Volver ao contido

Guía do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas é un tributo cedido de carácter persoal e directo que grava a renda das persoas físicas de acordo coas súas circunstancias persoais e familiares e actualmente encóntrase regulado en:

  • Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades sobre a Renda de non Residentes e sobre o Patrimonio (BOE 29-novembro-2006), e
  • Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e se modifica o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións , aprovado polo Real Decreto 304/2004, do 20 de febreiro. (BOE 31-marzo-2007).

A información sobre o IRPF pode obterse consultando na páxina web da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

No uso das competencias normativas que o artigo 46 Lei 22/2009, do 18 de decembro, pola que se regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía e se modifican determinadas normas tributarias lle atribúe as Comunidades Autónomas,  a Xunta de Galicia aprobou as seguintes deducións:

Tipo

Dedución

Dedución por nacemento ou adopción de fillos

Dedución na cota íntegra autonómica por cada nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data da devindicación do imposto, a seguinte contía:

  • 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa igual ou maior de 22.000,01 euros. No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.
  • 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros. Esta contía será de 1.200 euros si se trata do segundo fillo e de 2.400 si se trata do terceiro fillo ou seguintes.

A contía incrementarase nun 20 % para os contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes e nos resultantes de procedementos de fusión ou incorporación.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devindicación do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:

  • 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas estea comprendida entre 22.000,01 e 31.000 euros.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o nacido ou adop­tado teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %

Dedución por familia numerosa

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devindicación do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:

  • 250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.
  •  400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.

A dedución será de 500 e 800 euros respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %.

Esta dedución practicarase polo contribuínte con que convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais.

Dedución por acollemento

300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

  • Convivan co menor cento oitenta e tres ou máis días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo for inferior a cento oitenta e tres días e superior a noventa días, o importe da dedución por cada menor acollido será de 150 euros.
  • Non teñan relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, se for o caso, da dedución por adopción.

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, de optaren pola declaración individual.

Dedución por coidado de fillos menores

Poderán deducirse os contribuíntes un 30 % das cantidades satisfeitas no período por deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 anos poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 400 euros, 600 € se teñen dous ou máis fillos, sempre:

  • Que na data da devindicación do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.
  • Que ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  • Que, no caso de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
  • Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas

10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

  • O contribuínte teña unha idade igual ou superior a 65 ou máis anos e estea afectado por un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 % e que precisen axudas de terceiras persoas.
  • a) A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.
  • Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Dedución por aluguer de vivenda habitual

10% de las cantidades satisfeitas durante o período impositivo, con un límite de 300 € por contrato de arrendamento, que será del 20 % con un límite de 600 euros si ten dous ou máis fillos menores de idade,a condición de que concorran os seguintes requisitos:

  • Que a súa idade, na data da devindicación do imposto, sexa igual ou inferior a trinta e cinco anos.
  • Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou posúa copia compulsada da denuncia presentada perante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
  • Que a base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

No caso de tributación conxunta o requisito da idade deberá cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai.

Dedución por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos

O 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cando accedan á internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade cun límite máximo de 100 euros cos seguintes requisitos:

  • Só poderá aplicarse no exercicio en que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  • Estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio.
  • Non resultará aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
  • O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión, ben a varios que se manteñan simultaneamente.

Deducción por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación

20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais ou cooperativas, co límite de 4.000 euros, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
  1. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  2. Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
  3. Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
  • con contrato laboral e a xornada completa e
  • dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
  • con residencia habitual en Galicia
  1. Se o investimento realizase mediante unha ampliación de capital:
  • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
  • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores, e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros 24 meses.

Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.

  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

Dedución por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación e o seu financiamento

Poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as seguintes cantidades:

  • O 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais e cooperativas.
  • Con respecto ás mesmas entidades, poderase deducir o 20% das cantidades prestadas durante o exercicio, así como das cantidades garantidas persoalmente polo/a contribuínte, sempre que o préstamo se outorgue ou a garantía se constitúa no exercicio en que se proceda á constitución da sociedade ou á ampliación do capital da mesma.

Deberanse cumprir os seguintes requisitos:

  • A participación do/a contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento, ou dos seus dereitos de voto, en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do/a contribuínte no capital, pero se esta existe non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites temporais anteriores. O importe prestado ou garantido polo/a contribuínte ten que ser superior ao 1 % do patrimonio neto da sociedade.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
  1. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  2. Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para ese efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
  3. Debe contar, como mínimo, cunha persoa ocupada con contrato laboral e a xornada completa, dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia. O contrato terá unha duración mínima dun ano e deberá formalizarse dentro dos dous anos seguintes á constitución ou ampliación, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
  4. No caso de que o investimento fose realizado mediante unha ampliación de capital, ou o préstamo ou a garantía se realizase no exercicio dunha ampliación, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia incrementarase, polo menos, nunha persoa respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e o devandito incremento manterase durante un período adicional doutros doce meses, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.

  • O/a contribuínte pode formar parte do consello de administración da sociedade en que materializou o investimento, pero en ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de dez anos nin pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante ese mesmo prazo, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos/as contribuíntes que pretendan aplicar esta dedución e o importe da operación respectiva.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do/a contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación. No caso de préstamos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior a cinco anos, e non poderá amortizar unha cantidade superior ao 20 % anual do importe do principal prestado. No caso de garantías, estas estenderanse a todo o tempo de vixencia da operación garantida, e este non poderá ser inferior a cinco anos. A dedución contida neste punto resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 11 deste artigo.

Dedución por inversión en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo bolsista

15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
  • As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
  • A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia, e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.

Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), que se contará desde a data de adquisición da participación.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal.

A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 10 anteriores.

Dedución por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica

Dedución do 25% da cota íntegra autonómica do imposto, ata o límite do 10 % da devandita cota dos donativos monetarios que se fagan a favor de cen­tros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos.

A dedución queda condicionada á xustificación documental axeitada e suficiente dos presupostos de feito e dos requisitos que determinan a súa aplicabilidade. En particular, as entidades beneficiarias destes donativos deben enviar á Axencia Tributaria de Galicia, dentro dos primeiros vinte días de cada ano, unha relación das persoas físicas que efec­tuaron donativos durante o ano anterior, coa indicación das cantidades doadas por cada unha destas persoas.

Dedución por investimento en instalacións de climatización e/ou auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables na vivenda habitual e destinadas exclusi­vamente ao autoconsumo

Dedución na cota íntegra autonómica o 5 % das cantidades satisfeitas no exercicio pola instalación na vivenda habitual de sistemas de climatización e/ ou auga quente sanitaria nas edificacións que empreguen fontes de enerxía renovables, e cun límite de 280 € por suxeito pasivo.

Enténdese por enerxías renovables aquelas ás que se refire o artigo 2 da Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE.

No caso de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal que sexan de nova construción ou nos que se proceda á substitución dos equipos de xeración térmica por outros que empreguen enerxías renovables, esta dedución poderá aplicala cada un dos propietarios individualmente na porcentaxe que lle corresponda na comunidade de propietarios.

A base desta dedución estará constituída polas cantidades efectivamente satisfeitas na totalidade da instalación, isto é, sistema de xeración, sistema de emisión térmica e sis­tema de captación, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, aos instaladores habilitados que realicen a instalación. En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantida­des satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

Só se poderá practicar a dedución se se cumpren os seguintes requisitos:

  • A instalación debe estar debidamente rexistrada polo instalador, que debe estar ha­bilitado para o efecto, na Oficina Virtual de Industria (OVI), segundo o establecido no Re­gulamento de instalacións térmicas en edificios aprobado por Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo. Remitiráselle ao titular ou empresa que rexistrou a instalación un código de verificación desta.
  • Posteriormente, e sempre antes de que expire o prazo para presentar a autoliquida­ción correspondente ao período impositivo en que se sufragou a instalación, será necesa­rio achegar a través da OVI a seguinte documentación:
  • O orzamento analizado da instalación.
  • A factura ou facturas emitida/s polo instalador habilitado.
  • O/os xustificante/s de pagamento pola totalidade do custo da instalación.
  • No caso de se efectuar o investimento por unha comunidade de propietarios, deberá achegarse un certificado, emitido polo seu representante legal, das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.

No caso de que a instalación se realice nunha vivenda unifamiliar, esta documentación será achegada polo suxeito pasivo. De se tratar de edificios en réxime de propiedade hori­zontal, será achegada polo representante legal da comunidade de propietarios ou por unha persoa autorizada para o efecto.

Para poder practicarse esta dedución debe constar na declaración tributaria do suxei­to pasivo a referencia ao código da instalación proporcionado pola OVI no certificado de rexistro da instalación.

 Dedución por rehabilitación de bens inmobles situados en centros históricos

Os contribuíntes poderán deducir da cota íntegra autonómica o 15 % das cantidades investidas no exercicio na rehabilitación de inmobles situados nos centros históricos que mediante orde se determinen, cun límite de 9.000 euros. Para estes efectos, consideraranse rehabilitación as obras que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que dispoñan dos permisos e autorizacións administrativas correspondentes.
  2. Que teñan por obxecto principal a reconstrución do inmoble mediante a consolidación e o tratamento das estruturas, fachadas ou cubertas e outras obras análogas, sempre que o custo global das operacións de rehabilitación exceda do 25 % do prezo de adquisición, se se efectuou esta durante os dous anos inmediatamente anteriores ao comezo das obras de rehabilitación, ou, noutro caso, do valor de mercado que teña o inmoble no momento do devandito inicio. Para estes efectos, descontarase do prezo de adquisición ou do valor de mercado do inmoble a parte proporcional correspondente ao solo. Cando non se coñeza o valor do solo, este calcularase rateando o custo de adquisición satisfeito ou o valor de mercado entre os valores catastrais do solo e da construción de cada ano.

Na orde que delimite os centros históricos establecerase a xustificación documental necesaria que acredite a pertenza do ben ao devandito centro.

Dedución por investimento en empresas agrarias e sociedades cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra.

