación da Lei reguladora do xogo de Galicia.
 

2. Responsable

Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebre o xogo do bingo.
 

3. Determinación da débeda tributaria

  1. Na modalidade do bingo electrónico aplicarase o tipo de gravame do 30 %.
  2. Nas modalidades do xogo do bingo diferentes ao bingo electrónico, aplicarase o tipo de gravame do 50 %. O suxeito pasivo poderá aplicar un tipo de gravame do 30 % en cada período impositivo en que manteña o emprego con respecto ao ano 2022.
    Entenderase que o suxeito pasivo mantén o emprego con respecto ao ano 2022 cando o cadro medio de persoal relativo ao período impositivo en que aplique o tipo bonificado non sexa inferior ao correspondente ao ano 2022. Para o cadro medio de persoal total tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa. Cando o suxeito pasivo teña máis dunha autorización de sala de bingo e non teña contas de cotización da Seguridade Social diferenciadas para cada unha, calcularase o cadro medio tomando como persoas empregadas de cada local de bingo as que correspondan segundo o domicilio de prestación de servizos indicado no contrato depositado na Seguridade Social, e, de ser diferente ao enderezo dos locais de bingo, ratearase o número total de persoas empregadas con esta situación en proporción ao número de persoas empregadas asociadas a cada local de bingo. O incumprimento do mantemento do emprego leva á perda do dereito a aplicar o tipo de gravame do 30 %. Para estes efectos, o suxeito pasivo, na autoliquidación que ten que presentar no mes de xaneiro de cada ano, procederá a aplicar o tipo de gravame do 50 % sobre a base impoñible correspondente á actividade desenvolvida no ano natural inmediato anterior, aplicará os pagamentos á conta que correspondan e ingresará o importe resultante.

 

4.- Devengo

Para o primeiro ano o devengo coincidirá coa data da autorización e os anos subseguintes co 1 de xaneiro de cada ano natural. Nestes casos o período impositivo coincidirá co ano natural.

 

5.- Aplicación

   1.-- Subministración electrónica de cartóns de bingo:

1. Unha vez realizada a presentación da solicitude e obtido o correspondente xustificante de presentación, a Axencia Tributaria de Galicia procederá a xerar os cartóns electrónicos e enviará automaticamente unha mensaxe de aviso para que se proceda a recoller electronicamente a dilixencia de entrega de cartóns de bingo e o ficheiro cos cartóns solicitados.

2. Unha vez avisado o suxeito pasivo, a descarga dos cartóns de bingo xunto coa dilixencia que os ampara realizarase na OVT.

3. Os cartóns obteranse mediante a descarga dun ficheiro que contén os seguintes datos: valor facial, serie, número do cartón dentro da serie e código de seguridade de cada cartón (CSC). O código de seguridade (CSC) é un algoritmo que combina diferentes datos e establece unha correspondencia unívoca entre o identificador del e o CSC, polo que permite verificar polos órganos competentes en materia de tributos e de xogo, a autenticidade de calquera cartón utilizado no desenvolvemento do bingo.

   As características deste ficheiro son as detalladas no Anexo VI desta orde.

Os cartóns ordénanse polos seguintes valores: valor facial, número de serie e número de cartón. A xeración dos cartóns físicos deberá axustarse á matriz autorizada a cada sala e cada valor facial e a súa impresión ten que ser conforme aos requisitos sinalados pola consellería competente en materia de xogo.

4. As remesas de cartóns irán amparadas por un documento, denominado guía de circulación de cartóns de bingo autorizados, que terá o contido que se detalla no Anexo VII, que se mostrará no terminal do presentador, e que servirá de xustificante da tenencia e destino dos cartóns adquiridos. Os cartóns amparados por cada guía de circulación, serán soamente válidos para a sala que os solicitara, estando terminantemente prohibido o seu uso noutra diferente a aquela para a que foron adquiridos, mesmo no caso de que fose xestionada pola mesma empresa.

   2.- Prazos para o cumprimento electrónico das obrigas da taxa fiscal sobre o xogo do bingo:

1. Os suxeitos pasivos que determinen a base impoñible polo método de  estimación directa deberán, nos vinte primeiros días naturais de cada mes, presentar electronicamente, ante a Axencia Tributaria de Galicia, unha declaración dos datos correspondentes ás partidas de bingo celebradas na sala de bingo no mes inmediato anterior, practicar a autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, determinar a débeda tributaria correspondente e proceder ao seu pagamento.

