Volver ao contido

Guía do imposto

O imposto sobre a contaminación atmosférica recaerá sobre as emisións nas que os seus focos se atopen situados dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma.

  • Lei 12/1995, do 29 de decembro, do imposto sobre a contaminación atmosférica
  • Decreto 9/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica, aprobado polo Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro
  • Decreto 29/2000, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica  
  • Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicación do imposto sobre a contaminación atmosférica

Constitúe o feito impoñible as emisións á atmosfera de calquera das seguintes substancias:

  1. Dióxido de xofre ou calquera outro composto osixenado do xofre.
  2. Dióxido de nitróxeno ou calquera outro composto osixenado do nitróxeno.

Presumirase realizado o feito impoñible mentres as instalacións emisoras non cesen na súa actividade e tal circunstancia sexa posta en coñecemento da Administración.

Serán suxeitos pasivos en calidade de contribuíntes as persoas ou entidades que sexan titulares das instalacións ou actividades que emitan as substancias contaminantes gravadas.

Constitúe a base impoñible a suma das cantidades emitidas de cada unha das substancias contaminantes por un mesmo foco emisor.

Para estes efectos:

  1. As cantidades emitidas de dióxido de xofre e de dióxido de nitróxeno expresaranse en toneladas.
  2. As cantidades emitidas de compostos osixenados de xofre expresaranse en toneladas equivalentes de dióxido de xofre.
  3. As cantidades emitidas de compostos nitroxenados expresaranse en toneladas equivalentes de dióxido de nitróxeno.

A cuantificación da base impoñible referirase ao ano natural.

Formas de determinación da base impoñible:

  • por estimación directa (con carácter xeral), deducida da declaración do suxeito pasivo e verificada pola Administración, ou, no seu caso, polos datos ou documentos obxecto de comprobación administrativa. Para a estimación directa da base impoñible deberán empregarse procedementos de medición que apliquen métodos normalizados ou aceptados previamente pola consellería competente en materia de medioambiente, utilizando normas CEN aplicables. Se non houbese normas CEN dispoñibles, aplicaranse normas ISO ou nacionais. De non existir normas aplicables, poderán utilizarse procedementos de acordo cos proxectos de normas ou directrices da industria sobre mellores prácticas. No caso de que nun sector industrial concreto non existise ningunha metodoloxía recoñecida de estimación de emisións ou de guías ou directrices da industria de mellores prácticas, poderá estimarse a base impoñible baseándose en estimacións non normalizadas, deducidas das mellores hipóteses ou de opinións autorizadas.
  • por estimación obxectiva, mediante métodos aceptados nacional ou internacionalmente e deducindo a cantidade de contaminantes emitida de indicadores obxectivos vinculados á actividade, ao proceso de produción de que se trate e aos combustibles, materias primas e calquera outros materiais empregados no desenvolvemento da actividade, ou por referencia aos índices, módulos ou calquera outro parámetros.

A cantidade estimada de SOx emitida no período temporal obxecto da liquidación calcularase aplicando a seguinte fórmula: X= 2 * C * (x - y * z)

Onde:

X= cantidade de SOx emitida mensualmente expresada en Tm equivalentes de dióxido de xofre (Tm/mes).

C= cantidade de combustible consumido mensualmente en Tm (Tm/mes).

x= tanto por un en peso de xofre no combustible.

y= tanto por un en peso de cinzas no combustible.

z= tanto por un en peso de xofre nas cinzas (g/kg).

A cantidade estimada de NOx emitida no período temporal obxecto da liquidación calcularáse aplicando aseguinte fórmula:

Y= FENOx * C * PCS * 10–6

Onde:

Y= cantidade de NOx emitida mensualmente expresada en Tm equivalentes de dióxido de nitróxeno (Tm/mes).

C= cantidade de combustible consumido no período temporal obxecto da liquidación expresada en toneladas métricas (t).

PCS= poder calorífico superior do combustible (Mj/kg).

FENOx= factor de emisión de compostos oxidados de nitróxeno expresados en g/Gj equivalentes de dióxido de nitróxeno, que será, en cada caso, o que resulte das seguintes táboas:

  1. Para as instalacións nas que a actividade de combustión estea asociada a un proceso produtivo os factores de emisión que se aplicarán son os que se relacionan a seguir, segundo se trate de caldeiras de combustión, turbinas de gas ou motores estacionarios:
    1. Caldeiras de combustión:
       

      Combustible

      NOx (g/GJ)

      Carbón coquizable

      155

      Hulla

      155

      Lignito negro

      155

      Coque

      155

      Coque de petróleo

      300

      Madeira

      206

      Residuos de madeira

      155

      Residuos industriais

      298

      Residuos agrícolas

      84

      Lodos de depuradora

      171

      Fuelóleo

      165

      Gasóleo

      70

      Licos negro

      160

      Gas natural

      62

      GLP

      62

      Gas de coquería

      90

      Gas de horno

      55

      Gas residual

      90

      Gas de refinaría

      140

      Biogás

      60

      Gas manufacturado

      62

      Gas de aceiría

      55

       
    2. Turbinas de gas:
       

      Combustible

      NOx (g/GJ)

      Fuelóleo

      350

      Gasóleo

      350

      Gas natural

       

      GFP

      188

      Area

      165

      GLP

      120

      Biogás

      48

       
    3. Motores estacionarios:
       

      Combustible

       NOx (g/GJ)

      Fuelóleo

       1150

      Gasóleo

       1200

      Gas natural

       312

       
  1. Para as instalacións de coxeneración de produción eléctrica os factores de emisión que se aplicarán son os seguintes:

    Combustible

    NOx (g/GJ)

    Fuelóleo

    1150

    Gasóleo

     

    900 (Ignición por compresión);

    1400 (ignición por faísca)

    Diésel oil

     

    900 (Ignición por compresión);

    1400 (ignición por faísca)

    Gas natural

    312

    GLP

    120

    Biogás

    107-116

 

A cota tributaria virá determinada pola aplicación da seguinte tarifa impositiva por tramos de base:

Tarifa por tramos base

Tramos de base

Euros./t

De 0 a 100'00 Tm. anuais

0

De 100'01 a 1000'00 Tm. Anuais

36

De 1.000'01 a 3.000'00 Tm. anuais

50

De 3.000'01 a 7.000'00 Tm. anuais

70

De 7.000'01 a 15.000'00 Tm. anuais

95

De 15.000'01 a 40.000,00 Tm. anuais

120

De 40.000,01 a 80.000,00 Tm. anuais

150

De 80.000'01 Tm. anuais

200

O gravame devengarase no momento da emisión de calquera das substancias contaminantes gravadas.

O pagamento e a presentación das autoliquidacións do imposto sobre a contaminación atmosférica, deberá realizarse por medios electrónicos, a través da aplicación que a Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) poña a disposición dos suxeitos pasivos na Oficina Virtual Tributaria (OVT).

Poderán empregar as aplicacións informáticas do imposto sobre a contaminación atmosférica os usuarios que se relacionan a continuación, sempre que sexan autorizados previamente pola dirección da ATRIGA:

  1. Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pago dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.
  2. Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados nel.

 Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas do imposto sobre a contaminación atmosférica, deberán presentar ante a dirección da ATRIGA, unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario con anterioridade ao primeiro prazo no que deban cumprir as obrigas tributarias referidas ao imposto sobre a contaminación atmosférica. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no parágrafo anterior.

Obriga de presentar Declaración de Alta :

Os suxeitos pasivos, por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, están obrigados a presentar, electronicamente ante a ATRIGA, e, en calquera caso, antes do pago e presentación electrónica da primeira autoliquidación, unha declaración de alta no Censo Electrónico de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, mediante o modelo 004, no que consignarán os datos correspondentes ao último ano natural e, no seu caso, optarán pola estimación obxectiva da base impoñible.

No suposto de establecemento e posta en marcha dun novo foco emisor, os datos referidos ao ano natural a consignar na declaración de alta, consistirán en previsións ou estimacións anuais.

O prazo para formular e presentar a declaración de alta será o primeiro mes natural que se abra tras o día da súa posta en funcionamento. Este prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no caso de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

Cando as emisións anuais declaradas superen as 80 Tm anuais, o foco emisor inscribirase no Censo.

Persistirá a obriga de efectuar nova declaración de alta, para aquel foco emisor non inscrito, cando a súa contaminación efectiva anual supere o referido límite de 80 Tm. No caso de que a contaminación efectiva durante o ano, superando o límite regulamentario, non supoña a obriga de presentar autoliquidación, o suxeito pasivo deberá presentar o modelo 004 no mes de xaneiro do ano natural seguinte. No caso de que dita superación supoña a obriga de presentar autoliquidación, o suxeito pasivo deberá presentar o modelo 004, no mesmo prazo de presentación da autoliquidación mensual e con carácter previo a ela.

Para realizar esta declaración empregará a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria.

No bloque "Carácter": deberá sinalarse o carácter ao que corresponda a declaración, neste caso ALTA. Neste caso a data será a do inicio da actividade.

Neste bloque, unha vez presentada a declaración cargarase o número de expediente e a data de presentación.

No bloque "Suxeito pasivo" cargaranse os datos do certificado dixital, podendo modificar o enderezo do certificado dixital por unha dirección a efectos de notificacións, sempre que a tivera previamente dada de alta na Oficina Virtual Tributaria.

No bloque "Representante": no caso de actuar mediante representante, deberá consignar os datos deste.

No bloque "foco emisor": neste bloque deberá consignar os datos da situación xeográfica do foco emisor e a información de tipo técnico do seu funcionamento.

Os datos que teñan carácter anual deberán consignarse as previsións anuais.

DENOMINACIÓN DAS INSTALACIÓNS: deberá consignar a denominación das instalacións que constitúen o foco emisor.

CÓDIGO: non se cubrirá este dato

SITUACIÓN: deberá consignar a provincia, o municipio e o lugar en que radica o foco emisor.

MÉTODO DE MEDICIÓN: deberá consignar a norma que segue nos procedementos de medición da base impoñible. Deberán ser métodos normalizados ou aceptados previamente pola consellería competente en materia de medio ambiente, utilizando normas CEN aplicables. Se non houbese normas CEN dispoñibles, aplicaranse normas ISO ou nacionais. De non existir normas aplicables, marcarase OUTRA e describirase a norma utilizada, podendo ser procedementos de acordo cos proxectos de normas ou directrices da industria sobre mellores prácticas. No caso de que nun sector industrial concreto non existise ningunha metodoloxía recoñecida de estimación de emisións ou de guías ou directrices da industria de mellores prácticas, poderá estimarse a base impoñible baseándose en estimacións non normalizadas, deducidas das mellores hipóteses ou de opinións autorizadas.