Os contribuíntes poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as cantidades seguintes:

  • O 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en empresas agrarias e sociedades cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra.
  • Con respecto ás mesmas entidades, poderá deducirse o 20 % das cantidades prestadas durante o exercicio, así como das cantidades garantidas persoalmente polo contribuínte, sempre que o préstamo se outorgue ou a garantía se constitúa no exercicio no que se proceda á constitución da sociedade ou á ampliación de capital desta.

Para ter dereito a estas deducións deberán cumprirse os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % do capital social da sociedade obxecto do investimento, ou dos seus dereitos de voto, en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do contribuínte no capital, pero de esta existir non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites anteriores.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento, préstamo ou garantía debe cumprir os seguintes requisitos:

1º. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.

2º. Debe ter como obxecto social exclusivo a actividade agraria.

  • As operacións nas que sexa de aplicación a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal debe especificarse a identidade dos contribuíntes que pretendan aplicar esta dedución e o importe da operación respectiva.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos seguintes á constitución ou ampliación. No caso de préstamos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior ou igual a cinco anos, sen que se poida amortizar unha cantidade superior ao 20 % anual do importe do principal prestado. No caso de garantías, estas estenderanse a todo o tempo de vixencia da operación garantida, e non poderán ser inferiores a cinco anos.

O termo «actividade agraria» será o definido na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Esta dedución é incompatible coas recollidas nos números nove, dez e once.

Dedución da cota íntegra autonómica por determinadas subvencións e/ou axudas obtidas a consecuencia dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

Cando o contribuínte integrase na base impoñible xeral o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra axuda pública obtida da Comunidade Autónoma de Galicia das incluídas no Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017, poderá aplicarse unha dedución na cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe da devandita dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da subvención na base liquidable

Deducións da cota íntegra autonómica para paliar os danos causados pola explosión de material pirotécnico que tivo lugar en Tui durante o mes de maio do 2018

1º. Cando o contribuínte integrase na base impoñible xeral o importe correspondente a unha subvención ou calquera outra axuda pública obtida da Comunidade Autónoma de Galicia das incluídas no Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, poderá aplicar unha dedución na cota íntegra autonómica do imposto sobre a renda das persoas físicas.

O importe da devandita dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da subvención ou axuda pública na base liquidable.

2º. Ademais, o contribuínte poderá deducir as cantidades investidas, en investimentos non empresariais, coa finalidade de paliar os danos sufridos, pola parte que exceda as cantidades percibidas por axudas ou subvencións das incluídas no Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, ou por coberturas de seguros.

En ningún caso a cantidade obxecto de dedución poderá ser superior á diferenza entre o dano sufrido e as cantidades recibidas por axudas ou coberturas de seguro.

As deducións ás que se refire este artigo producirán efectos a partir de 2018.

Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2018 (a declarar no 2019)

A escala autonómica aplicable a base liquidable do imposto sobre a renda das persoas físicas será a seguinte:

Base liquidable

Ata euros

Cota íntegra

Euros

Resto base liquidable

Ata euros

Tipo aplicable

Porcentaxe

0,00

0,00

12.450,00

9,50

12.450,00

1.182,75

7.750,00

11,75

20.200,00

2.093,38

7.500,00

15,50

27.700,00

3.255,88

7.500,00

17,00

35.200,00

4.530,88

12.400,00

18,50

47.600,00

6.824,88

12.400,00

20,50

60.000,00

9.366,88

En adelante

22,50

Deducións aprobadas pola Xunta de Galicia para o Exercicio 2017 (a declarar no 2018)

Tipo

Dedución

Dedución por nacemento ou adopción de fillos

Dedución na cota íntegra autonómica por cada nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data da devindicación do imposto, a seguinte contía:

  • 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa igual ou maior de 22.000,01 euros. No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.
  • 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros. Esta contía será de 1.200 euros si se trata do segundo fillo e de 2.400 si se trata do terceiro fillo ou seguintes.

A contía incrementarase nun 20 % para os contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes e nos resultantes de procedementos de fusión ou incorporación.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devindicación do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:

  • 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas estea comprendida entre 22.000,01 e 31.000 euros.
  • 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros. Esta contía será de 1.200 euros si se trata do segundo fillo e de 2.400 si se trata do terceiro fillo ou seguintes.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o nacido ou adoptado teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %

Dedución por familia numerosa

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devindicación do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:

  • 250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.
  • 400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.

A dedución será de 500 e 800 euros respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %.

Esta dedución practicarase polo contribuínte con que convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais.

Dedución por acollemento

300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

  • convivan co menor cento oitenta e tres ou máis días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo for inferior a cento oitenta e tres días e superior a noventa días, o importe da dedución por cada menor acollido será de 150 euros.
  • Non teñan relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, se for o caso, da dedución por adopción.

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, de optaren pola declaración individual.

Dedución por coidado de fillos menores

Poderán deducirse os contribuíntes un 30 % das cantidades satisfeitas no período por deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 anos poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 400 euros, 600 € se teñen dous ou máis fillos, sempre:

  • Que na data da devindicación do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.
  • Que ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  • Que, no caso de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
  • Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas

10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

  • O contribuínte teña unha idade igual ou superior a 65 ou máis anos e estea afectado por un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 % e que precisen axudas de terceiras persoas.
  • a) A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.
  • Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Dedución por aluguer de vivenda habitual

10%  de las cantidades satisfeitas durante o período impositivo, con un límite de 300 € por contrato de arrendamento, que será del 20 % con un límite de 600 euros si ten dous ou máis fillos menores de idade,a condición de que concorran os  seguintes requisitos:

  • Que a súa idade, na data da devindicación do imposto, sexa igual ou inferior a trinta e cinco anos.
  • Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou posúa copia compulsada da denuncia presentada perante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
  • Que a base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

No caso de tributación conxunta o requisito da idade deberá cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai.

Dedución por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos

O 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cando  accedan á internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade cun límite máximo de 100 euros cos seguintes requisitos:

  • Só poderá aplicarse no exercicio en que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  • Estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio.
  • Non resultará aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
  • O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión, ben a varios que se manteñan simultaneamente.

Dedución por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación

20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais ou cooperativas, co límite de 4.000 euros, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
  1. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  2. Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
  3. Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
  • con contrato laboral e a xornada completa e
  • dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
  • con residencia habitual en Galicia
  1. Se o investimento realizase mediante unha ampliación de capital:
  • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
  • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores,
  • e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros 24 meses.
    Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

Dedución por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación e o seu financiamento

Poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as seguintes cantidades:

  • O 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais e cooperativas.
  • Con respecto ás mesmas entidades, poderase deducir o 20% das cantidades prestadas durante o exercicio, así como das cantidades garantidas persoalmente polo/a contribuínte, sempre que o préstamo se outorgue ou a garantía se constitúa no exercicio en que se proceda á constitución da sociedade ou á ampliación do capital da mesma.

Deberanse cumprir os seguintes requisitos:

  • A participación do/a contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento, ou dos seus dereitos de voto, en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do/a contribuínte no capital, pero se esta existe non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites temporais anteriores. O importe prestado ou garantido polo/a contribuínte ten que ser superior ao 1 % do patrimonio neto da sociedade.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
  1. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  2. Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para ese efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
  3. Debe contar, como mínimo, cunha persoa ocupada con contrato laboral e a xornada completa, dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia. O contrato terá unha duración mínima dun ano e deberá formalizarse dentro dos dous anos seguintes á constitución ou ampliación, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
  4. No caso de que o investimento fose realizado mediante unha ampliación de capital, ou o préstamo ou a garantía se realizase no exercicio dunha ampliación, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia incrementarase, polo menos, nunha persoa respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e o devandito incremento manterase durante un período adicional doutros doce meses, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.

Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.

  • O/a contribuínte pode formar parte do consello de administración da sociedade en que materializou o investimento, pero en ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de dez anos nin pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante ese mesmo prazo, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos/as contribuíntes que pretendan aplicar esta dedución e o importe da operación respectiva.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do/a contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación. No caso de préstamos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior a cinco anos, e non poderá amortizar unha cantidade superior ao 20 % anual do importe do principal prestado. No caso de garantías, estas estenderanse a todo o tempo de vixencia da operación garantida, e este non poderá ser inferior a cinco anos. A dedución contida neste punto resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 11 deste artigo.

Dedución por investimento en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo bolsista

15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
  • As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
  • A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia, e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.

Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), que se contará desde a data de adquisición da participación.

  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal.

A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 10 anteriores.

Dedución por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica

Dedución do 25% da cota íntegra autonómica do imposto, ata o límite do 10 % da devandita cota dos donativos monetarios que se fagan a favor de cen­tros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos.

A dedución queda condicionada á xustificación documental axeitada e suficiente dos presupostos de feito e dos requisitos que determinan a súa aplicabilidade. En particular, as entidades beneficiarias destes donativos deben enviar á Axencia Tributaria de Galicia, dentro dos primeiros vinte días de cada ano, unha relación das persoas físicas que efec­tuaron donativos durante o ano anterior, coa indicación das cantidades doadas por cada unha destas persoas.

Dedución por investimento en instalacións de climatización e/ou auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables na vivenda habitual e destinadas exclusivamente ao autoconsumo

Dedución na cota íntegra autonómica o 5 % das cantidades satisfeitas no exercicio pola instalación na vivenda habitual de sistemas de climatización e/ ou auga quente sanitaria nas edificacións que empreguen fontes de enerxía renovables, e cun límite de 280 € por suxeito pasivo.

Enténdese por enerxías renovables aquelas ás que se refire o artigo 2 da Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE.

No caso de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal que sexan de nova construción ou nos que se proceda á substitución dos equipos de xeración térmica por outros que empreguen enerxías renovables, esta dedución poderá aplicala cada un dos propietarios individualmente na porcentaxe que lle corresponda na comunidade de propietarios.

A base desta dedución estará constituída polas cantidades efectivamente satisfeitas na totalidade da instalación, isto é, sistema de xeración, sistema de emisión térmica e sis­tema de captación, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, aos instaladores habilitados que realicen a instalación. En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantidades satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

Só se poderá practicar a dedución se se cumpren os seguintes requisitos:

  • A instalación debe estar debidamente rexistrada polo instalador, que debe estar ha­bilitado para o efecto, na Oficina Virtual de Industria (OVI), segundo o establecido no Re­gulamento de instalacións térmicas en edificios aprobado por Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo. Remitiráselle ao titular ou empresa que rexistrou a instalación un código de verificación desta.
  • Posteriormente, e sempre antes de que expire o prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao período impositivo en que se sufragou a instalación, será necesario achegar a través da OVI a seguinte documentación:
  • O orzamento analizado da instalación.
  • A factura ou facturas emitida/s polo instalador habilitado.
  • O/os xustificante/s de pagamento pola totalidade do custo da instalación.
  • No caso de se efectuar o investimento por unha comunidade de propietarios, deberá achegarse un certificado, emitido polo seu representante legal, das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.

No caso de que a instalación se realice nunha vivenda unifamiliar, esta documentación será achegada polo suxeito pasivo. De se tratar de edificios en réxime de propiedade horizontal, será achegada polo representante legal da comunidade de propietarios ou por unha persoa autorizada para o efecto.

Para poder practicarse esta dedución debe constar na declaración tributaria do suxeito pasivo a referencia ao código da instalación proporcionado pola OVI no certificado de rexistro da instalación.

Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2017 (a declarar no 2018)

A escala autonómica aplicable a base liquidable do imposto sobre a renda das persoas físicas será a seguinte:

Base liquidable

Ata euros

Cota íntegra

Euros

Resto base liquidable

Ata euros

Tipo aplicable

Porcentaxe

0,00

0,00

12.450,00

9,50

12.450,00

1.182,75

7.750,00

11,75

20.200,00

2.093,38

7.500,00

15,50

27.700,00

3.255,88

7.500,00

17,00

35.200,00

4.530,88

12.400,00

18,50

47.600,00

6.824,88

12.400,00

20,50

60.000,00

9.366,88

En adelante

22,50

Nota: Esta información ten carácter divulgativo e non recolle o contido íntegro das deducións aprobadas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Deducións aprobadas pola Xunta de Galicia para o Exercicio 2016 (a declarar no 2017)

Tipo

Dedución

Dedución por nacemento
ou adopción de fillos

Dedución na cota íntegra autonómica por cada nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data da devindicación do imposto, a seguinte contía:

  1. 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa igual ou maior de 22.000,01 euros. No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.
  2. 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros. Esta contía será de 1.200 euros si se trata do segundo fillo e de 2.400 si se trata do terceiro fillo ou seguintes.

A contía incrementarase nun 20 % para os contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes e nos resultantes de procedementos de fusión ou incorporación.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devindicación do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:

  1. 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas estea comprendida entre 22.000,01 e 31.000 euros.
  2. 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros. Esta contía será de 1.200 euros si se trata do segundo fillo e de 2.400 si se trata do terceiro fillo ou seguintes.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o nacido ou adop­tado teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %

Dedución por familia numerosa

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devindicación  do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:

  1. 250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.
  2.  400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.

A dedución será de 500 e 800 euros respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %.

Esta dedución practicaraa o contribuínte con que convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais.

Dedución por acollemento

300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

  1. convivan co menor cento oitenta e tres ou máis días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo for inferior a cento oitenta e tres días e superior a noventa días, o importe da dedución por cada menor acollido será de 150 euros.
  2. Non teñan relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, se for o caso, da dedución por adopción.

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, de optaren pola declaración individual.

Dedución por coidado de fillos menores

Poderán deducirse os contribuíntes un  30 % das cantidades satisfeitas no período por deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 anos poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 400 euros, 600 € se teñen dous ou máis fillos, sempre:

  1. Que na data da devindicación do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.
  2. Que ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  3. Que, no caso de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
  4. Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas

10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

  1. O contribuínte teña unha idade igual ou superior a 65 ou máis anos e estea afectado por un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 % e que precisen axudas de terceiras persoas.
  2. a) A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.
  3. Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.
  4. O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Dedución por aluguer de vivenda habitual

10%  de las cantidades satisfeitas durante o período impositivo, con un límite de 300 € por contrato de arrendamento, que será del 20 % con un límite de 600 euros si ten dous ou máis fillos menores de idade,a condición de que concorran os  seguintes requisitos:

  1. Que a súa idade, na data da devindicación do imposto, sexa igual ou inferior a trinta e cinco anos.
  2. Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  3. Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou posúa copia compulsada da denuncia presentada perante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
  4. Que a base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

No caso de tributación conxunta o requisito da idade deberá cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai.

Dedución por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos

O 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cando  accedan á internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade cun límite máximo de 100 euros cos seguintes requisitos:

  1. Só poderá aplicarse no exercicio en que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  2. Estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  3. Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio.
  4. Non resultará aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
  5.  O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión, ben a varios que se manteñan simultaneamente.

Deducción por creación de novas empresas ou a ampliación da actividade de empresas de recente creación

20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais ou cooperativas, co límite de 4.000 euros, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  1. A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  2. A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
    1. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    2. Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    3. Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
      1. con contrato laboral e a xornada completa e
      2. dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
      3. con residencia habitual en Galicia
    4. Se o investimento realizase mediante unha ampliación de capital:
      1. a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
      2. durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores,
      3. e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros 24 meses.
        Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
  3. As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
  4. As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

Dedución por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación e o seu financiamento

Poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as seguintes cantidades:

  1. O 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais e cooperativas.
  2. Con respecto ás mesmas entidades, poderase deducir o 20% das cantidades prestadas durante o exercicio, así como das cantidades garantidas persoalmente polo/a contribuínte, sempre que o préstamo se outorgue ou a garantía se constitúa no exercicio en que se proceda á constitución da sociedade ou á ampliación do capital da mesma.

Deberanse cumprir os seguintes requisitos:

  1. A participación do/a contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento, ou dos seus dereitos de voto, en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do/a contribuínte no capital, pero se esta existe non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites temporais anteriores. O importe prestado ou garantido polo/a contribuínte ten que ser superior ao 1 % do patrimonio neto da sociedade.
  2. A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
    1. Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    2. Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para ese efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    3. Debe contar, como mínimo, cunha persoa ocupada con contrato laboral e a xornada completa, dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia. O contrato terá unha duración mínima dun ano e deberá formalizarse dentro dos dous anos seguintes á constitución ou ampliación, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
    4. No caso de que o investimento fose realizado mediante unha ampliación de capital, ou o préstamo ou a garantía se realizase no exercicio dunha ampliación, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia incrementarase, polo menos, nunha persoa respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e o devandito incremento manterase durante un período adicional doutros doce meses, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
      Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
  3. O/a contribuínte pode formar parte do consello de administración da sociedade en que materializou o investimento, pero en ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de dez anos nin pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante ese mesmo prazo, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
  4. As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos/as contribuíntes que pretendan aplicar esta dedución e o importe da operación respectiva.
  5. As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do/a contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación. No caso de préstamos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior a cinco anos, e non poderá amortizar unha cantidade superior ao 20 % anual do importe do principal prestado. No caso de garantías, estas estenderanse a todo o tempo de vixencia da operación garantida, e este non poderá ser inferior a cinco anos. A dedución contida neste punto resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 11 deste artigo.

Dedución por inversión en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo bolsista

15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  1. A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
  2. As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
  3. A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia, e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio. Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), que se contará desde a data de adquisición da participación.
  4. As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal.

A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 10 anteriores.

Dedución por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica

Dedución da cota íntegra autonómica do imposto o 25 %, ata o límite do 10 % da devandita cota, dos donativos monetarios que se fagan a favor de cen­tros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos.

A dedución queda condicionada á xustificación documental axeitada e suficiente dos presupostos de feito e dos requisitos que determinan a súa aplicabilidade. En particular, as entidades beneficiarias destes donativos deben enviar á Axencia Tributaria de Galicia, dentro dos primeiros vinte días de cada ano, unha relación das persoas físicas que efec­tuaron donativos durante o ano anterior, coa indicación das cantidades doadas por cada unha destas persoas.

Dedución por investimento en instalacións de climatización e/ou auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables na vivenda habitual e destinadas exclusi­vamente ao autoconsumo

Dedución na cota íntegra autonómica o 5 % das cantidades satisfeitas no exercicio pola instalación na vivenda habitual de sistemas de climatización e/ ou auga quente sanitaria nas edificacións que empreguen fontes de enerxía renovables, e cun límite de 280 € por suxeito pasivo.

Enténdese por enerxías renovables aquelas ás que se refire o artigo 2 da Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE.

No caso de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal que sexan de nova construción ou nos que se proceda á substitución dos equipos de xeración térmica por outros que empreguen enerxías renovables, esta dedución poderá aplicala cada un dos propietarios individualmente na porcentaxe que lle corresponda na comunidade de propietarios.

A base desta dedución estará constituída polas cantidades efectivamente satisfeitas na totalidade da instalación, isto é, sistema de xeración, sistema de emisión térmica e sis­tema de captación, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, aos instaladores habilitados que realicen a instalación. En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantida­des satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

Só se poderá practicar a dedución se se cumpren os seguintes requisitos:

  1. A instalación debe estar debidamente rexistrada polo instalador, que debe estar ha­bilitado para o efecto, na Oficina Virtual de Industria (OVI), segundo o establecido no Re­gulamento de instalacións térmicas en edificios aprobado por Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo. Remitiráselle ao titular ou empresa que rexistrou a instalación un código de verificación desta.
  2. Posteriormente, e sempre antes de que expire o prazo para presentar a autoliquida­ción correspondente ao período impositivo en que se sufragou a instalación, será necesa­rio achegar a través da OVI a seguinte documentación:
  3. O orzamento analizado da instalación.
  4. A factura ou facturas emitida/s polo instalador habilitado.
  5. O/os xustificante/s de pagamento pola totalidade do custo da instalación.
  6. No caso de se efectuar o investimento por unha comunidade de propietarios, deberá achegarse un certificado, emitido polo seu representante legal, das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.

No caso de que a instalación se realice nunha vivenda unifamiliar, esta documentación será achegada polo suxeito pasivo. De se tratar de edificios en réxime de propiedade hori­zontal, será achegada polo representante legal da comunidade de propietarios ou por unha persoa autorizada para o efecto.

Para poder practicarse esta dedución debe constar na declaración tributaria do suxei­to pasivo a referencia ao código da instalación proporcionado pola OVI no certificado de rexistro da instalación.

Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2016 (a declarar no 2017)

A escala autonómica aplicable a base liquidable do imposto sobre a renda das persoas físicas será a seguinte:

Base liquidable

Ata euros

Cota íntegra

Euros

Resto base liquidable

Ata euros

Tipo aplicable

Porcentaxe

0,00

0,00

12.450,00

9,50

12.450,00

1.182,75

7.750,00

11,75

20.200,00

2.093,38

7.500,00

15,50

27.700,00

3.255,88

7.500,00

17,00

35.200,00

4.530,88

12.400,00

18,50

47.600,00

6.824,88

12.400,00

20,50

60.000,00

9.366,88

En adelante

22,50

Deducións aprobadas pola Xunta de Galicia para o Exercicio 2015 (a declarar no 2016)

Tipo

Dedución

Dedución por nacemento ou adopción de fillos

Dedución na cota íntegra autonómica por cada nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data da devindicación do imposto, a seguinte contía:

  1. 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa igual ou maior de 22.000,01 euros. No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.
  2. 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros. Esta contía será de 1.200 euros si se trata do segundo fillo e de 2.400 si se trata do terceiro fillo ou seguintes.

A contía incrementarase nun 20 % para os contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes e nos resultantes de procedementos de fusión ou incorporación.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devindicación do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:

  1. 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas estea comprendida entre 22.000,01 e 31.000 euros.

  2. 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros. Esta contía será de 1.200 euros si se trata do segundo fillo e de 2.400 si se trata do terceiro fillo ou seguintes.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o nacido ou adop­tado teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %

Dedución por familia numerosa

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devindicación  do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:

  1. 250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.

  2.  400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.

A dedución será de 500 e 800 euros respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %.

Esta dedución practicaraa o contribuínte con que convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais.

Dedución por acollemento

300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

  1. convivan co menor cento oitenta e tres ou máis días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo for inferior a cento oitenta e tres días e superior a noventa días, o importe da dedución por cada menor acollido será de 150 euros.

  1. Non teñan relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, se for o caso, da dedución por adopción.

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, de optaren pola declaración individual.

Dedución por coidado de fillos menores

Poderán deducirse os contribuíntes un  30 % das cantidades satisfeitas no período por deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 anos poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 400 euros, 600 € se teñen dous ou máis fillos, sempre:

  1. Que na data da devindicación do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.

  2. Que ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.

  1. Que, no caso de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.

  1. Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas

10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

  1. O contribuínte teña unha idade igual ou superior a 65 ou máis anos e estea afectado por un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 % e que precisen axudas de terceiras persoas.

  1. a) A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.

  1. Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.

  1. O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Dedución por aluguer de vivenda habitual

10%  de las cantidades satisfeitas durante o período impositivo, con un límite de 300 € por contrato de arrendamento, que será del 20 % con un límite de 600 euros si ten dous ou máis fillos menores de idade,a condición de que concorran os  seguintes requisitos:

  1. Que a súa idade, na data da devindicación do imposto, sexa igual ou inferior a trinta e cinco anos.

  1. Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2003.

  1. Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou posúa copia compulsada da denuncia presentada perante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.

  1. Que a base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.

As contías fixadas por esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

No caso de tributación conxunta o requisito da idade deberá cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai.

Dedución por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos

O 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cando  accedan á internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade cun límite máximo de 100 euros cos seguintes requisitos:

  1. Só poderá aplicarse no exercicio en que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.

  1. Estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.

  1. Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio.

  1. Non resultará aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.

  1.  O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión, ben a varios que se manteñan simultaneamente.

Deducción por creación de novas empresas ou a ampliación da actividade de empresas de recente creación

20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais ou cooperativas, co límite de 4.000 euros, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  1. A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.

  1. A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:

1.º Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.

2.º Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.

3.º Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:

  • con contrato laboral e a xornada completa e

  • dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e

  • con residencia habitual en Galicia

4.º Se o investimento realizase mediante unha ampliación de capital:

  • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e

  • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores,

  • e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros 24 meses.

Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.

  1. As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
  2. As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

Dedución por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación e o seu financiamento

Poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as seguintes cantidades:

  1. O 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais e cooperativas.

  1. Con respecto ás mesmas entidades, poderase deducir o 20% das cantidades prestadas durante o exercicio, así como das cantidades garantidas persoalmente polo/a contribuínte, sempre que o préstamo se outorgue ou a garantía se constitúa no exercicio en que se proceda á constitución da sociedade ou á ampliación do capital da mesma.

Deberanse cumprir os seguintes requisitos:

  1. A participación do/a contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento, ou dos seus dereitos de voto, en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do/a contribuínte no capital, pero se esta existe non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites temporais anteriores. O importe prestado ou garantido polo/a contribuínte ten que ser superior ao 1 % do patrimonio neto da sociedade.

  1. A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:

1.º Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.

2.º Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para ese efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.

3.º Debe contar, como mínimo, cunha persoa ocupada con contrato laboral e a xornada completa, dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia. O contrato terá unha duración mínima dun ano e deberá formalizarse dentro dos dous anos seguintes á constitución ou ampliación, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.

4.º No caso de que o investimento fose realizado mediante unha ampliación de capital, ou o préstamo ou a garantía se realizase no exercicio dunha ampliación, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia incrementarase, polo menos, nunha persoa respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e o devandito incremento manterase durante un período adicional doutros doce meses, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.

Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.

  1. O/a contribuínte pode formar parte do consello de administración da sociedade en que materializou o investimento, pero en ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de dez anos nin pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante ese mesmo prazo, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.

  1. As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos/as contribuíntes que pretendan aplicar esta dedución e o importe da operación respectiva.

  1. As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do/a contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación. No caso de préstamos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior a cinco anos, e non poderá amortizar unha cantidade superior ao 20 % anual do importe do principal prestado. No caso de garantías, estas estenderanse a todo o tempo de vixencia da operación garantida, e este non poderá ser inferior a cinco anos. A dedución contida neste punto resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 11 deste artigo.

Dedución por inversión en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo bolsista

15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  1. A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
  2. As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
  3. A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia, e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio. Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), que se contará desde a data de adquisición da participación.
  4. As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal.

A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 10 anteriores.

Dedución por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica

Dedución da cota íntegra autonómica do imposto o 25 %, ata o límite do 10 % da devandita cota, dos donativos monetarios que se fagan a favor de cen­tros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos.

A dedución queda condicionada á xustificación documental axeitada e suficiente dos presupostos de feito e dos requisitos que determinan a súa aplicabilidade. En particular, as entidades beneficiarias destes donativos deben enviar á Axencia Tributaria de Galicia, dentro dos primeiros vinte días de cada ano, unha relación das persoas físicas que efec­tuaron donativos durante o ano anterior, coa indicación das cantidades doadas por cada unha destas persoas.

Dedución por investimento en instalacións de climatización e/ou auga quente sanitaria que empreguen enerxías renovables na vivenda habitual e destinadas exclusi­vamente ao autoconsumo

Dedución na cota íntegra autonómica o 5 % das cantidades satisfeitas no exercicio pola instalación na vivenda habitual de sistemas de climatización e/ ou auga quente sanitaria nas edificacións que empreguen fontes de enerxía renovables, e cun límite de 280 € por suxeito pasivo.

Enténdese por enerxías renovables aquelas ás que se refire o artigo 2 da Directiva 2009/28/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril de 2009, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables e pola que se modifican e se derrogan as directivas 2001/77/CE e 2003/30/CE.

No caso de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal que sexan de nova construción ou nos que se proceda á substitución dos equipos de xeración térmica por outros que empreguen enerxías renovables, esta dedución poderá aplicala cada un dos propietarios individualmente na porcentaxe que lle corresponda na comunidade de propietarios.

A base desta dedución estará constituída polas cantidades efectivamente satisfeitas na totalidade da instalación, isto é, sistema de xeración, sistema de emisión térmica e sis­tema de captación, mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades de crédito, aos instaladores habilitados que realicen a instalación. En ningún caso darán dereito a practicar esta dedución as cantida­des satisfeitas mediante entregas de diñeiro de curso legal.

Só se poderá practicar a dedución se se cumpren os seguintes requisitos:

  1. A instalación debe estar debidamente rexistrada polo instalador, que debe estar ha­bilitado para o efecto, na Oficina Virtual de Industria (OVI), segundo o establecido no Re­gulamento de instalacións térmicas en edificios aprobado por Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo. Remitiráselle ao titular ou empresa que rexistrou a instalación un código de verificación desta.
  2. Posteriormente, e sempre antes de que expire o prazo para presentar a autoliquida­ción correspondente ao período impositivo en que se sufragou a instalación, será necesa­rio achegar a través da OVI a seguinte documentación:
  • O orzamento analizado da instalación.
  • A factura ou facturas emitida/s polo instalador habilitado.
  • O/os xustificante/s de pagamento pola totalidade do custo da instalación.
  • No caso de se efectuar o investimento por unha comunidade de propietarios, deberá achegarse un certificado, emitido polo seu representante legal, das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.

No caso de que a instalación se realice nunha vivenda unifamiliar, esta documentación será achegada polo suxeito pasivo. De se tratar de edificios en réxime de propiedade hori­zontal, será achegada polo representante legal da comunidade de propietarios ou por unha persoa autorizada para o efecto.

Para poder practicarse esta dedución debe constar na declaración tributaria do suxei­to pasivo a referencia ao código da instalación proporcionado pola OVI no certificado de rexistro da instalación.

Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2015 (a declarar no 2016)

O tipo de gravame autonómico aplicable aos contribuíntes cuxa base liquidable xeral sexa igual ou inferior a 17.707,20 € será do 11,5 %.

