Volver ao contido

Regras das tasas por servicios profesionales: modalidades actuaciones profesionales e utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público.

Regras Xerais de aplicación e definición

I.- Porto e zona de servizos portuarios.

  1. Enténdese por porto o conxunto de augas abrigadas natural ou artificialmente, os espazos terrestres contiguos ás mesmas e as obras, infraestruturas e instalacións necesarias para desenrolar operacións propias das actividades ás que se destinarán.
  2. A instalación portuaria é o conxunto de obras e infraestruturas que, sen chegar a dispoñer dos requisitos e consideración de porto, se sitúan no litoral e cuxa construción non esixe obras de abrigo ou de atraque de carácter fixo, e non supón alteración substancial do medio físico onde se empraza, tales como embarcadoiros, varadoiros, ancoradoiros e outras similares.
  3. Nos portos e instalacións portuarias de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia delimitarase unha zona de servizo, na que se incluirán os espazos, superficies e lámina de auga necesarios para a execución das actividades portuarias, así como tamén os terreos de reserva que garantan a posibilidade de desenrolo ou ampliación da actividade portuaria.
  4. Augas do porto é a área marítima ou fluvial na que se poden levar a cabo operacións de ancoraxe, varada ou outras comerciais ou portuarias.

    As augas do porto subdividiranse en dúas zonas:
    • Zona I ou interior das augas portuarias, que abranguerá os espazos incluídos dentro dos diques de abrigo e as zonas necesarias  para as manobras de atracada e de revirada, onde non existan aqueles.
    • Zona II ou exterior das augas portuarias, que abranguerá as zonas de entrada, manobra e posible ancoraxe, subsidiarias do porto correspondente e suxeita só a control tarifario.
  5. Enténdese por dársena o espazo portuario de auga abrigada no que se realizan actividades e manobras marítimas, e que está destinado no uso portuario predominante.
  6. Enténdese por canal de navegación a zona de auga abrigada, coa profundidade suficiente para facer viable a navegación hasta a entrada ou saída do porto.
  7. Zona de fondeo é a superficie de auga incluída na zona de servizo do respectivo porto, abrigada total ou parcialmente de forma natural ou artificial, que permite o ancoraxe e permanencia das embarcacións en certas condicións de seguridade.
  8. As augas marítimas e interiores, e os terreos de dominio público marítimo-terrestre ocupados polo porto teñen a consideración de bens adscritos a Comunidade Autónoma de Galicia.

II.- Clases de navegación.

Para os efectos de aplicación destas tarifas entenderase por:

  1. Navegación interior, local ou de ría: é a que transcorre integramente dentro do ámbito dun determinado porto ou doutras augas interiores españolas.
  2. Navegación de cabotaxe: é a que non sendo navegación interior se efectúa entre portos ou puntos situados en zonas nas que España exerce soberanía, dereitos soberanos ou xurisdición.
  3. Navegación exterior: é a que se efectúa entre portos ou puntos situados en zonas nas que España exerce soberanía, dereitos soberanos ou xurisdición e portos ou puntos situados fóra das devanditas zonas.
  4. Navegación extranacional: é a que se efectúa entre portos ou puntos situados fóra das zonas nas que España exerce soberanía, dereitos soberanos ou xurisdición.

III.- Arqueo bruto (GT) e calado máximo.

  1. O arqueo bruto é o que como tal figura no certificado internacional estendido de acordo co Convenio Internacional sobre Arqueo de Buques, aprobado en Londres o 23 de xuño de 1969 (Boletín Oficial del Estado do 15 de setembro de 1982), denominado abreviadamente GT. De non dispoñe-lo buque do mencionado certificado poderá recorrerse ó valor que como tal figure no Lloyd's Register of Shipping.
    No suposto de que o arqueo do buque non figure no Lloyd's Register of Shipping ou o buque presente un certificado do seu arqueo bruto medido segundo o procedemento do Estado da súa bandeira, denominado abreviadamente TRB, ou que sexa este o que apareza no Lloyd's Register of Shipping, Portos de Galicia asignará un arqueo novo a partir das dimensións básicas do buque. A devandita asignación débese realizar aplicando a seguinte fórmula:

    GT (Londres provisional) = 0,4 x E x M x P, sendo E = eslora máxima total; M = manga máxima; P = puntal de trazado.

    No suposto de construción, o arqueo bruto será o correspondente ó buque rematado; no caso de desguace, o arqueo bruto será a metade do orixinal.
  2. O calado máximo é o calado de trazado definido segundo a regra 4.2 do regulamento para a determinación dos arqueos bruto e neto de buques, que figura como anexo I do Convenio Internacional sobre Arqueo de Buques do 23 de xuño de 1969 e no seu defecto, o que figura no "Lloyd's Register of Shipping".

IV. Cruceiros turísticos

Entenderase que un barco de pasaxeiros está realizando un cruceiro turístico cando reúna un dos seguintes requisitos:

  1. Que entre no porto e sexa despachado con este carácter polas autoridades competentes
  2. Que o número de pasaxeiros en réxime de cruceiro supere o 75 por 100 do total de pasaxeiros. Entenderase que un pasaxeiro viaxa en réxime de cruceiro cando a escala no porto forme parte dunha viaxe que, en si mesmo, ten un obxecto preferentemente turístico ou de recreo e non de transporte.

Na declaración que se debe presentar indicaranse, ademais das características do barco e o tempo de estancia previsto no porto, o itinerario do cruceiro, o número de pasaxeiros e as súas condicións de pasaxe.

V. Eslora máxima ou total.

É a que figura na Lista Oficial de Buques de España e, no seu defecto, e sucesivamente, no "Lloyd´s register of Shipping", no certificado do arqueo e, a falta do anterior, a que resulte da medición que a dirección do porto practique directamente.

VI. Exencións e bonificacións

Non se concederán bonificacións nin exencións no pagamento destas tarifas, agás as contempladas nas regras de aplicación destas. Nembargante, quedan exentos do pagamento das tarifas xerais:

  1. Os barcos de guerra e aeronaves militares nacionais. Igualmente os estranxeiros que, en réxime de reciprocidade, non realicen operacións comerciais e sempre que a súa visita teña carácter oficial ou de arribada forzosa.
  2. As embarcacións dedicadas polas administracións públicas a labores de vixilancia, investigación, protección e rexeneración costeira, represión do contrabando, salvamento, loita contra a contaminación marítima, ensinanzas marítimas e, en xeral, a misións oficiais da súa competencia.
  3. O material e embarcacións da Cruz Vermella Española dedicadas ás labores propias que ten encomendadas esta institución.

VII. Prestación de servizos específicos fóra de hora normal.

A prestación de servizos específicos en días festivos ou fóra de xornada ordinaria nos laborables quedará supeditada á posibilidade e conveniencia da súa realización, a xuízo de Portos de Galicia, e serán aboados coas recargas que en cada caso correspondan.

VIII. Morosos

O ente público Portos de Galicia non prestará servizos específicos e poderá nega-los xerais a quen estea sometido á vía de constrinximento, por ser debedor do devandito ente público.

IX. Responsabilidades

Portos de Galicia non será responsable dos danos, prexuízos e estragos debidos a paralizacións dos servizos, nin dos producidos por avarías, roturas fortuítas ou malas manobras.

Naqueles casos de prestación de servizos con equipos de Portos de Galicia, o usuario destes deberá ter subscrita a correspondente póliza de seguros que cubra os posibles riscos.

En calquera caso, suponse que os usuarios son coñecedores das condicións de prestación dos servizos e das características técnicas dos equipos e elementos que utilizan e por iso serán responsables das lesións, danos e avarías que ocasionen a Portos de Galicia ou a terceiros, como consecuencia da súa intervención na utilización do servizo correspondente.

X.Adicionais

Son intransferibles tódalas autorizacións que se outorguen para a utilización dos diferentes servizos.

Todo peticionario do servizo acepta coñece-los regulamentos e disposicións do porto, e queda obrigado a solicitalo coa debida antelación, facilitando a Portos de Galicia aqueles datos que, con relación ó dito servizo, lle sexan requiridos.

Regras da tarifa X-1. Entrada e estadía de barcos

Primeira.- Esta tarifa abrangue a utilización das augas do porto, instalacións de sinais marítimos e balizamento, canles de acceso, esclusas (sen incluí-lo amarre, o remolque ou a sirgaxe nela) e pontes móbiles, obras de abrigo e zonas de ancoraxe, e seralles aplicable na contía e nas condicións que se indican máis adiante a tódolos barcos que entren nas augas do porto.

Segunda.- Son suxeitos pasivos obrigados a pagaren esta tarifa os armadores ou os seus representantes ou os consignatarios dos barcos que utilicen os servizos indicados na regra anterior.

Terceira.- As bases para a liquidación desta tarifa serán: o arqueo bruto do barco e o tempo que permaneza no porto.

Cuarta.- A contía da tarifa será a seguinte:

A contía básica desta tarifa será de 7'833061 € por cada 100 unidades de arqueo bruto ou fracción, por cada período de vintecatro horas ou fracción, coa aplicación das seguintes porcentaxes:

  • Para buques de ata 3.000 GT: o 90 % da contía base da tarifa.
  • Para buques entre 3.001 GT e 6000 GT: o 100 % da contía base da tarifa.
  • Para buques de máis de 6.000 GT: o 110 % da contía base da tarifa.

Reducións ou bonificacións

  1. Por estadías curtas:

    Por períodos de tempo inferiores ás seis horas aplicarase unha redución do 50 % da contía da tarifa.

  2. Por tipo de navegación:

    Ós buques que realicen navegación interior ou de cabotaxe aplicaráselles unha redución do 50 % da contía da tarifa. Esta redución pode ser acumulada coa do apartado 1 anterior.

    Ós buques de bandeira dun país da Unión Europea rexistrados en territorio da mesma Unión Europea que efectúen navegación entre portos da Unión Europea poderáselles aplicar unha redución do 50 % da contía da tarifa. Esta redución non pode ser acumulada coa do parágrafo anterior pero si coa do apartado 1.

    Cando polo tipo de navegación de entrada ó porto se teña dereito a unha tarifa reducida distinta da correspondente á aplicable polo tipo de navegación de saída, aplicarase a semisuma de ámbalas dúas.

  3. Por arribada forzosa:

    A contía da tarifa que se lles debe aplicar ós buques que entren nos portos en arribada forzosa será a metade da que lles correspondería de aplicar esta regra, sempre e cando non utilicen ningún dos servizos de Portos de Galicia ou de particulares, agás as peticións de servizos que teñan por obxecto a protección das vidas humanas no mar.

  4. Por cruceiros turísticos:

    Ós barcos de pasaxeiros que realicen cruceiros turísticos aplicaráselles a tarifa correspondente cunha redución do 30 %.

Quinta.- Ós barcos mercantes que efectúen máis de doce entradas nas augas do porto durante o ano natural aplicaránselles as seguintes tarifas:

  • Da entrada 13.ª á 24.ª: o 85 % da tarifa da regra cuarta.
  • Da entrada 25.ª á 40.ª: o 70 % da tarifa da regra cuarta.
  • Nas entradas 41.ª e seguintes: o 50 % da tarifa da regra cuarta.

Sexta.- Nas liñas de navegación con cualificación de regulares e sempre que antes do 1 de xaneiro de cada ano esta condición estea suficientemente documentada perante Portos de Galicia, as tarifas que se lles apliquen ós seus barcos poderán ser:

  • Da entrada 13.ª á 24.ª: o 90 % da tarifa da regra cuarta.
  • Da entrada 25.ª á 50.ª: o 80 % da tarifa da regra cuarta.
  • A partir da entrada 51.ª: o 70 % da tarifa da regra cuarta.

A denegación destas tarifas terá que ser motivada.

Para que nos barcos que se incorporen a unha liña se poida optar á aplicación destas tarifas reducidas, será condición necesaria que antes da entrada en porto deses barcos se xustifique esta circunstancia documentalmente perante Portos de Galicia. Estas tarifas reducidas non terán en ningún caso carácter retroactivo.

Para os efectos do cómputo de entradas, acumularanse en cada porto tódalas entradas dos barcos dunha mesma liña regular ou dun mesmo armador.

As tarifas reducidas de escala das que se fai mención nesta regra e mais na anterior serán excluíntes entre elas.

Sétima.- Para a aplicación desta tarifa o tempo comezará a contar cando o barco entre nas augas de calquera das zonas do porto. As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Oitava.- Pola estancia e uso prolongado das augas portuarias, aplicaranse as seguintes contías:

A) Buque en construción: o 50% da contía da tarifa.
B) Buque en reparación: o 50% da contía da tarifa.
C) Buque pesqueiro: o 25% da contía da tarifa.
D) Buque para desmantelamento: o 75% da tarifa o primeiro ano.
E) Buque en depósito xudicial:
- a partir do 6º mes, o 50% da contía da tarifa.
- a partir do 12º mes, o 25% da contía da tarifa.
As contías b) e c) e, por outro lado, as contías c) e d) son acumulables entre elas.

Para que esta tarifa lle sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade.

Novena.- Os barcos destinados ó tráfico de pasaxeiros interior ou de ría e os remolcadores e dragas con base no porto aboarán mensualmente quince veces o importe diario que lles correspondese por aplicación da regra cuarta desta tarifa, independentemente das entradas, saídas e días de estancia no porto.

Para que esta regra sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación da tarifa con estas embarcacións, cunha redución adicional de ata o 25 % na súa contía.

Décima.- Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación da tarifa coas embarcacións destinadas ó servizo de acuicultura, cunha redución de ata o 75 % na súa contía.

Décimo primeira.- Os barcos que estean en varadoiros ou en diques e paguen as tarifas correspondentes a estes servizos non aboarán esta tarifa X-1 durante o tempo que permanezan nesta situación.

Décimo segunda.- Non están suxeitos ó aboamento desta tarifa os barcos que lle aboen a Portos de Galicia as tarifas X-4 e X-5 e que cumpran as condicións que se especifiquen nas regras de aplicación das devanditas tarifas.

Décimo terceira.- No caso de barcos portabarcazas, e con independencia da tarifa que lle corresponda ó propio barco, as barcazas que estean aboiando estarán igualmente suxeitas á aplicación desta tarifa.

Décimo cuarta.- Calquera das reducións establecidas respecto das contías da regra cuarta será incompatible coa consideración dun arqueo distinto do máximo.