MONITORES DE EMISIÓN DE CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA: deberá consignar se está obrigado ou non segundo a normativa vixente en materia de medio ambiente a dispoñer de monitores de medición en continuo de concentración de substancias emitidas e de caudais ou se dispón ou non dos devanditos monitores de medición voluntariamente. Deberá consignar o tipo de contaminantes que miden.

Deberá marcar a norma á que se axustan. En caso de marcar "outra", deberá consignar cal.

TECNOLOXÍAS DE REDUCIÓN DE EMISIÓNS: deberá consignar o nome delas e a porcentaxe de redución de cada sustancia contaminante.

POTENCIA INSTALADA: deberá consignar a potencia máxima instalada medida en MW.

ENERXÍA CONSUMIDA: deberá consignar a enerxía anual consumida medida en MWh.

Nº DE DÍAS de OPERACIÓN ao ANO: deberá consignar o número de días de actividade ao ano.

EMISIÓN ANUAL de toneladas: No caso de declaración de alta producida polo establecemento e a posta en marcha dun novo foco emisor, os datos referidos ao ano natural consistirán en previsións ou estimacións anuais.

No bloque de "Estimación obxetiva" deberá marcar, segundo proceda, a casa mediante a que opta á estimación obxectiva da base impoñible ou a casa mediante a que renuncia á mesma.

No caso de que marcase a casa correspondente ao exercicio da opción pola estimación obxectiva da base impoñible, deberá consignar, segundo proceda, se o foco emisor está constituído por unha instalación de coxeración de produción eléctrica ou/e se se trata dunha instalación de combustión asociada ao proceso produtivo, marcando neste último caso, segundo proceda, se se trata dunha caldeira de combustión, unha turbina de gas ou/e un motor estacionario.

Só poderá marcar a casa da opción no caso de que non estivese obrigado de acordo coa normativa do ICA a determinar a base impoñible mediante estimación directa e sempre que puidese aplicar as fórmulas contidas no Regulamento do ICA para a estimación da base impoñible.

No bloque "Consumos": Neste bloque deberá consignar as cantidades anuais previstas de combustibles empregados no proceso produtivo medidas en toneladas métricas (t).

Nos supostos en que os combustibles consumidos no ano sexan varios, consignaranse, no seu caso, os catro máis importantes cuantitativamente. Para cada combustible deberase indicar, no seu caso:

  • denominación do combustible
  • as toneladas consumidas
  • o poder calorífico superior do combustible (PCS) medido en MJ/Kg
  • os coeficientes X, Y e Z: os datos que deberán figurar nestas columnas son, respectivamente, o peso de xofre no combustible, o peso de cinzas no combustible e o peso de xofre nas cinzas, expresados os tres en tanto por un.
  • o factor de emisión NOx, no caso de estimación obxectiva.

A aplicación informática totalizará os consumos dos combustibles segundo os datos declarados. Con todo, no caso de que só se consignasen catro deles e empregásense máis de catro, deberase modificar o dato dos consumos totais de combustibles para consignar o total das toneladas métricas (t), de todos eles.

A aplicación calcularalle a porcentaxe que supoñen os consumos dos combustibles consignados sobre a totalidade dos combustibles consumidos.

Nos bloques Consumos anuais de materias primas e Produtos en proceso, consignaranse as cantidades anuais previstas.

Nos supostos en que as materias primas consumidas no ano sexan varias, consignaranse, no seu caso, os catro máis importantes cuantitativamente.

Nos supostos en que os produtos en proceso obtidos no ano sexan varios, consignaranse, no seu caso, os catro máis importantes cuantitativamente.

A declaración será datada e asinada polo suxeito pasivo ou polo seu representante.

Obriga de presentar declaración de modificación no Censo Electrónico de Focos Emisores de Substancias Contaminantes:

Os suxeitos pasivos, por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, deberán presentar, electronicamente ante a ATRIGA, no mes de xaneiro de cada ano natural, mediante o modelo 004, unha declaración de modificación dos datos dos focos emisores inscritos no Censo Electrónico de Focos Emisores de Substancias Contaminantes que teñan carácter anual, cando sufrisen variacións respecto dos datos inscritos neste.

Considérase que teñen carácter anual os datos declarados relativos a consumos de combustibles, materias primas e produtos en proceso, enerxía consumida, número de días de operación e emisión de substancias contaminantes.

Cando sufran variacións o resto de datos consignados no modelo non relacionados no parágrafo anterior, o suxeito pasivo procederá a cumprir a obriga de efectuar a declaración de modificación de acordo co parágrafo anterior, pero no prazo do primeiro mes natural que se abra tras o día en que se produza a circunstancia modificativa.

Os obrigados a presentar autoliquidación non virán obrigados a presentar declaración de modificación no mes de xaneiro se os únicos datos que se modificaron ao longo do ano inmediato anterior foron os datos que teñen carácter anual.

Tampouco virán obrigados a presentar declaración os suxeitos pasivos, polos focos emisores que non fosen inscritos no rexistro, para os que durante o ano inmediato anterior, aínda que variasen os datos de emisión de substancias contaminantes, dita emisión non superase as 80 Tm.

Os suxeitos pasivos, por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, deberán presentar, electronicamente ante a ATRIGA, declaración de modificación dos datos dos focos emisores inscritos no Censo Electrónico de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, mediante o modelo 004, na forma e prazos sinalados nesta orde, sempre que se produza a modificación do suxeito pasivo por calquera operación ou título xurídico.

