Volver ao contido

Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación. (1) (DOG nº 125, do 1 de xullo de 1992)

Observacións

(1) As referencias á Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do titulo II da mesma, entenderanse realizadas á Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sumario

| |

A disposición adicional primeira do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, autoriza á Consellería de Economía e Facenda a ditar as disposicións necesarias para a aplicación de dito decreto.

Pola súa banda, o artigo 13.3 do mencionado decreto establece que a utilización dos efectos timbrados requirira expresa autorización da Consellería de Economía e Facenda.

Dado que os servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación se prestan inmediatamente a súa solicitude, resulta necesario autorizar a utilización de efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia para o pagamento das taxas esixidas por ditos servizos administrativos.

Por todo elo,

DISPOÑO

CAPÍTULO I. Autoliquidación das taxas.

  • Artigo 1

Con independencia do procedemento de liquidación aplicable a cada taxa, os ingresos que por estes tributos corresponden á Comunidade Autónoma de Galicia efectuaranse polos suxeitos pasivos a través das entidades financeiras colaboradoras autorizadas, relacionadas no anexo VII, sen prexuízo do disposto nesta orde para o pagamento mediante efectos timbrados da Comunidade Autónoma de Galicia (2).

(2) Redacción dada polo artigo 1.1 da Orde do 24 de marzo de 1998, pola que se modifica a Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pago de taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación e a Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).

  • Artigo 2(3)

  1. Os suxeitos pasivos das taxas obrigados a formular autoliquidación, deberán, con carácter xeral, ingresar o importe da débeda tributaria autoliquidada no prazo dos tres días hábiles a contar dende o seguinte ao seu devengo.
  2. Os suxeitos pasivos da tarifa contida na subalínea 04 da línea 07 do Anexo 2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia deberán ingresar o importe da débeda tributaria autoliquidada correspondente a cada certificado no prazo dos cinco días hábiles seguintes á data de expedición do certificado. O suxeito pasivo formulará unha autoliquidación, na que deberá constar o dato do número do certificado zoosanitario expedido polos servizos veterinarios, por cada un dos certificados que lle sexan expedidos,  sen que se poida utilizar un único impreso para máis dun certificado.
  3. Os suxeitos pasivos deberán ingresar nos vinte primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro o importe da débeda tributaria autoliquidada referida cada unha delas ós feitos impoñibles realizados no trimestre inmediato anterior, no caso das taxas que se relacionan a continuación, ás que se refiren os artigos ou contidas nos anexos da lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia:
    a) As tarifas 08 e 36 contidas no Anexo 2 da lei;
    b) As tarifas contidas nas subalíneas 03 e 04 da alínea 09 do Anexo 2 da lei;
    c) As tarifas 25, 26 e 27 contidas no Anexo 3 da lei.
  4. Os suxeitos pasivos da tarifa 68 contida no Anexo 3 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia deberán ingresar nos meses de xaneiro e xullo o importe da débeda tributaria autoliquidada pola base impoñible correspondente a cadanseu semestre inmediato anterior.
  5. Os suxeitos pasivos da taxa pola utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público da Comunidade Autónoma de Galicia obrigados a formular autoliquidación, deberán, con carácter xeral, ingresar o importe da débeda tributaria autoliquidada no prazo e polo período de liquidación, que non poderá ser superior a un ano, sinalados a continuación:
  • a) Os suxeitos pasivos da tarifa 01 contida no Anexo 5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo e período de liquidación que se determine no decreto polo que se estableza o tipo de gravame; en defecto de disposición expresa, no prazo e período de liquidación que se determine, en cada caso, mediante cláusula contida no prego de condicións do título habilítante da referida utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial; en defecto de cláusula, a autoliquidación será semestral e ingresarase para cada semestre natural nos seus vinte primeiros días naturais, salvo no primeiro ano no que se aplicarán as seguintes regras: se a notificación do título se realizara con posterioridade ao 31 de maio a autoliquidación dese ano, que será única, se ingresará nos vinte primeiros días naturais do mes de xullo; se a notificación se realizara dentro dos cinco primeiros meses naturais do ano, a autoliquidación correspondente ao primeiro semestre ingresarase no prazo dun mes a contar dende a data da notificación e a correspondente ao segundo semestre, nos vinte primeiros días naturais do mes de xullo.
  • b) Os suxeitos pasivos da tarifa 05 contida no Anexo 5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia ingresarán o importe da débeda tributaria da autoliquidación, que será anual, nos vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro, salvo no primeiro ano no que o ingreso producirase no prazo dun mes a contar dende a data da notificación do título habilítante.
  • c) Os suxeitos pasivos do resto de tarifas, ingresarán o importe da débeda tributaria da autoliquidación no prazo e período de liquidación que se determine, en cada caso, mediante cláusula contida no prego de condicións do título habilítante da referida utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial; en defecto de cláusula, seguiranse as seguintes regras:
    • c.1) Cando a débeda tributaria poida determinarse ao principio de cada ano, a autoliquidación será semestral e ingresarase para cada semestre natural nos seus vinte primeiros días naturais, salvo no primeiro ano no que se aplicarán as seguintes regras: se a notificación do título se realizara con posterioridade ao 31 de maio a autoliquidación dese ano, que será única, ingresarse no prazo dun mes a contar dende a data da notificación; se a notificación se realizara con anterioridade a esa data, a autoliquidación correspondente ao primeiro semestre ingresarase no prazo dun mes a contar dende a data da notificación e a correspondente ao segundo semestre, nos vinte primeiros días naturais do mes de xullo.
    • c.2) Cando a débeda tributaria deba determinarse segundo a actividade realizada, o período de liquidación será trimestral e o prazo de ingreso será os vinte primeiros días naturais dos meses de xaneiro, abril, xullo e outubro respecto á actividade desenvolvida no trimestre natural inmediato anterior."

(3) Artigo modificado pola Orde do 29 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011).

  • Artigo 3

Sen prexuízo do disposto no último parágrafo deste artigo para aquelas taxas que, conforme ó artigo 6º do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan as normas para a xestión, liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, resulte aplicable o procedemento de autoliquidación, apróbase o modelo de impreso que figura no anexo I da presente orde.

Dito modelo constará dun exemplar para o interesado, outro para a entidade financeira e o resto para a Administración.

O impreso de autoliquidación será facilitado polos servizos administrativos, organismos autónomos ou entes xestores da correspondente taxa, os cales informarán ó solicitante sobre os números que debe consignar nos espazos reservados ós códigos da consellería, delegación e servizo e clave da taxa, conforme ás relacións que figuran como anexo V e VI da presente orde. As entidades financeiras autorizadas para a recadación das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, que subscriban o convenio de colaboración na xestión da renovación de licencias de caza e pesca, poderán solicitar autorización para o emprego dun xustificante do pago da taxa, que substituirá o modelo de autoliquidación (4).

O modelo de autoliquidación da taxa esixible pola inscrición nas convocatorias para a selección de persoal da Comunidade Autónoma, artigo 18, número 03 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril (5), axustarase ó que establece a correspondente orde da convocatoria.

(4) Segundo a redacción que da a este parágrafo terceiro o artigo 1.3 da Orde do 24 de marzo de 1998 citada anteriormente 1.3 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).

(5) A referencia entenderase feita ó apartado 03 do anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 4(6)

1. Con carácter xeral, o suxeito pasivo, unha vez ingresada a débeda tributaria correspondente e con anterioridade á prestación do servizo solicitado, deberá presentarlle ao servizo xestor, o exemplar para a Administración, dentro dos dez días seguintes á terminación de cada un dos prazos de ingreso nos supostos aos que se refire o artigo 2.1.

2. Nos supostos aos que se refire o artigo 2.2, a entidade financeira colaboradora na recadación das taxas e prezos, no momento no que o suxeito pasivo efectúe o ingreso da autoliquidación recollerá, ademais do exemplar a ela destinado, o exemplar para a administración, debendo remitilo ao órgano xestor nos prazos previstos no regulamento xeral de recadación aos que se remite o artigo 7 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Os suxeitos pasivos das taxas contempladas no resto de apartados do artigo 2, deberán presentar, unha vez ingresada a débeda tributaria correspondente, ante o servizo xestor o exemplar para a Administración, nos prazos establecidos para o ingreso da autoliquidación.

