Volver ao contido

Valoración de bens inmobles

A Dirección Xeral do Catastro, órgano dependente do Ministerio de Facenda e Función Pública, determina anualmente o valor de referencia dos bens inmobles, a partir da análise dos prezos de todas as compravendas de inmobles realizadas en documento público.

A partir do 1 de xaneiro de 2022 a Axencia Tributaria de Galicia só emitirá valoracións de bens inmobles previas ás autoliquidacións dos impostos de Sucesións e Doazóns e Transmisións e Actos Xurídicos Documentados en caso de inexistencia do valor de referencia.

Os valores de referencia dos inmobles están dispoñibles na Sede electrónica do Catastro (www.sedecatastro.gob.es).

A Sede electrónica do Catastro ofrece a posibilidade de consultar e certificar o valor de referencia dun inmoble a unha determinada data. Na devandita Sede, os titulares catastrais tamén poden coñecer os elementos que se aplicaron na determinación individualizada do valor de referencia dos seus inmobles.

Valor dos bens inmobles
A normativa reguladora do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentos establece que a base impoñible do imposto é a maior de entre as seguintes magnitudes: valor de referencia, valor declarado ou ben prezo ou contraprestación pactada.

En canto ao imposto sobre sucesións e doazóns, a normativa establece que a base impoñible é a maior de entre as seguintes magnitudes: valor de referencia ou valor declarado.

En ambos os impostos, cando as persoas obrigadas tributarias consideren que a determinación do valor de referencia prexudicou os seus intereses lexítimos, unha vez presentada a correspondente autoliquidación, poden solicitar a rectificación da autoliquidación e impugnar o valor de referencia. A Axencia Tributaria de Galicia resolverá sobre a cuestión, con informe preceptivo, previo e vinculante da Dirección Xeral do Catastro, que ratificará ou corrixirá o valor de referencia unha vez vistas as alegacións e probas achegadas.

Procedemento de comprobación
Se un contribuínte declara por baixo do valor de referencia, a Axencia Tributaria de Galicia incoará o procedemento correspondente para regularizar a súa situación tributaria e, no seu caso, emitirá unha liquidación en base a ese valor. Neste caso, o contribuínte poderá impugnar o valor de referencia interpoñendo recurso de reposición contra a liquidación que a Axencia Tributaria de Galicia resolverá con informe preceptivo, previo e vinculante, da Dirección Xeral do Catastro, que ratificará ou corrixirá o valor de referencia unha vez vistas as alegacións e probas achegadas.

Valor dos bens inmobles
Cando un inmoble non ten valor de referencia ou non pode ser certificado pola Dirección Xeral do Catastro, a base impoñible no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados é a maior das seguintes magnitudes: valor declarado, prezo ou contraprestación pactada, ou valor de mercado.

En canto ao imposto sobre sucesións e doazóns, cando un inmoble non ten valor de referencia ou non pode ser certificado pola Dirección Xeral do Catastro, a base impoñible é a maior das seguintes magnitudes: valor declarado ou valor de mercado.

Enténdese por valor de mercado o prezo máis probable polo que podería venderse, entre partes independentes, un ben libre de cargas.

Valoración
Para obter información con carácter previo á adquisición ou transmisión de bens inmobles situados na Comunidade Autónoma de Galicia, a efectos dos impostos de sucesións e doazóns, e transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados, establécense dous sistemas:

1. Sistema Web: se o ben inmoble a valorar está incluído no ámbito de aplicación das ordes que desenvolven os medios de comprobación de valores inmobles situados na Comunidade Autónoma de Galicia, ditadas ao amparo do artigo 57.1 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral  Tributaria, ten á súa disposición unha ferramenta adaptada ás mesmas no portal OV Tributaria. Recoméndase achegar coa autoliquidación do imposto a impresión de valoración obtida a través da páxina web.

NOTA: Recorde que de acordo co establecido no artigo 134.1 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, a Administración tributaria non procederá á comprobación de valores se os obrigados tributarios declararon utilizando os valores resultantes da correcta aplicación desta orde. Isto non impedirá a comprobación dos elementos de feito e circunstancias manifestados polo obrigado tributario.

2. Sistema presencial: no caso de que se trate de bens excluídos do ámbito de aplicación da Orde antes citada ou en virtude do disposto no artigo 90 da Lei xeral tributaria, vostede desexa solicitar a valoración poderá facelo dirixíndose á unidade de valoración da Axencia Tributaria de Galicia que sexa competente segundo a situación do ben. A devandita solicitude deberá facela empregando os formularios que ten á súa disposición na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia. As valoracións previas solicitadas ao abeiro do artigo 90 da Lei Xeral Tributaria terán efectos vinculantes durante un prazo de tres meses, contados dende a notificación ao interesado, sempre que a solicitude se formulase con carácter previo á finalización do prazo para presentar a correspondente autoliquidación ou declaración e se proporcionasen datos verdadeiros e suficientes á Administración tributaria. Para estes efectos presentarase acompañando á autoliquidación, o informe emitido polos servizos de valoracións (sistema presencial).

Así mesmo debe achegarse o xustificante de pagamento da taxa (Modelo A. Autoliquidación de taxas) correspondente, segundo o disposto no artigo 26 do Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado.

 

CÓDIGOS:

Consellería de:  Facenda

05

Delegación:

 

  • A Coruña

10

  • Lugo

20

  • Ourense

30

  • Pontevedra

40

  • Vigo

41

Servizo de: Axencia Tributaria de Galicia

08

 

 

Código

Tipo de ben (por cada ben inmoble)

TAXA - DENOMINACIÓN

327601

Pisos, locais, garaxes, almacéns, terreos rústicos ata 10 ten sen edificacións  

21,68

327602

Casas, Naves, Edificios ou partes dun edificio, Hoteis

43,35

327603

Solos Urbanos, urbanizables, mixtos e asimilados

43,35

327604

Terreos rústicos de máis de 10 Ha, con melloras ou con edificacións

43,35

327605

Inmobles singulares de Patrimonio Histórico e resto de bens ou dereitos

65,04

Nas transmisións suxeitas ao imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou ao imposto sobre sucesións e doazóns, a Axencia Tributaria de Galicia pode comprobar o valor do ben, en base ao disposto no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Se o valor comprobado obtido é superior ao declarado, o contribuínte recibirá unha proposta de liquidación complementaria contra a que poderá presentar as alegacións e probas que estime pertinentes.