O tipos da escala autonómica aplicables aos contribuíntes cuxa base liquidable xeral sexa superior a 17.707,20 € serán os seguintes:

Base liquidable

Cota íntegra

Resto base liquidable

Tipo aplicable

Ata euros

Euros

Ata euros

Porcentaxe

0

0

17.707,20

12

17.707,20

2.124,86

15.300,00

14

33.007,20

4.266,86

20.400,00

18,5

53.407,20

8.040,86

En diante

21,5

Deducciones aprobadas pola Xunta de Galicia para o Exercicio 2014 (a declarar no 2015)
Tipo Dedución

Dedución por nacemento ou adopción de fillos

Dedución na cota íntegra autonómica por cada nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte na data da devindicación do imposto, a seguinte contía:

  • 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa igual ou maior de 22.000,01 euros. No caso de parto múltiple esta dedución ascenderá a 360 euros por cada fillo.
  • 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros.

A contía incrementarase nun 20 % para os contribuíntes residentes en municipios de menos de 5.000 habitantes e nos resultantes de procedementos de fusión ou incorporación.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes ao nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devindicación do imposto que lle corresponda a cada un deles, segundo as seguintes contías e límites de renda:

  • 300 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas estea comprendida entre 22.000,01 e 31.000 euros.
  • 360 euros, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas sexa menor ou igual a 22.000 euros.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción, ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os proxenitores a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

Dedución por familia numerosa

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devindicación do imposto poderá deducir da cota íntegra autonómica as seguintes cantidades:

  • 250 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría xeral.
  • 400 euros, cando se trate de familias numerosas de categoría especial.

A dedución será de 500 e 800 euros respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65 %,

Esta dedución practicaraa o contribuínte con que convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais.

Dedución por acollemento

300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

  • convivan co menor cento oitenta e tres ou máis días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo for inferior a cento oitenta e tres días e superior a noventa días, o importe da dedución por cada menor acollido será de 150 euros.
  • Non teñan relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se produciu a adopción do menor durante o período impositivo, sen prexuízo da aplicación, se for o caso, da dedución por adopción.

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito a que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, o importe da dedución ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles, de optaren pola declaración individual.

Dedución por coidado de fillos menores

Poderán deducirse os contribuíntes un  30 % das cantidades satisfeitas no período por deixar os seus fillos menores ao coidado dunha persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 anos poderán deducir da cota íntegra autonómica o 30 % das cantidades satisfeitas no período, co límite máximo de 400 euros, sempre:

  • Que na data da devindicación do imposto os fillos teñan tres ou menos anos de idade.
  • Que ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  • Que, no caso de que a dedución sexa aplicable por gastos dunha persoa empregada do fogar, esta estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
  • Que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do imposto sobre a renda das persoas físicas non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación desa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

Dedución por suxeitos pasivos discapacitados, de idade igual ou superior a sesenta e cinco anos, que precisen axuda de terceiras persoas

10 % das cantidades satisfeitas aos terceiros, cun límite máximo de 600 euros, sempre que:

  • O contribuínte teña unha idade igual ou superior a 65 ou máis anos e estea afectado por un grao de minusvalía igual ou superior ao 65 % e que precisen axudas de terceiras persoas.
  • A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar para efectos do IRPF non exceda 22.000 euros en tributación individual ou 31.000 euros en tributación conxunta.
  • Se acredite a necesidade da axuda de terceiras persoas.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Dedución por aluguer de vivenda habitual

10%  de las cantidades satisfeitas durante o período impositivo, con un límite de 300 € por contrato de arrendamento, a condición de que concorran os  seguintes requisitos:

  • Que a súa idade, na data da devindicación do imposto, sexa igual ou inferior a trinta e cinco anos.
  • Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou posúa copia compulsada da denuncia presentada perante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
  • Que a base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.

Cando, cumprindo estes requisitos, dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

No caso de tributación conxunta o requisito da idade deberá cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai.

Dedución por gastos dirixidos ao uso de novas tecnoloxías nos fogares galegos

O 30 % das cantidades satisfeitas no concepto de cota de alta e cotas mensuais, cando  accedan á internet mediante a contratación de liñas de alta velocidade cun límite máximo de 100 euros cos seguintes requisitos:

  • Só poderá aplicarse no exercicio en que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  • Estará destinada ao uso exclusivo do fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non resultará aplicable se o contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio.
  • Non resultará aplicable cando se contrate a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
  • O límite máximo da dedución aplícase respecto de todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio, ben correspondan a un só contrato de conexión, ben a varios que se manteñan simultaneamente.

Dedución por creación de novas empresas ou a ampliación da actividade de empresas de recente creación

20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou limitadas laborais, co límite de 4.000 euros, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
    • Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    • Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    • Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
      • con contrato laboral e a xornada completa e
      • dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
      • con residencia habitual en Galicia
    • Se o investimento realizase mediante unha ampliación de capital:
      • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
      • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores,
      • e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros 24 meses.
        Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
    • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
    • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

Dedución por inversión na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación e o seu financiamento

Poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as seguintes cantidades:

  • O 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais e cooperativas.
  • Con respecto ás mesmas entidades, poderase deducir o 20% das cantidades prestadas durante o exercicio, así como das cantidades garantidas persoalmente polo/a contribuínte, sempre que o préstamo se outorgue ou a garantía se constitúa no exercicio en que se proceda á constitución da sociedade ou á ampliación do capital da mesma.

Deberanse cumprir os seguintes requisitos:

  • A participación do/a contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento, ou dos seus dereitos de voto, en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do/a contribuínte no capital, pero se esta existe non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites temporais anteriores. O importe prestado ou garantido polo/a contribuínte ten que ser superior ao 1 % do patrimonio neto da sociedade.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
    • Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    • Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para ese efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    • Debe contar, como mínimo, cunha persoa ocupada con contrato laboral e a xornada completa, dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia. O contrato terá unha duración mínima dun ano e deberá formalizarse dentro dos dous anos seguintes á constitución ou ampliación, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
    • No caso de que o investimento fose realizado mediante unha ampliación de capital, ou o préstamo ou a garantía se realizase no exercicio dunha ampliación, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia incrementarase, polo menos, nunha persoa respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e o devandito incremento manterase durante un período adicional doutros doce meses, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
      Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
  • O/a contribuínte pode formar parte do consello de administración da sociedade en que materializou o investimento, pero en ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de dez anos nin pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante ese mesmo prazo, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos/as contribuíntes que pretendan aplicar esta dedución e o importe da operación respectiva.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do/a contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación. No caso de préstamos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior a cinco anos, e non poderá amortizar unha cantidade superior ao 20 % anual do importe do principal prestado. No caso de garantías, estas estenderanse a todo o tempo de vixencia da operación garantida, e este non poderá ser inferior a cinco anos. A dedución contida neste punto resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 11 do artigo 5 do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, por lo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Tributos cedidos polo Estado.

Dedución por inversión en accións de entidades que cotizan no segmento de empresas en expansión do Mercado Alternativo bolsista

15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
  • As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
  • A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia, e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio. Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), que se contará desde a data de adquisición da participación.
  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal.

A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 10 do artigo 5 do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, por lo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Tributos cedidos polo Estado.

Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2014 (a declarar no 2015)

O tipo de gravame autonómico aplicable aos contribuíntes cuxa base liquidable xeral sexa igual ou inferior a 17.707,20 € será do 11,5 %.

O tipos da escala autonómica aplicables aos contribuíntes cuxa base liquidable xeral sexa superior a 17.707,20 € serán os seguintes:

Base liquidable

Cota íntegra

Resto base liquidable

Tipo aplicable

Ata euros

Euros

Ata euros

Porcentaxe

0

0

17.707,20

12

17.707,20

2.124,86

15.300,00

14

33.007,20

4.266,86

20.400,00

18,5

53.407,20

8.040,86

En adelante

21,5

Deduccións aprobadas pola Xunta de Galicia para o Exercicio 2013 (a declarar no 2014)
Tipo Dedución

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS

300 €, por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo que conviva co contribuínte na data de devengo do imposto.

360 €, por cada fillo no caso de parto múltiple.

A dedución estenderase aos dous periodos impositivos seguintes o nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte na data de devengo do imposto, segundo as seguintes contías e límites de renda;

  • 360 €, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar fose menor ou igual a 22.000 €.
  • 300 €, sempre que a base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar estivese comprendida entre 22.001 € e 31.000 €.

Cando, no periodo impositivo do nacemento ou adopción ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos proxenitores, a dedución practicarase por partes iguales na declaración de cada un deles.

POR FAMILIA NUMEROSA

O contribuínte que posúa o título de familia numerosa na data de devengo do imposto poderá deducir:

  • 250 €, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
  • 400 €, cando se trate de familia numerosa de categoría especial. 

500 e 800 € respectivamente cando algún dos cónxuges o descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo personal e familiar do imposto teña un grao de minusvalidez igual ou superior ao 65%.

Esta deducción practicarase polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cuando convivan con máis dun, o importe será rateado por partes iguais.

POR  ACOLLEMENTO

300 €, por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

  • Convivan co menor 183 ou máis días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o periodo impositivo fose inferior a 183 días e superior a 90 días, a deducción será de 150 € por cada menor acollido.
  • Non teñan relación de parentesco. 

Non haberá lugar á deducción por acollemento familiar preadoptivo cando se producise a adopción do menor durante o período impositivo.

No acollemento de menores por matrimonio ou parellas de feito (disposición adicional terceira da Ley 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia) ratearase o importe da dedución por partes iguais na declaración de cada uno deles, de optaren por declaración individual.

