Orde do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da comunidade autónoma de Galicia. (1) (DOG nº 145, de 29 de xullo de 1994). (2)
(1) As referencias á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da mesma, entenderanse realizadas á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia.
(2) Corrección de erros (DOG nº 184, do 22 de setembro de 1994)
Sumario
| Saltar sumario |
- Artigo 1º
- Artigo 2º
- Artigo 3º
- Artigo 4º
- Artigo 5º
- Artigo 6º
- Artigo 7º
- Artigo 8º
- Artigo 9º
- Artigo 10º
- Artigo 11º
- Artigo 12º
DISPOSICIÓN ADICIONAL
- DISPOSICIÓN DERRADEIRA.
- ANEXO I. RELACIÓN PREZOS: CÓDIGO E DENOMINACIÓN.
- ANEXO II. RELACIÓN PREZOS: CÓDIGO E DENOMINACIÓN.
- ANEXO III. MODELO DE LIQUIDACIÓN DE PREZOS. (documento PDF)
- ANEXO IV. MODELO MANDAMENTO DE INGRESO. (documento PDF)
- ANEXO V. TRANSFERENCIA DE ENTIDADES COLABORADORAS A SERVIZOS CENTRAIS: DESCRICIÓN DA INFORMACIÓN E CONVENIOS DE TRANSFERENCIA.
- ANEXO VI. RELACIÓN SALDOS CONTAS RESTRINXIDAS DE RECADACIÓN. (documento PDF)
O Decreto 172/1992, do 26 de xuño, polo que se establecen as normas para a xestión, liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma,. dispón no seu artigo 10 que "a xestión recadatoria en período voluntario das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia correspóndelle en exclusiva á Consellería de Economía e Facenda". Así mesmo, o artigo 14 determina os medios considerados como xustificante do pagamento das taxas e prezos públicos.
A Orde do 30 de xuño de 1992 regulamenta o procedemento para a recadación voluntaria das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia a través de entidades financeiras, facéndose necesaria unha regulamentación específica para a recadación dos prezos públicos e privados .
Por iso, en uso das facultades conferidas pola disposición adicional primeira do citado Decreto 17211992. do 26 de xuño,
DISPOÑO
Artigo 1º
A xestión recadatoria en período voluntario dos prezos públicos e privados da Comunidade Autónoma de Galicia, que debe realizarse a través de entidades financeiras, queda encomendada ás delegacións da Consellería de Economía e Facenda das capitais de provincia.
Artigo 2º (3)
Os ingresos realizaranse nas contas restrinxas abertas nas entidades colaboradoras especificamente autorizadas para a recadación de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, titulada : "Tesouro Facenda Pública galega, - conta restrinxida. Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de ________________, por taxas e prezos". (4)
(3) Entenderase que esta é a redacción do artigo 2, de acordo co artigo 1 da Orde do 31 de xullo de 1997, pola que se regula o procedemento de presentación centralizada de ingresos polas entidades colaboradoras.
(4) Redacción dada polo artigo 1 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se modifican determinados artigos da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 3º
Os ingresos poderán realizarse en calquera oficina da rede das entidades financeiras que canalizarán os ditos ingresos á conta restrinxida de recadación centralizada correspondente á provincia na que radique o servizo ou organismo xestor do prezo público ou privado de que se trate.
Artigo 4º
Os ingresos efectuados nas entidades financeiras xurdirán efectos diante da Administración da Comunidade Autónoma na data na que se realizaron na oficina receptora do ingreso.
Artigo 5º
A administración e cobro dos prezos públicos ou privados que figuran relacionados no anexo I, axustarase ó proceso que se describe a continuación e documentaranse no modelo que con carácter básico figura no anexo III.
- O documento ingreso consta de 3 exemplares: "exemplar para o órgano xestor", "exemplar para o interesado" e "exemplar para a entidade financeira".
- Naqueles supostos nos que o órgano xestor o determine, poderá habilitarse un cuarto exemplar, que lle servirá como antecedente da liquidación practicada, e no que se habilitara o oportuno cadro de notificación da liquidación, no que constará necesariamente se é o caso, data, nome e apelidos, D.N.I., e sinatura do receptor da notificación, para o suposto de que a notificación se practique nas propias dependencias de órgano xestor, e con independencia todo iso de que a notificación poida acreditarse por calquera dos outros medios admitidos en dereito.
- O interesado procederá ó ingreso nalgún dos lugares de pagamento que nel se indican.
- A entidade financeira, unha vez efectuado o ingreso, conservará no seu poder o exemplar que lle corresponde devolvéndolle ó interesado os dous exemplares restantes.
- Os interesados, unha vez no seu poder os dous exemplares sinalados, presentarán diante do órgano xestor o exemplar destinado a este, co que quedará acreditado o pagamento, sendo requisito previo necesario para a prestación do servizo ou entrega do ben.
- O número do modelo de ingreso irá precedido dunha letra ou combinación de varias, que distinguirá o prezo, o órgano xestor ou ámbolos dous á vez.
Artigo 6º
O documento de cobro dos prezos públicos e privados que figuran no anexo II instrumentaranse segundo a súa natureza en talonarios de entradas, de recibos ou outros medios similares, coas súas correspondentes matrices.
- Os talonarios serán expedidos e selados polo órgano xestor.
- Os encargados da xestión destes prezos, para proceder ó ingreso do cobrado en cada quincena natural, deberán cubri-lo modelo que figura como anexo III e ingresalo en calquera das entidades financeiras dentro dos sete días hábiles seguintes ó fin de cada unha.
Artigo 7º (5)
As entidades colaboradoras, nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación, é dicir, dentro dos sete días hábiles seguintes ó fin de cada quincena, ingresarán, mediante cheque nominativo cruzado a favor do Tesouro Público de Galicia, o recadado cada quincena polo concepto de taxas e prezos.
O ingreso instrumentarase co mandamento de ingreso TP01, debendo efectuarse ante o Servizo de Recadación da propia delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda.
Cada quincena comprenderá dende o fin da anterior ata o día 5 ó 20 seguinte ou ata o inmediato hábil posterior, si o 5 ou 20 son inhábiles. A tales efectos, serán considerados días inhábiles os sábados.
Calquera que sexa o número de días inhábiles, o ingreso na conta do Tesouro Público deberá producirse no mesmo mes no que finaliza a quincena correspondente.
(5) Redacción dada polo art.2 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, citada na nota anterior.
Artigo 8º (6)
Presentación dos ingresos mediante soporte magnético.
- Ó mesmo tempo que se produce o ingreso, as entidades colaboradoras presentarán, en soporte magnético, ante o Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, a información centralizada dos ingresos habidos en cada quincena, acompañado do anexo VIII sobre saldos ingresados por cada unha das delegacións territoriais.
O Servizo Central de Recadación estampará data e sinatura no exemplar do anexo VIII destinado á entidade colaboradora, e que servirá a esta como xustificante da entrega do soporte. - O soporte magnético axustarase ás especificacións técnicas establecidas no anexo V.
Co fin de que a información aportada polas entidades sexa incorporada correctamente ás correspondentes bases de datos, efectuarase un proceso de validación do soporte magnético polo Servizo Central de Recadación no que se verificará:- Que las características do soporte axústanse ás especificacións sinaladas no anexo V.
- Que o total dos ingresos incluídos no soporte magnético coincide co importe ingresado segundo os mandamentos de ingreso e cos que figuran no anexo VIII de saldos.
- A aceptación total do soporte, cando o proceso de validación non aparecera ningún tipo de coincidencia ou erro.
- O rexeitamento do soporte magnético cando no proceso de validación se detecten erros.
O prazo para subsanar os erros detectados será como máximo de dous días hábiles desde que sexa requirida.
(6) Redacción dada polo art. 3 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, previamente citada.
Artigo 9º (7)
(7) Suprimido polo art. 4 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, previamente citada.
Artigo 10º
Os ingresos por taxas da Comunidade Autónoma terán no sucesivo tratamento descrito nos artigos 7 e seguintes da presente orde.
Artigo 11º
Esta orde non será aplicable ós prezos percibidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) nin polo IGAPE.
Artigo 12º
Mantense en vigor a Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia en canto non se opoña o disposto na presente orde.
DISPOSICIÓN ADICIONAL
Primeira
Nos supostos dos prezos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que figuran no anexo I cos números de código: 35.07.00; 35.08.00; 35.09.00 e 36.08.00, o interesado cumprimentará o impreso que se le facilite no servizo correspondente e procederá ó seu ingreso en calquera das entidades sinaladas ó dorso do citado impreso, procedendo unha vez ingresado o importe e presentado o exemplar debidamente selado pola entidade bancaria á oportuna comprobación na secretaría do centro. Para verificar esta comprobación, nos supostos de aplicación dalgunha exención ou bonificación, xuntarase xustificación documental deste extremo.
Segunda
O anexo V da Orden do 30 de xuño de 1992, polo que se aproba o modelo de autoliquidación de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado pola Orde do 13 de xaneiro de 1994, incrementase nos servizos de:
07. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- 03. Ensinanzas Medias.
11. Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
- 07. Servizos Sociais.
14. Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
- 02. Garderías.
- 03. Xuventude.
- 04. Tempo Libre.
Terceira (8)
Autorízase á Dirección Xeral de Tributos a actualizar mediante resolución, por necesidades propias do servizo, os anexos I e II de la presente orde.
(8) Disposición Adicional engadida pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
Esta Orde entrará en vigor ó día seguinte ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1994.
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda.
ANEXO I. RELACIÓN PREZOS: CÓDIGO E DENOMINACIÓN. (9)
(9) Anexo actualizado polas resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, de 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, de 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembre de 2003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, de 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006), do 20 de decembro de 2007 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007), do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, de 30 de decembro de 2009), do 5 de abril de 2010 (DOG nº 73, de 20 de abril de 2010), do 18 de decembro de 2013 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013), do 18 de decembro de 2014 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2014), do 18 de decembro de 2015 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2015), do 7 de febreiro de 2017 (DOG nº29, do 10 de febreiro de 2017) e do 20 de decembro de 2017 (DOG nº 245, do 28 de decembro de 2017).
CÓDIGO | DENOMINACIÓN | |
---|---|---|
350500 | Canóns de concesionarios de estacións de autobuses e centrais de mercancías | |
350600 | Outros canóns | |
350700 | Conservatorios de música e danza | |
350800 | Escolas Oficiais de Idiomas | |
350900 | Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais | |
351000 | Canon ITV | |
351200 | Utilización de locais incubadoras C.E.I. | |
352000 | Laboratorio Rexional de Medio Ambente Industrial | |
352400 | Garda de Menores | |
352500 | Ensinanzas regradas de arte dramática | |
352600 | Estudos superiores de deseño | |
352700 | Venda de dereitos de replantación de viñedo da Reserva Galega de dereitos de plantación de viñedo. | |
352800 | Comedores escolares | |
352900 | Servizos de rescate | |
353000 | Ensinanzas deportivas | |
353100 | Servizos de residencia e comedor nos centros de formación agroforestal | |
353101 | Residencia en pensión completa | |
353102 | Residencia en pensión completa por día | |
353103 | Xantar por bono semanal de cinco días | |
353104 | Xantar diario non regular | |
353200 | Servizos de residencia e comedor nos centros de formación marítimo-pesqueira | |
353201 | Residencia en pensión completa | |
353202 | Residencia en pensión completa por día | |
353203 | Xantar por bono semanal de cinco días | |
353204 | Xantar diario non regular | |
353300 | Matrícula dos cursos na Aula de Seguridade e Salvamento de Ferrol | |
353301 | Formación básica de seguridade (teórico) | |
353302 | Practicas formación básica de seguridade | |
353303 | Avanzado en loita contra incendios | |