Os suxeitos pasivos,  por cada un dos focos emisores das substancias contaminantes gravadas polo imposto sobre a contaminación atmosférica, deberán presentar, electronicamente ante a ATRIGA, declaración de modificación dos datos dos focos emisores inscritos no Censo Electrónico de Focos Emisores de Substancias Contaminantes, mediante o modelo 004, na forma e prazos sinalados nesta orde, sempre que se produza o cesamento da actividade.

Todos os prazos aos que se refire este artigo entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no caso de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

Para realizar esta declaración empregará a aplicación informática que a Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria.

No bloque "Carácter": Neste bloque deberá sinalarse o carácter ao que corresponda a declaración, de acordo coa nomenclatura que se sinala a continuación, e a data de efectos, que será a data que se sinala en cada caso:

MODIFICACIÓN POR CESAMENTO DE ACTIVIDADE: Cando se trate deste tipo de modificación, a data será a do cesamento da actividade.

MODIFICACIÓN POR OPCIÓN/RENUNCIA ESTIMACIÓN OBXECTIVA: Cando se trate dunha modificación motivada polo exercicio da opción de ou pola renuncia á estimación obxectiva da base impoñible, a data para consignar será segundo proceda a seguinte:

  • no caso de exercicio da opción: o 1 de xaneiro do ano natural en que deba facer efecto o exercicio da opción.
  • no caso de renuncia á estimación obxectiva, cando for motivada pola obrigatoriedade de determinación da base impoñible en estimación directa, a data na que se produciu dita circunstancia.
  • no caso de renuncia á estimación obxectiva diferente da contemplada no punto anterior: o 1 de xaneiro do ano natural en que deba fornecer efecto.

MODIFICACIÓN: Cando se trate de calquera outra modificación dos datos declarados con anterioridade correspondentes ao parque. Neste caso a data para consignar é a data da autorización da modificación, no caso de que sexa unha modificación que precisase autorización, e, en caso contrario, consignarase a data da modificación.

Cando se trate dunha modificación dos datos declarados con anterioridade correspondentes ao foco emisor. En concreto:

  1. cando se trate dun foco emisor que, presentando o modelo con anterioridade, non resultase inscrito no Rexistro de Focos Emisores, por non superar o límite regulamentario. Neste caso:
  • cando as emisións superen as 80 t pero non superen as 100 t: deberá presentar no mes de xaneiro seguinte o modelo 004 e a data para consignar será o 31 de decembro do ano en que se superou o límite.
  • cando as emisións superen as 100 t: deberá presentar o modelo 004 no mes natural seguinte a aquel no que se superou o límite regulamentario e a data que se consignará será o último día do mes natural no que se produciu a referida circunstancia.

Exemplo: Foco emisor que emite durante o ano 75 toneladas de substancias contaminantes gravadas. No mes de outubro está a emitir xa 89 toneladas. No mes de novembro supera o límite das 100 toneladas.
Deberá presentar o modelo 004 no mes de decembro, consignando o carácter de MODIFICACIÓN e na data de efectos consignará o 30 de novembro do ano en curso. Nese momento inscribirase no Rexistro de Focos Emisores.

  1. cando se trate dun foco emisor inscrito que comunique a modificación de datos que teñan carácter anual. Neste caso deberá presentar o modelo 004 no mes de xaneiro seguinte ao ano natural en que se produza dita circunstancia e a data de efectos que se consignará no modelo será a do último día do ano natural ao que se refiran os datos.
  2. cando se trate dun foco emisor inscrito que comunique a modificación de datos que non teñan carácter anual. Neste caso deberá presentar o modelo 004 no mes natural seguinte a aquel en que se produza a modificación e a data de efectos que se consignará no modelo será a do día no que tivese lugar a modificación ou, na súa falta, o último día do mes natural no que se produciu a referida circunstancia.

BAIXA POR CAMBIO DE SUXEITO PASIVO: Consignarase cando se produza a transmisión por calquera título da condición de suxeito pasivo. A data será a da transmisión. Neste caso haberá que especificar o NIF do novo suxeito pasivo.

ALTA POR CAMBIO DE SUXEITO PASIVO: Consignarase no caso de adquisición da condición de suxeito pasivo deste imposto por calquera título. A data será a do día seguinte á data en que se produciu o cambio do suxeito pasivo. Neste caso haberá que especificar o NIF do anterior suxeito pasivo.

Neste bloque, unha vez presentada a declaración cargarase o número de expediente e a data de presentación.

No bloque "Suxeito pasivo" cargaranse os datos do certificado dixital, podendo modificar o enderezo do certificado dixital por unha dirección a efectos de notificacións, sempre que a tivera previamente dada de alta na Oficina Virtual Tributaria.

No bloque "Representante": no caso de actuar mediante representante, deberá consignar os datos deste.

No bloque "Datos foco emisor": Neste bloque deberá consignar os datos da situación xeográfica do foco emisor e a información de tipo técnico do seu funcionamento, segundo o carácter da declaración da que se trate.

Os datos que teñan carácter anual serán os correspondentes ao ano inmediato anterior.

Neste bloque deberá consignar:

  1. DENOMINACIÓN DAS INSTALACIÓNS: deberá consignar a denominación das instalacións que constitúen o foco emisor.
  2. CÓDIGO: Será obrigatorio consignar o código da instalación.
  3. SITUACIÓN: deberá consignar a provincia, o municipio e o lugar en que radica o foco emisor.
  4. MÉTODO DE MEDICIÓN: deberá consignar a norma que segue nos procedementos de medición da base impoñible. Deberán ser métodos normalizados ou aceptados previamente pola consellería competente en materia de medio ambiente, utilizando normas CEN aplicables. Se non houbese normas CEN dispoñibles, aplicaranse normas ISO ou nacionais. De non existir normas aplicables, marcarase OUTRA e describirase a norma utilizada, podendo ser procedementos de acordo cos proxectos de normas ou directrices da industria sobre mellores prácticas. No caso de que nun sector industrial concreto non existise ningunha metodoloxía recoñecida de estimación de emisións ou de guías ou directrices da industria de mellores prácticas, poderá estimarse a base impoñible baseándose en estimacións non normalizadas, deducidas das mellores hipóteses ou de opinións autorizadas.
  5. MONITORES DE EMISIÓN DE CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA: deberá consignar se está obrigado ou non segundo a normativa vixente en materia de medio ambiente a dispoñer de monitores de medición en continuo de concentración de substancias emitidas e de caudais ou se dispón ou non dos devanditos monitores de medición voluntariamente. Deberá consignar o tipo de contaminantes que miden.
    Deberá marcar a norma á que se axustan. En caso de marcar "outra", deberá consignar cal.
  6. TECNOLOXÍAS DE REDUCIÓN DE EMISIÓNS: deberá consignar o nome delas e a porcentaxe de redución de cada sustancia contaminante.
  7. POTENCIA INSTALADA: deberá consignar a potencia máxima instalada medida en MW.
  8. ENERXÍA CONSUMIDA: deberá consignar a enerxía anual consumida medida en MWh.
  9. Nº DE DÍAS de OPERACIÓN ao ANO: deberá consignar o número de días de actividade ao ano.
  10. EMISIÓN ANUAL de toneladas: deberá consignar as toneladas emitidas á atmosfera no ano inmediato anterior de cada sustancia contaminante.

Carácter da declaración: BAIXA POR CAMBIO DE SUXEITO PASIVO,  OPCIÓN/RENUNCIA ESTIMACIÓN OBXECTIVA Ou MODIFICACIÓN POR CESAMENTO DE ACTIVIDADE

En calquera destes tres casos o suxeito pasivo unicamente deberá consignar o código de foco para o que queira facer a declaración.

Carácter da declaración: ALTA POR CAMBIO DE SUXEITO PASIVO

Neste caso o suxeito pasivo deberá consignar o código de foco para o que queira facer a declaración e todos os datos a que se refire o epígrafe de ALTA.

Carácter da declaración: MODIFICACIÓN

Neste caso, o suxeito pasivo deberá consignar o código de foco para o que queira facer a declaración e os datos dos que comunica a súa modificación.

No bloque de "Estimación obxetiva" deberá marcar, segundo proceda, a casa mediante a que opta á estimación obxectiva da base impoñible ou a casa mediante a que renuncia á mesma.

No caso de que marcase a casa correspondente ao exercicio da opción pola estimación obxectiva da base impoñible, deberá consignar, segundo proceda, se o foco emisor está constituído por unha instalación de coxeración de produción eléctrica ou/e se se trata dunha instalación de combustión asociada ao proceso produtivo, marcando neste último caso, segundo proceda, se se trata dunha caldeira de combustión, unha turbina de gas ou/e un motor estacionario.

Só poderá marcar a casa da opción no caso de que non estivese obrigado de acordo coa normativa do ICA a determinar a base impoñible mediante estimación directa e sempre que puidese aplicar as fórmulas contidas no Regulamento do ICA para a estimación da base impoñible.

No bloque "Consumos": Neste bloque deberá consignar as cantidades consumidas de combustibles empregados no proceso produtivo correspondentes ao ano inmediato anterior medidas en toneladas métricas (t).

Nos supostos en que os combustibles consumidos no ano sexan varios, consignaranse, no seu caso, os catro máis importantes cuantitativamente. Para cada combustible deberase indicar, no seu caso:

  • denominación do combustible
  • as toneladas consumidas
  • o poder calorífico superior do combustible (PCS) medido en MJ/Kg
  • os coeficientes X, Y e Z: os datos que deberán figurar nestas columnas son, respectivamente, o peso de xofre no combustible, o peso de cinzas no combustible e o peso de xofre nas cinzas, expresados os tres en tanto por un.
  • o factor de emisión NOx, no caso de estimación obxectiva.

A aplicación informática totalizará os consumos dos combustibles segundo os datos declarados. Con todo, no caso de que só se consignasen catro deles e empregásense máis de catro, deberase modificar o dato dos consumos totais de combustibles para consignar o total das toneladas métricas (t), de todos eles.

A aplicación calcularalle a porcentaxe que supoñen os consumos dos combustibles consignados sobre a totalidade dos combustibles consumidos.

Nos bloques Consumos anuais de materias primas e Produtos en proceso, consignaranse os datos correspondentes ao ano inmediato anterior.

Nos supostos en que as materias primas consumidas no ano sexan varias, consignaranse, no seu caso, os catro máis importantes cuantitativamente.

Nos supostos en que os produtos en proceso obtidos no ano sexan varios, consignaranse, no seu caso, os catro máis importantes cuantitativamente.

A declaración será datada e asinada polo suxeito pasivo ou polo seu representante.