Décimo quinta.- Cando un buque entrase nas augas do porto sen autorización deberá aboar en concepto de tarifa X-1 un importe cinco veces superior á que lle correspondese por aplicación da regra cuarta sen ningún tipo de redución, sen que iso o exima da obriga de abandona-las augas do porto, de se-lo caso, así como lle sexa ordenado e con independencia das sancións ás que esta actuación dea lugar.

Regras da tarifa X-2. Atracada.

Primeira.- Esta tarifa abrangue o uso das obras de atracada e dos elementos fixos de amarre e defensa, e seralles aplicable na contía e nas condicións que se indican máis adiante a tódolos barcos que utilicen as obras e os elementos antes sinalados que fosen construídos total ou parcialmente pola Administración portuaria ou propiedade dela.

Segunda.- Son suxeitos pasivos obrigados a pagaren esta tarifa os armadores ou os seus representantes ou os consignatarios dos barcos que utilicen os servizos citados na regra anterior.

Terceira.- As bases para a liquidación desta tarifa serán a eslora máxima do barco o calado do peirao e o tempo que o barco permaneza na atracada ou no amarre.

Nos supostos de que un buque transporte calquera tipo de mercadoría perigosa e como consecuencia diso sexa necesario dispoñer dunhas zonas de seguridade a proa e/ou popa, considerarase como base para efectos da tarifa a eslora máxima do barco incrementada na lonxitude das mencionadas zonas.

A contía básica desta tarifa é de 0'978515€ por cada metro de eslora ou fracción e por cada período de vintecatro horas ou fracción que permaneza atracado ou amarrado, cos seguintes coeficientes por calado do peirao medido en B.M.V.E.:

  • Por calado do peirao igual ou maior a 7 metros, coeficiente = 1.
  • Por calado do peirao inferior ós 7 metros, coeficiente = 0,5.

Reducións ou bonificacións

  1. Por estadías curtas:

    Por períodos de tempo inferiores ás seis horas aplicarase unha redución do 50 % da contía da tarifa.

Cuarta.- Ós barcos mercantes que efectúen máis de doce atracadas nos peiraos do porto durante o ano natural aplicaránselles as seguintes tarifas:

  • Da entrada 13.ª á 24.ª: o 85 % da tarifa da regra terceira.
  • Da entrada 25.ª á 40.ª: o 70 % da tarifa da regra terceira.
  • Nas entradas 41.ª e seguintes: o 50 % da tarifa da regra terceira.

Quinta.- Nas liñas de navegación con cualificación de regulares e sempre que antes do 1 de xaneiro de cada ano esta condición estea suficientemente documentada perante Portos de Galicia, as tarifas aplicables ós seus barcos poderán ser:

  • Nas atracadas do 13.ª á 24.ª: o 90 % da tarifa da regra terceira.
  • Nas atracadas da 25.ª á 50.ª: o 80 % da tarifa da regra terceira.
  • A partir da atracada 51.ª: o 70 % da tarifa da regra terceira.

A denegación destas tarifas terá que ser motivada.

Para que os buques que se incorporen a unha liña poidan optar á aplicación destas tarifas reducidas, será condición necesaria que antes da entrada en porto deses barcos se xustifique esta circunstancia documentalmente perante Portos de Galicia. Estas tarifas reducidas non terán en ningún caso carácter retroactivo.

Para os efectos do cómputo de atracadas, acumularanse en cada porto tódalas atracadas dos barcos dunha mesma liña ou dun mesmo armador.

As tarifas reducidas de escala das que se fai mención nesta regra e mais na anterior serán excluíntes entre elas.

Sexta.- Para a aplicación desta tarifa o tempo comezará a contar desde a hora para a que se autorizou a atracada e finalizará no momento de larga-la última amarra. As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Sétima.- Se un barco realizase distintas atracadas dentro do mesmo período de vintecatro horas, sen saír das augas do porto, considerarase como unha única operación, aplicándoselle a tarifa correspondente ó peirao de maior calado daqueles nos que estivo atracado.

Cando, dentro da ordenación de tráficos establecida no porto, a petición dunha determinada atracada das dispoñibles non poida ser atendida e sexa aceptada polo barco a oferta doutra atracada de maior calado do necesario, pagará a tarifa correspondente ó peirao solicitado inicialmente.

Oitava.- Os barcos abarloados a outro xa atracado de costado ó peirao ou a outros barcos abarloados pagarán unha tarifa da metade da que figura na regra terceira, sempre e cando a súa eslora sexa igual ou inferior á do barco atracado ó peirao ou á dos outros barcos abarloados a este. De ser aquela superior, pagarán ademais o exceso de eslora consonte a citada tarifa da regra terceira.

Novena.- Os barcos atracados de punta ó peirao aboarán unha tarifa igual ó 50 % da establecida na regra terceira.

Décima.- Se algún barco prolongase a súa estadía no porto por riba do tempo normal previsto, sen causa que o xustifique a xuízo de Portos de Galicia, fixaráselle un prazo para abandona-la atracada; no caso de non o facer así, pagará a tarifa que se fixa na regra seguinte.

Undécima.- O barco que, logo de recibir orde de desatracar ou de rectifica-la atracada, demore estas operacións pagará, con independencia das sancións ás que haxa lugar, as seguintes cantidades:

  • Por cada unha das dúas primeiras horas ou fracción: o importe da tarifa de vintecatro horas da regra terceira.
  • Por cada unha das horas restantes: dúas veces o importe da tarifa de vintecatro horas da regra terceira.

Décimo segunda.- Se por calquera circunstancia se dese o caso de que un barco atracase sen autorización, pagará desde o momento da atracada unha tarifa igual á fixada na regra anterior, sen que iso o exima da obriga de desatracar en canto así lle sexa ordenado, e con independencia das sancións ás que tal actuación dese lugar.

Décimo terceira.- Os barcos destinados ó tráfico de pasaxeiros interior ou de ría e os remolcadores e dragas con base no porto que atraquen habitualmente en determinados peiraos aboarán mensualmente quince veces o importe diario que lles correspondese por aplicación da regra terceira desta tarifa, independentemente das entradas, saídas e días de estancia no porto.

Para que esta regra sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación da tarifa coas embarcacións citadas nesta regra, cunha redución adicional de ata o 25 % na contía da tarifa.

Décimo cuarta.- Pola estancia e uso prolongado das instalacións de atraque portuarias e polas instalacións flotantes, aplicaranse as seguintes contías:

a) Buque en construción: o 50% da contía da tarifa.
b) Buque en reparación: o 50% da contía da tarifa.
c) Buque pesqueiro: o 25% da contía da tarifa.
d) Buque para desmantelamento: o 75% da tarifa o primeiro ano.
e) Buque en depósito xudicial:
- a partir do 6º mes, o 50% da contía da tarifa.
- a partir do 12º mes, o 25% da contía da tarifa.

As contías b) e c) e, por outro lado, as contías c) e d) son acumulables entre elas.

Para que esta tarifa lle sexa aplicada a un buque será condición indispensable que previamente se formule a correspondente declaración perante a dirección do porto e que esta dea a súa conformidade.

Décimo quinta.-As embarcacións destinadas ao servizo da acuicultura que atraquen habitualmente en peiraos habilitados para o efecto, pagarán mensualmente quince veces o importe diario que lles correspondería ao aplicar a tarifa xeral. Cando estas embarcacións dispoñan dunha praza reservada para o seu uso exclusivo en peiraos ou pantaláns, a tarifa aplicable será a que lle corresponda por aplicación da regra terceira para a totalidade do período autorizado, independentemente das entradas, saídas ou días de ausencia do atraque.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación desta tarifa coas embarcacións citadas nesta regra, cunha redución adicional do 90 % na contía da tarifa. As embarcacións deberán pertencer a unha asociación profesional do sector e o concerto establecerase en función do período e da ocupación da liña de atraque.

Décimo sexta.- Non están suxeitos ó pagamento desta tarifa os barcos que lle aboen a Portos de Galicia a tarifa X-4 ou a X-5 e que cumpran as condicións que se especifiquen nas regras de aplicación das citadas tarifas.

Regras da tarifa X-3. Mercadorías e pasaxeiros

Primeira.- Esta tarifa abrangue a utilización polas mercadorías e polos pasaxeiros que embarquen, desembarquen, transborden ou efectúen tránsito marítimo ou terrestre das zonas de manobra, manipulación e tránsito, dos accesos e vías de circulación terrestres viarias e ferroviarias e doutras instalacións portuarias fixas. Así mesmo, inclúese no feito impoñible a súa utilización polas mercadorías ou polos pasaxeiros que accedan ou saian da zona de servizo do porto por vía terrestre sen utilizar en ningún momento a vía marítima, agás que teñan como orixe ou destino instalacións fabrís, de transformación, loxísticas ou de almacenaxe situadas na zona de servizo do porto.

Segunda.- Son suxeitos pasivos obrigados a pagaren esta tarifa os armadores ou os consignatarios dos barcos que utilicen o servizo e os propietarios do medio de transporte cando a mercadoría entre e saia do porto por medios exclusivamente terrestres. Subsidiariamente, serán responsables do pagamento da tarifa os propietarios da mercadoría e, no seu defecto, os seus representantes autorizados, agás que proben que lles fixeron provisión de fondos ós representantes principais.

Terceira.- As bases para a liquidación desta tarifa serán: para as mercadorías, a súa clase e peso, e para os pasaxeiros, o seu número e a modalidade da pasaxe, e en ámbolos casos a clase de comercio ou tráfico e o tipo de operación.

Cuarta.- Para a aplicación desta tarifa o tempo comezará a contar cando se inicien as operacións de paso de mercadorías ou pasaxeiros polo porto e seralles aplicable, nas condicións que se especifican a seguir, a tódolos pasaxeiros que embarquen ou desembarquen e ás mercadorías embarcadas, desembarcadas ou transbordadas ou que circulen polos portos total ou parcialmente construídos pola Administración portuaria, ou que sexan propiedade dela, e polos peiraos ou as instalacións construídos por particulares en réxime de concesión administrativa dentro das augas do porto, así como ás mercadorías que entren por terra nas zonas portuarias e volvan saír sen seren embarcadas.

As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Quinta.- A contía da tarifa de pasaxeiros, en euros, será a seguinte:

tarifa de pasaxeiros, en euros
Concepto Tipo de navegación
Interior, local ou de ría Entre portos da UE Exterior
a) Pasaxeiros      
Bloque II 0'028509 0'876832 2'630501
Bloque I 0'057122 2'442608 4'885214
b) Vehículos      
Motocicletas e vehículos ou remolques de dúas rodas 0'137516 0'275032 0'550067
Automóbiles 0'687584 1'375166 2'750336
Camións, autocares e outros vehículos de transporte colectivo 3'437919 6'875837 13'751673

 

Aplicaráselles a tarifa do Bloque I ós pasaxeiros de camarotes ou cabinas e a do bloque II ós que ocupan butacas de salón e ós pasaxeiros de cuberta.

Sexta.- Os pasaxeiros que realicen un cruceiro turístico con escala intermedia nun porto e que non desembarquen neste non están suxeitos a esta tarifa, pero enténdese, agás proba en contra, que os mencionados pasaxeiros baixan desde o buque ó peirao polo menos unha vez no día. Nembargante, cando o número de pasaxeiros que baixe sexa superior ó 50 % do total de prazas ocupadas de cada bloque, poden establecerse concertos, previamente á chegada do buque ó porto, entre os armadores ou os seus representantes e Portos de Galicia, nos que se cobrará, como mínimo, unha operación de embarque ou desembarque e en cada período de vintecatro horas ou fracción de estadía do buque no porto, aplicada á metade das prazas ocupadas en cada bloque. O aboamento da tarifa correspondente a pasaxeiros dá dereito a embarcar ou desembarca-la equipaxe de cabina. O aboamento da correspondente a vehículos dá dereito a embarcar ou desembarca-la equipaxe que se transporta neles.

Ós buques turísticos locais aplícaselles a tarifa só para o embarque.

Sétima.- No caso de inexactitude ou ocultación no número de pasaxeiros, na clase de pasaxe ou na clase de tráfico, aplicarase unha tarifa dobre dos tipos sinalados na regra quinta pola totalidade da partida mal declarada ou non declarada.

Oitava.- Portos de Galicia, cando as circunstancias o aconsellen, poderá establecer concertos para o cobramento da tarifa correspondente a pasaxeiros en réxime de tráfico de local ou de ría por períodos anuais, e o seu importe non poderá ser inferior ó 60 % do que lle correspondería pola tarifa xeral da regra quinta aplicada ó tráfico previsto. Estes concertos aboaranse por adiantado, sen dereito á devolución total ou parcial.

Novena.- As contías da tarifa aplicables a cada partida de mercadorías serán por tonelada métrica de peso bruto ou fracción e en función do grupo de bonificación ao que pertenzan, de acordo co repertorio de clasificación de mercadorías que se recolle na regra vixésimo quinta desta tarifa.

contías da tarifa aplicables a cada partida de mercadorías
Grupo de mercadorías Precio en euros por tonelada métrica
Primeiro 0'436818
Segundo 0'728030
Terceiro 1'164848
Cuarto 1'892878
Quinto 2'912120

 

As mercadorías que exclusivamente se embarquen terán unha bonificación do 30 % na base da tarifa.

As mercadorías que sexan transbordadas se lles aplicará esta tarifa cunha bonificación do 50% na súa contía en cada unha das operacións.

As mercadorías que realicen tránsito marítimo ou terrestre non se lles aplicará ningunha variación con respecto ás contías das tarifas de embarque e desembarque.

Para partidas cun peso total inferior a unha tonelada métrica a contía será, por cada 200 quilogramos ou fracción en exceso, a quinta parte da que correspondería pagar por unha tonelada.

Para os efectos desta regra entenderase como partida as mercadorías incluídas en cada liña dun mesmo coñecemento de embarque.

Décima.- Cando a mercadoría obxecto da tarifa sexa mexillón procedente de bateas, aboará a tarifa correspondente, aínda que Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais cos propietarios de acordo co disposto a seguir:

As bateas clasificaranse, en tres tipos, dependendo da súa produción anual:

  • Tipo A: bateas de produción reducida.
  • Tipo B: bateas de produción media.
  • Tipo C: bateas de produción elevada.

Os importes da tarifa anual por bateas serán os seguintes:

  • Tipo A: 203'848363€.
  • Tipo B: 232'969545€.
  • Tipo C: 262'090739€.

A clasificación das bateas segundo os tres tipos utilizados será establecida polo ente público Portos de Galicia, e para o importe da tarifa anual do tipo que corresponda terase en conta que non sexa inferior ó que resultaría de multiplica-la produción media anual estimada da batea pola contía da tarifa xeral do grupo de mercadorías correspondente.

Neste concerto poderase establecer unha redución da contía da tarifa de ata o 90 %, dependendo do número de bateas e máis do volume de descargas no porto.

Décimo primeira.- Enténdese por transbordo a operación pola que se trasladan as mercadorías dun barco a outro sen se deter nos peiraos e con presenza simultánea no porto de ámbolos barcos durante as operacións.

Enténdese por tránsito marítimo a operación que se realiza coas mercadorías que, descargadas dun barco no peirao, volven ser embarcadas en barco distinto ou no mesmo barco en distinta escala, sen saír do porto, agás que por necesidades estritas de conservación non se dispoña no porto de instalacións apropiadas.

Enténdese por tránsito terrestre as entradas e saídas por vía terrestre do porto.

Décimo segunda.- Cando un vulto, caixa ou colector conteña mercadorías ás que lles correspondan tarifas de diferentes contías, aplicaráselle á súa totalidade a maior delas; a non ser que aquelas se poidan clasificar coas probas que presenten os interesados, e nese caso aplicaráselle a cada partida a contía que lle corresponda.

Décimo terceira.- Portos de Galicia está facultado para proceder á comprobación do peso e da clase das mercadorías, e serán por conta do suxeito pasivo obrigado ó pagamento da tarifa os gastos que se ocasionen como consecuencia desa comprobación.

Décimo cuarta.- O desembarque a peirao ou a terra e o embarque desde peirao ou terra que se realice sen esta-lo buque atracado, por intermedio de embarcacións auxiliares ou calquera outro procedemento, pagará consonte as contías fixadas na regra novena.

Décimo quinta.- Para potenciar a captación e consolidación de tráficos en cada porto, Portos de Galicia poderá aplicar bonificacións singulares sobre a cota líquida desta tarifa a aqueles tráficos que sexan sensibles para a economía de Galicia ou que teñan a condición de prioritarios ou estratéxicos, de forma que poidan articularse accións comerciais axeitadas a determinados tipos de tráficos e operacións en colaboración co sector privado e a súa adaptación a condicións de mercado.

Enténdese por cota líquida a que resulta de aplicarlle á cota íntegra as restantes bonificacións previstas nesta lei.

Só terán dereito a estas bonificacións os suxeitos pasivos con compromisos de tráficos relevantes aprobados no correspondente convenio con Portos de Galicia.

Os parámetros de cuantificación en relación co suxeito pasivo serán:

a) O tipo de tráfico comprometido.
b) O volume de tráfico comprometido e a súa evolución anual medido en toneladas de mercadorías, contedores e número de vehículos.
c) A duración do convenio.

A máxima bonificación que se poderá acadar sobre a cota líquida será do 60%.

Décimo sexta.- As mercadorías desembarcadas en depósito flotante ou pontóns e que posteriormente se reembarquen noutro barco sen pasaren por terra ou polos peiraos aboarán a tarifa sinalada na regra novena.

Décimo sétima.- Cando as mercadorías desembarcadas por causa de estiba, avaría, calado ou incendio sexan reembarcadas no mesmo barco e na mesma escala aboarán pola operación completa a tarifa fixada na regra novena.

Décimo oitava.- No tráfico en réxime de tránsito internacional, é dicir, cando as mercadorías con orixe nun porto estranxeiro volvan saír con destino a outro porto estranxeiro, Portos de Galicia poderá establecer anualmente, en función do volume de tráfico achegado por cada usuario, coeficientes correctores que se lles aplicarán ás contías fixadas na regra novena.

No caso particular do tráfico de contedores poderase establecer, ademais, a simplificación de considerar tódalas mercadorías transportadas neles como incluídas no grupo de repertorio de mercadorías que lles corresponda ponderadamente, ó mesmo tempo que consideralos dun peso medio por unidade de carga. A consideración dun grupo igual ou inferior ó quinto dos establecidos na regra novena, no que se inclúen os colectores baleiros, ou dun peso medio da carga neta inferior a 10 toneladas por TEU deberá ser especialmente comprobada e xustificada segundo o tipo de mercadoría transportada perante Portos de Galicia.

Décimo novena.- Para a liquidación desta tarifa o suxeito pasivo obrigado ó pagamento deberá presentar, antes de comeza-la descarga ou antes de que transcorresen vintecatro horas desde que rematou a carga, o manifesto de carga ou unha declaración da totalidade das mercadorías transportadas ou para transportar, onde se indicará o número de vultos, a clase e o peso das mercadorías e maila súa orixe ou destino, todo isto na maneira que determine o ente público Portos de Galicia.

Vixésima.- As tarifas aplicables ás mercadorías serán o dobre das sinaladas nas regras anteriores no caso de atraso na presentación da declaración ou do manifesto.

No caso de ocultación de mercadorías na declaración ou no manifesto ou de inexactitude nestes, con falseamento da clase de mercadorías, da procedencia ou do destino destas (que poidan afecta-la aplicación da tarifa), ou de diminución do peso en máis dun 10 %, aplicarase tarifa dobre, ademais da sanción que lle poida corresponder de se-lo caso.

Vixésimo primeira.- Non lle será aplicable esta tarifa X-3 á pesca fresca que lle satisfaga a tarifa X-4 a Portos de Galicia.

Vixésimo segunda.- As mercadorías cargadas ou descargadas en peiraos, embarcadoiros ou boias construídas por particulares en réxime de concesión administrativa aboarán por esta tarifa a contía que se fixe na propia resolución de outorgamento. Estas contías non se poderán reducir en ningún caso respecto das establecidas nestas regras en proporción superior ó 10 % cando as citadas instalacións se sitúen na zona I das augas do porto ou ó 20 % cando estean na zona II.

En ámbalas zonas, para as concesións xa outorgadas, aplicarase a tarifa consonte o establecido nas correspondentes resolucións de outorgamento da concesión, mantendo as tarifas reducidas que se establecen nas citadas resolucións.

Vixésimo terceira.- Á mercadoría que se transporte en buques en réxime de cruceiro turístico aplicaráselle a tarifa correspondente na contía determinada na regra novena sen redución. Para estes efectos non terá o carácter de mercadorías a equipaxe de camarote.

Vixésimo cuarta.- Nos tráficos TIR, TIC, TIF ou semellantes, as mercadorías que entren e saian do recinto portuario sen utiliza-la vía marítima estarán suxeitas ó aboamento da tarifa X-3, consonte os seguintes criterios:

  • A) Os cargamentos en réxime de grupaxe consideraranse incluídos na súa totalidade no grupo quinto do repertorio de mercadorías, agás as partidas de peso superior ós 2.000 kg, as cales se liquidarán polo grupo tarifario que especificamente lles corresponda.
  • B) Os cargamentos puros liquidaranse polo grupo que lles corresponda en función da natureza da mercadoría.
  • C) Aqueles cargamentos que só entren no recinto portuario para os efectos de recoñecemento aboarán a tarifa correspondente ó grupo quinto en desembarque de navegación exterior aplicada á cantidade de dúas toneladas por vehículo.
  • D) No caso de que a carga ou descarga sexa parcial aplicaráselle o criterio exposto na letra C) ó resto do cargamento que non se descargue e sexa só recoñecido. Ás mercadorías cargadas ou descargadas aplicaránselles os criterios establecidos nas letras A) e B), a non ser que a descarga das mercadorías sexa ordenada pola aduana para a súa inspección e sexan cargadas de contado.
  • E) O ente público Portos de Galicia establecerá as normas pertinentes para que os concesionarios dos recintos de réxime TIR realicen a xestión de cobramento desta tarifa consonte os criterios anteriores e o seu posterior ingreso no citado organismo.

Vixésimo quinta.- As mercadorías e os combustibles embarcados para o avituallamento do propio barco directamente desde terra non están suxeitos ó aboamento desta tarifa, sempre que o combustible pagase a tarifa de entrada no porto correspondente.

Vixésimo sexta.- O repertorio de clasificación de mercadorías para os efectos de determinación das contías aplicables nesta tarifa será o seguinte:

clasificación de mercadorías a efectos de determinación das contías aplicable
Código de designación de mercadorías Grupo de mercadorías Denominación
0101 a 0511 5 Animais e produtos do reino animal
    Produtos do reino vexetal:
1003/1213 a 1214 2 Orxo / palla e forraxes
0601 a 0604 /0701 a 0714 /0801 a 0814/1001 a 1109 3 Plantas vivas e flores / legumes / hortalizas / froitas / cereais e fariñas (agás orxo)
1201 a 1212 3 Oleaxinosas
0901 a 0910/1301 a 1404 5 Café, té, herba mate e especias / gomas, resinas e materias trenzables
    Graxas e aceites animais ou vexetais:
1522 2 Degrás
1501G a 1520G 4 Aceites a granel
1501E a 1520E/1521 5 Aceites envasados / ceras.
    Industrias alimentarias:
2201V 0,2*1 Auga a granel para abastecemento de núcleos de poboación.
2201G 1 Auga a granel.
1703/2303/2306 2 Melaza / residuos industriais do amidón, polpa de remolacha e outros / tortas doutros aceites.
2009/2201 e /Resto desde 2301 a 2309 3 Zumes / auga envasada / residuos da extracción de aceite de soia e de cacahuete, outros residuos e pensos.
1701 / 1902 / 1903 / 2001 a 2005 / 2203G a 2209G. 4 Azucre / pastas / tapioca / conservas de legumes ou hortalizas / líquidos alcohólicos e vinagre, a granel.
Resto desde 1601 a 2403 (incluidos 2203E a 2209E). 5 Resto de industria alimentaria.
    Minerais:
    A) Sal, xofre, terras e pedras, xesos, cales e cementos:
2505/2520. 1 Areas naturais / xeso.
2502/2517/2518 0,66*1 Piritas de Fe sen torrar / cantos / dolomita.
2501/2506 a 2510 /2513/2516/ 2521/2522/2523G 1 Sal / cuarzo, caolín, demais arxilas, creta, apatitas / pedra pómez / granito / castinas / cales / cemento a granel.
2503/2504 /2511/2512/2514 / 2515 /2523E/2529/2530 2 Xofre / grafito natural / sales de baño naturais / fariñas de Si / lousa / mármore / cemento ensacado / feldespatos / sepiolita.
2524 a 2527 3 Amianto / mica / esteatita / criolite.
2519 / 2528 4 Carbonato de Mg/boratos.
    B) Minerais, escouras e cinzas:
2601∩/2618 0,46*1 Piritas de Fe torradas / escouras granuladas
2601Z 0,66*1 Mineral de Fe de baixa calidade.
2601/2619/2621 1 Mineral de Fe sen aglomerar (2601.1100) / escouras (sen granular) siderúrxicas / outras escouras e cinzas.
2601≤ /2602/2607/2614. 2 Mineral de Fe aglomerado (2601.1200) / minerais de Al, Pb e Ti.
2602 /2603/2604/2608 /2610/2617 3 Minerais de Mn, Cu, Ni, Zn, Cr e demais.
2605/2609/2611/2612/2613/ 2615 / 2616/2620. 4 Minerais de Co, Sn, W, U, Th, Mo, Ta, V, Zr, metais preciosos e cinzas e residuos metálicos.
    C) Combustibles:
2701 a 2705/2706/2709/2710F/2713!/ 2714 1 Carbóns, os seus coques e gas de auga / alcatrán hulla / crus / fuel / coque de petróleo sen calcina / betumes e asfaltos naturais.
2708/2709A/2710O/2710Ñ/2711N/2713 / 2715 2 Brea e coque de brea alcatrán e hulla / condensados / gasóleo / naftas / gas natural / betume de petróleo / mastigues e cut-backs.
2707/2710k /2711B 3 Aceites destilados, alcatráns, hulla / queroseno, gasolina e petróleo refinado / butano e propano
2710/2712 5 Lubricantes / vaselina, parafina, etc.
    Industrias químicas:
2807/2815/2821/2836/3101 a 3105 2 Ácido sulfúrico / hidróxido Na e K / óxido e hidróxido Fe / carbonatos e percarbonatos / fertilizantes
2804/2809/2806/2814/2833/2834 3 Gases nobles / ácidos fosfóricos / ClH / NH40H / sulfatos / nitritos e nitratos
Resto desde 2801 a 2851/2901 a 2902/2915 a 2918 4 Resto de produtos inorgánicos / hidrocarburos / ácidos carboxílicos e os seus derivados
Resto desde 2903 a 2942 /3001 a 3006/3201 a 3824 5 Resto de produtos orgánicos / produtos farmacéuticos / outros derivados químicos
3901 a 4304 5 Plásticos e peles e as súas manufacturas
    Madeira, carbón vexetal, cortiza e as súas manufacturas:
4401/4402G 1 Leña e serraduras / carbón vexetal a granel
4402E/4403Q/4406 2 Carbón vexetal envasado / madeira en bruto de coníferas e eucalipto / travesas
4403 3 Madeiras en bruto
4404 a 4410 4 Madeira serrada e taboleiros
4411 a 4602 5 Resto de madeira, cortiza, cestería e as súas manufacturas
    Pasta de madeira, cartón-papel e aplicacións:
4707 3 Desperdicios e refugallos de papel ou cartón
4701 a 4706 4 Pasta de madeira e doutras materias fibrosas celulósicas
4801 a 4911 5 Papel e aplicacións
5001 a 6704 5 Materias téxtiles e as súas manufacturas
    Manufacturas de pedra, cerámica e vidro:
6904 / 7001 1 Ladrillos cerámicos / desperdicios e refugallos de vidro
6905 a 6908 2 Tellas, tubos, baldosas e lousas
6809 a 6903 3 Manufacturas doutros elementos de construción
6801 a 6808 /6909 a 6914 /7002 a 7118 5 Manufacturas de pedra / cerámica de uso doméstico e sanitario / vidro e perlas
    Metais comúns e manufacturas destes metais e resto de seccións:
7204 / 8908 1 Chatarra / barcos e demais artefactos flotantes para desmantelamento
7201 / 7203 / 7205 2 Fundición en bruto ou especular / prerreducidos / granallas e po
7206 a 7207 / 7208S a 7212S / 7213 a 7216 / 7301 a 7302 3 Lingotes e semiprodutos / laminados e>4,75 mm / alambrón, barras, etc. / taboados estacas e vías férreas
7208D a 7212D / 7217 a 7229 / 7303 / 7304H a 7306H 4 Laminados e<4,75 mm / resto de aceiros / tubos e perfís ocos de fundición / tubos e perfís de ferro e aceiro sen revestir
Resto desde 7201 a 9706 (incluídos 7304R a 7306R / 9990 5 Resto de manufacturas de fundición de ferro ou de aceiro / paquetería
    Taras:
8609T 5 Taras de colectores e cisternas matriculados e en réxime de carga
8704T e 8716T 5 Taras de vehículos automóbiles, remolques e semirremolques matriculados e en réxime de carga
    Outros:
9920 / 9990 5 Sacas de correos / efectos persoais

 

A designación das mercadorías nesta táboa é orientativa, debéndose consulta-lo sistema harmonizado de designación e codificación das mercadorías (Sha) e, de se-lo caso, as notas explicativas correspondentes, no suposto de existir dúbidas ou para identificar algunha delas.