353304 | Embarcación de supervivencia e botes de rescate (Non avanzado) | |
353400 | Transporte adaptado e asistido | |
353500 | Dictames periciais do IMELGA | |
360100 | Venda de publicacións | |
360200 | Uso de instalacións da EGAP | |
360300 | Matrículas de cursos da EGAP | |
360400 | Biblioteca EGAP | |
360600 | Venda de cartografía | |
Venda do Mapa de Galicia en relevo | ||
360700 | Ensaios de laboratorios de control de calidade | |
361001 | Campamentos e albergues. Campaña de verán | |
361002 | Campamentos e albergues. Estadías | |
361100 | Residencias xuvenís para estudantes | |
361200 | Escolas infantís 0-3 | |
361600 | Venda de doses seminais e exemplares de animais | |
361601 | Venda de doses seminais | |
361602 | Venda de exemplares bovinos | |
361603 | Venda de exemplares aviares | |
361604 | Venda de exemplares ovinos | |
361605 | Venda de exemplares porcinos | |
361800 | Venda de plantas e sementes en viveiro | |
361900 | Venda de sementes e piñas en secadoiro | |
362000 | Venda de especies cinexéticas | |
362100 | Curso Consello Galego de Relacións Laborais | |
362400 | Cesión temporal de locais do I.G.V.S. | |
362500 | Servizos prestados no Laboratorio de Consumo de Galicia | |
362600 | Cursos e talleres de artistas impartidos no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) | |
362900 | Cursos, xornadas e seminarios | |
362901 | Matrícula ou inscrición | |
362902 | Instalación de stands | |
363000 | Reprodución parcial mediante fotocopia de publicacións e outros documentos elaborados polo I.G.E. | |
363100 | Carné Xuventude2 | |
363101 | Carné Xoven euro < 26 | |
363200 | Carnés T.I.V.E. | |
363201 | Carné alberguista xove | |
363202 | Carné alberguista adulto | |
363203 | Carné alberguista grupo | |
363204 | Carné alberguista familiar | |
363205 | Carné alberguista internacional | |
363206 | Carné teacher (ITIC) | |
363207 | Carné go < 25 (FIYTO) | |
363208 | Carné Student (ISIC) | |
363300 | Guía Internacional de Albergues | |
363400 | Programas T.I.V.E. | |
363401 | Campos de traballo | |
363402 | Intercambios xuvenís | |
363403 | Programas de turismo xove | |
363404 | Outras actividades T.I.V.E. | |
363500 | Venda de follas de reclamacións | Instituto Galego de Consumo |
Turismo | ||
363600 | Venda de prendas do uniforme dos alumnos da Academia Galega de Seguridade Pública | |
363700 | Explotación datos estatísticos. I.G.E. | |
363800 | Actuacións en materia de calidade alimentaria | |
363801 | Xestión de Consellos Reguladores | |
363802 | Control e certificación da calidade alimentaria | |
363803 | Control e certificación dos viños da terra | |
363900 | Uso de aulas e auditórium | |
364000 | Residencia | |
364100 | Pista práctica conduccións todo terreo | |
364200 | Análise de laboratorio do ISSGA | |
364300 | Servizos de profesionalización e desenvolvemento estratéxico para pequenas e medianas empresas e microempresas | |
364400 | Actividades dirixidas a menores de idade | |
364500 | Limpeza e desinfección de transporte por estrada no sector gandeiro | |
364700 | Servizos prestados pola Axencia Galega de Innovación | |
364701 | Servizos prestados polo Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS MADEIRA) | |
364702 | Servizos prestados polo Centro de Innovación e Servizos do Deseño e Tecnoloxía (CIS GALICIA) | |
364800 | Ensinanzas do Centro superior de Hostelería de Galicia | |
364801 | Matrícula e docencia | |
364802 | Certificados, expedición de títulos | |
364900 | Servizos prestados polo Centro Superior de Hostelería de Galicia | |
364901 | Aloxamento alumnado | |
364902 | Manutención | |
364903 | Consultoría, asesoramento e similares |
(2) Prezo modificado pola Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG nº 68, do 9 de abril de 2008), pola que se suprime o carne mais ó incrementarse a idiade límite do Carné Xove Euro <26, e refundíndose pois nun único carné os dous existentes ata o momento.
ANEXO II. RELACIÓN PREZOS: CÓDIGO E DENOMINACIÓN. (10)
(10) Anexo actualizado polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, de 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2003) e do 20 de decembro de 2017 (DOG nº 245, do 28 de decembro de 2017).
