Volver ao contido

Como acceder á Oficina Virtual como usuario Autorizado?

Información para a Asociación Profesional de Expertos Contables e Tributarios de España

Información para a Asociación Profesional de Expertos Contables e Tributarios de España

Información para a Asociación Profesional de Expertos Contables e Tributarios de España para a presentación de liquidacións de terceiros.

Para o uso da Oficina Virtual na opción "USUARIOS REXISTRADOS" é preciso solicitar un certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA sobre o cal atopará información adicional premendo no enlace Certificado Dixital e, acompañando o código de solicitude, acreditar posteriormente a súa identidade nalgunha das seguintes oficinas:

  • Delegacións Territoriais da Consellería de Facenda.
  • Rexistro dos Servizos Centrais da Consellería de Facenda.
  • Rexistro do Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico - Financeira e Contable da Consellería de Facenda (CIXTEC).
  • Delegacións e Administracións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
  • Outras entidades autorizadas pola FNMT.

Son válidos igualmente os certificados expedidos polas autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Facenda.

Nesta páxina web están á súa disposición a ficha para a identificación dos usuarios do seu despacho profesional que van acceder as nosas aplicacións e o modelo de solicitude de autorización para a presentación e pago telemático de autoliquidacións que deberá subscribir e asinar o asesor. Unha vez cubertos ambos os dous documentos, dirixiranse á Axencia Tributaria de Galicia e remitiranse por correo electrónico: , correo ordinario ou por fax ao 981544169, xunto coa certificación acreditativa da súa pertenza á Asociación Profesional de Expertos Contables e Tributarios de España.

Identificación de usuarios

A orde do 5 de xuño de 2003 (DOG do 17 de xuño de 2003), pola que se regula o procedemento para o pagamento e a presentación telemática das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre "Transmisións Patrimoniais e actos xurídicos documentados pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares" Orde de 30 de decembro de 2010, pola que se regula o procedemento para o pago e a presentación telemáticas das autoliquidacións correspondentes ao imposto sobre transmisións e actos xurídicos documentados, así como determinadas obrigas de subministración e información tributaria. (DOG 03 de xaneiro de 2011)  e a Orde de 19 de maio do 2005 (DOG de 26 de maio do 2005 pola que se regula o procedemento para o pago e a presentación telemáticas das autoliquidacións do imposto sobre sucesións e doazóns e se modifican as ordes que regulan o pago e a presentación telemáticas no imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e na taxa fiscal sobre o xogo, describen os requisitos necesarios para a utilización desta vía de presentación recoñecendo a importación que nestes impostos teñen determinados profesionais. Así, cualifica de usuarios aos membros dos colexios profesionais que subscriban coa Comunidade Autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste. A Comunidade Autónoma de Galicia ten subscrito, neste momento, o Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación Profesional de Expertos Contables e Tributarios de España para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión triburaria de 30 de decembro de 2015.

Para poder realizar as presentacións obxecto da norma anterior son necesarios os seguintes datos:

  • Identificación do Asociado

Ten que constar o nome do asesor, o seu NIF así como o teléfono e a enderezo de correo electrónico.

  • Identificación dos Usuarios da Aplicación

Ten como obxectivo a asignación de usuarios e contrasinal para o acceso ao sistema, sendo necesario ter un certificado dixital outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre – Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) ou daquelas autoridades certificadoras que sexan admitidas pola Consellería de Facenda, a nome da persoa ou persoas da asesoría que realizarán as presentacións. Para a realización do pagamento é necesario que estas persoas aparezan como titulares das contas contra as cales se vai facer o pagamento.

Para estes efectos solicítanse os datos de: nome, apelidos e NIF, teléfono e enderezo de correo electrónico, así como o sistema operativo co que traballa o usuario (Windows 98, 2000, etc.).

  • Responsable de Informática

Se dispoñen dalgún responsable informático co que desexen que se traten os problemas desta natureza, indicar o seu nome e apelidos, teléfono e enderezo de correo electrónico.

Entrada na Oficina Virtual Tributaria

Cando obteñan a autorización para o pagamento e a presentación telemáticos deberán entrar na aplicación por medio do apartado "USUARIOS REXISTRADOS" dispoñible na Oficina Virtual.

Non e necesario o emprego do código de usuario nin contrasinal. É suficiente co que a persoa (FÍSICA OU XURÍDICA) para a que se pide a autorización teña instalado no seu ordenador o seu propio certificado dixital.

Pagamento Telemático

Dentro da Oficina Virtual Tributaria existe un apartado no que figuran actualizadas as entidades financeiras coas que se pode realizar o pagamento telemático.

É imprescindible que o usuario (PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA) que acceda á aplicación (identificado co certificado dixital) figure como titular da conta correspondente pois, de non ser así, a entidade financeira non aceptará o devandito pagamento. Non se aceptan autorizados.

 

Documentos asociados

Solicitude de autorización para a presentación e pagamento telemático de autoliquidacións
Identificación de usuarios para pagamento e presentación telemática de autoliquidacións