Os coeficientes que figuran nalgúns grupos de mercadorías aplicaránselles ás contías xerais establecidas na regra novena para os grupos correspondentes.

Os carácteres engadidos ó citado código, dos que se relaciona a seguir o seu significado, serven para designar mercadorías distintas dentro dun mesmo código de mercadorías:

  • A) Condensados de gas natural (subpartida 2709.0010).
  • B) Producidos artificialmente, butano e propano.
  • D) Laminados de espesura inferior a 4,75 mm.
  • E) Envasada.
  • F) Fuel (subpartidas 2710.0071, 2710.0072, 2710.0074, 2710.0076, 2710.0077 e 2710.0078).
  • G) A granel.
  • H) Sen revestir.
  • J) Atúns, listados ou bonitos de ventre raiado, con exclusión dos fígados, das ovas e dos leites (subpartidas 0303.41, 0303.42, 0303.43 e 0303.49).
  • K) Queroseno, gasolina e petróleo refinado (subpartidas 2710.0021, 710.0025, 2710.0026, 2710.0027, 2710.0029, 2710.0032, 2710.0034, 710.0036, 2710.0037, 2710.0039, 2710.0041, 2710.0045, 2710.0051, 2710.0055 e 2710.0059).
  • L) Lubricantes (subpartidas 2710.0081, 2710.0083, 2710.0085, 2710.0087, 2710.0088, 2710.0089, 2710.0092, 2710.0094, 2710.0096 e 2710.0098).
  • N) De procedencia natural.
  • Ñ) Naftas (subpartidas 2710.0011 e 2710.0015).
  • O) Gasóleo (subpartidas 2710.0061, 2710.0065, 2710.0066, 2710.0067 e 2710.0068.
  • Q) Coníferas e eucalipto (subpartidas 4403.2000 e 4403.9930).
  • R) Revestimentos ou inoxidable.
  • S) Laminados de espesura superior a 4,75 mm.
  • T) Taras de colectores e cisternas, vehículos, automóbiles, remolques e semirremolques, matriculados e en réxime de carga.
  • V) Abastecemento a granel de núcleos de poboación.
  • Z) Mineral de ferro de baixa calidade: contido de ferro en estado natural >50 % de peso.
  • ≤) Aglomerados, sinter, pelas (péllets, briquetas e similares).
  • ∩) Piritas de ferro torradas (subpartidas 2601.2000).
  • *) Coque de petróleo sen calcinar (subpartidas 2713.1100).

Regras da tarifa X-4.

Primeira.- Esta tarifa abrangue a utilización polos buques pesqueiros en actividade e os produtos da pesca marítima fresca das augas do porto, das instalacións de balizamento, dos peiraos, das bacías, das zonas de manipulación e mais dos servizos xerais ou de policía.

Segunda.- Son suxeitos obrigados ó pagamento o armador do buque ou quen na súa representación realice a primeira venda. O suxeito pasivo deberá facer repercuti-lo importe da tarifa X-4 sobre o primeiro comprador da pesca, de o haber, polo que este queda obrigado a soporta-la devandita repercusión, que se fará constar de maneira expresa e separada na factura ou no documento equivalente.

Subsidiariamente serán responsables do pagamento da tarifa o primeiro comprador da pesca, agás que demostre que soportou efectivamente a repercusión, e o representante do armador, de se-lo caso.

As controversias que se susciten entre o suxeito pasivo e o comprador sobre o que repercutiu a tarifa serán de competencia dos tribunais económico-administrativos.

Terceira.- As bases para a liquidación desta tarifa serán:

  1. O valor da pesca obtido pola venda en poxa nas lonxas portuarias.
  2. O valor da pesca non poxada determinarase polo valor medio obtido nas poxas desta especie realizadas no día ou, no seu defecto e sucesivamente, na semana, mes ou ano anterior.
  3. No caso de que este prezo non se puidese fixar na maneira determinada nos parágrafos anteriores a dirección do porto fixarao tendo en conta as condicións habituais do mercado do peixe.

Cuarta.- Para a aplicación desta tarifa o tempo comezará a contar cando se inicien as operacións de embarque, desembarque ou transbordo dos produtos da pesca en calquera punto das augas ou da zona terrestre baixo a xurisdición de Portos de Galicia.

Quinta.- A tarifa queda fixada no 1,75% da base establecida na condición terceira. As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Sexta.- O bacallau verde e calquera outro produto da pesca fresca sometido a un principio de preparación industrial aboarán o 50 % da tarifa.

Sétima.- A pesca fresca transbordada de buque a buque nas augas do porto, sen pasar polos peiraos, aboará o 75 % da tarifa.

Oitava.-Os produtos da pesca fresca que sexan autorizados por Portos de Galicia a entrar por medios terrestres na zona portuaria, para a súa poxa ou a utilización das instalacións portuarias, aboarán o 50 % da tarifa. O aboamento desta tarifa non exime do pagamento da tarifa X-4 correspondente ó porto de orixe.

Novena.- Os produtos frescos da pesca descargados e que por calquera causa non fosen vendidos e volvan ser cargados no buque aboarán o 25 % da tarifa, calculada sobre a base do prezo medio da venda nese día de especies semellantes.

Décima.- O suxeito pasivo obrigado ó pagamento deberá presentar para a liquidación desta tarifa, antes de empeza-la descarga, a carga ou o transbordo, unha declaración ou un manifesto de pesca, onde se indicará o peso de cada unha das especies que se van manipular.

Décimo primeira.- A tarifa aplicable ós produtos da pesca será a dobre das sinaladas nas condicións anteriores nos casos de:

  1. Ocultación de cantidades na declaración ou no manifesto, ou no documento de transporte, ou atraso na súa presentación.
  2. Inexactitude, con falseamento das especies, das calidades ou dos prezos resultantes das poxas.
  3. Ocultación ou inexactitude nos nomes dos compradores.

Esta recarga non repercutirá no comprador.

Décimo segunda.- O aboamento desta tarifa a Portos de Galicia exime o buque pesqueiro do pagamento das restantes tarifas por servizos xerais por un prazo máximo dun mes a partir da data de iniciación das operacións de descarga ou transbordo, e este prazo poderase ampliar ós períodos de inactividade forzosa, por temporais, vedas costeiras ou licencias referidas ás súas actividades habituais, expresa e individualmente acreditados por certificación da autoridade competente. No caso de inactividade forzosa prolongada, a autoridade competente fixará os lugares nos que estes barcos deban permanecer ancorados ou atracados, atendendo ás dispoñibilidades de atracada.

Nos demais casos os buques estarán suxeitos ó aboamento das tarifas xerais X-1, «Entrada e estadía de barcos», e X-2, «Atracada».

Décimo terceira.- As embarcacións pesqueiras, mentres permanezan suxeitas a esta tarifa na maneira definida na condición anterior, estarán exentas do aboamento da tarifa X-3, «Mercadorías e pasaxeiros», polo combustible, os avituallamentos, os efectos navais e de pesca, o xeo e o sal que embarquen para o propio consumo, ben nos peiraos pesqueiros ou ben noutros peiraos habilitados para o efecto.

Décimo cuarta.- O barco pesqueiro que atraque ó peirao con prohibición expresa de Portos de Galicia ou logo de recibir orde de desatracar ou rectificar a atracada demore estas operacións aboará, con independencia da tarifa X- 4, a tarifa X-2 coa contía prevista na regra décimo primeira.

Regras da tarifa X-5.

Primeira.- Esta tarifa abrangue a utilización polas embarcacións deportivas ou de lecer, as embarcacións tradicionais, e polos seus tripulantes e pasaxeiros, das augas do porto e das súas instalacións de balizamento, das axudas á navegación, das bacías, dos accesos terrestres e viais de circulación dos portos e, de ser o caso, das instalacións de ancoraxe e atracada en peiraos ou embarcadoiros, así como dos servizos específicos dispoñibles.

Segunda.- Son suxeitos pasivos, con carácter solidario, o titular da embarcación ou o seu representante autorizado e, de se-lo caso, o titular do dereito de uso preferente do amarre ou da ancoraxe.

Son responsables subsidiarios do pagamento da tarifa o capitán da embarcación e o seu patrón habitual.

Nas zonas de concesión nas que o titular desta se subrogue na obriga dos suxeitos pasivos, nos termos establecidos na regra décimo primeira, letra b), desta tarifa X-5, o concesionario será o substituto do contribuínte e terá que cumprir no lugar daquel as obrigas formais e materiais derivadas da obriga tributaria.

Terceira.- A base para a liquidación será a superficie en metros cadrados, resultante do produto da manga pola eslora máxima, e o tempo de estadía da embarcación no porto. Sobre a devandita base aplicarase a tarifa por metro cadrado e día de estadía.

Cuarta.- É condición indispensable para a aplicación desta tarifa que a embarcación non realice transporte de mercadorías e que os pasaxeiros non viaxen suxeitos a cruceiros ou excursións turísticas; neste caso aplicaranse as tarifas X-1, X-2 e X-3.

Quinta.- Para a aplicación desta tarifa o tempo comezará a contar cando a embarcación entre nas augas do porto ou no recinto portuario. As cantidades debidas serán esixidas no momento no que se efectúe a liquidación.

Sexta.- A contía da tarifa estará composta polos seguintes conceptos:

  1. Pola utilización das augas dos portos e máis das instalacións portuarias.
  2. Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco de embarcacións.
  3. Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos.

O importe da tarifa X-5 será o resultado da suma dos conceptos A), B) e C) indicados anteriormente que lle sexan aplicables en función dos servizos prestados.

A contía dos conceptos dos que se compón a tarifa X-5, por metro cadrado arredondado por exceso e por día natural ou fracción, será a seguinte:

  1. Pola utilización das augas do porto e mais das instalacións portuarias:
    • Zona I: 0'036729 euros.
    • Zona II: 0'022037 euros
  2. Polos servizos utilizados de atracada, ancoraxe ou estadía en seco de embarcacións:
    1. Atracada en punta: 0'040400 euros.
    2. Atracada de costado: 0'101002 euros.
    3. Atracada a banqueta ou dique: 0'020201 euros.
    4. Ancoraxe: 0'040400 euros.
    5. Embarcacións en seco: 0'085701 euros.
  3. Pola dispoñibilidade doutros servizos específicos:
    1. Por cada finger ou brazo de amarre en cada posto de atracada: 0'017139 euros.
    2. Por tren de ancoraxe para amarre por popa de embarcacións atracadas: 0'008570 euros.
    3. Toma de auga: 0'006121 euros.
    4. Toma de enerxía eléctrica: 0'006121 euros.

Cando polo organismo portuario se acoten especificamente zonas do porto para ancoraxe ou depósito de embarcacións deportivas, as contías dos apartados 4 e 5 do concepto B) terán unha bonificación do 50%, sempre que previamente se soliciten os correspondentes servizos a Portos de Galicia.

As contías dos conceptos A), B) e C) para as embarcacións de paso no porto serán as anteriormente indicadas multiplicadas por 1,5.

As contías dos conceptos A), B) e C) para as embarcacións tradicionais serán as anteriormente indicadas con unha bonificación do 90%.

Enténdese por ancoraxe a dispoñibilidade dunha superficie de espello de auga destinado para tal fin e debidamente autorizado.

Enténdese por atracada en punta a dispoñibilidade dun elemento de amarre fixo a embarcadoiro, peirao, banqueta ou dique que permita fixar un dos extremos (proa ou popa) da embarcación.

Enténdese por embarcación en seco aquela que permaneza nas instalacións portuarias, fóra da lámina de auga, tanto en estadía transitoria non dedicada a invernada coma en estadías prolongadas en zonas habilitadas para tal fin.

Enténdese por dispoñibilidade dos servizos de auga e enerxía, dos puntos 3 e 4 do concepto C), a existencia nas proximidades do punto de atracada, a peirao ou embarcadoiro, de tomas de subministración de auga ou enerxía, con independencia do aboamento da tarifa E-3 que lle sexa aplicable polos consumos efectuados.

Sétima.- O aboamento da tarifa da regra sexta farase:

  1. Para embarcacións de paso no porto, por adiantado á chegada e polos días de estadía que declaren. Se este prazo tivese que ser superado, o suxeito pasivo terá que formular nova petición e aboar de novo por adiantado o importe inherente ó prazo prorrogado.
  2. Para embarcacións con base no porto, por semestres adiantados, dando lugar o devandito aboamento adiantado a unha redución do 20 % do importe da tarifa que lle sexa aplicable. A domiciliación bancaria poderá ser esixida por Portos de Galicia de o considerar conveniente para a xestión tarifaria das instalacións.

Enténdese por embarcación con base no porto, para os únicos efectos da aplicación desta tarifa, aquela que teña autorizada a prestación do servizo de atracada ou ancoraxe por un período dun ou máis semestres. O resto das embarcacións serán consideradas como de paso no porto.

Para embarcacións con base no porto o importe da tarifa aplicable será polo período completo autorizado, independente das entradas, das saídas ou dos días de ausencia da embarcación, mentres teña asignado o posto de atracada ou ancoraxe.

As embarcacións que teñan base nun porto dependente de Portos de Galicia estarán exentas do pagamento da tarifa diaria aplicable a embarcacións de paso durante as súas estadías noutros portos dependentes de Portos de Galicia, sempre e cando a praza asinada no porto base quede libre no mesmo período de tempo. Noutro caso gozarán dun 50% de desconto sobre a citada tarifa diaria.

Para os efectos da aplicación da exención contida no parágrafo anterior, entenderase que unha praza asignada no porto base queda libre cando o seu titular non vaia empregala durante un prazo mínimo dun mes e o período no que queda libre lle sexa comunicado a Portos de Galicia por escrito.

