Volver ao contido

Como acceder á Oficina Virtual como usuario Autorizado?

Información para Titulados Mercantís e Empresariais de Lugo, Pontevedra e Vigo

Información para Titulados Mercantís e Empresariais de Lugo, Pontevedra e Vigo

Información ao ilustre colexio oficial de Titulados Mercantís e Empresariais de Lugo, Pontevedra e Vigo para a presentación de liquidacións de terceiros.

Para o uso da Oficina Virtual na opción "USUARIOS REXISTRADOS" é preciso solicitar un certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA sobre o cal atopará información adicional premendo no enlace Certificado Dixital e, acompañando o código de solicitude, acreditar posteriormente a súa identidade nalgunha das seguintes oficinas:

  • Delegacións Territoriais da Consellería de Facenda.
  • Rexistro dos Servizos Centrais da Consellería de Facenda.
  • Rexistro do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico - Financeira e Contable da Consellería de Facenda (CIXTEC).
  • Delegacións e Administracións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
  • Outras entidades autorizadas pola FNMT.

Son válidos igualmente os certificados expedidos polas autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Facenda.

Nesta páxina web están á súa disposición a ficha para a identificación dos usuarios do seu despacho profesional que van acceder as nosas aplicacións e o modelo de solicitude de autorización para a presentación e pago telemático de autoliquidacións que deberá subscribir e asinar o titulado mercantil e empresarial de Lugo, Pontevedra e Vigo. Unha vez cubertos ambos os dous documentos, dirixiranse á Axencia Tributaria de Galicia e remitiranse por correo electrónico: , correo ordinario ou por fax ao 981544169, xunto coa certificación acreditativa da súa pertenza ao Ilustre colexio oficial de Titulados Mercantís e Empresariais de Lugo, Pontevedra ou Vigo.

Identificación de usuarios

A orde do 5 de xuño de 2003 (DOG do 17 de xuño de 2003), pola que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemática das autoliquidacións correspondentes ó imposto sobre "Transmisións Patrimoniais e actos xurídicos documentados pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares" Orde de 30 de decembro de 2010, pola que se regula o procedemento para o pago e a presentación telemáticas das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre transmisións e actos xurídicos documentados, así como determinadas obrigas de subministración e información tributaria. (DOG 03 de xaneiro de 2011) e a Orde de 19 de maio do 2005 (DOG de 26 de maio do 2005 pola que se regula o procedemento para o pago e a presentación telemáticas das autoliquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns e se modifican as ordes que regulan o pago e a presentación telemáticas no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e na taxa fiscal sobre o xogo, describen os requisitos necesarios para a utilización desta vía de presentación recoñecendo a importación que nestes impostos teñen determinados profesionais. Así, cualifica de usuarios ós membros dos colexios profesionais que subscriban coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste. A Comunidade Autónoma de Galicia ten subscrito, neste momento, o Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e o Ilustre colexio oficial de Titulados Mercantiles e Empresariais de Lugo, Pontevedra e Vigo,  para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria, de 6 de outubro do 2006.

Para poder realizar as presentacións obxecto da norma anterior son necesarios os seguintes datos:

  • Identificación do Titulado Mercantil ou Empresario

Ten que constar o nome do Titulado Mercantil e Empresarial de Lugo, Pontevedra e Vigo, o seu NIF así como o teléfono e a enderezo de correo electrónico.

  • Identificación dos Usuarios da Aplicación

Ten como obxectivo a asignación de usuarios e contrasinal para o acceso ao sistema, sendo necesario ter un certificado dixital outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre – Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) ou daquelas autoridades certificadoras que sexan admitidas pola Consellería de Facenda, a nome da persoa ou persoas da xestoría que realizarán as presentacións. Para a realización do pagamento é necesario que estas persoas aparezan como titulares das contas contra as cales se vai facer o pagamento.

Para estes efectos solicítanse os datos de: nome, apelidos e NIF, teléfono e enderezo de correo electrónico, así como o sistema operativo co que traballa o usuario (Windows 98, 2000, etc.).

  • Responsable de Informática

Se dispoñen dalgún responsable informático co que desexen que se traten os problemas desta natureza, indicae o seu nome e apelidos, teléfono e enderezo de correo electrónico.

Entrada na Oficina Virtual Tributaria

Cando obteñan a autorización para o pagamento e a presentación telemáticos deberán entrar na aplicación por medio do apartado "USUARIOS REXISTRADOS" dispoñible na Oficina Virtual.

Non e necesario o emprego do código de usuario nin contrasinal. É suficiente co que a persoa (FÍSICA OU XURÍDICA) para a que se pide a autorización teña instalado no seu ordenador o seu propio certificado dixital.

Pagamento Telemático

Dentro da Oficina Virtual Tributaria existe un apartado no que figuran actualizadas as entidades financeiras coas que se pode realizar o pagamento telemático.

É imprescindible que o usuario (PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA) que acceda á aplicación (identificado co certificado dixital) figure como titular da conta correspondente pois, de non ser así, a entidade financeira non aceptará o devandito pagamento. Non se aceptan autorizados.

 

Documentos asociados

Solicitude de autorización para a presentación e pagamento telemático de autoliquidacións
Identificación de usuarios para pagamento e presentación telemática de autoliquidacións