Volver ao contido

NOTA INFORMATIVA SOBRE A ATENCIÓN PRESENCIAL NAS OFICINAS (actualizada o 27.03.2020)

27.03.2020


En aplicación do previsto no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise ocasionada polo COVID-19, e, do disposto no Acordo do Consello da Xunta do 12 de marzo polo que se adoptaron as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia dá evolución dá epidemia do coronavirus COVID-19, a Axencia Tributaria de Galicia comunica que:

 

 

  • Se considera que se atopa nunha situación excepcional que non pode demorarse que requira de atención presencial poderá solicitar cita previa nos seguintes números das delegacións da Atriga:

A Coruña: 981 184 406

Lugo: 982 294 057

Ourense: 988 687 281

Pontevedra: 986 805 724

Vigo: 986 817 250

 

  • En canto á presentación das declaracións e autoliquidacións relativas ao imposto sobre sucesións e doazóns, imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e imposto sobre o xogo, a Orde da Consellería de Facenda de 27 de marzo (DOG 61-Bis) establece que, cando o prazo de presentación das mesmas rematara entre o 14 de marzo e a data na que se levante o estado de alarma, dita presentación poderá facerse ata o 30 de xuño de 2020. No caso de que o levantamento do estado de alarma tivera lugar despois do 30 de xuño de 2020, o prazo ampliaríase nun mes contado dende a data do levantamento do citado estado de alarma.

 

  • Lémbrase ademais que pode confeccionar, pagar e presentar telemáticamente o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, así como o Imposto sobre Sucesións e Doazóns na Oficina Virtual da Atriga (https://ovt.atrigo.gal/)

 

  • A presentación de escritos e solicitudes poderá realizarse na sede electrónica da Xunta de Galicia se conta con certificado dixital ou DNI electrónico (https://sede.xunta.gal/tramitar/PR004A) indicando o órgano competente para coñecer da súa solicitude.

 

  • A efectos do cómputo de prazos dos procedementos administrativos, interrómpense desde o día 14 de marzo e ata o momento en que perdan vixencia todas as medidas adoptadas.

 

Grazas pola súa colaboración