Volver ao contido

Pasos a seguir para a presentación e pagamento do imposto

  1. Obtención do certificado dixital.
  2. Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT
  3. Presentación da declaración de alta no Censo Electrónico de Concesións e Instalacións de Depósito ou Almacenamento Mineiros (Cecidam) (prazo: primeiro mes natural que comece tras a data de deveño e anterior ao momento 4).
    Os suxeitos pasivos do ICAM que xa tivesen iniciado os labores mineiros obxecto de gravame por este tributo no ano 2017 así como os que tivesen notificada a autorización dunha instalación, almacén ou depósito de residuos mineiros, o prazo de presentación da declaración de alta será no mes de xaneiro de 2018.
  4. Presentación e pago telemático do pago a conta (prazo do 1 ao 20 de setembro).
  5. Presentación e pago telemático da autoliquidación anual (prazo: do 1 ao 20 de maio)
    Prazo excepcional anos 2015 e 2016: do 1 ao 20 de marzo de 2018.
    Prazo ano 2017: do 1 ao 20 de maio de 2018.

O Imposto Compensatorio Ambiental Mineiro é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia, de carácter ambiental, orientado a compensar as externalidades negativas xeradas polas actividades de extracción, explotación e almacenamento de minerais metálicos industriais e metais preciosos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas da OVT. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizado pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que atoparán na oficina virtual tributaria.

Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, no primeiro mes natural que comece tras a data de deveño, presentar telemáticamente ante a Axencia Tributaria de Galicia, unha declaración inicial dos datos da explotación mineira a través do modelo 008.

ATENCIÓN:
no ano 2018, os suxeitos pasivos do tributo que xa tivesen iniciado os labores mineiros obxecto de gravame por este tributo no ano 2017 así como os que tivesen notificada a autorización dunha instalación, almacén ou depósito de residuos mineiros, deberán presentar a declaración de alta no mes de xaneiro de 2018.

Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telemáticamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo 013, no cal practicarán a autoliquidación do imposto e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo.

Prazos de presentación:

  • Prazo do pago a conta: do 1 ao 20 de setembro do ano en curso.
  • Prazo da autoliquidación: do 1 ao 20 de maio do ano seguinte

ATENCIÓN:
no ano 2018, os suxeitos pasivos do tributo que xa tivesen iniciado os labores mineiros obxecto de gravame por este tributo no ano 2017 así como os que tivesen notificada a autorización dunha instalación, almacén ou depósito de residuos mineiros, deberán presentar as seguintes autoliquidacións:

Ano 2015 e 2016: do 1 ao 20 de marzo de 2018
Ano 2017: do 1 ao 20 de maio de 2018
Ano 2018: Pago a conta do 1 ao 20 de setembro

 As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:

  1. Pago telemático presencial (con NRC):
    • ABANCA
    • Caixabank
    • Grupo Banco Popular
    • Caixa Rural Galega
    • Caja Rural de Zamora
    • EVO Banco
    • Targobank
     
  2. Pago telemático con cargo en conta:
    • ABANCA
    • Caixabank
    • Grupo Banco Popular
    • Banco Santander
    • BBVA
    • Caja Rural de Zamora
    • Caixa Rural Galega
    • EVO Banco
    • Banco Sabadell
    • Targobank