CÓDIGO | DENOMINACIÓN |
---|---|
351401 | Venda de permisos de caza |
351402 | Venda de permisos de pesca |
351500 | Precintaxe de artes legais de pesca |
351600 | Arquivos e museos |
351601 | Arquivos |
351602 | Museos |
351700 | Residencias da terceira idade |
351800 | Centros sociais |
351900 | Residencias de Tempo Libre |
352200 | Centros de atención especializada a minusválidos psíquicos (CAMP). |
352300 | Servizos sociais da Mariña |
360900 | Productos e aproveitamentos forestais |
361300 | Productos agropecuarios |
361400 | Obxectos conmemorativos de exposicións |
361500 | Servizo de instalacións recreativo-deportivas |
361700 | Análises físicos, químicos e fisicoquímicos realizados nos Laboratorios agrarios e enolóxicos da Consellería de Agricultura, Gandeira e Política Agroalimentaria |
361800 | Venda de plantas e sementes en viveiro |
361900 | Venta de sementes e piñas en secadoiro |
362200 | Servizos C.G.A.I. |
364200 | Análise de laboratorio do ISSGA |
364600 | Servizos prestados polo Laboratorio de Metroloxía de Galicia |
365000 | Servizos de cafetería e restaurantes do Centro Superior de Hostelería de Galicia |
ANEXO III. MODELO DE LIQUIDACIÓN DE PREZOS. (documento PDF) (11)
(11) Modelo de liquidación de prezos substituído a todos os efectos polo modelo de liquidación en euros de prezos públicos/privados, aprobado pola Disposición Adicional Novena da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 y que figura no seu Anexo XII (DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001).
ANEXO IV. MODELO MANDAMENTO DE INGRESO. (documento PDF)
ANEXO V. TRANSFERENCIA DE ENTIDADES COLABORADORAS A SERVIZOS CENTRAIS. (12)
(12) Modificado polo anexo 2 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda.
DESCRICIÓN DA INFORMACIÓN
A información que se transfira consistirá nunha lista que detalle cada ingreso tramitado durante o mes correspondente, especificando os seguintes datos:
- Código do formulario de ingreso
- Orixe do ingreso: código da consellería, servizo e delegación.
- Suxeito pasivo: D.N.I. o C.I.F. e nome.
- Entidade tramitadora: códigos de entidade bancaria e sucursal.
- Código de taxa
- Data
- Importe ingresado
CONVENIOS DE TRANSFERENCIA
A continuación establécense algúns convenios para a transferencia.
- Codificación
Os códigos de consellería, servizo, delegación e taxa serán os facilitados pola Consellería de Economía e Facenda. - Soporte magnético
Para transferir tal información existen dúas posibilidades:- Un ou máis disquetes de 3,5 pulgadas e alta densidade, formateados para IBM PC, contendo cada un deles un único ficheiro ASCII con rexistros de lonxitude fixa. O nome do ficheiro será < ccccmmaa.Dnn>, onde <cccc> corresponderá ó código da entidade colaboradora, <mm> ó mes, <aa> ó ano e < < nn > > día período quincena (05 ou 20). Este ficheiro será importado en servizos centrais utilizando a aplicación <xestión de taxas>.
- Unha cinta de 1.200/2.440 pis, 9 pistas, 1.600 a 6.250 bpi, en EBCDIC, sen etiqueta e bloques de 10 rexistros con formato idéntico ó especificado para disquete.
- Formato de ficheiro
Os campos do ficheiro serán os seguintes:
Nome | Lonxitude | Comentarios |
---|---|---|
CÓDIGO | 9 | Código do ingreso |
CON | 2 | Código da consellería |
SVC | 2 | Código de servizo |
DEL | 2 | Código de delegación |
DNI | 10 | D.N.I. do suxeito pasivo |
NOMBRE | 50 | Nome e apelidos do suxeito pasivo |
BAN | 4 | Código da entidade colaboradora |
SUC | 4 | Código de sucursal |
TASA | 6 | Código de taxa |
FECHA | 8 | Data do ingreso AAAAMMDD |
IMPORTE | 10 | Importe sen decimais |
ANEXO VI. RELACIÓN SALDOS CONTAS RESTRINXIDAS DE RECADACIÓN. (documento PDF) (13)
(13) Anexo engadido polo anexo 1 da Orde do 2 de abril de 1997, da Consellería de Economía e Facenda, previamente citada.
Data publicación
27/10/2008
Tipo de disposición
Orde
Tipo de Contido
Regulamento
Estado
Vixente
Orixe
Autonómica