Volver ao contido

Como acceder á Oficina Virtual como usuario Autorizado?

Imposto sobre o canon eólico

Imposto sobre o canon eólico

Ademais do certificado dixital, para o emprego destas aplicacións cómpre ser previamente autorizado pola Axencia Tributaria de Galicia. Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación das persoas que, en calidade de usuarios autorizados van acceder á nosa aplicación informática e o modelo de solicitude de autorización para o pagamento e a presentación telemática do imposto sobre o canon eólico. Cando as persoas autorizadas actúen en representación da empresa titular do aproveitamento deberá aportar a documentación acreditativa da representación. Unha vez cubertos ambos documentos deberán remitirse á Dirección da Axencia Tributaria de Galicia. Poderán ser adiantadas por fax ao número 981-544169.

Ficha para a identificación de usuarios autorizados.

  1. Datos do suxeito pasivo:
    • Denominación social
    • NIF
    • Domicilio
    • Teléfono de contacto
    • Dirección de correo electrónico
  2. Datos dos usuarios autorizados:
    Cómpre que o/s usuario/s sexa/n o/s que figure/n como representante/s no/s certificado/s dixital/is outorgado/s pola Fabrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) á empresa titular do aproveitamento eólico. Para a realización do pagamento cómpre así mesmo, que esta/s persoa/s aparezan como autorizada/s da/s conta/s contra a/s que se van facer os pagamentos.
    • Nome e apelidos
    • NIF
    • Teléfono de contacto
    • Dirección de correo electrónico
    • Sistema operativo co que traballa o usuario.
  3. Datos do responsable de informática:
    Se dispuxeran de algún responsable de informática co que desexen que se traten os problemas desta natureza, deberán indicar os seus seguintes datos:
    • Nome e apelidos
    • NIF
    • Teléfono de contacto
    • Dirección de correo electrónico