Volver ao contido

Presentación de OV Tributaria

OV Tributaria é o novo sistema de información e xestión para a cidadanía para se converter no punto de acceso común a todos os servizos fornecidos pola Axencia Tributaria de Galicia. Isto supón a desaparición da Oficina Virtual Tributaria para que todos os servizos existentes na mesma pasen a formar parte deste novo portal que ofrece un xeito de operar máis integrado para o cidadán.

O obxectivo principal co que aparece OV Tributaria é que a persoa usuaria poida, en calquera momento e/ou dende calquera dispositivo, acceder e interactuar cos servizos públicos da Axencia Tributaria. Ademais desta maior facilidade de uso, OV Tributaria achega un espazo personalizado e privado, a súa Carpeta do cidadán, para facilitar o uso daqueles que cada usuario emprega con maior frecuencia.

Os servizos postos á disposición da cidadanía son, a priori, agrupados polo tipo de usuario ao que van dirixidos: cidadáns, profesionais e empresas, colaboradores sociais e usuarios autorizados. Deste xeito procúrase que cada tipoloxía de usuario poida atopar, o máis axilmente posible, aquel trámite que necesita ou demanda.

En definitiva, a Consellería e a Atriga poñen á disposición da cidadanía OV Tributaria coma unha ferramenta que debe mellorar e optimizar a relación coa cidadanía, co convencemento engadido do aforro económico para o cidadán, que non necesitará desprazarse fisicamente para comezar un trámite ou ter información do mesmo, e para a propia Administración derivado da redución de gastos correntes (papel, correo postal, mensaxería…).

Ir a OV Tributaria