Volver ao contido

Decreto 117/1993, de 3 de xuño, polo que se fixa o canon concesional dos locais que para incubadoras de empresas existen no Centro de Empresas e Innovación. (DOG nº 112 de 15 de xuño de 1993)

Dentro do marco de fomento e planificación de actividades económicas, competencia exclusiva da Comunidade  Autónoma de acordo co dispuesto nos artigos 148.1.13  da Constitución Española  e  30.1.1  do Estatuto de autonomía, un dos obxetivos primordiais da Xunta de Galicia  é  contribuir  ó  desenvolvemento tecnolóxico e á innovación, tanto na Administración pública como nas organizacións privadas, fomentar a creación de empresas e destinar os recursos públicos ás iniciativas que permitan crear riqueza e emprego. O  artigo 92.1 do tratado da CEE permite axudas destinadas a favorecer o desenvolvemento económico de aqueles territorios con menor nivel de vida. Os artigos 11 e 12 da Lei 13/1991, de taxas, prezos e exaccións, regulan a forma  e cuantía dos prezos públicos, autorizando o artigo 11.2 a fixación de prezos inferiores  os costes económicos derivados do servizo ou  das actividades prestadas, por razóns de interés público.

Neste contexto, no ano 1988  decidiuse implantar no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) un parque tecnolóxico no que coubesen aquelas industrias que contribuíran á modernización e diversificación do tecido industrial rexional, seguiendo as novas tendencias internacionais en materia de investigación tecnolóxica, así como a política industrial marcada pola CEE de apoio ás empresas que incorporen procesos I + D e diseño con utilización-producción de alta tecnoloxía.

As instalacións do edificio do Centro de Empresas e Innovación (CEI), con carácter demanial pola súa afección ó servizo público nél instalado, son na actualidade, totalmente operativas polo que xa pode comenzar a ubicación das primeiras empresas interesadas en implantarse nos locais que para «incubadoras de empresas» existen no CEI.

Polo tanto, dado o carácter demanial do  edificio CEI e para o coñecemento das empresas que pretendan ubicarse en ditas instalacións, faise preciso fixar-los cánones sobre os nidos do CEI.

Na súa virtude,  e por iniciativa das consellerías de Economía e Facenda e de Industria e Comercio, e a proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, previa deliberación do  Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de xuño de mil novecentos noventa e tres,

Dispoño:

Artigo 1.º

O canon concesional dos locais para nidos de empresas no Centro de Empresas e Innovación será de 350 ptas./m²/mes (2,103542 €/m²/mes) (1). O prazo e demáis condicións da concesión serán fixados pola Consellería de Industria e Comercio, respetando o prescrito na Lei 3/1985, de 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 13/1991, de 9 de decembro.

Disposición final.

O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no «Diario Oficial de Galicia».

(1) Cantidade equivalente en euros como consecuencia da súa conversión pola entrada en vigor da Lei 46/1998, de 17 de decembro, de Introdución do Euro.