POR COIDADO DE FILLOS DE 3 OU MENOS ANOS

30 % das cantidades satisfeitas a persoa empregada do fogar ou escolas infantís 0-3 anos  co límite máximo de 200 € sempre que:

  • Os fillos teñan 3 ou menos anos de idade na data de devengo do imposto.
  • Ambos os dous pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  • A empregada do fogar estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
  • A base impoñible total  menos os mínimos persoal e familiar non exceda de 22.000 € en tributación individual ou de  31.000 € en tributación conxunta.
Cando máis dun contribuínte teña dereito a esa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

POR SUXEITOS PASIVOS  DISCAPACITADOS, DE IDADE IGUAL OU SUPERIOR A 65 AÑOS, QUE PRECISEN AXUDA DE TERCEIRAS PERSOAS

10% das cantidades satisfeitas a terceiros  co límite de 600 €, sempre que:

  • O contribuínte teña 65 ou máis anos e un grao de minusvalidez  igual ou superior a 65%
  • A base impoñible total menos os mínimos persoal e familiar non exceda de 22.000 € en tributación individual ou de 31.000 € en tributación conxunta.
  • Se acredite a necesidade da axuda de  terceiras persoas.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario de cheque asistencial da Xunta de Galicia.

POR ALUGAMENTO DE VIVENDA HABITUAL

10% das cantidades satisfeitas durante o período impositivo cun límite de 300€ por contrato de arrendamento.

Cos seguintes requisitos:

  • Contribuínte teña 35 anos ou menos, na data do devengo do imposto. No caso de tributación conxunta este requisito haberá de cumprilo polo menos un dos cónxuxes ou, se for o caso, o pai ou a nai.
  • Contrato posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Que presente xustificante de constituír o depósito da fianza que se refire o artigo 36 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Gallego da Vivenda e Solo, ou ben copia compulsada da denuncia presentada perante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
  • Base impoñible do período, antes da aplicación das reducións por mínimo persoal e familiar, non sexa superior a  22.000 €.

Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total desta, sen exceder o límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles.

POR GASTOS DIRIXIDOS AO USO DE NOVAS TECNOLOXÍAS NOS FOGARES GALEGOS

30% da cota de alta e cotas mensuais cun límite máximo de 100 €, cos seguintes requisitos:

  • Só se aplicará no exercicio no que se suscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  • De uso exclusivo no fogar e non estará vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non aplicable se o  contrato de conexión supón simplemente un cambio de compañía prestadora do servizo e o contrato coa compañía anterior se realizou noutro exercicio. Tampouco resultará de aplicación cando se contrate  a conexión a unha liña de alta velocidade e o contribuínte manteña, ao mesmo tempo, outras liñas contratadas en exercicios anteriores.
  • O límite máximo aplícase a todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio xa sexan dunha ou varias conexións simultáneas.

POR CREACIÓN DE NOVAS EMPRESAS OU A AMPLIACIÓN DA ACTIVIDADE DE EMPRESAS DE RECENTE CREACIÓN

20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou limitadas laborais, co límite de 4.000 euros, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
    • Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    • Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para tal efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    • Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
      • con contrato laboral e a xornada completa e
      • dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
      • con residencia habitual en Galicia
    • Se o investimento realizase mediante unha ampliación de capital:
      • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
      • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos, en dúas persoas respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores,
      • e que o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros 24 meses.
        Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

POLO INVESTIMENTO NA ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS OU PARTICIPACIÓNS SOCIAIS EN ENTIDADES DE NOVAS OU DE RECENTE CREACIÓN E O SEU FINANCIAMENTO

Poderán deducir na cota íntegra autonómica, e cun límite conxunto de 20.000 euros, as seguintes cantidades:
  1. O 20 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de capital social como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, sociedades laborais e cooperativas.
  2. Con respecto ás mesmas entidades, poderase deducir o 20% das cantidades prestadas durante o exercicio, así como das cantidades garantidas persoalmente polo/a contribuínte, sempre que o préstamo se outorgue ou a garantía se constitúa no exercicio en que se proceda á constitución da sociedade ou á ampliación do capital da mesma.

Deberanse cumprir os seguintes requisitos:

  • A participación do/a contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou das persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40 % nin inferior ao 1 % do capital social da sociedade obxecto do investimento, ou dos seus dereitos de voto, en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. En caso de préstamo ou garantía, non será necesaria unha participación do/a contribuínte no capital, pero se esta existe non pode ser superior ao 40 %, cos mesmos límites temporais anteriores. O importe prestado ou garantido polo/a contribuínte ten que ser superior ao 1 % do patrimonio neto da sociedade.
  • A entidade na que hai que materializar o investimento debe cumprir os seguintes requisitos:
    • Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    • Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Para ese efecto, non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto no artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    • Debe contar, como mínimo, cunha persoa ocupada con contrato laboral e a xornada completa, dada de alta no réxime xeral da Seguridade Social e con residencia habitual en Galicia. O contrato terá unha duración mínima dun ano e deberá formalizarse dentro dos dous anos seguintes á constitución ou ampliación, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
    • No caso de que o investimento fose realizado mediante unha ampliación de capital, ou o préstamo ou a garantía se realizase no exercicio dunha ampliación, a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e ademais, durante os vinte e catro meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades en que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia incrementarase, polo menos, nunha persoa respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos doce meses anteriores, e o devandito incremento manterase durante un período adicional doutros doce meses, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
      Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
  • O/a contribuínte pode formar parte do consello de administración da sociedade en que materializou o investimento, pero en ningún caso pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de dez anos nin pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante ese mesmo prazo, agás no caso de sociedades laborais ou sociedades cooperativas.
  • As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos/as contribuíntes que pretendan aplicar esta dedución e o importe da operación respectiva.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do/a contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación. No caso de préstamos, estes deben referirse ás operacións de financiamento cun prazo superior a cinco anos, e non poderá amortizar unha cantidade superior ao 20 % anual do importe do principal prestado. No caso de garantías, estas estenderanse a todo o tempo de vixencia da operación garantida, e este non poderá ser inferior a cinco anos. A dedución contida neste punto resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 11 do artigo 5 do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, por lo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Tributos cedidos polo Estado.

POR INVESTIMENTO EN ACCIÓNS DE ENTIDADES QUE COTIZAN NO SEGMENTO DE EMPRESAS EN EXPANSIÓN DO MERCADO ALTERNATIVO BOLSISTA

15 % das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

A dedución total calculada conforme o parágrafo anterior ratearase por partes iguais no exercicio en que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  •  A participación conseguida polo contribuínte na sociedade obxecto do investimento non pode ser superior ao 10 % do seu capital social.
  • As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
  •   A sociedade obxecto do investimento debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia, e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co disposto polo artigo 4.8.º.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio. Os requisitos indicados nas letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), que se contará desde a data de adquisición da participación.
  •  As operacións en que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na cal se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal.

A dedución contida neste artigo resultará incompatible, para os mesmos investimentos, coas deducións previstas nos puntos 9 e 10 do artigo 5 do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, por lo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de Tributos cedidos polo Estado.

Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2013 (a declarar no 2014)

Base liquidable
Ata euros

Cota íntegra
Euros

Resto base liquidable
Ata euros

Tipo aplicable
Porcentaxe

0 0 17.707,20 12
17.707,20 2.124,86 15.300,00 14
33.007,20 4.266,86 20.400,00 18,5
53.407,20 8.040,86 En adelante 21,5

Deducións aprobadas pola Xunta de Galicia para o exercicio 2012
(a declarar no 2013)
Tipo Deducción

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS

300 €, por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo que conviva co contribuínte na data de devengo do imposto.

360 €, por cada fillo no caso de parto múltiple.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes cando persista a convivencia na data de remuneración

 Esta dedución será de:

  • 360 €, sempre que a base impoñible  menos os mínimos persoal e familiar fose menor ou igual a 22.000 €.
  • 300 €, sempre que a base impoñible menos os mínimos persoal e familiar estivese comprendida entre 22.001 € e 31.000 €.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os dous proxenitores, a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

POR FAMILIA NUMEROSA

O contribuínte que teña o título de familiar numerosa na data de devengo do imposto poderá deducir:

  • 250 €, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
  • 400 €, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

500 € e 800 € respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que lles sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%.

Esta dedución practicarase polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe ratearase por partes iguais.

POR  ACOLLEMENTO

300 € por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia,   sempre que:

  • Convivan co menor máis de 183 días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo  fose inferior a 183 días e superior a 90 días, a dedución será de 150 € por cada menor acollido.
  • Non teñan relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se producise a adopción do menor durante o período impositivo.

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito (disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia) ratearase o importe da dedución por partes iguais na declaración de cada un deles, se optasen pola declaración individual.

POR COIDADO DE FILLOS DE 3 OU MENOS ANOS

30%  das cantidades satisfeitas  a persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 co límite máximo de 200 € sempre que:

  • Os fillos teñan 3 ou menos anos de idade  na data de devengo do imposto.
  • Ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  • A empregada do fogar estea dada de alta no réxime  correspondente da Seguridade Social.
  • A base impoñible total  menos os mínimos persoal e familiar, non exceda de 22.000 € en tributación individual ou 31.000 € en tributación conxunta.
Cando máis dun contribuínte teña dereito a esa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

POR  SUXEITO PASIVOS DISCAPACITADOS, DE IDADE IGUAL OU SUPERIOR A 65 ANOS, QUE PRECISAN AXUDA DE TERCEIRAS PERSOAS

10% das cantidades satisfeitas a terceiros co límite de 600 €, sempre que:

  • O contribuínte teña 65 ou máis anos e un grao de minusvalidez  igual  ou superior a 65%.
  • A base impoñible total  menos os mínimos persoal e familiar non exceda de 22.000 € en tributación individual o de 31.000  € en tributación conxunta.
  • Acredítese a necesidade da terceira persoa.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou  beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

POR ALUGUER DE VIVENDA HABITUAL

10% das cantidades satisfeitas durante o período impositivo con un límite de  300 € por contrato de arrendamento.

Cos seguintes requisitos:

  • Contribuínte que teña 35 anos ou menos, na data de devengo do imposto. No caso de tributación conxunta este requisito deberá de  cumprilo polo menos  un dos cónxuxes ou, no seu caso, o pai o a nai.
  • Contrato posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Que presente xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou ben copia compulsada da denuncia presentada ante o devandito organismo por non entregarlle o citado xustificante a persoa arrendadora.
  • Base impoñible  do período, antes de aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros.

Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total  da mesma, sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por parte iguais na declaración de cada un deles .

POR GASTOS DIRIXIDOS AO USO DE NOVAS TECNOLOXÍAS NO FOGAR

30% da cota de alta e cotas mensuais co límite máximo de 100 €, cos seguintes requisitos:
  • Só se aplicará no exercicio no que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  • De uso exclusivo no fogar e non vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non aplicable a un cambio de compañía nin á alta de máis dunha conexión, se xa se contratou noutro exercicio.
  • O límite máximo aplícase a todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio xa sexan dunha ou varias conexións simultáneas

POR  FOMENTO DO AUTOEMPREGO

300 €, no período impositivo no que se produza a alta, cos seguintes requisitos:

  • Os contribuíntes que causen alta por primeira vez durante o período impositivo no censo de empresarios profesionais e retentores como consecuencia do establecido no artigo 3º.2.a) do Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo.
  • Que manteñan a situación de alta durante un ano natural.
  • Que desenvolvan a súa actividade  na Comunidade Autónoma de Galicia.

POR INVESTIMENTO NA ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS OU PARTICIPACIÓNS SOCIAIS EN ENTIDADES NOVAS OU DE RECENTE CREACIÓN

20% das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou limitadas laborais, cun límite de 4.000€, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40% nin inferior ao 1% do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • A entidade debe cumprir os seguintes requisitos:
    • Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    • Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, del artigo 4º.8.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    • Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
      • con contrato laboral e en xornada completa
      • de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
      • con residencia habitual en Galicia.
    • Si o investimento se realizou mediante ampliación de capital:

      Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.

      • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
      • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades no que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos en dúas persoas, respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores, e
      • devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros vinte e catro meses.
  • O contribuínte:
    • Pode formar parte do consello de administración da sociedade.
    • Non pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de 10 anos.
    • Non pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante o mesmo prazo.
  • As operacións de constitución ou ampliación  deben formalizarse en escritura pública e especificarse a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
  • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

O incumprimento dos requisitos e das condicións establecidas comporta a perda do beneficio fiscal, e o contribuínte debe incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio no que se produciu o incumprimento a parte do imposto que se deixou de pagar como consecuencia da dedución practicada xunto cos xuros de mora producidos.

POR INVESTIMENTO EN ACCIÓNS DE ENTIDADES QUE COTIZAN NO SEGMENTO DE EMPRESAS EN EXPANSIÓN DO MERCADO ALTERNATIVO BOLSISTA

15% das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

A dedución total calculada ratearase por partes iguais no exercicio no que se realice o investimento e nos tres exercicios seguintes.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  • A participación conseguida polo contribuínte na sociedade non pode ser superior ao 10% do seu capital social.
  • As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período de tres anos, como mínimo.
  • A sociedade debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co artigo 4º.8.Dous.a) da Lei do Estado, 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
  • Os requisitos das letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), contado desde a data de adquisición da participación.  
  • As operacións nas que sexa aplicable a dedución deben formalizarse en escritura pública, na que se debe especificar a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal, e o contribuínte debe incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio no que se produciu o incumprimento a parte do imposto que se deixou de pagar como consecuencia da aplicación da dedución practicada, xunto cos xuros de mora devengados.

Esta  dedución é  incompatible, para os mesmos investimentos, coa dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación.
Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2012 (a declarar no 2013)

Base liquidable

Ata euros

Cota íntegra

Euros

Resto base liquidable

Ata euros

Tipo aplicable

Porcentaxe

0 0 17.707,20 12
17.707,20 2.124,86 15.300,00 14
33.007,20 4.266,86 20.400,00 18,5
53.407,20 8.040,86 En diante 21,5

Deducións aprobadas pola Xunta de Galicia para o exercicio 2011
(a declarar no 2012)
Tipo Dedución na cota íntegra autonómica renda 2012

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS

300 €, por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo que conviva co contribuínte na data de devengo do imposto.

360 €, por cada fillo no caso de parto múltiple.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes cando persista a convivencia na data de remuneración.

Esta dedución será de:

  • 360 €, sempre que a base impoñible  menos os mínimos persoal e familiar fose menor ou igual a 22.000 €.
  • 300 €, sempre que a base impoñible menos os mínimos persoal e familiar estivese comprendida entre 22.001 € e 31.000 €.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os dous proxenitores, a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

POR FAMILIA NUMEROSA

O contribuínte que teña o título de familiar numerosa na data de devengo do imposto poderá deducir:

  • 250 €, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.
  • 400 €, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

500 € e 800 € respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que lles sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%.

Esta dedución practicarase polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe ratearase por partes iguais.

POR ACOLLEMENTO

300 € por cada menor en réxime de acollemento familiar simple, permanente, provisional ou preadoptivo, administrativo ou xudicial, formalizado polo órgano competente en materia de menores da Xunta de Galicia, sempre que:

  • Convivan co menor máis de 183 días durante o período impositivo. Se o tempo de convivencia durante o período impositivo  fose inferior a 183 días e superior a 90 días, a dedución será de 150 € por cada menor acollido.
  • Non teñan relación de parentesco.

Non dará lugar a esta dedución o suposto de acollemento familiar preadoptivo cando se producise a adopción do menor durante o período impositivo.

No caso de acollemento de menores por matrimonio, ou polas parellas de feito (disposición adicional terceira da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia) ratearase o importe da dedución por partes iguais na declaración de cada un deles, se optasen pola declaración individual.

POR COIDADO DE FILLOS  MENORES

30%  das cantidades satisfeitas  a persoa empregada do fogar ou en escolas infantís 0-3 co límite máximo de 200 € sempre que:

  • Os fillos teñan 3 ou menos anos de idade  na data de devengo do imposto.
  • Ambos os pais realicen unha actividade por conta propia ou allea, pola que estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.
  • A empregada do fogar estea dada de alta no réxime  correspondente da Seguridade Social.
  • A base impoñible total  menos os mínimos persoal e familiar, non exceda de 22.000 € en tributación individual ou 31.000 € en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito a esa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe será rateado entre eles.

POR  SUXEITO PASIVOS DISCAPACITADOS, DE IDADE IGUAL OU SUPERIOR A 65 ANOS, QUE PRECISAN AXUDA DE TERCEIRAS PERSOAS

10% das cantidades satisfeitas a terceiros co límite de 600 €, sempre que:

  • O contribuínte teña 65 ou máis anos e un grao de minusvalidez  igual  ou superior a 65%
  • A base impoñible total  menos os mínimos persoal e familiar non exceda de 22.000 € en tributación individual o de 31.000  € en tributación conxunta.
  • Acredítese a necesidade da terceira persoa.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou  beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

POR ALUGUER DE VIVENDA HABITUAL

10% das cantidades satisfeitas durante o período impositivo con un límite de  300 € por contrato de arrendamento.

Cos seguintes requisitos:

  • Contribuínte que teña 35 anos ou menos, na data de devengo do imposto. No caso de tributación conxunta este requisito deberá de  cumprilo polo menos  un dos cónxuxes ou, no seu caso, o pai o a nai.
  • Contrato posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Constituído o depósito da fianza a que se refire o artigo  36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e ou Solo
  • Base impoñible  do período, antes de aplicación das reducións por mínimo persoal ou familiar, non sexa superior a 22.000 euros

Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, o importe total  da mesma, sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por parte iguais na declaración de cada un deles .

POR GASTOS DIRIXIDOS AO USO DE NOVAS TECNOLOXÍAS NOS FOGARES GALEGOS

30% da cota de alta e cotas mensuais co límite máximo de 100 €, cos seguintes requisitos.

Cos seguintes requisitos:

  • Só se aplicará no exercicio no que se subscribe o contrato de conexión a liñas de alta velocidade.
  • De uso exclusivo no fogar e non vinculada ao exercicio de calquera actividade empresarial ou profesional.
  • Non aplicable a un cambio de compañía nin á alta de máis dunha conexión, se xa se contratou noutro exercicio.
  • O límite máximo aplícase a todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio xa sexan dunha ou varias conexións simultáneas

POR  FOMENTO DO AUTOEMPREGO

300 €, no período impositivo no que se produza a alta, cos seguintes requisitos:

  • Os contribuíntes que causen alta por primeira vez durante o período impositivo no censo de empresarios profesionais e retentores como consecuencia do establecido no artigo 3º.2.a) do Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo.
  • Que manteñan a situación de alta durante un ano natural.
  • Que desenvolvan a súa actividade  na Comunidade Autónoma de Galicia.

POR INVESTIMENTO NA ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS OU PARTICIPACIÓNS SOCIAIS EN ENTIDADES NOVAS OU DE RECENTE CREACIÓN

20% das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións ou participacións sociais como consecuencia de acordos de constitución de sociedades ou de ampliación de capital en sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou limitadas laborais, cun límite de 4.000€, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

  • A participación do contribuínte, computada xunto coas do cónxuxe ou persoas unidas por razón de parentesco, en liña directa ou colateral, por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao incluído, non pode ser superior ao 40% nin inferior ao 1% do capital social da sociedade obxecto do investimento ou dos seus dereitos de voto en ningún momento e durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
  • A entidade debe cumprir os seguintes requisitos:
    • Debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e mantelo durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación.
    • Debe desempeñar unha actividade económica durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación. Non debe ter por actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, del artigo 4º.8.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.
    • Durante os tres anos seguintes á constitución ou ampliación debe contar, como mínimo, con dúas persoas ocupadas:
      • con contrato laboral e en xornada completa
      • de alta no réxime xeral da Seguridade Social e
      • con residencia habitual en Galicia.
    • Se o investimento se realizou mediante ampliación de capital:
      • a sociedade mercantil debeu ser constituída nos tres anos anteriores á data desta ampliación, e
      • durante os 24 meses seguintes á data do inicio do período impositivo do imposto sobre sociedades no que se realizase a ampliación, o seu cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia se incrementase, polo menos en dúas persoas, respecto do cadro de persoal medio con residencia habitual en Galicia nos 12 meses anteriores, e
      • o devandito incremento se manteña durante un período adicional doutros vinte e catro meses.

