Volver ao contido

Decreto 295/1994, de 30 de setembro, que regula o prezo das entradas nos museos e arquivos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 199, de 14 de outubro de 1994).

O Decreto 320/1992, DO 12 de novembro, fixou os prezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos arquitos e museos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica, de acordo co mandato establecido pola Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (1).

O Real Decreto 496/1994, do 17 de marzo, modificou o artigo 22  do Regulamento dos museos de titularidade estatal no sentido de establecer un réxime de acceso ós ditos museos non discriminatorio para os cidadáns dos restantes estados membros da Unión Europea.

Sendo pois, necesario adapta-la regulamentación dos prezos públicos percibidos por entradas nos museos xestionados pola Comunidade Autónoma e nos de titularidade autonómica a estas condicións, por proposta do conselleiro de Cultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de setembro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artígo 1.

O artígo 7 do Decreto 320/1992, de 12 de novembro, quedará redactado da seguinte forma:

Artígo 7. Entradas.

  1. Nos museos de titularidade autonómica e nos xestionados pola Comunidade Autónoma se percibirá o prezo das entradas, durante as horas habitualmente establecidas, coas seguintes excepcións:
    1. Os menores de idade civil.
    2. Os maiores de sesenta y cinco años o xubilados.
    3. Os membros das fundacións ou asociacións de amigos do museo correspondinte cando estas teñan concertada a exención coa a Administración titular do museo.
    4. O voluntariado cultural  e  educativo.
  2. Prezos reducidos.
    Terán dereito a redución do 50%  no prezo da entrada ós museos ós que se refire o presente Decreto:
    1. Os titulares de carné xove, carné de estudante ou seus correspondentes internacionais.
    2. Os grupos, vinculados a institucións de carácter cultural ou educativo, constituídos por quince ou máis membros, previa solicitude de visita ante o responsable do  museo, con unha antelación  mínima de quince días.
  3. Autorizacións especiais.
    A Consellería de Cultura ou os directores dos museos poderán autorizar a entrada gratuíta ou con prezo reducido ás persoas ou grupos que o soliciten por motivos profesionais,  de estudo  ou de investigación.
  4. Visita pública gratuíta.
    Poderanse visitar gratuitamente os museos a que se refire este decreto nos seguintes días:
    1. Os sábados dende as catorce trinta horas ata  a hora de peche e os domingos dende a hora de apertura ata la hora de peche.
    2. O día 18 de maio, Día Internacional dos Museos.
    3. O día 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.
    4. O  día 12 de outubro, Festa Nacional de España.
    5. O día da Constitución Española.

Artígo 2.

O  artígo  10  do citado decreto queda redactado da seguinte forma:

Artígo 10. Tarifas en museos.

Os prezos públicos se esixirán nos museos de titularidade autonómica e nos xestionados pola Comunidade de acordo coas seguintes tarifas: (2)

  1. Entrada: 400 pesetas (2,40 €).
  2. Copias.
    1. Fotografía:
      • Positiva 18 x 24: 250 pesetas (1,50 €).
      • Negativa 24 x 30: 300 pesetas (1,80 €).

DISPOSICION DERRADEIRA

Este Decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».

(1) A referencia se entende realizada á vixente Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003)

(2) Cantidade expresada co equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.

Data publicación

25/10/2008

Tipo de disposición

Decreto

Tipo de Contido

Axuda

Estado

Vixente

Orixe

Autonómica