Volver ao contido

Cero impostos tamén nas herdanzas en vida

 

O dereito civil galego contempla unhas figuras singulares que permiten realizar unha herdanza en vida. Son os pactos sucesorios de mellora ou de apartación, polos que unha persoa pode adiantar en vida, antes do seu falecemento, a sucesión en bens concretos.

Unha persoa con veciñanza civil galega pode deixar parte da súa herdanza a un fillo -por apartación- ou a un descendente -por pacto de mellora. Ten que facelo en escritura pública ante notario.

Si. Desde o 1 de xaneiro de 2016, a redución por parentesco no Imposto sobre sucesións amplíase a 400.000 euros nos herdeiros por liña directa, e esta redución aplícase tamén nas herdanzas en vida.

A calquera persoa que sexa beneficiaria dunha herdanza en vida (pacto sucesorio), sempre que o outorgante do mesmo teña a súa residencia en Galicia.

Cando unha persoa recibe unha herdanza en vida que tribute en Galicia e o valor dos bens concretos que lle corresponde é inferior a 400.000 euros, xa non ten que pagar Imposto sobre sucesións. Non obstante, deberá presentar o modelo de autoliquidación coa documentación correspondente. Para maior información consulte "Para saber máis..."

Non. Cando o valor dos bens concretos que se reciben na  herdanza en vida é superior a esta cantidade, só tributará a partir dos 400.000 euros. É dicir: se a parte da herdanza que recibe é de 425.000 euros, só tributará polos 25.000 euros restantes.

Si. O límite de 400.000 euros aplícase por cada unha das persoas beneficiarias da herdanza en vida.

As herdanzas en vida permiten dinamizar o patrimonio, por exemplo, pasando propiedades de pais a fillos para que as poñan en valor. Tamén favorecen a sucesión nas empresas e aumentan a liberdade do testador á hora de distribuír os bens de acordo coas necesidades dos seus herdeiros.