        Para o cálculo do cadro de persoal medio total da empresa e do seu incremento tomaranse as persoas empregadas, nos termos que dispoña a lexislación laboral, tendo en conta a xornada contratada en relación coa xornada completa.
    • O contribuínte:
      • Pode formar parte do consello de administración da sociedade.
      • Non pode levar a cabo funcións executivas nin de dirección durante un prazo de 10 anos.
      • Non pode manter unha relación laboral coa entidade obxecto do investimento durante o mesmo prazo.
    • As operacións de constitución ou ampliación  deben formalizarse en escritura pública e especificarse a identidade dos investidores e o importe do investimento respectivo.
    • As participacións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de tres anos, seguintes á constitución ou ampliación.

O incumprimento dos requisitos e das condicións establecidas comporta a perda do beneficio fiscal, e o contribuínte debe incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio no que se produciu o incumprimento a parte do imposto que se deixou de pagar como consecuencia da dedución practicada xunto cos xuros de mora producidos.

POR INVESTIMENTO EN ACCIÓNS DE ENTIDADES QUE COTIZAN NO SEGMENTO DE EMPRESAS EN EXPANSIÓN DO MERCADO ALTERNATIVO BOLSISTA

20% das cantidades investidas durante o exercicio na adquisición de accións como consecuencia de acordos de ampliación de capital subscritos por medio do segmento de empresas en expansión do mercado alternativo bolsista, aprobado por acordo do Consello de Ministros do 30 de decembro de 2005, cun límite de 4.000 euros.

Deben cumprirse os seguintes requisitos:

  1. A participación conseguida polo contribuínte na sociedade non pode ser superior ao 10% do seu capital social nin inferior ao 1%.
  2. As accións adquiridas deben manterse no patrimonio do contribuínte durante un período mínimo de dous anos.
  3. A sociedade debe ter o domicilio social e fiscal en Galicia e non debe ter como actividade principal a xestión dun patrimonio mobiliario ou inmobiliario, de acordo co artigo 4º.8.Dous.a) da Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio.                               Os requisitos das letras a) e c) anteriores deberán cumprirse durante todo o prazo de mantemento indicado na letra b), contado desde a data de adquisición da participación.

O incumprimento dos requisitos anteriores comporta a perda do beneficio fiscal, e o contribuínte debe incluír na declaración do imposto correspondente ao exercicio no que se produciu o incumprimento a parte do imposto que se deixou de pagar como consecuencia da aplicación da dedución practicada, xunto cos xuros de mora devengados.

Esta  dedución é  incompatible, para os mesmos investimentos, coa dedución por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades novas ou de recente creación.

Escala autonómica aprobada pola Xunta de Galicia para o exercicio 2011 (a declarar no 2012)

Base liquidable

Ata euros

Cota íntegra

Euros

Resto base liquidable

Ata euros

Tipo aplicable

Porcentaxe

0 0 17.707,20 12
17.707,20 2.124,86 15.300,00 14
33.007,20 4.266,86 20.400,00 18,5
53.407,20 8.040,86 En diante 21,5

Deduccións aprobadas pola Xunta de Galicia para o Exercicio 2009 (a declarar no 2010) e exercicio 2010 (a declarar no 2011)
Tipo Deducción

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS

300 €, por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo que conviva co contribuínte na data de remuneración do imposto.

360 €, por cada fillo no caso de parto múltiple.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes cando persista a convivencia na data de remuneración. Esta dedución será de:

  • 360 €, sempre que a base impoñible, menos os mínimos persoal e familiar, fose menor ou igual a 22.000 €.
  • 300 €, sempre que a base impoñible, menos os mínimos persoal e familiar, estivese comprendida entre 22.001 € e 31.000 €.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os dous proxenitores, a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

POR FAMILIA NUMEROSA

De Categoría Xeral 250 €

De Categoría Especial 400 €

500 e 800 € respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que lles sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 65% da dedución anterior.

Esta dedución practicarase polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa.

Cando convivan con máis dun, o importe ratearase por partes iguais.

POR COIDADO DE FILLOS DE 3 OU MENOS ANOS

30% do gasto de gardarías ou persoa empregada co límite máximo de 200 € sempre que:

  • Os fillos teñan 3 ou menos anos.
  • Ambos os dous pais realicen actividade por conta propia ou allea, con alta na Seguridade Social ou mutualidade.
  • A empregada do fogar estea dada de alta na Seguridade Social.
  • A base impoñible total, menos os mínimos persoal e familiar, non exceda de 22.000 € en tributación individual ou 31.000 € en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito a esa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe se prorrateará entre eles.

POR ALUGUER DE VIVENDA HABITUAL

10% do gasto sen que exceda de 300 € por contrato.

Cos seguintes requisitos:

  • Contribuiente teña 35 anos ou menos.
  • Contrato posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Fianza no Instituto Galego dá Vivenda e ou Solo.
  • Base Impoñible < ou =22.000 €
  • Igual contía para tributación individual como para a conxunta.

POR COIDADO DE MINÚSVALIDOS DE 65 OU MÁIS ANOS.

10% do gasto co límite de 600 €, sempre que:

  • O contribuínte teña 65 ou máis anos e un grao de minusvalía = ou >65%
  • A base impoñible total, menos os mínimos persoal e familiar, non exceda de 22.000 € en tributación individual (31.000 € en tributación conxunta).
  • Acredítese a necesidade da terceira persoa.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

POR GASTOS DIRIXIDOS AO USO DE NOVAS TECNOLOXÍAS NO FOGAR

30% da cota de alta e cotas mensuais co límite máximo de 100 €, cos seguintes requisitos:

  • só se aplicará no exercicio no que se subscribe
  • de uso exclusivo no fogar e non vinculada a actividade económica.
  • Non aplicable a un cambio de compañía nin á alta de máis dunha conexión, se xa se contratou noutro exercicio.
  • O límite máximo aplícase a todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio xa sexan dunha ou varias conexións simultáneas.

POR ALTA NO CENSO DE EMPRESARIOS PROFESIONAIS E RETEDORES

300 €, o período impositivo no que se produza a alta, cos seguintes requisitos:

  • Que causen alta por primeira vez.
  • Homes < de 35 anos e mulleres cualquera que sexa a súa idade.
  • Que manteñan a situación de alta durante un ano.
  • Que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Deduccións aprobadas pola Xunta de Galicia para o Exercicio 2007 (a declarar no 2008) e exercicio 2008 (a declarar no 2009)
Tipo Deducción

POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS

300 €, por cada fillo nacido ou adoptado no período impositivo que conviva co contribuínte na data de remuneración do imposto.

360 €, por cada fillo no caso de parto múltiple.

A dedución estenderase aos dous períodos impositivos seguintes cando persista a convivencia na data de remuneración. Esta dedución será de:

  • 360 €, sempre que a base impoñible, menos os mínimos persoal e familiar, fose menor ou igual a 22.000 €.
  • 300 €, sempre que a base impoñible, menos os mínimos persoal e familiar, estivese comprendida entre 22.001 € e 31.000 €.

Cando, no período impositivo do nacemento ou adopción ou nos dous seguintes, os fillos convivan con ambos os dous proxenitores, a dedución practicarase por partes iguais na declaración de cada un deles.

POR FAMILIA NUMEROSA

De Categoría Xeral 250 €

De Categoría Especial 400 €

500 e 800 € respectivamente cando algún dos cónxuxes ou descendentes aos que lles sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 65% da dedución anterior.

Esta dedución practicarase polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa. Cando convivan con máis dun, o importe ratearase por partes iguais.

POR COIDADO DE FILLOS DE 3 OU MENOS ANOS

30% do gasto de gardarías ou persoa empregada co límite máximo de 200 € sempre que: 

  • Os fillos teñan 3 ou menos anos.
  • Ambos os dous pais realicen actividade por conta propia ou allea, con alta na Seguridade Social ou mutualidade.
  • A empregada do fogar estea dada de alta na Seguridade Social.
  • A base impoñible total, menos os mínimos persoal e familiar, non exceda de 22.000 € en tributación individual ou 31.000 € en tributación conxunta.

Cando máis dun contribuínte teña dereito a esa dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe se ratearase entre eles.

POR ALUGUER DE VIVENDA HABITUAL

10% do gasto sen que exceda de 300 € por contrato.

Cos seguintes requisitos:

  • Contribuínte teña 35 anos ou menos.
  • Contrato posterior ao 1 de xaneiro de 2003.
  • Fianza no Instituto Galego dá Vivenda e ou Solo.
  • Base Impoñible < ou =22.000 €
  • Igual contía para tributación individual como para a conxunta

POR COIDADO DE MINÚSVALIDOS DE 65 OU MÁIS ANOS

10% do gasto co límite de 600 €, sempre que:

  • O contribuínte teña 65 ou máis anos e un grao de minusvalía = ou >65%
  • A base impoñible total, menos os mínimos persoal e familiar, non exceda de 22.000 € en tributación individual (31.000 € en tributación conxunta).
  • Acredítese a necesidade da terceira persoa.
  • O contribuínte non sexa usuario de residencias ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia

POR GASTOS DIRIXIDOS AO USO DE NOVAS TECNOLOXÍAS NO FOGAR

30% da cota de alta e cotas mensuais co límite máximo de 100 €, cos seguintes requisitos:

  • só se aplicará no exercicio no que se subscribe
  • de uso exclusivo no fogar e non vinculada a actividade económica.
  • Non aplicable a un cambio de compañía nin á alta de máis dunha conexión, se xa se contratou noutro exercicio.
  • O límite máximo aplícase a todas as cantidades satisfeitas durante o exercicio xa sexan dunha ou varias conexións simultáneas.

POR ALTA NO CENSO DE EMPRESARIOS PROFESIONAIS E RETEDORES

300 €, o período impositivo no que se produza a alta, cos seguintes requisitos:

  • Que causen alta por primeira vez.
  • Homes < de 35 anos e mulleres calquera que sexa a súa idade.