4. Ademais, no caso da tarifa 08 contida no Anexo 2 daLlei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, os suxeitos pasivos presentarán ante o servizo xestor da mesma e xunto á autoliquidación o modelo que figura como anexo II da presente orde.

(6) Artigo modificado pola Orde do 29 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011)

CAPÍTULO II. Utilización de efectos timbrados.

  • Artigo 5

Os efectos previstos no artigo 13.3 do Decreto 172/1992, do 26 de xuño, para o pago de taxas esixibles polos servizos administrativos de compulsa de documentos e verificación de suficiencia de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, autorizase a utilización de efectos timbrados coa forma, valor e demais características que figuran no anexo III desta orde.

  • Artigo 6

Pola Dirección Xeral de Tributos (7) emitiranse efectos timbrados que procedan para cada unha de ditas taxas.

(7) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).

CAPÍTULO III. Xestión do pago mediante efectos timbrados.

  • Artigo 7

Os habilitados responsables dos fondos públicos nos servizos centrais das distintas consellerías solicitarán da Dirección Xeral de Tributos (8) os selos de cada clase que necesiten para a prestación dos servizos gravados polas distintas taxas, sendo responsables da custodia e recadación. (9)

(8) De acordo co artigo 1.4 da Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998).

(9) Modificado por Orde de 31 de maio de 1995 (DOG nº 127, de 4 de xulio de 1995).

  • Artigo 8

Os secretarios ou funcionarios que substitúan nos servizos territoriais das distintas consellerías, deberán solicitar dos servizos da Tesoureira da Delegación da Consellería de Economía e Facenda correspondente á capital da provincia os selos de cada clase necesarios para prestar os servizos gravados por ditas taxas sendo responsables da súa custodia e recadación.

  • Artigo 9

Coa periodicidade que se crea oportuno e, se é o caso como mínimo unha vez ó mes, os responsables de recadación, utilizando o modelo que acompaña como anexo IV a esta orde, procederán ó ingreso do importe recadado en calquera das entidades financeiras que en dito modelo se especifican; o mencionado modelo constará de tres exemplares.

  • Artigo 10

Polas distintas unidades prestadoras do servizo, e unha vez realizado este, procederase a inhabilitar os efectos timbrados.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

No ámbito das súas competencias autorízase á Dirección Xeral de Tributos, á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro e a Intervención Xeral a ditar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación da presente orde.

Así, mesmo autorízase á Dirección Xeral de Tributos a actualizar os anexos V, VI e VII. (10)

(10) Parágrafo engadido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, de 9 de abril de 1998).

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela a 30 de xuño de 1992
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda.

 

ANEXO I. MODELO AUTOLIQUIDACIÓN TAXAS. (documento PDF) (11)

(11) Modelo de autoliquidación substituídos a tódolos efectos polo modelo A. Taxas. Autoliquidación en euros, aprobado pola Disposición Adicional Quinta da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo VIII (DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001).

ANEXO II. DECLARACIÓN COMPLEMENTARIA DA TAXA POLA INSPECCIÓN E O CONTROL SANITARIO OFICIAL DE CARNES FRESCAS E CARNES DE COELLO E DE CAZA. (documento PDF) (12)

(12) Modelo modificado pola Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica o modelo de declaración complementaria da taxa por servizos profesionais, polas inspeccións e controis sanitarios oficiais de carnes frescas e carnes de coello e caza (DOG nº 61, do 28 de marzo de 2014), vixente dende o 29 de marzo de 2014.

ANEXO III. EFECTOS TIMBRADOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. (documento PDF) (13)

(13) Efectos timbrados substituídos a todos os efectos con valor facial en euros, aprobados pola Disposición Adicional Sétima da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001, e que figuran no seu anexo X (DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001).

ANEXO IV. DOCUMENTO DE INGRESO PARA EFECTOS TIMBRADOS. (documento PDF) (14)

(14) Modelo substituído a tódolos efectos polo modelo T Documento de ingreso para efectos timbrados en euros, aprobado pola Disposición Adicional Oitava da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2001 e que figura no seu anexo XI (DOG nº 242, do 17 de decembro de 2001).