A baixa como embarcación de base producirá efectos fronte a Portos de Galicia desde o semestre natural seguinte ó da solicitude de baixa.

Oitava.- Ás embarcacións con base no porto aplicaráselles unha redución do 25 % da tarifa que lles resulte aplicable no período considerado como temporada baixa, período este que é o comprendido entre o 1 de novembro e o 30 de abril. Esta regra non lles será aplicable ás embarcacións atracadas ou ancoradas en instalacións propias de concesión.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación desta tarifa coas asociacións sen ánimo de lucro con embarcacións deportivas o de lecer en propiedade dos socios, cunha redución adicional do 50 % na contía da tarifa. Os concertos estableceranse en función do tipo de embarcación, das dimensións da praza e das actividades culturais e deportivas desenvolvidas pola entidade que se relacionen coas embarcacións.

Novena.- O servizo de ancoraxe ou de atracada, así como os restantes servizos, téñenlle que ser solicitados a Portos de Galicia con carácter previo á utilización deles, para a súa autorización, se procede, nas zonas especialmente habilitadas para isto. A utilización de calquera destes servizos sen autorización previa dará lugar á aplicación de cinco veces o importe da tarifa ordinaria que lle corresponda a partir do momento do comezo da utilización do servizo; todo isto independentemente da sanción que poida proceder por infracción do regulamento de servizo, policía e réxime do porto, e sen prexuízo da aplicación do disposto na regra décima.

Décima.- O aboamento desta tarifa non dispensa da obriga de desatraca-la embarcación, de cambiar de lugar de amarre ou de ancoraxe, ou mesmo de abandona-lo porto se así fose ordenado, por o coidar necesario a autoridade competente. Neste último suposto só se terá dereito á devolución do importe da ocupación aboada por adiantado.

O atraso en cumprir calquera das ordes ditadas pola autoridade portuaria competente relativas a atracadas, desatracadas, amarres, ancoraxes, saídas do peirao ou pantalán, retirada de embarcacións depositadas en terra, etc., dará lugar á aplicación dunha tarifa cun importe de dúas veces a tarifa diaria que lle correspondería abonar á embarcación, consonte as contías da regra sexta, polo número de horas ou fracción de demora.

Undécima.- As embarcacións atracadas ou ancoradas en instalacións propias de concesións, agás que no título concesional se determine outra cousa, aboarán en todo caso o concepto A) da regra sexta e os demais sumandos B) e C) por aqueles servizos prestados en instalacións alleas á concesión. Para o seu aboamento o concesionario poderá optar:

  1. Pola liquidación directa da tarifa polo organismo portuario ó suxeito pasivo baseándose na documentación que o concesionario lle entregará a Portos de Galicia, cos datos diarios precisos para que este lles poida liquidar a tarifa tanto ás embarcacións de paso coma ás que teñen base na concesión, de acordo co procedemento e formato que Portos de Galicia determine. A domiciliación bancaria poderá ser esixida por Portos de Galicia de o considerar conveniente para a xestión tarifaria das instalacións.
  2. Polo aboamento da tarifa, subrogándose na obriga dos suxeitos pasivos. Neste caso o concesionario entregaralle a Portos de Galicia a documentación que lle sexa requirida, consonte o procedemento e formato que sinale este organismo, cos datos necesarios para realizar a liquidación que practicará Portos de Galicia. Neste caso, Portos de Galicia poderá acordar unha redución de ata un 15 % da contía da tarifa que lle corresponda, dependendo da composición e do porte da flota do centro.

No suposto b), Portos de Galicia poderá establecer convenios cos concesionarios de instalacións náutico-recreativas para o aboamento desta tarifa. A base do convenio, cifrada en metros cadrados de ocupación por día e mes, estableceraa para cada concesión e temporada Portos de Galicia, consonte os datos estatísticos de tráfico e ocupación da concesión dispoñibles, e semestralmente efectuarase unha liquidación global polo importe que corresponda á ocupación, á composición e ó porte da flota que se incluíse no convenio. Este non poderá ser inferior ó 70 % do importe que correspondería pola aplicación da tarifa á ocupación estimada, que en ningún caso poderá ser inferior á do ano anterior. Neste suposto non é aplicable o desconto descrito na letra b) da regra décimo primeira, nin o previsto no apartado b) da regra sétima.

Décimo segunda.- Ás embarcacións que atraquen en peiraos ou pantaláns do ente público Portos de Galicia con calados inferiores a dous metros e superiores a un metro aplicaráselles unha redución do 25 %; cando o calado sexa igual ou inferior a un metro, a redución será dun 50 %. En ámbolos casos deben concorrer tódalas circunstancias seguintes:

  1. Que a eslora da embarcación sexa inferior a seis metros.
  2. Que a potencia do motor sexa inferior a 25 HP.
  3. Que o aboamento da tarifa se realice por semestres adiantados.

Décimo terceira.- Nas instalacións deportivas construídas por Portos de Galicia e xestionadas por particulares mediante a correspondente concesión ou autorización administrativa, poderase aplicar, para as embarcación en tránsito,  unha reducción na contía da tarifa de ata o 15%, dependendo da composición e porte da flota afectada, sempre que xestor se subrogue na obriga de pago dos suxeitos pasivos. Neste caso, o xestor da instalación entregaralle a Portos de Galicia a documentación que por este organismo lle sexa requirida, consonte ao procedemento e formato que se determine.

Décimo cuarta.- Se solicitadas as dimensións da embarcación por parte de Portos de Galicia o titular demora a remisión destes datos ou ben négase a facilitalos, o organismo portuario ademais de poder proceder á apertura do correspondente expediente sancionador e retirada da embarcación do atraque, poderá realizar as súas propias medicións e facturar a tarifa consonte ás mesmas.

Décimo quinta.- As embarcacións deportivas depositadas nas superficies portuarias requirirán a correspondente autorización de Portos de Galicia. No caso de non contar con esta autorización, a tarifa que se aplicará durante o prazo de ocupación será o quíntuplo da indicada no apartado B da regra sexta, sen prexuízo de que Portos de Galicia poida proceder á retirada da embarcación, polo que pasará o correspondente cargo e en todo caso o valor da embarcación responderá dos gastos de transporte e almacenaxe.

 

Regras da tarifa E-1.

Primeira.- Esta tarifa abrangue a utilización dos guindastres convencionais ou non especializados.

Segunda.- Son suxeitos pasivos obrigados a pagaren esta tarifa os usuarios dos correspondentes servizos; serán responsables subsidiariamente do pagamento os propietarios das mercadorías e, no seu defecto, os seus representantes autorizados, agás que proben que lles fixeron a estes provisión de fondos.

Terceira.- A base para a liquidación desta tarifa será o tempo de dispoñibilidade do correspondente guindastre.

Cuarta.- Para a aplicación desta tarifa o tempo comezará a contar desde o momento no que se poña á disposición o correspondente guindastre. As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Quinta.- Os servizos de guindastres prestaranse logo de petición por escrito dos usuarios, na que fagan constar:

  1. A operación que se vai realizar e a hora de comezo dela.
  2. O punto do peirao no que se van utilizar.
  3. O tempo para o que se solicitan.

Portos de Galicia decidirá, de acordo coas disposicións vixentes, consonte o seu criterio e tendo en conta a orde que máis favoreza o interese xeral, a distribución do material dispoñible.

Sexta.- Portos de Galicia non será responsable dos danos e perdas debidos a paralizacións do servizo, nin dos producidos por avarías, roturas fortuítas ou malas manobras que se poidan ocasionar durante a prestación dos servizos ós que se refire esta tarifa.

Sétima.- Os usuarios serán responsables dos desperfetos ou das avarías que ocorran nos guindastres e nos demais elementos de manipulación por malas manobras dos seus operarios, por cargaren os guindastres con pesos maiores dos correspondentes á forza destes ou por desatenderen ordes ou advertencias que reciban do persoal do grupo de portos encargado do servizo, o cal poderá recusa-los operarios que non obedezan as súas ordes.

Oitava.- Será por conta e risco dos usuarios o embarque e desembarque e mailas demais manobras que require a manipulación de mercadorías. A estas últimas operacións deberase destina-lo material adecuado, así como persoal hábil, e poderá ser recusado por Portos de Galicia o que non reúna as condicións para iso. O usuario do guindastre será responsable de tódalas lesións, danos e avarías que se lles ocasionen ó persoal ou ós bens de Portos de Galicia, ou a terceiros, como consecuencia de operacións dirixidas por el.

Novena.- Estas tarifas son aplicables exclusivamente a servizos prestados en días laborables dentro da xornada ordinaria que estableza para estas actividades Portos de Galicia. Os servizos prestados fóra da xornada ordinaria e tódolos días festivos facturaranse cunha recarga do 25%. No caso dos días festivos facturarase un mínimo de dúas horas.

Décima.- O tempo de utilización do guindastre, para os efectos de facturación, será o comprendido entre a hora na que se poña á disposición do peticionario e a de remate do servizo. A facturación farase por períodos completos de trinta minutos.

Descontaranse do tempo de utilización exclusivamente as paralizacións superiores a trinta minutos debidas a avarías da maquinaria ou falta de fluído eléctrico.

Décimo primeira.- Con carácter xeral, as contías da tarifa por hora de utilización do guindastre serán as seguintes:

 
Tipo de guindastre €/h
Menos de 3 toneladas 14'181233
Entre 3 e 6 toneladas 19'241587
Maior de 6 toneladas 22'275079

 

Portos de Galicia poderá establecer concertos para a utilización dos guindastres con usuarios habituais, fixándose como tarifa mensual unha estimación da utilización do guindastre baseada para cada porto no tipo e na composición da flota usuaria, nas condicións de abrigo das augas e na superficie de peirao dispoñible para a ancoraxe.

Décimo segunda.- Cando, polas causas que sexa, Portos de Galicia non dispoña de maquinistas de guindastres e de pontes para atende-las solicitudes de alugamento de guindastres, poderá autorizarse a súa utilización e o manipulador correr a cargo do usuario, e neste caso a tarifa será o 50 % da que corresponda. O manipulador a cargo do usuario deberá demostrar previamente perante a dirección do porto a súa aptitude para tal labor.

Décimo terceira.- Cando as características físicas e climatolóxicas do porto obriguen, a xuízo de Portos de Galicia, ao uso cotián do guindastre, a tarifa que lle sexa de aplicación por uso intensivo en función dos servizos realizados durante o ano natural será:

Do servizo 5 ao 15: o 60% da tarifa que corresponda segundo a regra décimo primeira.
Do servizo 16 ao 20: o 50% da tarifa que corresponda segundo a regra décimo primeira.
Do servizo 20 en adiante: o 40% da tarifa que corresponda segundo a regra décimo primeira.

En todo caso será de aplicación a regra novena.

Regras da tarifa E-2.

Primeira.- Esta tarifa abrangue a utilización de explanadas, alpendres, pendellos, almacéns, depósitos, locais e edificios, cos seus servizos xerais correspondentes, non explotados en réxime de concesión.

Segunda.- Son suxeitos pasivos obrigados ó pagamento desta tarifa os usuarios dos correspondentes servizos.

Terceira.- As bases para a liquidación desta tarifa serán fundamentalmente a superficie ocupada e o tempo de utilización.

Cuarta.- Para a aplicación desta tarifa o tempo comezará a contar no momento no que se inicie a prestación do servizo, entendéndose por tal a data de reserva do espazo solicitado.

As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Quinta.- Para os efectos exclusivos de aplicación desta tarifa establécese a clasificación seguinte:

Grupo A.- Composto polos seguintes portos:

Zona norte: Celeiro, Burela e Ribadeo.

Zona centro: Cedeira, Cariño, Sada, Malpica, Laxe, Cabo de Cruz, Rianxo, Ribeira, Cee, Muros, Aguiño, Fisterra, Portosín e A Pobra do Caramiñal.

Zona sur: Portonovo, O Grove, Bueu, Cangas, Moaña, O Xufre, Tragove (Cambados), Vilanova e Combarro.

Grupo B.- Composto polos seguintes portos:

Zona norte: Foz, San Cibrao e O Vicedo.

Zona centro: Ortigueira, Ares, Betanzos, Lorbé, Caión, Corcubión, Pontedeume, Corme, Camariñas, Muxía, Porto do Son, Portocubelo, O Freixo, e O Testal.

Zona sur: Sanxenxo, Pontevedra, Aldán, Meira, Domaio, Meloxo, Baiona, A Guarda, Vilaxoán, Cambados (Santo Tomé e peirao en T) e San Vicente.

Grupo C.- Restantes portos e instalacións non incluídos nos grupos anteriores.

Sexta.- Os espazos destinados ó tránsito e almacenamento de mercadorías ou doutros elementos clasifícanse en dúas zonas:

  • Zona de manobra e tránsito: inmediata á de atracada dos buques (ata 12 m do cantil do peirao nos portos incluídos nos grupos A e B e ata 5 m nos portos incluídos no grupo C). Nesta zona non se permite o depósito de mercadorías sen autorización previa e expresa en cada caso da dirección do porto correspondente.
  • Zonas de almacenamento: as restantes zonas de depósitos do porto.

Sétima.- As contías serán, expresadas en euros serán, por metro cadrado ou fracción e día natural ou fracción, as seguintes:

contías por metro cadrado ou fracción e día natural ou fracci
Zona de maniobra e tránsito(no caso de existir autorización) Grupo A Grupo B Grupo C
Días 1 ó 10 0'037035 0'024669 0'018548
Días 11 ó 20 0'113430 0'07560 0'056745
Días 21 e seguintes 0'223736 0'149178 0'111899

 

contías por zona de alamacenamento
Zona de alamacenamento Grupo A Grupo B Grupo C
Superficie descuberta 0,020201 0,013467 0,010100
Superficie cuberta 0,077620 0,051726 0,038749

 

Na zona de almacenamento situada a máis de 35 m do cantil do peirao dos portos incluídos nos grupos A e B aplicarase a tarifa do grupo inmediato inferior correspondente.

Para os elementos mecánicos tales como guindastres ou cintas móbiles, que ocupen superficie descuberta e que sirvan de apoio ás operacións de carga e descarga de mercadorías de toda índole realizadas por vía marítima, que deban estar na zona de manobra e tránsito con carácter fixo ou eventual, seranlles de aplicación as contías definidas no cadro anterior para a zona de almacenamento en superficie descuberta aplicada ao grupo correspondente e á superficie ocupada polo aparello e a súa zona de manobra.

