Volver ao contido

Novidades Novidades

Atrás

Prazo de presentación de declaracións e autoliquidacións do Imposto de sucesións e doazóns, Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e Imposto sobre o xogo

Prazo de presentación de declaracións e autoliquidacións do Imposto de sucesións e doazóns, Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e Imposto sobre o xogo

A Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2020 (DOG 116-Bis) establece que:

1. Cando os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións e para o ingreso da débeda tributaria autoliquidada dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e sobre sucesións e doazóns, finalicen no período comprendido entre o 14 de marzo e o 31 de outubro de 2020, ditas presentacións amplíanse ata esta última data.

2. Nos casos anteriores, as persoas interesadas poderán solicitar a prórroga do prazo de presentación do imposto de sucesión prevista no artigo 68 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, aprobado mediante o Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, ata o 30 de setembro de 2020.

3. Os suxeitos pasivos dos tributos cedidos que gravan o xogo de bingo, de casinos e as apostas deportivas e de competición, poderán cumprir as obrigas tributarias relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e, de ser o caso, ao pagamento da débeda autoliquidada polo xogo realizado desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro do ano 2020, descontando os ingresos correspondentes ao ano 2020 que previamente autoliquidasen. Esta declaración e autoliquidación únicas poderán presentalas no prazo que abrangue desde o 1 ata o 31 de outubro de 2020.

4. Os prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións e, de ser o caso, para o ingreso da débeda tributaria autoliquidada dos tributos cedidos sobre o xogo que gravan o resto de modalidades de xogo distintas das previstas no número 3, que finalicen no período comprendido entre o 14 de marzo, e o 31 de outubro de 2020, amplíanse ata esta última data.