ANEXO V. CÓDIGOS DE CONSELLERÍAS E SERVIZOS.
CÓDIGOS DE DELEGACIÓNS. (15)

(15) Modificado pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998) e polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000) e 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005) , do 20 de decembro de 2006 (DOG nº.249, do 29 de decembro de 2006) , do 20 de decembro de 2007 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008), do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 5 de abril de 2010 (DOG nº 73, do 20 de abril de 2010),do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), do 23 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011), do 31 de xaneiro de 2012 (DOG nº 30, do 13 de febreiro de 2012), do 27 de febreiro de 2013 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2013), do 18 de decembro de 2013 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013), do 18 de decembro de 2014 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2014), do 18 de decembro de 2015 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2015) e do 7 de febreiro de 2017 (DOG nº 29, do 10 de febreiro de 2017) e do 20 de decembro do 2018 (DOG nº 248, do 31 de decembro de 2018).

CÓDIGOS DE CONSELLERÍAS E SERVIZOS
04 Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
01 Secretaría  
02 Escola Galega de Administración Pública OA
04 Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia  
05 Secretaría Xeral de Emigración  
06 Secretaría Xeral para o Deporte  
08 Secretaría Xeral de Medios  
09 Emerxencias  
11 Diario Oficial de Galicia  
12 Relacións Exteriores e coa Unión Europea  
16 Xogo  
17 Asociacións, Fundacións e Colexios Profesionais  
18 Administración Local  
19 Academia Galega de Seguridade Pública OA
20 Interior e Espectáculos Públicos  
21 Axencia Galega de Emerxencias OA
22 Secretaría Xeral da Igualdade  
24 Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) OA
25 Insituto de Medicina Legal de Galicia  
05 Facenda
01 Secretaría  
02 Instituto Galego de Estatística OA
04 CIXTEC OA
05 Consello Galego da Competencia OA
06 Política Financeira  
07 Función Pública  
08 Axencia Tributaria  de Galicia OA
06 Infraestruturas e Vivenda
01 Secretaría  
02 Mobilidade  
04 Axencia Galega de Infraestruturas OA
15 Augas de Galicia OA
16 Xurado de Expropiación de Galicia  
26 Servizo Técnico Xurídico  
07 Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
01 Secretaría  
03 Ensino Medio  
10 Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia  (ACSUG) OA
08 Economía, Emprego e Industria
01 Secretaría  
02 Minas  
03 Administración Industrial  
05 Instituto Galego de Consumo OA
06 Comercio  
07 Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) OA
08 Enerxía  
09 Axencia Galega de Innovación OA
11 Servizo Galego de Propiedade Industrial (SEGAPI)  
12 Instituto Galego de Promoción Económica OA
13 Emprego  
14 Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral OA
15 Consello Galego de Relacións Laborais OA
09 Medio Rural
01 Secretaría  
02 Supervisión de Proxectos  
03 Contratación  
04 Infraestruturas Agrarias  
05 Formación Agraria  
06 Centro de Investigacións Agrarias  
07 Axudas Estruturais  
08 Industria e Comercialización Agroalimentaria  
09 Sanidade e Produción Animal  
10 Montes e Industrias Forestais  
12 Defensa Contra Incendios  
13 Fomento Cooperativo  
14 Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) OA
15 Sanidade vexetal  
16 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) OA
17 Instituto Galego da Calidade Agraria (INGACAL) OA
10 Cultura e Turismo
01 Secretaría  
02 Axencia Galega das Industrias Culturais OA
03 Arquivos  
05 Axencia Turismo de Galicia OA
06 Patrimonio Cultural  
08 Rexistro da Propiedade Intelectual  
09 Secretaría Xeral de Política Lingüística  
10 Museos  
11 Sanidade
01 Secretaría  
02 Planificación e Ordenación  
03 Sergas - Xerencia OA
06 Sergas - Farmacia OA
08 Saúde Pública  
11 Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia - 061 OA
12 Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos OA
13 Fundación Pública Instituto Galego de Oftalmoloxía OA
16 Inspección Sanitaria  
17 Protección á Saúde  
18 Promoción da Saúde  
19 Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica OA
12 Mar
01 Secretaría  
02 Acuicultura (S.C.)  
03 Marisqueo (S.C.)  
04 Pesca (S.C.)  
05 Desenvolvemento Pesqueiro  
06 Recursos Mariños  
07 Competitividade e Innovación Tecnolóxica  
08 Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) OA
10 Grupo de Portos OA
14 Política Social
01 Secretaría  
02 Escolas Infantís - AGSS OA
03 Xuventude  
04 Tempo Libre  
06 Menores  
07 Dependencia e Autonomía Persoal  
15 Medio Ambiente e Ordenacion do Territorio
01 Secretaría  
04 Patrimonio Natural  
06 Prevención e  Xestión Ambiental  
07 Fomento e Control de Calidade Ambiental  
08 Control e Xestión de Residuos  
09 Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia  
10 Centro de Investigacións Forestais  
11 Servizo Técnico Xurídico  
14 Inspección e Intervención Ambiental  
15 Meteogalicia  
18 Axencia de Protección da Legalidade Urbanística OA
19 Urbanismo  
20 Instituto de Estudos do Territorio OA
21 Instituo Galego de Vivenda e Solo OA
23 Consello da Cultura Galega
01 Consello da Cultura Galega  
24 Consello Consultivo
01 Secretaría  

