Volver ao contido

Notas de prensa

« Atrás

A nova rebaixa fiscal da Xunta permitirá dinamizar 60 centros históricos de Galicia

A nova rebaixa fiscal da Xunta permitirá dinamizar 60 centros históricos de Galicia

  • Os beneficios fiscais aplicaranse en 16 enclaves da provincia da Coruña, 14 na de Lugo, 16 na de Ourense e 14 na provincia de Pontevedra
  • O obxectivo é potenciar a rehabilitación de inmobles e a posta en marcha de actividades económicas nas zonas históricas das cidades e vilas galegas
  • Esta rebaixa entrará en vigor o vindeiro 1 de xaneiro

 

Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2017.- A nova rebaixa fiscal da Xunta de Galicia para dinamizar os centros históricos das vilas galegas beneficiará a un total de 60 enclaves das catro provincias, segundo recolle a orde elaborada pola Consellería de Facenda que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG).

 

Nesta orde recolleranse todos os centros históricos nos que a Axencia Tributaria de Galicia aplicará este novo beneficio fiscal, incluído nos Orzamentos da Xunta para 2018 –a través da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, en tramitación parlamentaria– e que entrará en vigor o 1 de xaneiro. O obxectivo desta medida é potenciar a rehabilitación de inmobles e a posta en marcha de actividades económicas en zonas históricas.

 

A rebaixa fiscal inclúe tres bonificacións fiscais: unha dedución no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para as persoas que rehabiliten un ben inmoble situado nun centro histórico; e dúas deducións no Imposto sobre Patrimonio, pola afectación a actividades económicas de inmobles nos devanditos centros históricos, e pola participación en entidades que exploten bens inmobles situados nestes centros.

 

Para establecer este beneficio fiscal é preciso delimitar dunha forma clara o ámbito territorial ao que afecta, é dicir, definir aquelas zonas consideradas centros históricos. Esta delimitación inclúe por unha parte os centros que teñen a categoría de conxuntos históricos declarados ben de interese cultural, pero tamén outros ámbitos que teñen as características de centro histórico segundo unha evolución urbana ao longo do tempo con características tipolóxicas e estruturais recoñecibles da súa época e un conxunto de valores culturais.

 

Os monumentos ou xacementos arqueolóxicos sen sentido de agrupación urbana non están incluídos nesta orde, xa que o obxectivo desta rebaixa fiscal é precisamente dinamizar os centros urbanos das cidades e vilas galegas. Na delimitación xeográfica de cada centro histórico utilizaranse delimitacións xa existentes, fundamentalmente plans especiais de protección, plan xerais municipais e áreas de rehabilitación integral.

 

Centros históricos beneficiados

Segundo establece esta orde, o novo beneficio fiscal impulsado pola Xunta beneficiará a 60 centros históricos do territorio galego. Destes centros, 16 están situados en concellos da provincia de A Coruña, 14 na de Lugo, 16 na de Ourense e 14 na provincia de Pontevedra.

 

Ademais, na elaboración desta orde participaron tamén o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

CENTROS HISTÓRICOS INCLUÍDOS NO NOVO BENEFICIO FISCAL DA XUNTA

 

PROVINCIA DE A CORUÑA:

 

Centro histórico

Concello

Betanzos

Betanzos

Corcubión

Corcubión

A Coruña

A Coruña

Núcleo de San Vicente de Elviña

A Coruña

Barrio da Graña

Ferrol

Barrio da Magdalena

Ferrol

Barrio de Esteiro Vello

Ferrol

Ferrol Vello

Ferrol

Núcleos de Mugardos e O Seixo

Mugardos

Muros

Muros

Conxunto histórico de Neda

Neda

Noia

Noia

Casco urbano histórico de Padrón

Padrón

Pontedeume (Comarca Eumesa e Torreón dos Andrade)

Pontedeume

Rianxo, Rianxiño e A Fincheira

Rianxo

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

 

 

PROVINCIA DE LUGO:

 

Centro histórico

Concello

Castro de Rei

Castro de Rei

Casco antigo de Chantada

Chantada

Casco antigo de Lourenzá e áreas de respecto

Lourenzá

Lugo

Lugo

Casco antigo de Meira - Mosteiro de Santa María de Meira

Meira

Mondoñedo

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

O Cebreiro - Pallozas do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro

Núcleo urbano de Quiroga

Quiroga

Núcleo de Rinlo

Ribadeo

Ribadeo

Ribadeo

Casco antigo de Sarria

Sarria

Casco antigo e zona ampliada de Vilalba

Vilalba

Praza de Santa María do Campo de Viveiro

Viveiro

 

 

PROVINCIA DE OURENSE:

 

Centro histórico

Concello

Aldeas e lugares de Santa Mariña de Augas Santas

Allariz

Allariz

Allariz

Pazos de Arenteiro

Boborás

Castro Caldelas

Castro Caldelas

Contorna do Mosteiro de San Salvador de Celanova e do burgo medieval de Vilanova dos Infantes

Celanova

Manzaneda - Fortaleza de Manzaneda

Manzaneda

O Castro - Fortaleza do Castro

O Barco de Valdeorras

As Burgas

Ourense

Núcleo de Seixalbo

Ourense

Ourense

Ourense

Casco antigo de San Cristovo de Ribadavia

Ribadavia

Ribadavia

Ribadavia

Barrios orixinarios de San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas

Barrio de San Lázaro e núcleo antigo de Verín

Verín

Núcleo de Vilar de Santos

Vilar de Santos

Conxunto histórico de Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía

 

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA:

 

Centro histórico

Concello

Baiona

Baiona

Núcleo urbano de Santo Tomás

Caldas de Reis

Cambados

Cambados

Casco antigo e zona ampliada de Cangas

Cangas

Casco vello e barrio da Banda do río Lameira

Marín

Combarro

Poio

Núcleo de Estribela

Pontevedra

Pontevedra

Pontevedra

Tui

Tui

Casco histórico de Bouzas

Vigo

Vigo

Vigo

Casco vello de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Núcleo de Carril

Vilagarcía de Arousa

Núcleo de Vilaxoán

Vilagarcía de Arousa