Volver ao contido

Pasos a seguir para a presentación e pagamento do imposto

  1. Obtención do certificado dixital.
  2. Obtención da autorización da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia para o acceso á OVT
  3. Focos emisores que tivesen presentado alta ante a Consellería de Facenda: acceso á OVT, Censo Electrónico de Focos emisores de substancias contaminantes de Galicia, consulta de datos e presentación de confirmación dos datos do Censo.
    Focos emisores sen alta previa: acceso á OVT, Censo Electrónico de focos emisores de substancias contaminantes de Galicia, presentación da declaración inicial de alta no Censo (o prazo será o primeiro mes natural que se abra tras o día da súa posta en funcionamento e anterior ao punto 4).
  4. Presentación e pagamento telemático dos pagamentos a conta mensuais (prazo: mes natural seguinte ao período ao que se refira a autoliquidación.)
  5. Presentación e pagamento, se é o caso, do resumo anual (prazo: mes de marzo do ano seguinte ao período ao que se refire a autoliquidación)

O Imposto de contaminación atmosférica é un tributo propio da Comunidade Autónoma de Galicia que somete a gravame a emisión á atmosfera de calquera das seguintes substancias:

  • Dióxido de xofre e calquera outro composto osixenado do xofre.
  • Dióxido de nitróxeno ou calquera outro composto osixenado do nitróxeno

Os suxeitos pasivos deste imposto deberán autoliquidar o imposto a través das aplicacións informáticas da OVT. Estes suxeitos pasivos deberán dispoñer do correspondente certificado dixital e estar previamente autorizados pola Dirección da Axencia Tributaria de Galicia, para o que deberán presentar ante esta, con anterioridade ao primeiro prazo de autoliquidación, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario axustadas aos modelos que encontrarán na oficina virtual tributaria.

Unha vez autorizados, os suxeitos pasivos deberán, no prazo de presentación da primeira autoliquidación e previamente a esta, presentar telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia, unha declaración inicial de alta do foco emisor a través do modelo 004. No caso de focos emisores que tivesen presentado unha alta previa ante a Consellería de Facenda deberán confirmar os datos do censo a través do modelo 004.

Unha vez presentada a declaración inicial, ingresarán e presentarán telematicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia o modelo 002, no cal practicarán a autoliquidación do imposto e determinarán a débeda tributaria correspondente a cada período impositivo.

As entidades financeiras nas que pode facer os ingresos telemáticos son as seguintes:

  1. Pagamento telemático presencial (con NRC)
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Grupo Banco Popular
    • Caja Duero
     
  1. Pagamento telemático con cargo en conta
    • Abanca
    • Evo Banco
    • La Caixa
    • Banco Popular
    • Banco Santander
    • BBVA
    • Caja Rural Galega
    • Caja Duero
    • Caja Rural de Zamora