Volver ao contido

Transparencia e goberno aberto

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno ten por obxecto regular a transparencia e publicidade na actividade pública, entendendo esta como a desenvolvida cun financiamento público, así como o dereito da cidadanía para acceder á información pública.

Así mesmo, é obxecto desta lei establecer o réxime xurídico das obrigacións de bo goberno que deben cumprir o sector público autonómico así como as persoas que ocupen altos cargos nel, incluíndo o seu réxime de incompatibilidades, de conflito de intereses e de control dos seus bens patrimoniais.

Os mecanismos de transparencia e de bo goberno funcionan como contrapesos que garanten a protección da cidadanía fronte a hipotéticas arbitrariedades do poder público e o uso indebido do diñeiro ou patrimonio público. As incompatibilidades das persoas que exerzan altos cargos, a publicidade das actividades do Goberno e o exame cidadán de toda esta información supoñen mecanismos de control e de limitación do poder estatal ante as liberdades civís.

Participación e relacións coa cidadanía

Transparencia institucional, organizativa e de planificación

Información de relevancia xurídica

Información económica, orzamentaria e estatística

Información en materia de persoal