 

CÓDIGOS DE DELEGACIÓNS.
Código Descrición
10 A Coruña
11 Ferrol
12 Ribeira
13 Servizos Centrais
14 Ordes
20 Lugo
21 Celeiro
22 Vilalba
30 Ourense
31 O Barco de Valdeorras
40 Pontevedra
41 Vigo
42 Vilagarcía de Arousa
43 Lalín
80 Casa de Galicia en Madrid

ANEXO VI. RELACIÓN DE TARIFAS DAS TAXAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA: CÓDIGO E DENOMINACIÓN. (16)

(16) Anexo modificado polas Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000), do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005), do 20 de decembro de 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006), do 20 de decembro de 2007 (DOG Nº251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008, do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), do 23 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011), do 27 de febreiro de 2013 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2013), do 18 de decembro de 2013 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013), do 18 de decembro de 2014 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2014) e do 18 de decembro de 2015 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2015), do 7 de febreiro de 2017 (DOG nº 29, do 10 de febreiro de 2017) e  do 20 de decembro de 2017 (DOG nº 245, do 28 de decembro de 2017), do 20 de decembro de 2018 (DOG nº 248, do 31 de decembro de 2018) e Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia (DOG núm 141 do 26 de xullo de 2019).

ANEXO VII. RELACIÓN DE ENTIDADES NAS QUE SE PODE REALIZAR O INGRESO. (17)

(17) Anexo introducido pola Orde do 24 de marzo de 1998 (DOG nº 68, do 9 de abril de 1998) e modificado por las Resolucións da Dirección Xeral de Tributos do 18 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999), do 28 de decembro de 1999 (DOG nº 8, do 13 de xaneiro de 2000),  do 22 de decembro de 2000 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2001), do 3 de abril de 2003 (DOG nº 78, do 23 de abril de 2003), do 17 de decembro de 2003 (DOG nº 251, do 29 de decembro de 2003), do 23 de decembro de 2004 (DOG nº 254, do 31 de decembro de 2004), do 20 de decembro de 2005 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2005), do 20 de decembro de 2006 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006),  do 20 de decembro de 2007 (DOG nº 251, do 31 de decembro de 2007), do 18 de decembro de 2008 (DOG nº 253, do 31 de decembro de 2008),  do 23 de decembro de 2009 (DOG nº 253, do 30 de decembro de 2009), do 22 de decembro de 2010 (DOG nº 250, do 30 de decembro de 2010), do 22 de decembro de 2011 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2011), do 27 de febreiro de 2013 (DOG nº 42 do 28 de febreiro de 2013), do 18 de decembro de 2013 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2013), do 18 de decembro de 2014 (DOG nº 249, do 30 de decembro de 2014) e do 18 de decembro de 2015 (DOG nº 249, do 31 de decembro de 2015).

  • Banco Santander
  • Banco Popular
  • Banco Sabadell
  • Banco Caixa Geral
  • Bbva
  • Targobank
  • Banco Pastor
  • Evo Banco
  • Bankia
  • Abanca
  • Ibercaja
  • Caixabank
  • Caja Rural Galega
  • Caja Rural Zamora

Data publicación

01/07/1992

Tipo de disposición

Orde

Tipo de Contido

Ordenación

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica