Volver ao contido

Acceso ao Servizo de cita previa

 

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) habilitou un servizo de cita previa para realizar diversos trámites de forma presencial ou telefónica.

Con este sistema evítanse aglomeracións e garántese unha adecuada prestación do servizo público coa máxima protección da saúde dos traballadores e dos cidadáns.

Os trámites para os que pode solicitar cita previa presencial son:

  • A presentación dos modelos de autoliquidación 600, 620, 650, 651 e 660. O interesado deberá acudir co modelo cuberto, que poderá confeccionar na OVTributaria ou adquirilo nos estancos autorizados ou nas Oficinas de Distrito Hipotecario, no seu caso, coa cota tributaria ingresada nunha entidade financeira colaboradora e coa documentación requirida que poderá consultar nas guías dos impostos.
  • Solicitar certificado de ausencia de débedas.
  • Información sobre algún expediente existente ou trámite administrativo consecuencia dun procedemento de xestión ou recadación cuxa competencia corresponda a órganos da Axencia Tributaria de Galicia.

Os trámites para os que pode solicitar cita previa para atención telefónica son:

  • Información sobre algún expediente existente ou trámite administrativo consecuencia dun procedemento de xestión ou recadación cuxa competencia corresponda a órganos da Axencia Tributaria de Galicia.
  • Información tributaria xeral sobre transmisións patrimoniais, vehículos, sucesións, doazóns, recadación, tributación sobre o xogo, tributos propios, taxas e patrimonio.

A información tributaria de carácter xeral tamén se pode obter no número de información ao contribuínte 881 955 800, así como nos distintos números das Oficinas Liquidadoras de distrito Hipotecario da Coruña en horario de 9 a 14 horas.

Para solicitar cita previa no curso dun procedemento inspector, deberase chamar ao número de teléfono que figura no escrito de comunicación de inicio de dito procedemento.

A presentación de escritos referidos a un expediente e de solicitudes poderá realizarse nos Rexistros da Xunta de Galicia con cita previa ou por calquera outro dos medios que estipula a Lei 39/2015, do 1 de outubro. Se dispón de certificado dixital, DNI electrónico ou Chave 365 poderá realizar a presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia polo Procedemento PR004A.

Máis adiante, a Axencia Tributaria de Galicia irá ampliando os servizos prestados mediante cita previa.