Volver ao contido

Anexo 5, taxa por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público da lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da comunidade autónoma de Galcia (D.O.G. Núm. 240 de 11 de decembro de 2003).

Bonificacións

Á tarifa 02 contida no anexo 5 seranlle aplicables as bonificacións relacionan a seguir:

  • a) Cando os suxeitos pasivos realicen investimentos en obras de recheo, consolidación ou mellora de terreos, a contía da bonificación determinarase en función do investimento realizado, de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente, atendendo ao tipo de obra e ao seu custo, e non poderá exceder do 50% da contía correspondente á ocupación das augas do porto ou, de ser o caso, dos terreos.
  • b) Cando o obxecto da concesión consista na urbanización e comercialización de zonas de almacenaxe e de actividades loxísticas, a contía da bonificación determinarase en función do investimento privado realizado, de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente, atendendo ao tipo de obra e ao seu custo, e non poderá exceder do 40% da contía correspondente á ocupación de terreos. Esta bonificación non se poderá aplicar durante un período superior ao establecido para a finalización de cada fase de urbanización no título concesional.
  • c) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou a ocupación de obras de abrigo e defensa portuarias, a contía da taxa correspondente a esta ocupación para o destino mencionado terá unha bonificación que non poderá exceder do 50%. A contía da bonificación determinarase en función do investimento realizado, atendendo ao tipo de obra e de conformidade coa escala que se estableza regulamentariamente..
  • d) Cando o titular da concesión ou autorización sexa algún órgano das administracións públicas e o obxecto destas sexan actividades de interese social e cultural, o importe desta bonificación será do 50% da contía correspondente á ocupación de terreos.
  • e) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou a explotación de fábricas de xeo ou lonxas coas súas correspondentes cámaras de frío, así como a explotación de naves de titularidade da administración destinadas total ou parcialmente a almacenaxe de caixas, vestiarios ou cámaras de frío, para o sector pesqueiro ou marisqueiro, a contía da taxa correspondente a esta ocupación para os usos mencionados terá unha bonificación do 90%.
  • f) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou a explotación de naves de redes, a contía da taxa correspondente a esta ocupación para os usos mencionados terá unha bonificación do 95%.
  • g) Nas concesións ou autorizacións de dominio público portuario outorgadas a entidades náuticas ou culturais sen ánimo de lucro para actividades de ensinanza da náutica deportiva ou de conservación ou recuperación de embarcacións tradicionais, a contía da taxa terá unha bonificación do 90% no que se refire exclusivamente a estas actividades, sempre que non sexan obxecto de explotación económica.
  • h) Cando a ocupación do dominio público teña por destino a construción ou explotación de naves destinadas a aloxar medios mecánicos, vehículos non particulares asignados a confrarías e/ou asociacións do sector pesqueiro e marisqueiro, así como as instalacións dedicadas a aulas de formación náutico-pesqueira e a fins sociais das mesmas, o importe da bonificación será do 90%.
  • i) Cando a ocupación do dominio público portuario teña por destino a explotación de superficies destinadas á varada para embarcacións profesionais do sector pesqueiro e/ou marisqueiro, o importe da bonificación será do 50%.

Por orde da consellería competente en materia de portos e por proposta do ente público Portos de Galicia, concretaranse as condicións, as escalas e os criterios necesarios para a aplicación das bonificacións previstas nos anteriores supostos, partindo dos elementos esenciais contidos nestes.

Exencións

Estarán exentos das tarifas 01 e 03, contidas no anexo 5, os suxeitos pasivos que teñan a condición de institucións e corporacións públicas ou sen ánimo de lucro cando a actividade que desempeñen no inmoble non leve aparellada unha utilidade económica ou, aínda existindo a dita utilidade, a utilización ou aproveitamento entrañe condicións ou contraprestacións para o beneficiario que anulen ou fagan irrelevante aquela.