En ocupacións de superficies cubertas que dispoñan de varios andares, a tarifa que se aplicará segundo o cadro anterior será o sumatorio de cada un dos andares, aplicando o 100% dela para a planta baixa e o 50% para os andares primeiro e seguintes, considerando en cada caso a superficie útil correspondente. No caso de que se trate de edificios de departamentos para armadores, exportadores e comercializadores, relacionados coas actividades do sector pesqueiro e marisqueiro que sexan de planta baixa ou de planta baixa máis un andar,  a tarifa que se aplicará será soamente o 100% da superficie en planta baixa.

Na ocupación de tuberías, canalización ou instalacións soterradas xerais do porto, a tarifa será o 50% do que lle correspondería segundo os cadros anteriores agás que o seu uso impida a utilización da superficie exterior. Neste caso a tarifa sería a indicada nesta regra para a superficie descuberta. A superficie a considerar para canalizacións será a da proxección horizontal da tubería ou instalación de que se trate, cunha superficie mínima de 0,5 m2 por cada metro lineal de canalización.

As contías da tarifa para as ocupacións de superficie destinadas a usos non relacionados directamente coas actividades portuarias serán, expresadas en euros, as seguintes::

contías da tarifa para as ocupacións de superficie destinadas a usos non relacionados directamente coas actividades portuarias
  Grupo A Grupo B Grupo C
Días 1 ó 10 0,100101 0,067334 0,050504
Días 11 e seguintes 0,202020 0,134667 0,101008

Oitava.- Prohíbese o depósito ou almacenamento de mercadorías ou doutros elementos nos viais dos portos.

Novena.- A ocupación de superficies portuarias requirirá a previa autorización da dirección do porto correspondente. No caso de ocupación de superficie sen contar con esta autorización, a tarifa que se aplicará durante o prazo de ocupación será o quíntuplo da que con carácter xeral lle correspondería, sen prexuízo de que Portos de Galicia poida proceder á retirada dos materiais depositados, polo que pasará o correspondente cargo e en todo caso o valor deles responderá dos gastos de transporte e almacenaxe.

Décima.- A utilización das superficies consonte esta tarifa implica a obriga para o usuario de que cando sexan retiradas as mercadorías ou os elementos a superficie liberada deberá quedar nas mesmas condicións de conservación e limpeza que tiña cando se ocupou, e se non se fixo así Portos de Galicia poderao efectuar polos seus propios medios, do que pasará o cargo correspondente. As mercadorías serán depositadas na forma e coa orde e altura de estiba que determine a dirección do porto correspondente, de acordo coas disposicións vixentes, observándose as precaucións necesarias para asegura-la estabilidade das moreas acomodadas.

Décimo primeira.- Os usuarios serán responsables dos danos, dos deméritos e das avarías que se lles poidan producir ás instalacións portuarias ou a terceiros.

Décimo segunda.- Portos de Galicia non responderá dos roubos, nin dos sinistros nin das deterioracións que poidan sufri-las mercadorías.

Décimo terceira.- A forma de medi-los espazos ocupados coas mercadorías ou cos elementos será polo rectángulo circunscrito exteriormente á partida total de mercadorías ou elementos depositados, definido de forma que dous dos seus lados sexan paralelos ó cantil do peirao e os outros dous normais a este, arredondando o número de metros cadrados que resulte para obte-lo número inmediato sen decimais. Do mesmo xeito procederase en pendellos e almacéns, para o que servirán de referencia os seus lados.

Décimo cuarta.- O pagamento das tarifas na contía establecida non exime o usuario do servizo da súa obriga de remover pola súa conta a mercadoría ou os elementos do lugar que se encontran ocupando cando, a xuízo da dirección do porto, constitúa un impedimento para a normal explotación do porto.

De se producir demora no cumprimento da orde de remoción, será aplicable durante o prazo de demora o disposto na regra novena.

Décimo quinta.- As mercadorías ou os elementos que cheguen a permanecer un ano sobre as explanadas e nos depósitos, ou aqueles nos que os dereitos creados e non satisfeitos cheguen a ser superiores ó seu posible valor en venda, consideraranse como abandonados polos seus donos e procederase con eles consonte o disposto no regulamento do servizo do porto.

Décimo sexta.- Portos de Galicia poderá esixir fianza abonda para garanti-lo pagamento desta tarifa.

Décimo sétima.- Para as mercadorías desembarcadas, o prazo de ocupación comezará a contarse desde a reserva do espazo ou a partir do día seguinte a aquel no que o barco rematou a descarga, sempre que esta se faga de xeito ininterrompido. Se a descarga se interrompese, as mercadorías descargadas ata a interrupción comezarán a producir dereitos de ocupación de superficie a partir dese momento, e o resto a partir da data do depósito.

Para as mercadorías destinadas ó embarque, o prazo de ocupación comezará a contarse desde a reserva do espazo ou o momento no que sexan depositadas nos peiraos ou pendellos, mesmo no caso de seren embarcadas.

Décimo oitava.- As mercadorías desembarcadas e que volvan ser embarcadas no mesmo ou diferente barco producirán dereitos de ocupación de superficie segundo o criterio correspondente ó caso de mercadorías desembarcadas.

Décimo novena.- Nas superficies ocupadas por mercadorías desembarcadas tomarase como base da liquidación a superficie ocupada ó final da operación de descarga, medida segundo se establece na regra décimo terceira.

A dirección do porto, atendendo á mellor xestión da tarifa e á racionalidade da explotación, decidirá contabiliza-la superficie por partidas ou ben polo cargamento completo.

Esta superficie irase reducindo ó levanta-la mercadoría, para os efectos do aboamento, por cuartas partes, co que se tomará a totalidade mentres non se levante o 25 % da superficie ocupada; o 75 % cando alcance o 25 %, sen chegar ó 50 %; o 50 % cando exceda do 50, sen chegar ó 75 %, e o 25 % cando exceda do 75 %, e ata a total liberación da superficie ocupada. En todo caso, este último cuarto deberase contabilizar sempre por partidas. De o considerar necesario, a dirección do porto poderá establecer outro sistema de medición con distintas gradacións, ou ben continuo, en función do proceso de levantamento da mercadoría.

Nas superficies ocupadas por mercadorías con destino a seren embarcadas aplicaranse criterios de gradación crecentes similares ós anteriormente sinalados para as mercadorías desembarcadas.

En calquera caso, só se poderá considerar unha superficie libre, para os efectos desta tarifa, cando quede nas mesmas condicións de conservación e limpeza nas que se ocupou e sexa accesible e útil para outras ocupacións.

Vixésima.- Portos de Galicia esixirá daqueles que resulten se-los propietarios, de acordo coas correspondentes sentencias ou resolucións, os dereitos desta tarifa producidos pola ocupación de superficie por mercadorías ou elementos que por calquera causa se achen incursos en procedementos legais ou administrativos.

Con este fin, non se poderá efectua-la retirada das devanditas mercadorías ou elementos sen antes facer efectiva a liquidación correspondente.

A aplicación por parte de Portos de Galicia da regra décimo quinta desta tarifa poderase realizar desde o mesmo momento no que se pronuncie sentencia ou resolución en firme.

Regras da tarifa E-3.

Primeira.- Esta tarifa abrangue a subministración de produtos ou enerxía e a utilización das instalacións para a súa prestación.

Segunda.- Son suxeitos pasivos obrigados ó pagamento desta tarifa os usuarios dos correspondentes servizos.

Terceira.- A base para a liquidación da tarifa será o número de unidades fornecidas e, de selo caso, a potencia eléctrica da instalación.

Cuarta.- As contías da tarifa por subministración de auga potable serán as seguintes:

  • Por metro cúbico de auga ou fracción subministrada a través das tomas propiedade de Portos de Galicia: 1'019049€.
  • Por metro cúbico de auga ou fracción subministrada nas restantes instalacións: 0'611430 €.

A facturación mínima tanto no primeiro caso como no segundo caso será de 3'840155 €.

Quinta.- As contías da tarifa por subministro de enerxía eléctrica serán as seguintes:

  • Por kWh ou fracción subministrado a través das tomas propiedade de Portos de Galicia: 0'331849 €. A facturación mínima será de 3'840155 €.
  • As contías da taxa para as restantes instalacións será fixada por decreto a proposta de Portos de Galicia e previo informe da Consellería competente en materia de Facenda, tendo en conta o disposto na Lei 17/2007, do 4 de xullo, pola que se modifica a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do Sector Eléctrico, no R.D. 485/2009, do 3 de abril, polo que se regula a posta en marcha do subministro de derradeiro recurso no sector da enerxía eléctrica e na Orden ITC/1659/2009, do 22 de xuño, pola que se establece o mecanismo de traspaso dos clientes do mercado a tarifa ao subministro do derradeiro recurso de enerxía eléctrica e o procedemento de cálculo e estrutura das tarifas do derradeiro recurso de enerxía eléctrica, e demais lexislación de aplicación nesta materia. As contías da taxa e a facturación mínima establecerase en función da potencia da instalación de que se trate e dos Kwh subministrados por Portos de Galicia, de tal maneira que a facturación final da taxa será el igual a facturación final que a empresa comercializadora correspondente aplicaría a Portos de Galicia para a instalación en cuestión, incrementada nun porcentaxe comprendido entre o 2 e o 10 %, dependendo o dito porcentaxe da potencia da instalación e do consumo efectuado.

    En tanto no se publique o mencionado decreto, a contía da taxa será de 0'199109 € por kWh o fracción subministrado, e a facturación mínima mensual será un 10 % superior a mínima mensual que aplicaría a empresa comercializadora a Portos de Galicia para a instalación de que se trate.

    Cando se realice o subministro en media tensión aplicaranse a tódalas contías correspondentes a esta tarifa unha redución do 20%.

Sexta.- Para a aplicación desta tarifa contarase desde o momento no que se inicie a prestación do servizo. As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Sétima.- Os servizos prestaranse trala petición por escrito dos usuarios, na que se farán consta-las características e os detalles do servizo solicitado.

Oitava.- Os servizos solicitaranse coa debida antelación e serán atendidos tendo en conta as necesidades de explotación do porto.

Novena.- Os usuarios serán responsables dos desperfectos, das avarías e dos accidentes que se ocasionen tanto nas instalacións e nos elementos de fornecemento coma nas súas propias ou de terceiros que se produzan durante a subministración como consecuencia de defectos ou malas manobras nas instalacións dos devanditos usuarios.

Décima.- Portos de Galicia reserva para si o dereito de non presta-los servizos obxecto desta tarifa cando as instalacións dos usuarios non reúnan as condicións de seguridade que a xuízo do ente público se coiden necesarias.

Décimo primeira.- Portos de Galicia non será responsable dos danos e perdas debidos a paralizacións do servizo nin dos producidos por avarías, roturas fortuítas ou malas manobras que se poidan ocasionar durante a prestación dos servizos ós que se refire esta tarifa.

Décimo segunda.- Estas tarifas refírense exclusivamente a subministracións realizadas dentro da zona de servizo do porto. As que non cumpran esta condición regularanse, de se-lo caso, pola tarifa E-4.

Décimo terceira.- As contías fixadas nas regras cuarta e quinta son aplicables exclusivamente en días laborables dentro da xornada ordinaria de traballo establecida para estas actividades por Portos de Galicia. A subministración de auga e/ou enerxía eléctrica en días non laborables ou en horas fóra da xornada ordinaria terá unha recarga por cada servizo prestado equivalente a dúas veces o importe da facturación mínima establecida nas regras cuarta e quinta segundo corresponda.

Décimo cuarta.- Se por calquera circunstancia allea a Portos de Galicia, estando o persoal nos seus postos, non se realizase a operación solicitada, o usuario verase obrigado a satisface-lo 50 % do importe que correspondería de terse efectuado a subministración.

Décimo quinta.- Portos de Galicia, de acordo coa lexislación vixente en cada momento, poderá establecer os procedementos necesarios para que os usuarios poidan asumir directamente o aboamento da tarifa eléctrica ou de auga potable á empresa comercializadora, coa petición previa destes.

Calquera modificación da infraestrutura eléctrica necesaria ou de subministración de auga potable necesaria para o indicado no parágrafo anterior será por conta do usuario que o solicite e co acordo entre este e a empresa comercializadora

Regras da tarifa E-4.

Primeira.- Esta tarifa abrangue calquera outro servizo prestado por Portos de Galicia, non enumerado nas restantes tarifas e que se estableza especificamente en cada porto ou se preste logo de solicitude polos peticionarios.

Segunda.- Son suxeitos pasivos obrigados ó pagamento desta tarifa os usuarios dos correspondentes servizos.

Terceira.- A base para a liquidación desta tarifa será o número de unidades do servizo prestado en cada caso, agás que se especifique outra base nas regras particulares.

Cuarta.- Para a aplicación desta tarifa comezará a contarse desde a posta á disposición do servizo ou, no seu defecto, desde o inicio da súa prestación. As cantidades debidas serán esixibles no momento no que se efectúe a liquidación.

Quinta.- Portos de Galicia non será responsable dos danos e perdas debidos a paralizacións do servizo nin dos producidos por avarías, roturas fortuítas ou malas manobras que se poidan ocasionar durante a súa prestación.

Sexta.- Portos de Galicia reservar para si o dereito de prestación do servizo cando polas características da prestación se poida empece-la boa marcha de explotación ou se poña en perigo a seguridade das instalacións. Os usuarios serán responsables dos danos que se ocasionen no material.

Sétima.- Esta tarifa é aplicable exclusivamente á xornada normal en días laborais. Fóra dela e en días festivos terá as recargas que se sinalan particularmente en cada caso.

Oitava.- As contías das tarifas polos servizos habituais nos portos dependentes da Comunidade Autónoma galega, así como as súas regras particulares de aplicación cando as teñan, indícanse nas regras seguintes. Para a utilización destes servizos ou de calquera outro non comprendido entre eles, o usuario deberase informar previamente da posibilidade de efectua-lo servizo demandado e das súas tarifas na dirección do porto correspondente.

Novena.- As contías da tarifa por aparcamento nas zonas sinaladas expresamente para este fin serán as seguintes:

  • Por cada hora ou fracción, ata un máximo de doce horas:
    • Vehículos lixeiros:0'256011€.
    • Camións e remolques: 0'512020 €.
  • Por cada período de vintecatro horas ou fraccións superiores a doce horas:
    • Vehículos lixeiros: 3'072122 €.
    • Camións e remolques: 6'144243 €.