2. Os suxeitos pasivos que determinen a base impoñible polo método de  estimación obxectiva deberán, nos vinte primeiros días naturais de cada mes, presentar electronicamente, ante a Axencia Tributaria de Galicia, unha declaración dos datos necesarios para proceder á estimación da base impoñible correspondente ao mes inmediato anterior, practicar a autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, determinar a débeda tributaria correspondente e proceder ao seu pagamento.

3. Para o disposto nos puntos anteriores, os suxeitos pasivos empregarán a aplicación informática que a Axencia Tributaria de Galicia poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria, seguindo o procedemento establecido nos artigos seguintes e consonte coas instrucións dos modelos aprobados por esta orde a este respecto.

4. Os prazos establecidos neste artigo entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

   3.- Procedemento para a confección electrónica da autoliquidación:

1. Para cumprir as obrigas de presentación da autoliquidación ás que se refire o apartado 1 do artigo anterior, os suxeitos pasivos incorporarán, na Oficina Virtual Tributaria, os datos procedentes dun arquivo que terá as especificacións técnicas que se detallan no anexo VIII desta orde, consonte co sinalado no apartado seguinte.

Para cumprir as obrigas de presentación da autoliquidación ás que se refire o apartado 2 do artigo anterior, os suxeitos pasivos incorporarán, na Oficina Virtual Tributaria, os datos procedentes dun arquivo que terá as especificacións técnicas que se detallan no anexo VIII desta orde, consonte co sinalado no apartado seguinte, ou ben, poderán confirmar os datos que a aplicación informática lles mostra, baseados nas súas solicitudes de subministración de cartóns realizadas durante o mes inmediato anterior, consonte co disposto no apartado 3 deste artigo.

2. Para realizar a carga dos datos procedentes do arquivo ao que se refire o apartado anterior, os suxeitos pasivos deberán empregar a aplicación Subida de Arquivos que se lles habilitará na Oficina Virtual Tributaria. Unha vez transmitido o arquivo, aparecerá a mensaxe de "Transferencia completada con éxito". O arquivo poderá ser enviado as veces que sexan necesarias, prevalecendo sempre os datos contidos no último arquivo remitido.

3. Unha vez incorporados os datos tras a transmisión do arquivo, mostrarase o modelo 043 debidamente cuberto, debendo ser confirmado polo suxeito pasivo.

Se este tivera que modificar os datos, deberá facelo mediante a presentación dun novo arquivo cos datos rectificados. Cando o suxeito pasivo modificara os datos do modelo 043, a aplicación presentaralle novamente o resumo dos datos consonte co último arquivo presentado.

4. Unha vez confirmados os datos, a aplicación calculará a débeda tributaria correspondente aos datos incorporados, debendo ser confirmada polo suxeito pasivo, momento no que se lle asignará un número identificativo do modelo. O suxeito pasivo, para concluír o proceso de confección do modelo 043, deberá confirmalo.

5. Unha vez confirmado o modelo 043 e previamente á súa presentación o suxeito pasivo deberá realizar o pagamento das cantidades positivas resultantes das autoliquidacións salvo que marcara na propia autoliquidación que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda, consonte co disposto no artigo 13 desta orde. Así mesmo, trala operación de pagamento, deberá proceder á presentación electrónica do modelo 043, consonte co disposto no artigo 14 desta orde.

   4.- Pagamento da débeda tributaria consignada no modelo 043:.

1. Unha vez confeccionado e confirmado o correspondente modelo 043, conforme ao sinalado no artigo anterior, o suxeito pasivo deberá realizar o pagamento das cantidades resultantes das autoliquidacións, de calquera dos xeitos sinalados no apartado seguinte, salvo que marcara na propia autoliquidación que vai solicitar o aprazamento ou o fraccionamento da débeda. Neste último caso, deberá presentarse ante a Axencia Tributaria de Galicia solicitude expresa de aprazamento ou fraccionamento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que poda entenderse presentada aquela coa presentación electrónica da autoliquidación.

2. Os suxeitos pasivos poderán ingresar a débeda de calquera das formas seguintes:

  • mediante ingreso presencial da cantidade correspondente en calquera das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o cobro de autoliquidacións
  • presentadas electronicamente. O ingreso formalizarase mediante a carta de pagamento que para estes efectos xerará a aplicación informática e que previamente deberá imprimir o suxeito pasivo. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número de referencia completo (NRC) identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación.
  • mediante pagamento electrónico. O suxeito pasivo accederá ás aplicacións específicas a través da páxina web da administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia e efectuará o pagamento da correspondente autoliquidación, a través das entidades colaboradoras autorizadas pola consellería competente en materia de facenda para o pagamento electrónico. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. No caso de ser aceptado o cargo, efectuará o abonamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará o correspondente NRC.

3. O número de referencia completo (NRC) ao que se refire o apartado anterior, é un código xerado informaticamente pola entidade colaboradora mediante un sistema criptográfico que permitirá asociar a autoliquidación presentada ao pagamento dela derivado. O NRC está composto por 22 posicións co seguinte contido: Posicións 01-13: alfanuméricas, corresponden ao número de xustificante asignado pola Oficina Virtual Tributaria. Posición 14: alfanumérica, corresponde a un carácter de control adicional. Posicións 15-22: carácteres de control. As normas técnicas de xeración do NRC figuran no Anexo IX a esta orde.

4. A xeración do NRC pola entidade colaboradora implicará:

Que o recibo no que figura responde a un ingreso realizado na entidade colaboradora que o expide.

Que o devandito recibo corresponde á autoliquidación incorporada na carta de pagamento e non a outra.

Que a partir do momento de xeración deste, queda a entidade colaboradora obrigada fronte á Facenda da Comunidade Autónoma polo importe que figura na devandita carta de pagamento, quedando o contribuínte liberado da súa obriga de pagamento fronte á citada Facenda.

5. Unha vez xerado o correspondente NRC, salvo que fora anulado consonte coa normativa tributaria en materia de recadación, non se admitirá a retrocesión do pagamento por parte da entidade colaboradora, debendo presentar o suxeito pasivo, de ser o caso, ante a Axencia Tributaria de Galicia, as correspondentes solicitudes de devolución de ingresos indebidos adecuadamente fundamentadas. Pola súa parte, a entidade colaboradora deberá realizar o pagamento na conta restrinxida de recadación con carácter previo á xeración do citado NRC.

6. Unha vez realizado o ingreso resultante da carta de pagamento, a entidade colaboradora devolveralle ao interesado, debidamente validado, o exemplar correspondente, que servirá como xustificante do ingreso realizado.

     5.- Procedemento electrónico para a presentación electrónica das  autoliquidacións:.

1. Unha vez realizados os pagamentos das débedas ou marcada na autoliquidación a solicitude de aprazamento/fraccionamento, para concluír co proceso, o suxeito pasivo deberá proceder á presentación das autoliquidacións electronicamente, de xeito que transmitirá os datos das autoliquidacións coa sinatura electrónica, xerada ao seleccionar o certificado dixital recoñecido. Se o presentador é unha persoa ou entidade autorizada para presentar declaracións en representación de terceiras persoas, requirirase unha única sinatura, a correspondente ao seu certificado.

2. Se a presentación electrónica é aceptada, a aplicación devolveralle ao suxeito pasivo en pantalla o modelo 043 debidamente cuberto, co seu número de identificación, cos datos declarados, coa autoliquidación da débeda tributaria, cos datos correspondentes ao ingreso realizado, de ser o caso, e validados cun código seguro de verificación (CSV) formado por dezaseis caracteres, con indicación da data de presentación. Este modelo, serviralle de xustificante da presentación do número da autoliquidación impreso nel na data sinalada no propio modelo e, do seu pagamento, de ser o caso.

No suposto de que a presentación fora rexeitada, mostrarase en pantalla a descrición dos erros detectados. Neste caso, o suxeito pasivo deberá proceder a subsanalos mediante a aplicación informática. Se o rexeitamento da presentación fora orixinado por un motivo non subsanable, o suxeito pasivo deberá repetir a presentación.

3. O suxeito pasivo deberá conservar as declaracións e autoliquidacións aceptadas e validadas co seu correspondente código seguro de verificación (CSV).

   6.- Modelo 043
 

6.  Réxime sancionador

As infraccións e sancións neste tributo serán as establecidas na Lei Xeral Tributaria.

  1. Suxeito pasivo
    Serán suxeitos pasivos da taxa os organizadores e as empresas que inclúan nas súas actividades a celebración de xogos da sorte, envite ou azar.
     
  2. Responsable
    Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren os xogos.
     
  3. Determinación da débeda tributaria
    Nos xogos e concursos difundidos mediante radio ou televisión e nos que a súa participación se realice, na súa totalidade ou en parte, mediante servizos de telecomunicación con tarifación adicional, a base impoñible virá determinada pola suma do valor dos premios e mais polas cantidades correspondentes á tarifación da participación no xogo.
    O tipo de gravame será do 20%.
     
  4. Devengo
    O devengo producirase con carácter xeral pola autorización e, no seu defecto, pola organización e/ou pola realización do xogo. Para aquelas autorizacións que permitan o desenvolvemento do xogo dun xeito continuado ao longo do tempo, o primeiro ano o devengo coincidirá coa data da autorización e os anos subseguintes co 1 de xaneiro de cada ano natural. Nestes casos o período impositivo coincidirá co ano natural.
     
  5. Aplicación
    Os suxeitos pasivos deberán presentar, na forma, no lugar e no prazo determinados por orde da consellaría competente en materia de facenda, declaración dos feitos impoñibles mediante a que se autoliquide o importe do tributo que corresponda.

    A consellaría competente en materia de facenda poderá dispoñer que as declaracións e/ou autoliquidacións do tributo se efectúen mediante os programas informáticos de axuda que, de ser o caso, se aproben. Así mesmo, poderá dispoñer a obrigatoriedade da súa presentación e o pagamento mediante medios telemáticos.
  1. Devengo
    Con carácter xeral a taxa devengarase pola autorización e, no seu defecto, pola organización ou celebración do xogo.
     
  2. Suxeitos pasivos
    Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades as que se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.

    En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización de xogos mediante boletos.

    Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren.
     
  3. Base impoñible

    A base impoñible da taxa estará constituída pola suma total do satisfeito polos xogadores pola adquisición dos boletos sen dedución algunha.
     
  4. Tipo de gravame
    20%
  1. Devengo
    Con carácter xeral a taxa devengarase pola autorización e, no seu defecto, pola organización ou celebración do xogo.
     
  2. Suxeitos pasivos
    Serán suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades a quen se lles outorgara a correspondente autorización administrativa ou permiso de explotación.

    En defecto de autorización administrativa ou permiso de explotación, terán a consideración de suxeitos pasivos da taxa as persoas ou entidades que nas súas actividades inclúan a celebración ou organización do xogo da lotería instantánea electrónica.

    Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren.
     
  3. Base impoñible
    A base impoñible da taxa virá constituída polos ingresos brutos que sexan obtidos polos suxeitos pasivos.

    Para estes efectos, entenderase por ingresos brutos a diferenza entre o importe total dos ingresos obtidos procedentes do xogo e as cantidades satisfeitas ós xogadores polas súas ganancias.
     
  4. Tipo de gravame
    20%
  1. Suxeito pasivo
    Serán suxeitos pasivos da taxa os organizadores e as empresas nas que que inclúan nas súas actividades a celebración de xogos da sorte, envite ou azar.
     
  2. Responsable
    Serán responsables solidarios da taxa os donos e empresarios dos locais onde se celebren os xogos.
     
  3. Determinación da débeda tributaria
    No resto dos supostos a base impoñible virá constituída polas cantidades que os xogadores ou as xogadoras dediquen á súa participación nos xogos que se realicen nos distintos locais, en instalacións ou en recintos onde se realicen xogos de sorte, envite ou azar.

    O tipo de gravame será do 20%.
     
  4. Devengo
    O devengo producirase con carácter xeral pola autorización e, no seu defecto, pola organización e/ou pola realización do xogo. Para aquelas autorizacións que permitan o desenvolvemento do xogo dun xeito continuado ao longo do tempo, o primeiro ano o devengo coincidirá coa data da autorización e os anos subseguintes co 1 de xaneiro de cada ano natural. Nestes casos o período impositivo coincidirá co ano natural.
     
  5. Aplicación
    Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar autoliquidacións mais declaración-liquidación no prazo de 20 días naturais seguintes a cada trimestre natural.
     
  6. Réxime sancionador.
    As infraccións e sancións neste tributo serán as establecidas na Lei Xeral Tributaria.