Volver ao contido

Orde de 15 de marzo de 1994, pola que se regulan os prezos privados que se aplicarán pola prestación dos servizos da biblioteca da EGAP. (DOG nº 109 de 8 de xuño de 1994)

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia establece  a posibilidade de obtención de recursos por parte dos órganos da Administración, entes e organismos autónomos como consecuencia da cesión, alleamento ou prestación de servizos.

Así mesmo, o Regulamento de organización e funcionamento da Escola Galega de Administración Pública establece, no seu artigo 18, como un dos medios económicos cos que contará a escola para o cumprimento dos seus fins "os dereitos de matrícula e demais dereitos e taxas por prestación de servizos".

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Escola Galega de Administración Pública, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1.

A presente Orde ten por obxecto o establecemento de normas de xestión e os prezos a aplicar pola prestación de servizos da biblioteca da EGAP.

Artigo 2.

A reprodución de materiais que se soliciten a la biblioteca estará destinada a la investigación o estudios y nunca a fines lucrativos. A este respecto la EGAP no se responsabiliza del uso que puída facerse de las reproducións en contra de la Lei de Propiedade Intelectual y/o calquera outra disposición legal que las afecte.

Artigo 3.

O pago dos servizos  efectuarase mediante ingreso nunha conta aberta a nome da Escola Galega de la Administración Pública.

Unha vez realizado o ingreso, o usuario remitirá á biblioteca copia do resgardo ou xustificante do mesmo, indicando a referencia á  que corresponde.

Artigo 4.

As tarifas (1) que deberán abonar os usuarios son as seguintes:

  • Búsquedas bibliográficas auto investigadas en CD-ROM: 25 Ptas. (0,150253 €) por páxina.
  • Búsquedas on line: 150 Ptas. minuto( 0,901518 €/minuto)
  • Tarifas reproducción:
    • Fotocopia simple.
      • DIN A4: 10 Ptas. copia  (0,060101 €/copia).
      • DIN A3: 25 Ptas. copia (0,150253 €/copia).
    • Fotocopias remitidas por correo.
      • A Santiago de Compostela: 20 Ptas. páxina (0,120202 €/páxina.).
      • A outra localidade do territorio nacional: 25 Ptas. páxina (: 0,150253 €/páxina).
    • Fotocopias enviadas por Fax.
      • Están suxeitas  ás tarifas establecidas pola compañía telefónica.
      • A taxa da primeira páxina inclúe a cabeceira da mensaxe.
        • Local: 100-50 ( 0,601012 – 0,300506 €).
        • Provincial: 150-75 (0,901518 – 0,450759 €).
        • Nacional: 250-125 (1,502530 – 0,751265 €).

Artigo 5.

As tarifas incluídas na presente Orde entenderanse, no seu caso, con IVE incluído.

Artigo 6.

Os ingresos  xerados pola prestación do  servizo repercutirán  no presuposto da escola.

Artigo 7.

Os prezos aprobados pola presente Orde non serán de aplicación ós profesores que impartan as actividades formativas  na escola e ós beneficiarios das súas becas e axudas mentres dure  o seu período de disfrute.

DISPOSICION FINAL

A presente Orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».

(1) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da sua conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introducción do Euro.

Data publicación

25/10/2008

Tipo de disposición

Orde

Tipo de Contido

Axuda

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica