Volver ao contido

Información sobre Certificados de Usuario da FNMT

Que se necesita para ter un Certificado de Usuario da FNMT

  • Un navegador de entre os siguientes:
    • Versión 5.0 de Microsoft Internet Explorer para aquelas persoas que teñan un nome ou apelido que conteña a letra "Ñ". En caso contrario, servirá coa a versión 4 coas actualizacións existentes (SP1 e SP2).
    • Netscape Navigator, cunha versión posterior á 4.03, a excepción da versión 4.60.

Antes de inicia-lo proceso de solicitude e descarga do certificado, recoméndase comprobar que se ten instalado o parche de seguridade para a solicitude de certificados. Microsoft ten unha páxina desde a cal se pode instalar o parche de seguridade para a solicitude de certificados, así coma obter información sobre o mismo.



Solicitude do Certificado de Usuario.

Nota importante: non actualice a súa versión de navegador, formatee o seu disco duro nin cambie de ordenador ou versión de Windows entre a solicitude do certificado e a descarga do mesmo. Se o fai, perderá a clave privada e non poderá realizar sinaturas dixitais unha vez que reciba o certificado.

O procedemento de obtención e instalación do Certificado de Usuario consta de 4 pasos:

  1. Obtención do certificado raíz da FNMT clase 2 CA.
    O certificado raíz da FNMT Clase 2 CA pódese descargar do sitio web da FNMT , no enlace "Descarga del Certificado Raíz de FNMT Certificado de Usuario", da páxina Clases de certificados. Este certificado permite que o usuario teña a seguridade de que o seu certificado de usuario está expedido pola FNMT.

    Conexión coa FNMT para a obtención do certificado raíz da FNMT CA
  2. Solicitude do Certificado de Usuario á FNMT.

    Deberá acceder, dentro do sitio web da FNMT, á páxina de solicitude do certificado de usuario da FNMT , na cal deberá cubrir-lo N.I.F. del titular.

    Neste paso, os eu navegador xera un par de claves, unha pública e unha privada. A clave privada almacénase no navegador, e a clave pública envíase á FNMT para que a asine. A FNMT-RCM asignaralle á dita clave pública un código de solicitude, que lle enviará ao usuario para que este o rexistre nunha oficina autorizada pola Consellería de Facenda.

    Conexión coa FNMT para a obtención de instruccións e solicitude do certificado.
    Nota: Só poden obter o Certificado de usuario as entidades que, de acordo co noso ordenamento legal, teñan personalidade xurídica. Así, non poden obter o Certificado as comunidades de bens, as unións temporais de empresas ou os fondos de inversión (entre outros supostos), posto que ningunha destas entidades ten personalidade xurídica.
     
  3. Acreditación da persoa que solicita o Certificado nalgunha oficina autorizada pola Consellería de Facenda.

    A persoa solicitante deberá acudir a algunha oficina autorizada pola Consellería de Facenda e acreditar a súa identidade. Somentes se admite acreditación se o titular é unha persoa física. Deberase achegar a seguinte documentación:
    • Se o titular do Certificado é unha persoa física:
      • D.N.I., pasaporte español ou tarxeta de residencia (NIE).
      • O Código de Solicitude do certificado que a FNMT lle asignou no paso anterior.
      A identificación de persoas físicas tamén poderá realizarse nas Oficinas Consulares siguindo o procedemento descrito no anexo III da Orden de 24 de abril de 2000 pola que se establecen as condicions xerais e el procedemento para a presentación telemática de declaracions do I.R.P.F.
    • Se o titular do certificado é unha entidade, consulte a información na páxina de FNMT.
    Unha vez identificado, o usuario procederá a asinar o modelo de solicitude así coma as súas condicións de uso. A Consellería de Facenda transmitirá diariamente os rexistros tramitados á FNMT para que sexa posible a emisión do Certificado. Poderase tamén obter o certificado en horario de tarde e sábados pola mañá nas sedes das Delegacións Provinciais durante a Campaña da Renda.
  4. Descarga do Certificado de Usuario da FNMT. 
    A persoa que realiza a solicitude deberá acceder, dentro do sitio web da FNMT, á páxina de descarga do certificado de usuario da FNMT , na cal deberá cubri-lo N.I.F. do titular do certificado e o código de solicitude dado pola FNMT no momento da petición. Tras iso, poderá descargar e instalar o Certificado.

    Conexión coa FNMT para la obtención de instruccioós de descarga do certificado.

    Nota: Recoméndase que o usuario realice unha copia de seguridade no disco do seu certificado e a súa correspondente clave privada seguindo as instruccións do navegador empregado. Deste xeito poderá empregar o certificado noutros navegadores, e poderá importalo posteriormente no caso de ter problemas co seu equipo. Así mesmo, é recomendable conservar a copia da solicitude que se lle entrega no momento da acreditación nas oficinas de acreditación autorizadas pola Consellería de Facenda.
     


Revogación do Certificado

A revogación do certificado permitiralle invalida-lo certificado antes da data de caducidade que consta no mesmo. Recoméndase que o usuario revogue o seu certificado se pensa que pode ter sido copiado e que o seu PIN é coñecido.

  • Poderán solicitar a revogación os titulares dos certificados, os representantes dos titulares (só no caso de entidades), ou aqueles que o eran no momento da solicitude e consten no certificado, aínda que perdesen a súa representatividade.
  • A solicitude de revogación do certificado poderá efectuarse durante o período de validez que consta no mesmo.
  • Se non se dispón do certificado, por extravío, perda ou roubo, o titular ou o seu representante deberá acudir a unha oficina de acreditación autorizada pola Consellería de Facenda para asinar o modelo de solicitude de revogación do certificado. As oficinas de acreditación transmiten diariamente os rexistros tramitados á FNMT para que esta proceda á revogación do certificado.
  • Existe unha posibilidade de revogación urxente, chamando ao teléfono 902200616 (este servicio está dispoñible as 24 horas do día, os sete días da semana). Esta opción é só recomendable cando o usuario non se poidese desprazar ata unha Oficina de Acreditación ou estas non estivesen abertas ao público, ou ben se se teñen problemas técnicos ao intentar efectuar a revogación a través da páxina web correspondente, e sempre que existise un compromiso grave das claves e/ou o certificado.

Conexión coa FNMT para a revogación do certificado de usuario.



Renovación do Certificado

  • O certificado da FNMT poderá renovarse durante os dous meses anteriores á súa data de caducidade.
  • A renovación terá 2 anos de validez.
  • Para solicitar a renovación do certificado deberase acceder, dentro do sitio web da FNMT , á páxina de renovación de certificados.

Nota: O proceso de renovación só se poderá efectuar desde o mesmo ordenador e desde o mesmo navegador dende os que se solicitou o certificado.

Conexión coa FNMT para a renovación do certificado.



Lista de Oficinas de acreditación autorizadas por la Consellería de Facenda.