Prohíbese o aparcamento nas zonas non sinaladas expresamente para este fin.

Prohíbese o aparcamento dos vehículos alleos ás actividades portuarias, agás autorización expresa en cada caso das autoridades do porto. Naqueles casos nos que se conceda a autorización, de se tratar de vehículos lixeiros, camións ou remolques aplicarase a tarifa dobre da indicada anteriormente, e de se tratar de autobuses aplicarase a tarifa tripla da indicada anteriormente para camións e remolques.

Portos de Galicia poderá establecer concertos anuais para a liquidación desta tarifa cos concellos e outras entidades públicas, cunha redución adicional de ata o 50% na contía da tarifa. Os concertos estableceranse en función do tipo de servizo, do seu interese e da compatibilidade cos usos portuarios

Décima.- As contías da tarifa por utilización dos servizos de báscula serán as seguintes:

  • Por pesada: 1'443900 €
  • Tara dun vehículo: 0'727070 €

Os servizos prestados fóra da xornada ordinaria ou en días festivos terán unha recarga do 100 % e 200 %, respectivamente.

Décimo primeira.- As contías da tarifa por utilización das instalacións para a reparación de embarcacións nos varadoiros serán as seguintes:

  1. A contía da tarifa por izada ou baixada da embarcación dos varadoiros serán as seguintes:
    • Embarcacións de ata 50 t:0'495152 € por cada metro de eslora ou fracción.
    • Embarcacións de máis de 50 t e ata 150 t: 0'246870 € por cada tonelada ou fracción.
    • Embarcacións de máis de 150 t: 0'382682€ por cada tonelada ou fracción.
  2. As contías da tarifa por día de estadía ou fracción nos varadoiros serán as seguintes:
    • Embarcacións de ata 50 t: 0'246870 € por cada metro de eslora ou fracción.
    • Embarcacións de mais de 50 t e ata 150 t: 0'125204 € por cada tonelada ou fracción.
    • Embarcacións de máis de 150 t: 0'246870 € por cada tonelada ou fracción.

    Para as embarcacións incluídas nos dous últimos grupos (embarcacións de máis de 50 t), a tarifa incrementarase nun 50% por cada semana de estadía continuada nos varadoiros. Este porcentaxe aplicarase cada vez sobre a tarifa acumulada correspondente á semana anterior.

  3. A contía da tarifa por día de utilización ou fracción das ramplas do varadoiro será de 0'485443 € por cada metro de eslora ou fracción (aplicables unicamente a embarcacións con cuberta).

Décimo segunda.- As regras particulares de aplicación das tarifas por utilización das instalacións para reparación de embarcacións son as seguintes:

  1. Esta tarifa comprende a utilización dos elementos, da maquinaria e dos servizos que constitúan a instalación.
  2. As bases para a liquidación desta tarifa serán: a operación efectuada, o tempo de utilización da instalación e a eslora ou o arqueo bruto da embarcación.

    As cantidades debidas serán esixibles no momento no que sexan liquidadas.

  3. Os servizos prestaranse logo de petición do interesado por escrito, na que se farán consta-los datos necesarios para o servizo solicitado.
  4. Os servizos solicitaranse coa debida antelación e serán atendidos tendo en conta as necesidades de explotación do porto.
  5. Os capitáns ou patróns das embarcacións deberán toma-las precaucións necesarias para evitar incendios, explosións ou accidentes de calquera clase; de se produciren serán responsables dos prexuízos que ocasionen nas instalacións, nos edificios ou noutras embarcacións próximas.

    Ademais, os usuarios deberán toma-las medidas necesarias para evitar posibles accidentes nas embarcacións ó seu cargo ou nas instalacións das que fagan uso.

    A dirección do porto poderalles denega-lo permiso para utilización das instalacións a embarcacións cando polas súas dimensións, peso ou condicións especiais se considere perigoso.

  6. O prazo de permanencia máxima da embarcación na instalación fixarao a dirección do porto á vista dos datos contidos na solicitude formulada polo peticionario; se cumprido este prazo segue a instalación ocupada, a tarifa incrementarase nun 10 % o primeiro día que exceda do prazo autorizado, nun 20 % o segundo día, nun 30 % o terceiro día e así sucesivamente.
  7. O capitán ou patrón do buque, coa dotación deste e cos medios de a bordo, prestará a colaboración necesaria para as manobras, debéndose ater ás instrucións que se lles comuniquen para a súa realización.
  8. A vixilancia das embarcacións, dos seus aparellos e accesorios, así como das ferramentas e materiais delas, será pola conta e risco do usuario.
  9. As embarcacións responden en todo caso do importe do servizo que se lles prestou e das avarías que causen nas instalacións.
  10. Terán preferencia de subida as embarcacións que corran perigo de ir a pique, cando así se xustifique con certificado da autoridade marítima competente; estas embarcacións deberán pagar dereitos dobres.
  11. As peticións serán rexistradas e concederáselles ós peticionarios un número de quenda.

    Se por causa imputable á embarcación ou ó seu dono, esta non se puidese varar cando lle corresponda a quenda, perderaa e deberá realizar unha nova petición se desexa utilizar aquel servizo.

    Non se admitirá permuta dos postos que lles correspondesen ás embarcacións na quenda establecida sen autorización expresa da dirección do porto.

Décimo terceira.- A contía mensual da tarifa para a utilización da bacía do porto de Malpica será para embarcación o 0,5 % do valor ou da venda da pesca desembarcada no mes pola embarcación.

Regras da tarifa 32.99.03

  1. A prestación por terceiros de servizos e o exercicio de actividades comerciais, industriais ou doutra natureza no ámbito portuario estarán suxeitos a autorización, que devengará a correspondente taxa a favor da Administración portuaria.

    No suposto de que as anteriores actividades impliquen a ocupación do dominio público portuario, a autorización de actividade entenderase incorporada na correspondente concesión ou autorización de ocupación do dominio público, sen prexuízo da esixencia das taxas que procedan por ámbolos conceptos.

  2. Os elementos cuantitativos desta taxa serán o tipo, o volume de actividade e maila utilidade obtida.
  3. A cota da taxa a satisfacer será a que resulte das seguintes disposicións:
    1. Contías mínimas:
      1. para os efectos da súa liquidación, a contía mínima da taxa contemplada nesta alínea será de 2,96 euros.
      2. No caso de que a prestación dos servizos ou o exercicio das actividades comerciais ou industriais estea vinculada a unha concesión ou autorización de ocupación de dominio público portuario, a contía anual da taxa correspondente non poderá ser inferior á cota desta taxa aplicada ao tráfico ou actividade mínima anual establecida, de ser o caso, no título habilitante da ocupación do dominio público.
    2. A cota da taxa será a determinada nos seguintes parágrafos, sen prexuízo do disposto no apartado 3.1 anterior, segundo que a actividade sexa portuaria ou non
      1. Actividades portuarias
        1. Taxa portuaria pola prestación de servizos e actividades de manipulación de carga.

          A cota da taxa por servizos e actividades de manipulación de carga establécese por unidade de carga manipulada, medida en tonelada métrica de peso bruto ou fracción en función do grupo ao que pertenzan as mercadorías, de acordo co repertorio de clasificación de mercadorías que se recolle na regra vixésimo sexta da tarifa X-3 –mercadorías e pasaxeiros – contida na subalínea 01 anterior.

          Ver táboa da Taxa portuaria pola prestación de servizos e actividades de manipulación de carga

        2. Taxa portuaria pola prestación de servizos ao pasaxe

          A cota da taxa pola prestación de servizos ao pasaxe establécese por pasaxeiro/a e vehículo en réxime de pasaxe, en función da modalidade de pasaxe e do tipo de navegación segundo se recolle na regra quinta da tarifa X-3 –mercadorías e pasaxeiros – contida na subalínea 01 anterior, de acordo coa seguinte táboa:

          Ver táboa da Taxa portuaria pola prestación de servizos ao pasaxe

        3. Taxa portuaria pola prestación de servizos técnico náuticos
          1. Servizo de practicaxe

            A cota establécese por servizo prestado, en función do arqueo do buque obxecto do mesmo, de acordo coa seguinte táboa:

            Ver táboa da Taxa portuaria pola prestación de servizos técnico náuticos en Servizo de practicaxe

          2. Servizo de amarre e desamarre

            A cota establécese por servizo prestado, en función do arqueo do buque obxecto do mesmo, de acordo coa seguinte táboa:

            Ver táboa da Taxa portuaria pola prestación de servizos técnico náuticos en Servizo de amarre e desamarre

          3. Servizo de remolque

            A cota establécese por servizo prestado, en función do arqueo do buque obxecto do mesmo, de acordo coa seguinte táboa:

            Ver táboa da Taxa portuaria pola prestación de servizos técnico náuticos en Servizo de remolque

        4. Taxa polo exercicio da actividade comercial portuaria de consignación de buques

          A cota polo exercicio da actividade comercial portuaria de consignación de buques establécese por servizo prestado, en función do arqueo do buque consignado, de acordo coa seguinte táboa:

          Ver táboa da Taxa polo exercicio da actividade comercial portuaria de consignación de buques

        5. Restantes servizos e actividades comerciais e industriais portuarias

          A cota anual da taxa polo exercicio de actividades comerciais ou industriais portuarias non contempladas nos artigos anteriores establecerase por  unha porcentaxe en función do  importe anual da cifra neta de negocios da actividade desenvolvida no porto ao amparo da autorización, de acordo coa seguinte táboa:

          Ver táboa de Restantes servizos e actividades comerciais e industriais portuarias

          A anterior listaxe de actividades posúe a estes efectos un carácter indicativo e non limitativo.

          No caso do desenvolvemento da actividade de lonxa, o importe anual da cifra neta de negocios a considerar será o resultante de aplicar ao importe do volume total anual de vendas efectuadas na lonxa a porcentaxe autorizada na concesión correspondente en concepto de tarifa a cobrar polo adxudicatario do servizo pola prestación do mesmo.

          Para aquelas concesións, autorizacións  ou calquera outro título habilítante outorgado con anterioridade ao 12 de decembro de 2003, data de entrada en vigor desta lei, para o exercicio de actividades comerciais ou industriais portuarias previstas neste apartado, a cota máxima anual da taxa será de 30.000 € para as actividades ás que se lle aplique o tipo do 1 por 100 e de 60.000 € para aquelas actividades ás que se lle aplique o tipo do 1,5 por 100.

      2. Actividades non portuarias
        1. Instalación no dominio público portuario de terrazas de hostalería

          A cota da taxa pola instalación no dominio público portuario de terrazas de hostalería establécese por mesa autorizada e día ou fracción en función da intensidade da actividade e da tempada do ano na que se desenvolva a mesma, de acordo coa seguinte táboa:

          Ver táboa da Taxa sobre Actividades non portuarias en Instalación no dominio público portuario de terrazas de hostalería

          Considerarase que a intensidade da actividade é alta cando se desenvolva nos portos de: Ribadeo, Burela, Celeiro, Ortigueira, Cedeira, Ares, Sada, Muros, Noia, Portosín, Porto do Son, Aguiño, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Carril, O Xufre, Vilanova, Cambados, O Grove, San Vicente, Portonovo, Sanxenxo, Combarro, Pontevedra, Bueu, Cangas, Moaña, e Baiona.

          Considerarase que a intensidade da actividade é media cando se desenvolva nos portos de: Foz, O Barqueiro, Cariño, Pontedeume, Malpica, Corme, Laxe, Camariñas, Muxía, Fisterra, Corcubión, Portocubelo, O Freixo, Testal, Cabo de Cruz, Meloxo, Meira, Aldán Panxón e A Guarda.

          Considerarase que a intensidade da actividade é baixa cando se desenvolva nos restantes portos e instalacións non contemplados nos parágrafos anteriores.

          Considerarase tempada alta os meses de xullo e agosto, temporada media os meses de xuño e setembro e temporada baixa os restantes meses do ano.

          No caso de que a autorización se outorgue por prazo dun ano natural, considerarase a efectos da aplicación desta taxa que durante a temporada baixa o período de desenvolvemento da actividade será de 60 días.

        2. Restantes servizos e actividades comerciais e industriais non portuarias

          A cota anual da taxa polo exercicio das restantes actividades comerciais ou industriais non portuarias establécese como o 2 por 100 do importe anual da cifra neta de negocios da actividade desenvolvida no porto ao amparo da autorización. A cota anual máxima desta taxa para aquelas concesións, autorizacións ou calquera outro título habilitante outorgado con anterioridade ao 12 de decembro de 2003, data de entrada en vigor desta lei, para o exercicio dos restantes servicios e actividades comerciais e industriais non portuarias será de 120.000 €.

      3. A taxa será liquidada por Portos de Galicia na forma e prazos determinados regulamentariamente. Os suxeitos pasivos deberán presentar as declaracións que correspondan na forma, lugar e prazos que se determinen regulamentariamente. Os suxeitos pasivos desta taxa estarán obrigados a conservar, durante o prazo de prescrición, os xustificantes e documentos acreditativos das operacións, rendas e calquera outros elementos necesarios para determinar a débeda tributaria. Así mesmo, os suxeitos pasivos quedarán obrigados a levar os libros e rexistros que regulamentariamente se establezan.

        En especial, cando para a determinación da contía da taxa sexa preciso o coñecemento da cifra neta de negocios, os suxeitos pasivos terán as mesmas obrigas documentais e formais contables que as establecidas nas normas do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades.