Para o recoñecemento desta exención bastará co que se faga unha declaración responsable do cumprimento dos requisitos sinalados no parágrafo anterior e se aporte a xustificación adecuada xunto coa solicitude do permiso de ocupación temporal, da concesión ou de calquera outra autorización ou título habilitante contemplado na normativa de patrimonio. A exención entenderase concedida con carácter provisional e condicionada ao cumprimento, durante todo o tempo que dure a utilización privativa, o aproveitamento especial ou a ocupación do dominio público, dos requisitos esixibles

Á tarifa 02 contida no anexo 5 seranlle aplicables as seguintes exencións que se relacionan a seguir

Estarán exentos do pagamento da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio portuario:

  • Os órganos e as entidades das administracións públicas cando estean directamente relacionados con actividades de vixilancia, de represión do contrabando, de protección civil de salvamento e de loita contra a contaminación mariña ou coa defensa nacional.
  • As corporacións locais cando se trate de actividades encadradas entre as súas finalidades públicas e estas non sexan obxecto de explotación económica.

A Cruz Vermella Española está exenta do pagamento da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público portuario respecto das actividades marítimas propias que esta institución ten encomendadas.

TAXA POR UTILIZACIÓN PRIVATIVA, OCUPACIÓN OU APROVEITAMENTO ESPECIAL DO DOMINIO PÚBLICO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
Código Descrición Tarifa
34.01.00 Dominio público en xeral  
  - Mínimo 2%
  - Máximo 6%
  Regras  
34.01.01 Bienes demaniales adscritos á Consellería de Facenda, para uso de dependencias administrativas 2%
34.02.00 Dominio público portuario  
  a) No suposto de ocupación de terreos e augas do porto  
  Nas áreas destinadas a usos portuarios relativos ao desenvolmento de  actividades portuarias pesquerias:  2,5%
  Nas áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, ós relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais e náutico-deportivas 5%
  Nas áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais 6%
  espazo de auga para recheo durante as obras 2,5%
  espazo da auga para recheo finalizadas as obras 5%
  b) ocupación do voo ou do subsolo de terreos ou espazos somerxidos: 2,5%
  c) no caso de ocupación de obras e instalacións  
  -áreas destinadas a usos portuarios relativos ao desenvolvemento de actividades portuarias pesqueiras:  
  - sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. 2,5%
  - valor depreciación anual asignada 25%
  - áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, ós relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais, pesqueiras e náutico-deportivas:  
  - sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. 5%
  - valor depreciación anual asignada 100%
  - áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais  
  - sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións 6%
  - valor depreciación anual asignada 100%
  - áreas destinadas a usos non portuarios  
  - sobre valores de terreos, espazo de auga e obras e instalacións. 7%
  - valor depreciación anual asignada 100%
  d) uso consuntivo sobre o valor dos materiais consumidos 100%
  Regras  
34.03.00 Ocupación mediante medios persoais de inmobles afectos a dependencias administrativas  
  A cota da taxa que se debe satisfacer será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo de gravame correspondente, que se sinala a continuación  
  Constitúe a base impoñible o valor de mercado do ben ou bens de dominio público obxecto daquela. Para estes efectos, tomarase como valor de mercado o valor actualizado do ben ou bens segundo o Inventario Xeral dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta a superficie ocupada e a súa situación no inmoble, de ser o caso. Esta base actualizarase anualmente na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral dos prezos ao consumo para o conxunto nacional total (IPC) que correspondera e será efectiva a partir de cada 1 de xaneiro. No título habilitante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é o valor de mercado no primeiro ano da súa vixencia e cal será o mes de cálculo da variación do IPC que se empregue para a súa actualización anual.  
  cando a actividade a desenvolver no inmoble sexa a prestación dun servizo público, o tipo de gravame será do 2%
  Para o resto de actividades:  
  Regras  
34.04.00 Ocupación de inmobles nas Illas de Ons e Onza  
  A cota da taxa que se  debe satisfacer será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo de gravame que correspondera en cada caso, tendo en conta o uso e o tipo de solo.
Constitúe a base impoñible o total de metros cuadrados do ben inmoble de dominio público que fora obxecto de concesión. No título habilitante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é a base impoñible medida en metros cuadrados que fora concedida. Os tipos de gravame anuais a aplicar sobre a base impoñible son os que se especifican a continuación:
 
