Volver ao contido

Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario

As oficinas liquidadoras de distrito hipotecario realizarán as seguintes funcións relativas á aplicación, revisión e exercicio da potestade sancionadora no imposto sobre sucesións e doazóns e no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados:

  1. As funcións de xestión tributaria a que se refire o artigo 117 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, dentro do marco establecido polo artigo 55 da Lei 22/2009, do 18 de decembro, polas que se regula o sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con estatuto de autonomía e se modifican determinadas normas tributarias.
  2. As funcións relativas á revisión en vía administrativa nos procedementos, trámites, recursos e reclamacións nos que a normativa reguladora destes atribúa a competencia ao órgano que ditou o acto.
  3. A proposta de inicio, instrución e proposta de resolución de procedementos sancionadores, así como a súa remisión ao órgano competente para resolver.

ORDE do 19 de decembro de 2012 pola que se encomenda a determinadas oficinas de distrito hipotecario a cargo dos rexistradores da propiedade funcións relativas á aplicación, revisión ou exercicio da potestade sancionadora, no imposto sobre sucesións e doazóns e no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.