Volver ao contido

Como acceder á Oficina Virtual como Colaborador Social ou Usuario Autorizado?

O artigo 96 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (en diante LXT) compele á Administración tributaria a promover a utilización das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias. Así mesmo, cando sexa compatible cos medios técnicos de que dispoña a administración electrónica, os cidadáns poderán relacionarse con ela para exercer os seus dereitos e cumprir coas súas obrigas mediante técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos coas garantías e os requisitos previstos en cada procedemento.

Os cambios normativos que tiveron lugar implican a obrigación recíproca de determinadas persoas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións pública que unido á necesidade de avanzar na axilización dos trámites que van realizar o colectivo de colaboradores sociais a que se refiren os artigos 92 a 95 da LXT, determina que a normativa ditada pola Comunidade Autónoma de Galicia obrigue a todos eles a utilizar medios electrónicos para realizar a presentación e o pagamento dos impostos cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma e dos tributos propios.

No marco da normativa vixente e dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia con varios colectivos deberase  acceder á OVTtributaria como:

  • COLABORADOR SOCIAL para a presentación, pago e remisión por vía telemática das autoliquidacións dos impostos:
    • Imposto sobre sucesións e doazóns
    • Impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (modelo 600,620 e 630)
  • USUARIO AUTORIZADO para a presentación, pago e remisión por vía telemática das autoliquidacións dos impostos:
    • Taxa fiscal sobre o xogo realizado en bingos
    • Taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos
    • Taxa fiscal sobre o xogo realizado mediante máquinas de xogo
    • Taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición
    • Imposto sobre contaminación atmosférica (ICA)
    • Imposto sobre o dano ambiental causado aproveitamentos de auga embalsada (IDMAE)
    • Canon eólico (CE)
    • Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM)
    • Canon sobre os inmobles declarados en estado de abandono (CIDEA)
    • Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES)