Volver ao contido

Normativa vixente consolidada

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contempla a publicación da relación da normativa vixente na súa versión consolidada, isto é, aquela que integra o texto orixinal dunha norma xunto coas sucesivas modificacións e corrección que poidan ter lugar.

O acceso aos textos consolidados facilita á cidadanía o acceso sinxelo á normativa que lle resulta de aplicación, contribuíndo a un mellor e máis fácil coñecemento do marco xurídico vixente.

Desde este apartado  pódese acceder á normativa da Axencia Tributaria de Galicia. Así mesmo no portal Lex.gal atopará unha completa base de datos con toda a lexislación ditada pola Comunidade Autónoma galega, en galego e consolidada.