    €/m²
  a) Uso vinculado á residencia ou vivenda  
  - por m² construído con uso residencial: 4
  - por m² construído con uso non residencial: 1,5
  - por m² non construído complementario ao uso residencial: 0,5
  b) Uso comercial, vinculado exclusivamente á hostalaría, restauración ou á alimentación:  
  - por m² construído con uso comercial, vinculado exclusivamente á hostalaría, restauración ou á alimentación: 7,5
  - por m² construído de edificacións auxiliares: 2,5
  - por m² de patios, terrazas u outras superficies ocupadas anexas ao inmoble: 2,5
  c) Uso agrario tradicional: por m²: 0,06
  Regras  
34.05.00 Dominio público viario  
34.05.01 Utilización privativa ou ocupación do dominio público viario  
  Constitúe a base impoñible o valor de mercado do ben ou bens de dominio público viario obxecto da utilización privativa ou ocupación do dominio público viario. A estes efectos, tomaranse como valores de mercado os seguintes:  
  - Solo en situación urbanizada: 45,80 €/m²
  - Solo en situación rural: 12,30 €/m²
  Tendo en conta a relevancia e conexión coas finalidades propias do órgano ó que está adscrito o dominio público viario, o predominio desas finalidades ou de fins económicos na actividade desenvolvida e o grado de utilidade pública derivada da utilización privativa ou da ocupación do dominio público viario, en cada caso, o tipo de gravame aplicable fíxase nas seguintes porcentaxes:  
  - Instalacións en superficie para a prestación dun servizo público de interese xeral 4%
  - Instalacións en superficie para a conexión a un servizo público de interese xeral 3%
  - Obras de acceso á estrada 3%
  - Instalacións provisionais por prazo fixado 2%
  Cando se empreguen procedementos de licitación pública para o outorgamento de concesións, os pregos de bases poderán conter, entre os criterios para a súa resolución, o de que os licitadores oferten importes adicionais ós establecidos para esta taxa. Neste caso, o tipo de gravame da taxa virá determinado pola suma de dous compoñentes:
  • A porcentaxe vixente no momento do devengo.
  • A mellora determinada polo adxudicatario na proposición sobre a que se realiza a concesión, expresada en puntos porcentuais.
 
34.05.02 Aproveitamento especial do dominio público viario  
 

Constitúe a base impoñible a utilidade derivada do aproveitamento especial do dominio público viario. A estes efectos, establécese como base impoñible a que se obtén da seguinte fórmula:


Onde:

  • Bi = base impoñible.
  • L = lonxitude (m) do servizo que discorre por dominio público viario.
  • Bs = base sectorial que adopta os seguintes valores en función do tipo de actividade:
  • Distribución de electricidade en baixa ou media tensión: 1,58 €/m.
  • Distribución de electricidade en alta tensión: 2,45 €/m.
  • Transporte de electricidade en alta tensión: 4,94 €/m.
  • Distribución de hidrocarburos: 6,97 €/m.
  • Transporte de hidrocarburos: 18,57 €/m.
  • Telefonía e telecomunicacións: 4,11 €/m.
  • Abastecemento de auga: 1,61 €/m.
  • Saneamento: 4,07 €/m.
  • Ba = base adicional para o caso de servizos executados a través de canalizacións de titularidade da administración autonómica, que adopta un valor de 1,00 €/m nese caso, sendo nula en caso contrario.
  • n = número de suxeitos pasivos diferentes que empregan a mesma canalización.
  • Cd = coeficiente de densidade de poboación, calculado segundo a fórmula seguinte:
  • Fórmula; onde:
  • Øm = densidade de poboación (hab/km²) do termo municipal no que se sitúe o servizo, segundo as cifras oficias de poboación a 1 de xaneiro do ano anterior ó de devengo da taxa.
  • ØG = densidade de poboación (hab/km²) da comunidade autónoma de Galicia, segundo as cifras oficias de poboación a 1 de xaneiro do ano anterior ó de devengo da taxa.
  • Cu = coeficiente pola situación urbanística do solo, que adopta os seguintes valores:
  • 1,00 en solo en situación urbanizada.
  • 0,75 en solo en situación rural.
  • Ce = coeficiente pola clasificación da estrada:
  • 1,20 no caso de autoestradas, autovías, corredores e vías rápidas.
  • 1,00 no caso do resto de estradas da rede primaria básica non incluídas na categoría anterior.
  • 0,80 no caso de estradas da rede primaria complementaria.
  • 0,60 no caso de estradas da rede secundaria.
O tipo de gravame aplicable nos supostos de aproveitamento especial será do 100%.
 

 

Data publicación

20/10/2008

Tipo de disposición

Outros

Tipo de Contido

Ordenación

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica