Volver ao contido

Nova rebaixa do Imposto sobre Sucesións dende o 1 de xaneiro de 2016

Dende o 1 de xaneiro de 2016, a redución por parentesco no Imposto sobre Sucesións amplíase a 400.000 euros nos herdeiros por liña directa.

A calquera cidadán que reciba unha herdanza de seu pai, fillo, avós, netos o cónxuxes, sempre que estes residisen en Galicia.

Cando unha destas persoas recibe unha herdanza que tribute en Galicia e a parte que lle corresponde da herdanza é inferior a 400.000 euros, xa non terá que pagar Imposto sobre Sucesións. Non obstante, deberá presentar o modelo de autoliquidación coa documentación correspondente. Para maior información consulte "Para saber mais..."

Non. Cando a parte da herdanza que se recibe é superior a esta cantidade, só tributará a partir dos 400.000 euros. É dicir: se a parte da herdanza que recibe é de 425.000 euros, só tributará polos 25.000 euros restantes.

Si. O límite de 400.000 euros aplícase por cada unha das persoas herdeiras. Polo tanto, se a herdanza é de 700.000 euros e hai dúas persoas herdeiras a partes iguais, cada unha delas recibe 350.000 euros e polo tanto non tributarán ningunha delas.

Sí. Se unha persoa con veciñanza civil galega decide deixar por apartación a un fillo ou por pacto de mellora a un descendente unha parte ou toda a herdanza, as persoas herdeiras beneficiarias tampouco tributan polos primeiros 400.000 euros.

Para manter íntegra a capacidade económica das familias galegas, que en moitas ocasións perden a renda que achegaba a persoa falecida.

A Axencia Tributaria de Galicia calcula que no 99% dos casos xa non terán que tributar polo Imposto sobre Sucesións cando reciben unha herdanza por liña directa.