      4. A contía da taxa deberá figurar necesariamente nas condicións da autorización de actividade ou, de se-lo caso, da concesión ou autorización de ocupación privativa do dominio público.
      5. No suposto de que a taxa sexa esixible por adiantado, a súa contía calcularase, para o primeiro exercicio, sobre as estimacións efectuadas en relación co volume de tráfico ou de negocio e, nos exercicios sucesivos, sobre os datos reais do ano anterior.
      6. Cando se utilicen procedementos de licitación pública a cota da taxa virá determinada pola suma de dous compoñentes
        1. A cota vixente no momento do devengo consonte o disposto no apartado 3 anterior.
        2. A mellora determinada na licitación á alza polo adxudicatario da concesión, expresada na mesma unidade que a cota á que se refire a letra a) anterior.
contías da tarifa para a Taxa portuaria pola prestación de servizos e actividades de manipulación de carga
Grupo de mercadorías Cota da taxa (en euros)/Tonelada
1 0,006095
2 0,010158
3 0,016253
4 0,026412
5 0,040633

 

contías da tarifa para a Taxa portuaria pola prestación de servizos ao pasaxe
  Tipo de navegación
Concepto Interior, local ou de ría Entre portos da UE Exterior
a) Pasaxeiros
Bloque II 0'000828 0'025472 0'076416
Bloque I 0'008126 0'070959 0'141917
a) Vehículos
Motocicletas e vehículos ou remolques de dúas rodas 0'002032 0'004064 0'008126
Automóbiles 0'010158 0'020317 0'040633
Camións, autocares e outros vehículos de transporte colectivo 0'050791 0'101584 0'203167

 

contías da tarifa para a Taxa portuaria pola prestación de servizos técnico náuticos en Servizo de practicaxe
Arqueo (GT) Taxa (en euros)
Menor o igual que 1.500 GT 2,06
Maior que 1.500 GT e menor ou igual que 3.000 GT 2,47
Maior que 3.000 GT e menor ou igual que 4.000 GT 2,88
Maior que 4.000 GT 3,30

 

contías da tarifa para a Taxa portuaria pola prestación de servizos técnico náuticos en Servizo de amarre e desamarre
Arqueo (GT) Taxa (en euros)
Menor o igual que 1.500 GT 2,06
Maior que 1.500 GT e menor ou igual que 3.000 GT 2,47
Maior que 3.000 GT e menor ou igual que 4.000 GT 2,88
Maior que 4.000 GT 3,30

 

contías da tarifa para a Taxa portuaria pola prestación de servizos técnico náuticos en Servizo de remolque
Arqueo (GT) Taxa (en euros)
Menor o igual que 1.500 GT 17,61
Maior que 1.500 GT e menor ou igual que 3.000 GT 21,13
Maior que 3.000 GT e menor ou igual que 4.000 GT 24,66
Maior que 4.000 GT 28,18

 

contías da tarifa para a Taxa polo exercicio da actividade comercial portuaria de consignación de buques
Arqueo (GT) Taxa (en euros)
Menor o igual que 1.500 GT 11,77
Maior que 1.500 GT e menor ou igual que 3.000 GT 14,12
Maior que 3.000 GT e menor ou igual que 4.000 GT 16,47
Maior que 4.000 GT 18,83

 

contías da tarifa para os Restantes servizos e actividades comerciais e industriais portuarias
Actividade desenvolvida Tipo a aplicar
Lonxas, fábricas de xeo, cámaras de frío; departamentos de armadores ou exportadores; subministración de combustible a buques; recollida de refugallos; varadoiros, talleres de reparación de embarcacións, estaleiros; depuradoras de molusco, cetarias, viveiros, acuicultura; xestión de amarres náutico-recreativos 1 por 100
Naves de almacenaxe, loxística; oficinas; venda de embarcacións, efectos navais; industrias conserveiras, transformación e manipulación da pesca 1,50 por 100

 

contías da tarifa para as Actividades non portuarias por Instalación no dominio público portuario de terrazas de hostalería
Intensidade da actividade Temporada (euros)
Alta Media Baixa
Alta 0'95 0'72 0'48
Media 0,80 0,60 0,40
Baixa 0'61 0'47 0'31

Regras tarifa 34.01.00

34.01. 00. Dominio público en xeral (1)

Con carácter xeral, e agás que exista tarifa específica, a cota da taxa que se debe satisfacer será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo de gravame correspondente.

Nos supostos de utilización privativa ou ocupación do dominio público, constitúe a base impoñible, o valor de mercado do ben ou bens de dominio público obxecto daquela. Para estes efectos, tomarase como valor de mercado o valor actualizado do ben ou bens segundo o Inventario xeral dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta a superficie ocupada e a súa situación no inmoble, de ser o caso. Esta base actualizarase anualmente na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral dos prezos ao consumo para o conxunto nacional total (IPC) que correspondera e será efectiva a partir de cada 1 de xaneiro. No título habilítante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é o valor de mercado no primeiro ano da súa vixencia e cal será o mes de cálculo da variación do IPC que se empregue para a súa actualización anual.

Nos supostos de aproveitamento especial do dominio público, constitúe a base impoñible a utilidade derivada daquel.

O tipo de gravame aplicable nos supostos de utilización privativa ou ocupación do dominio público fixarase por decreto, a proposta da consellería á que estean adscritos os bens, logo de informe favorable da consellería competente en materia de facenda. O tipo de gravame non poderá ser inferior a un 2% nin superior a un 6%. Na memoria económica que se xunte deberanse xustificar adecuadamente os criterios empregados para a determinación dos tipos de gravame, podendo ter en conta, entre outros, a relevancia e conexión coas fins propias do órgano á que estea adscrito o dominio público, o predominio desas fins ou de fins económicos na actividade desenvolvida ou o grado de utilidade pública derivada da utilización privativa ou da ocupación do dominio público.

Cando se utilicen procedementos de licitación pública, o tipo de gravame da taxa virá determinado pola suma de dous compoñentes:

  1. A porcentaxe vixente no momento do devengo.
  2. A mellora determinada polo adxudicatario na proposición sobre a que se realiza a concesión, expresada en puntos porcentuais.

O tipo de gravame aplicable nos supostos de aproveitamento especial será do 100%.

(1) Decreto 118/2010, do 17 de xuño, polo que se fixa o tipo de gravame aplicable nas concesións por ocupación de bens demaniais adscritos á Consellería de Facenda e afectos a dependencias administrativas,con destino á prestación dun servizo público ou dependencias administrativas de terceiros (34.01.01)

 

Regras tarifa 34.02.00

34.02.00. Dominio público portuario

A contía que se debe satisfacer será o resultado de aplica-lo tipo do gravame establecido no apartado 2 sobre a base impoñible definida no apartado 1, que será actualizada anualmente consonte o establecido no artigo 42 desta lei, tendo en conta as regras establecidas a seguir:

1.—A base impoñible da taxa será o valor do ben, que se determinará da forma seguinte

a) Ocupación de terreos. Será o valor dos terreos, que se determinará sobre a base de criterios de mercado. Para este efecto, a zona de servizo dividirase en áreas funcionais, coa asignación ós terreos incluídos en cada unha delas dun valor por referencia a outros terreos do termo municipal ou dos termos municipais próximos con similares usos a cada área, en particular ós cualificados como de uso comercial, industrial ou loxístico e para a mesma ou similar actividade, tomando en consideración o aproveitamento que lles corresponda.

Ademais, no caso de áreas funcionais destinadas a terminais e outras instalacións de manipulación de mercadorías, tomarase en consideración o valor de superficies portuarias que puidesen ser alternativas para os tráficos do referido porto.

Ademais dese valor de referencia, na valoración final dos terreos de cada área deberanse ter en conta o grao de urbanización xeral da zona, a conexión cos diferentes modos e infraestruturas de transporte, a súa accesibilidade marítima e terrestre e maila súa localización e proximidade ás infraestruturas portuarias, en particular, ás instalacións de atracada e áreas abrigadas.

b) Ocupación das augas do porto. Será o valor dos espazos de auga incluídos en cada unha das áreas funcionais nas que se divida a zona de servizo do porto, que se determinará por referencia ó valor dos terreos das áreas da zona de servizo con similar finalidade ou uso ou, de se-lo caso, ó dos terreos máis próximos. Na valoración deberanse ter en conta as condicións de abrigo, profundidade e localización das augas, sen que poida exceder do valor dos terreos de referencia.

Nembargante, cando o espazo de auga se outorgue en concesión para o seu recheo, o valor desta será o asignado ós terreos de similar utilidade que se atopen máis próximos.

c) Ocupación de obras e instalacións. Estará constituída polos seguintes conceptos:

  • O valor dos terreos e das augas ocupados, incluídas neste apartado a urbanización interna e pavimentación da parcela en concesión.
  • O valor das infraestruturas, superestruturas e instalacións en concesión no momento do seu outorgamento, calculado sobre a base de criterios de mercado, e o valor da súa depreciación anual. Estes valores, que serán aprobados por Portos de Galicia, permanecerán constantes durante o período concesional, e non lles será aplicable a actualización anual prevista no artigo 42.

Os criterios para o cálculo do valor das obras e instalacións e do valor da súa depreciación aprobaraos o consello de administración do ente público Portos de Galicia, por proposta do seu Presidente, e serán publicados no Diario Oficial de Galicia

d) Cando a ocupación do dominio público portuario inclúa un uso consuntivo del, o valor deste uso será o dos materiais consumidos a prezo de mercado.

2.—O tipo de gravame anual aplicado á base impoñible será o seguinte:

  1. a) No suposto de ocupación de terreos e de augas do porto:

    — Nas áreas destinadas a usos portuarios relativos ao desenvolmento de  actividades portuarias pesquerias:  o 2,5%.

    — Nas áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, ós relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais e náutico-deportivas: o 5%.

    — Nas áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais: o 6 %.

    — Nas áreas destinadas a usos non portuarios: o 7 %.

    Respecto do espazo de auga para recheo, o 2,5 % do valor da base mentres o concesionario efectúa as obras de recheo no prazo fixado na concesión. Ó finalizar este prazo, o tipo será do 5 %.

    b) No caso de ocupación do voo ou do subsolo de terreos ou espazos somerxidos:

    —O 2,5 % do valor da base impoñible que corresponda ós respectivos terreos ou augas, agás que o seu uso impida a utilización da superficie. Neste caso o tipo de gravame será o que corresponda de acordo co previsto na letra a) anterior.

    c) No caso de ocupación de obras e instalacións:

    — Nas áreas destinadas a usos portuarios relativos ao desenvolvemento de actividades portuarias pesqueiras: o 2,5% dos valores dos terreos, do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 25% do valor da depreciación anual asignada.

    — Nas áreas destinadas a usos portuarios relacionados co intercambio entre modos de transporte, os relativos ó desenvolvemento de servizos portuarios e a outras actividades portuarias comerciais e náutico-deportivas: o 5% dos valores dos terreos do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 100% do valor da depreciación anual asignada.

    — Nas áreas destinadas a actividades auxiliares ou complementarias das actividades portuarias, incluídas as loxísticas, de almacenaxe e as que correspondan a empresas industriais ou comerciais: o 6 % dos valores dos terreos, do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 100 % do valor da depreciación anual asignada.

    — Nas áreas destinadas a usos non portuarios: o 7 % dos valores dos terreos, do espazo de auga e das obras e instalacións, e o 100 % do valor da depreciación anual asignada.

    d) No suposto de uso consuntivo: o 100 % do valor dos materiais consumidos.

    3.— Para a determinación do valor dos terreos e das augas do porto, o consello de administración de Portos de Galicia aprobará, por proposta do seu Presidente,  a correspondente valoración da zona de servizo do porto, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, de acordo co seguinte procedemento.

  • a) Elaboración polo ente público da valoración de terreos e augas do porto.
  • b) Información pública durante un prazo non inferior a vinte días, que será anunciada no diario oficial da Comunidade Autónoma.
  • c) Remisión do expediente á consellería competente en materia de portos, que solicitará informe da consellería competente en materia de facenda, o cal deberá ser emitido nun prazo non superior a un mes.
  • d) A orde de aprobación da correspondente valoración será publicada no Diario Oficial de Galicia. Os valores contidos na orde non serán susceptibles de recurso autónomo, sen prexuízo dos que procedan contra a notificación individual conxunta do devandito valor e da nova contía da taxa ós concesionarios e titulares de autorizacións.
  • e) Tales valoración, que se actualizarán o 1 de xaneiro de cada ano na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral de prezos ó consumo para o conxunto nacional total (IPC) no mes de outubro, poderanse revisar para a totalidade da zona de servizo cada cinco anos e, en todo caso, deberanse revisar cada dez anos. Así mesmo, deberanse revisar cando se aprobe ou modifique o plan de utilización dos espazos portuarios, na parte da zona de servizo que se atope afectada pola devandita modificación ou cando se produza calquera circunstancia que poida afecta-lo seu valor.

Regras tarifa 34.03.00

34.03.00. Ocupación mediante medios persoais de inmobles afectos a dependencias administrativas

A cota da taxa que se  debe satisfacer será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo de gravame correspondente, que se sinala a continuación.

Constitúe a base impoñible o valor de mercado do ben ou bens de dominio público obxecto daquela. Para estes efectos, tomarase como valor de mercado o valor actualizado do ben ou bens segundo o Inventario Xeral dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta a superficie ocupada e a súa situación no inmoble, de ser o caso. Esta base actualizarase anualmente na mesma proporción que a variación interanual experimentada polo índice xeral dos prezos ao consumo para o conxunto nacional total (IPC) que correspondera e será efectiva a partir de cada 1 de xaneiro. No título habilitante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é o valor de mercado no primeiro ano da súa vixencia e cal será o mes de cálculo da variación do IPC que se empregue para a súa actualización anual.

O tipo de gravame será do 2% cando a actividade a desenvolver no inmoble sexa a prestación dun servizo público, e do 6% para o resto das actividades

Regras tarifa 34.04.00

34.04.00. Ocupación de inmobles nas Illas de Ons e Onza

A cota da taxa que se  debe satisfacer será a que resulte de aplicar á base impoñible o tipo de gravame que correspondera en cada caso, tendo en conta o uso e o tipo de solo.

Constitúe a base impoñible o total de metros cuadrados do ben inmoble de dominio público que fora obxecto de concesión. No título habilitante da utilización privativa ou ocupación especificarase cal é a base impoñible medida en metros cuadrados que fora concedida.

Os tipos de gravame anuais a aplicar sobre a base impoñible son os que se especifican a continuación

  • a) Uso vinculado á residencia ou vivenda
    • por m2 construído con uso residencial: 4 €/m2
    • por m2 construído con uso non residencial: 1'5 €/m2
    • por m2 non construído complementario ao uso residencial: 0'5 €/m2
  • b) Uso comercial, vinculado exclusivamente á hostalaría, restauración ou á alimentación
    • por m2 construído con uso comercial, vinculado exclusivamente á hostalaría, restauración ou á alimentación: 7'5 €/m2
    • por m2 construído de edificacións auxiliares: 2'5 €/m2
    • por m2 de patios, terrazas u outras superficies ocupadas anexas ao inmoble: 2'5 €/m2
  • c) Uso agrario tradicional: por m2: 0'06 €/m2

Data publicación

23/10/2008

Tipo de disposición

Outros

Tipo de Contido

Ordenación

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica