Volver ao contido

Capítulo II. Taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias

Esixiránse taxas pola autorización, celebración ou organización de rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias, salvo que estiveran suxeitas ao Imposto sobre as actividades do xogo, establecido na Lei 13/2011, de regulación do xogo.

A súa exacción corresponderá ao Estado cando o ámbito territorial de participación sea estatal

  1. Suxeitos Pasivos

    Nas rifas e tómbolas: os organizadores.

    Nas apostas: as empresas que fagan actividades que inclúan a celebración de apostas.

    Nas combinacións aleatorias: as empresas que desenvolvan estas combinacións con fins publicitarios.
  2. Responsable

    Nas apostas serán responsables solidarios do pago da taxa os donos ou empresarios dos locais onde se celebren.
  1. Métodos determinación da base impoñible

    Con carácter xeral, a base impoñible virá constituída polo importe total das cantidades que os xogadores ou as xogadoras dediquen á súa participación nos xogos.

    Para a determinación das bases poderán ser empregados os réximes de estimación directa ou de estimación obxectiva, regulados na Lei xeral tributaria. Poderán igualmente determinarse, mediante convenios, servindo en todo caso como signos, índices ou módulos, o número e o valor dos billetes,boletos ou xustificantes de participación, calquera que sexa o medio a través do que se expedisen ou emitisen, o importe dos premios e as bases de poboación. Nos supostos de participación a través de medios técnicos, telemáticos, interactivos ou de forma remota, estes medios deberán conter o procedemento ou os elementos de control necesarios que garantan a exactitude na determinación da base impoñible. Para estes efectos, o suxeito pasivo deberá dispoñer dun sistema informático que lle permita á Administración tributaria o control telemático da xestión e o pagamento do tributo correspondente.
  2. Rifas e tómbolas

    Nas rifas e tómbolas a base impoñible virá constituída polo importe total dos boletos ou billetes ofrecidos.

    As rifas e tómbolas tributarán con carácter xeral ao 10% do importe total dos boletos ou billetes ofrecidos.

    Nas tómbolas de duración inferior a quince días organizadas con ocasión de mercados, feiras ou festas de ámbito local e sempre que os seus premios non excedan dun valor total de 3.000 euros, o suxeito pasivo poderá optar entre satisfacer a taxa conforme o tipo sinalado na letra a) anterior ou ben a razón de 300 euros por cada día de duración en capitais de provincia ou poboacións con máis de 75.000 habitantes, 210 euros en poboacións entre 15.000 e 75.000 habitantes e 90 euros por cada día de duración en poboacións inferiores a 15.000 habitantes.
  3. Apostas

    Nas apostas a base impoñible poderá vir constituída:
    • c.1) Polo importe total dos billetes, boletos ou xustificantes de participación vendidos, calquera que sexa o medio a través do que se realizasen.
    • c.2) Pola diferenza entre a suma total das cantidades apostadas e o importe dos premios obtidos polos participantes no xogo.
    O tipo será con carácter xeral dun 8,5%, aplicable á base impoñible establecida na letra c.1) anterior. O tipo para as apostas deportivas ou de competición será dun 10%, aplicable á base impoñible establecida na letra c.2) anterior.
  4. Combinacións aleatorias

    Nas combinacións aleatorias a base impoñible virá constituída polo valor dos premios ofrecidos.

    Para estes efectos entenderase por valor dos premios o valor de mercado destes, e incluirase así mesmo a suma de todos os gastos necesarios para a posta á disposición do premio.

    O tipo será do 12% do valor dos premios ofrecidos.
  5. Xogos mediante servizos de telecomunicación tarifados ou con tarificación adicional.

    Cando a participación en calquera dos xogos gravados por este tributo se realice, na súa totalidade ou en parte, mediante servizos de telecomunicación tarifados ou con tarificación adicional,a base impoñible virá determinada polo valor dos premios ofrecidos, e incluiranse así mesmo a suma de todos os gastos necesarios para a organización e realización do xogo e para a posta á disposición do premio e mais os importes percibidos correspondentes á tarificación da participación no xogo, excluído o imposto indirecto sobre o valor engadido ou calquera outro imposto indirecto deste carácter que grave as operacións realizadas.

    O tipo de gravame para calquera dos xogos gravados por este tributo nos que se participe, na súa totalidade ou en parte, mediante servizos de telecomunicación con tarifación adicional será do 12%, aplicable á base impoñible establecida no apartado anterior.

A taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias, cando o seu rendemento lle corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, devengarase:

  1. Nas rifas, tómbolas e combinacións aleatorias, ao concederse a autorización necesaria para a súa realización. En defecto de autorización, devengaranse cando se realicen, sen prexuízo das responsabilidades doutra orde que procedesen.
  2. Nas combinacións aleatorias que non precisen autorización e nas apostas, no momento en que se organicen ou se inicie a súa realización.
  1. Declaración

    Os suxeitos pasivos deberán presentar declaración dos feitos na forma e ante o órgano da Administración tributaria determinados regulamentariamente.

    A consellaría competente en materia de facenda aprobará, de ser o caso, os modelos mediante os que os suxeitos pasivos deberán declarar, autoliquidar e ingresar o importe correspondente na forma, no lugar e nos prazos que determine regulamentariamente.

    A consellaría competente en materia de facenda poderá dispoñer que as declaracións e/ou autoliquidacións do tributo se efectúen mediante os programas informáticos de axuda que, se é o caso, se aproben. Así mesmo, poderá dispoñer a obrigatoriedade da súa presentación e o pagamento mediante medios telemáticos.
  2. Prazo

    A declaración deberá presentarse no no prazo dun mes, contado desde o momento do devengo.

As infraccións e sancións neste tributo serán as establecidas na Lei Xeral Tributaria.