Os suxeitos pasivos, por cada foco emisor, estarán obrigados a efectuar electronicamente ante a ATRIGA, durante cada mes natural, un pago a conta do importe da débeda tributaria definitiva, autoliquidando e ingresando o seu importe, mediante o modelo 002, que conformarán coa aplicación informática que a ATRIGA poña á súa disposición na OVT, seguindo o procedemento establecido nos artigos seguintes e de acordo coas instrucións do devandito modelo.

Non estarán obrigados a presentar as correspondentes autoliquidacións mensuais os suxeitos pasivos por aqueles focos emisores que non superasen as 80 Tm de emisións anuais das substancias contaminantes gravadas durante o ano inmediato anterior. Con todo, se ao longo do ano se superasen as 100 Tm emitidas, quedarán obrigados a presentar as oportunas autoliquidacións mensuais desde ese momento, de acordo co sinalado no parágrafo anterior.

Os suxeitos pasivos titulares de novos focos emisores quedarán obrigados a presentar as correspondentes autoliquidacións mensuais de acordo co sinalado nos parágrafos anteriores a partir da súa posta en funcionamento.

Os suxeitos pasivos deberán confeccionar electronicamente o modelo 002:

Bloque "Período y carácter": neste bloque deberán consignarse os datos correspondentes ao carácter e ao período ao que se refire a autoliquidación, da maneira que se describe a seguir:

EXERCICIO: farase constar o ano do período impositivo ao que corresponde a autoliquidación con catro díxitos.

MES: farase constar o mes natural ao que corresponde a autoliquidación do pago a conta do imposto sobre a contaminación atmosférica con dous díxitos.

COMPLEMENTARIA: marcarase este recadro, cando se trate dunha autoliquidación que complementa a outra presentada con anterioridade para o mesmo período de liquidación. Só se poderá presentar unha autoliquidación complementaria cando resulte un importe para ingresar superior ou unha cantidade para devolver ou a compensar inferior ao importe resultante da autoliquidación anterior. Farase constar o número da autoliquidación á que complementa a actual.

Neste bloque, unha vez presentada a autoliquidación cargarase o número de expediente e a data de presentación.

No bloque "Suxeito pasivo": neste bloque cargaranse os datos identificativos do suxeito pasivo: NIF, apelidos e nome ou razón social, dirección fiscal ou dirección para efectos de notificacións. A dirección que será cargada de forma informática é a dirección fiscal do seu certificado dixital. Se quere consignar unha dirección diferente a efectos de notificación, deberá comunicalo con carácter previo na Oficina Virtual Tributaria (OVT). Para isto deberá acceder ao módulo de "Xestión de Datos Persoal" no submenú "Catálogo de servizos".

No bloque "Representante": no caso de actuar mediante representante, deberá consignar os datos deste: NIF, apelidos e nome e dirección.

No bloque "Foco emisor": deberá consignar o código de foco emisor e os datos da súa situación xeográfica, así como o sistema de determinación da base impoñible.

No bloque "Estimación directa" consignaranse :

  • na casa 1A, as cantidades emitidas á atmosfera de SOx, desde o comezo do período impositivo ata o fin do mes ao que se refire a autoliquidación, medidas en toneladas métricas (t) e redondeando a cifra por exceso ou por defecto a tres decimais.
  • na casa 1B, as cantidades emitidas á atmosfera de NOx, desde o comezo do período impositivo ata o fin do mes ao que se refire a autoliquidación, medidas en toneladas métricas (t) e redondeando a cifra por exceso ou por defecto a tres decimais.

No bloque "Estimación obxectiva" consignaranse :

TIPOS: Nesta columna, relacionaranse os combustibles empregados durante o período de tempo ao que se refire a autoliquidación, segundo o tipo de instalación de que se trate a efectos da aplicación dos factores de emisión de NOx das táboas aprobadas no Anexo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento do ICA. No caso de que un combustible for empregado en instalacións diferenciadas de acordo con ditas táboas, consignaranse tantas liñas como instalacións nas que for empregado.

C: nesta columna, expresaranse os consumos dos referidos combustibles durante o período ao que se refire a declaración, expresados en toneladas.

X, Y, Z: estas columnas só se cubrirán na primeira autoliquidación do período impositivo, sempre que ao longo do ano non varíen os datos a que se refiren. No caso de variar ou no caso de que se produzan consumos de combustibles novos respecto dos declarados con anterioridade dentro do ano natural, deberán consignarse.

Os datos que deberán figurar nestas columnas son, respectivamente, o peso de xofre no combustible, o peso de cinzas no combustible e o peso de xofre nas cinzas, expresados os tres en tanto por un.

FACTOR SOx: nesta columna expresarase para cada combustible o resultado da seguinte operación:

Factor SOx = 2 * (X - Y * Z)

T SOx: nesta columna consignarase, para cada combustible, o resultado do produto dos consumos relacionados na columna denominada t polos factores relacionados na columna Factor SOx.

PCS: nesta columna consignarase para cada combustible o seu poder calorífico superior expresado en MJ/kg.

FENOx: virá determinado polas táboas aprobadas no Anexo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica.

FACTOR NOx: nesta columna, consignarase para cada combustible o resultado de aplicar a seguinte fórmula:

Factor NOx = FENOx * PCS * 10-6

T NOx: nesta columna consignarase, para cada combustible, o resultado do produto dos consumos relacionados na columna denominada T polos factores relacionados na columna FACTOR NOx.

Na casa 1A consignarase o resultado da suma dos valores relacionados na columna denominada T SOx. Na casa 1B consignarase o resultado da suma dos valores relacionados na columna denominada T NOx.

No bloque "Liquidación": deberá proceder á autoliquidación do importe do pago a conta do imposto sobre a contaminación atmosférica correspondente ao período ao que se refire a autoliquidación, de acordo cos datos declarados.

BASE IMPOÑIBLE: Na casa 1 consignarase a suma das cantidades consignadas nos recuadros 1A e 1B e transcribirase o mes ao que corresponde a autoliquidación.

TARIFA IMPOSITIVA: Transcribirase a tarifa vixente no momento de produción do feito impoñible constituído polas emisións de contaminación obxecto da autoliquidación.

T EMITIDAS: nesta columna, en función da tarifa antes consignada, procederase a distribuír naqueles tramos de base a que figure na casa 1.

COTA: Nesta columna consignarase o resultado de multiplicar o número de toneladas emitidas pola cantidade correspondente a cada tramo que figure na columna Eur/t.

Na casa número 2, consignarase o resultado da suma das cantidades que figura na columna titulada COTA.

Na casa número 3, consignarase a suma dos pagos a conta autoliquidados con anterioridade e que se refiren ao período impositivo obxecto de liquidación. Lembre que a cantidade ingresada no mes de xaneiro debe aplicarse ao ano inmediatamente anterior.

Na casa número 4, consignarase o resultado da diferenza entre as casas 2 e 3.

Na casa 5, cando se tratase dunha autoliquidación complementaria, consignarase o importe que corresponder pola autoliquidación á que se complementa.

Na casa 6, consignarase a diferenza entre as casas 4 e 5, que corresponderá ao TOTAL para INGRESAR.

IMPORTE INGRESADO: Neste recuadro trasladarase o importe consignado no Total anterior.

No bloque "Ingreso": no caso de que o importe do TOTAL para INGRESAR fose positivo e o suxeito pasivo pretendese solicitar un adiamento ou fraccionamiento da débeda tributaria, deberá marcar o recuadro correspondente a ADIAMENTO/FRACCIONAMIENTO e deberá presentar ante a ATRIGA solicitude expresa de adiamento ou fraccionamiento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que a solicitude poida entenderse presentada pola marcaxe deste recuadro. Neste caso, o importe que figurará no recuadro IMPORTE INGRESADO será 0.

A declaración será datada e asinada polo suxeito pasivo ou polo seu representante.

Os suxeitos pasivos, por cada foco emisor, estarán obrigados a presentar electronicamente ante a ATRIGA, no mes de marzo de cada ano natural, unha declaración-liquidación anual, na que autoliquidarán o imposto correspondente ao ano natural inmediato anterior, aplicarán os pagos a conta que correspondan e ingresarán, no seu caso, o importe resultante, mediante o modelo 003, que conformarán coa aplicación informática que a ATRIGA poña á súa disposición na OVT, seguindo o procedemento establecido nos artigos seguintes e de acordo coas instrucións do devandito modelo.

Non estarán obrigados a presentar a correspondente autoliquidación anual os suxeitos pasivos por aqueles focos emisores que non superasen as 80 Tm de emisións anuais das substancias contaminantes gravadas durante o ano inmediato anterior. Con todo, se ao longo do ano  se superasen as 100 Tm emitidas, quedarán obrigados a presentar a oportuna autoliquidación anual de acordo co sinalado no parágrafo anterior.

Os suxeitos pasivos titulares de novos focos emisores quedarán obrigados a presentar a correspondente autoliquidación anual de acordo co sinalado nos parágrafos anteriores.

Os prazos establecidos neste artigo entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no caso de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

Os suxeitos pasivos deberán confeccionar electronicamente o modelo 003:

 

No bloque "Carácter e período" deberán consignarse os datos correspondentes ao carácter e ao período ao que se refire a autoliquidación, da maneira que se describe a seguir:

EXERCICIO: farase constar o ano do período impositivo ao que corresponde a autoliquidación con catro díxitos.

COMPLEMENTARIA: marcarase este recuadro, cando se trate dunha autoliquidación que complementa a outra presentada con anterioridade para o mesmo período impositivo. Só se poderá presentar unha autoliquidación complementaria cando resulte un importe para ingresar superior ou unha cantidade para devolver ou a compensar inferior ao importe resultante da autoliquidación anterior. Farase constar o número da autoliquidación á que complementa a actual.

Neste bloque, unha vez presentada a autoliquidación cargarase o número de expediente e a data de presentación.

No bloque "Suxeito pasivo": cargaranse os datos identificativos do suxeito pasivo: NIF, apelidos e nome ou razón social, dirección fiscal ou dirección para efectos de notificacións. A dirección que será cargada de forma informática é a dirección fiscal do seu certificado dixital. Se quere consignar unha dirección diferente a efectos de notificación, deberá comunicalo con carácter previo na Oficina Virtual Tributaria (OVT). Para isto deberá acceder ao módulo de "Xestión de Datos Persoal" no submenú "Catálogo de servizos".

 

No bloque "Representante": de actuar mediante representante, deberá consignar os datos deste: NIF, apelidos e nome e dirección.

No bloque "Foco emisor": deberá consignar o código de foco emisor e os datos da súa situación xeográfica, así como o sistema de determinación da base impoñible.

No bloque "Estimación directa" consignaranse :

  • na casa 1A, as cantidades emitidas á atmosfera de SOx, no período impositivo ao que se refire a autoliquidación, medidas en toneladas métricas (t) e redondeando a cifra por exceso ou por defecto a dous decimais.
  • na casa 1B, as cantidades emitidas á atmosfera de NOx, no período impositivo ao que se refire a autoliquidación, medidas en toneladas métricas (t) e redondeando a cifra por exceso ou por defecto a dous decimais.

No bloque "Estimación obxectiva" consignaranse :

TIPOS: Nesta columna, relacionaranse os combustibles empregados durante o período impositivo ao que se refire a autoliquidación, segundo o tipo de instalación de que se trate a efectos da aplicación dos factores de emisión de NOx das táboas aprobadas no Anexo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento do ICA. No caso de que un combustible for empregado en instalacións diferenciadas de acordo con ditas táboas, consignaranse tantas liñas como instalacións nas que for empregado.

C: nesta columna, expresaranse os consumos dos referidos combustibles durante o período ao que se refire a declaración, expresados en toneladas.

X, Y, Z: estas columnas só se cubrirán no caso de variar ou no caso de que se produzan consumos de combustibles novos respecto dos declarados con anterioridade dentro do período impositivo, deberán consignarse.

Os datos que deberán figurar nestas columnas no seu caso son, respectivamente, o peso de xofre no combustible, o peso de cinzas no combustible e o peso de xofre nas cinzas, expresados os tres en tanto por un.

FACTOR SOx: nesta columna expresarase para cada combustible o resultado da seguinte operación:

Factor SOx = 2 * (X - Y * Z)

T SOx: nesta columna consignarase, para cada combustible, o resultado do produto dos consumos relacionados na columna denominada t polos factores relacionados na columna Factor SOx.

PCS: nesta columna consignarase para cada combustible o seu poder calorífico superior expresado en MJ/kg.

FENOx: virá determinado polas táboas aprobadas no Anexo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento do imposto sobre a contaminación atmosférica.

FACTOR NOx: nesta columna, consignarase para cada combustible o resultado de aplicar a seguinte fórmula:

Factor NOx = FENOx * PCS * 10-6

T NOx: nesta columna consignarase, para cada combustible, o resultado do produto dos consumos relacionados na columna denominada T polos factores relacionados na columna FACTOR NOx.

Na casa 1A consignarase o resultado da suma dos valores relacionados na columna denominada T SOx. Na casa 1B consignarase o resultado da suma dos valores relacionados na columna denominada T NOx.

No bloque "Liquidación": deberá proceder á autoliquidación da débeda tributaria do imposto sobre a contaminación atmosférica correspondente ao período impositivo ao que se refire a autoliquidación, de acordo cos datos declarados.

BASE IMPOÑIBLE: Na casa 1 consignarase a suma das cantidades consignadas nos recuadros 1A e 1B.

TARIFA IMPOSITIVA: Transcribirase a tarifa vixente no período impositivo obxecto da autoliquidación.

T EMITIDAS: nesta columna, en función da tarifa antes consignada, procederase a distribuír naqueles tramos de base a que figure na casa 1.

COTA: Nesta columna consignarase o resultado de multiplicar o número de toneladas emitidas pola cantidade correspondente a cada tramo que figure na columna Eur/t.

Na casa número 2, consignarase o resultado da suma das cantidades que figura na columna titulada COTA.

Na casa número 3, consignarase a suma dos pagos a conta autoliquidados no período impositivo obxecto de liquidación. Lembre que a cantidade ingresada no mes de xaneiro debe aplicarse ao ano inmediatamente anterior.

Na casa número 4, consignarase o resultado da diferenza entre as casas 2 e 3.

Na casa 5, cando se tratase dunha autoliquidación complementaria, consignarase o importe que corresponder pola autoliquidación á que se complementa.

Na casa 6, consignarase a diferenza entre as casas 4 e 5, que corresponderá ao TOTAL para INGRESAR/A DEVOLVER.

IMPORTE INGRESADO/A DEVOLVER: Neste recuadro trasladarase o importe consignado no Total anterior.

No bloque "Devolución": no caso de que o importe fose unha cantidade para devolver derivada da normativa do Imposto, o suxeito pasivo deberá:

  • marcar o recuadro da súa solicitude, consignar o importe cuxa devolución solicita e, consignar, empezando pola esquerda, os datos identificativos da conta (IBAN) da súa titularidade na que desexa recibir a devolución. No caso de contas en entidades financeiras españolas, o código IBAN estará composto por 24 díxitos, que deberán encherse comezando pola esquerda.
  • marcar o recuadro polo que renuncia á devolución do importe a favor do Tesouro da Facenda Galega e consignar o importe correspondente. Neste caso, o importe que figurará no recuadro IMPORTE INGRESADO/A DEVOLVER será 0.

No bloque "Ingreso": no caso de que o importe do TOTAL para INGRESAR/DEVOLVER fose positivo e o suxeito pasivo pretendese solicitar un adiamento ou fraccionamiento da débeda tributaria, deberá marcar o recuadro correspondente a ADIAMENTO/FRACCIONAMIENTO e deberá presentar ante a ATRIGA solicitude expresa de adiamento ou fraccionamiento na forma, lugar e prazo e cos requisitos e consecuencias sinaladas na normativa de aplicación e sen que a solicitude poida entenderse presentada pola marcaxe deste recuadro. Neste caso, o importe que figurará no recuadro IMPORTE INGRESADO/A DEVOLVER será 0.

A declaración será datada e asinada polo suxeito pasivo ou polo seu representante.